xoves, 17 de setembro de 2009

Pistoletazo de saida para os Dolores 2009

(Foto de archivo Dolores 2008)
Boas a todos e a todas amigos. Fago unha pequena paréntese nas miñas vacacions (e tamén nas de este blog) para informar e recordar unha vez máis o que moitos de vos xa sabedes: mañá comezan oficialmente as festas grandes de Sobrado na honra a Virxe dos Dolores. Como é habitual no noso pobo hoxe celebranse as vésperas que seguro que han de ser ben celebradas para ir quentando motores e ir estando en forma para os tres días duros, duros, duros que nos agardan. As festas arrincan de xeito forte na noite de mañá PARIS DE NOIA e AMÉRICA (case nada). O sábado, creo que xa todo o mundo o sabe HABERÁ FESTA ATA AS 9 DA MAÑÁ E LOGO A COMISIÓN REPARTIRÁ CHOCOLATE CON CHURROS PARA TOD@S OS QUE AGUANTEN ATA ESAS HORAS. A sesión vermouth do sábado correrá a cargo de XENTE NOVA (Roly hai que dar o callo), e pola noite triunvirato de orquestazas PHILADELPHIA, MARBELLA (constame que Víctor vai facer que os músicos den o mellor de si nesta festa) e como broche a unha noite moi especial CICLÓN que tocará de 6AM a 9AM (unha auténtica pasada) algo único en Galicia.
Domingo agarda outra festaza, para o vermouth actuará FANIA BLANCO SHOW (analizaremos detidamente a ver canto persoal enlaza a noite do sábado coa mañá do domingo..., a miña aposta é que máis de 100 persoas), e pola noite a orquestra coruñesa compartirá cartel con outro orquestrón: JERUSALÉN.
O cartel non ten desperdicio e sen lugar a dúbidas é do mellorciño que se pode vir a día de hoxe nas verbenas galegas. Parece ser que o tempo mellora, algo do que me alegro enormemente pois a Comisión traballou a máis non poder para ofrecernos este cartelazo. Nin que decir ten que haberá moitas fotos dos tres días coma en anos anteriores para que vexades como foi a celebración.

O SOBRADO ON TOUR 2009 ENTRA NO SEU PUNTO ÁLXIDO

Boas festas!!!




4 comentarios:

Vero86 dixo...

Que ben o pasei o sábado en Sobrado!! Por fin podo dicir que xa fun algunha vez á festa dos Dolores!! jajaja
Unha festaza, si señor!

Anónimo dixo...

fotos! fotos!juas juas juas!

Anónimo dixo...

MIRA QUE TE ESTÁ COSTANDO RECUPERAR...LATO...

SONI.

Anónimo dixo...

xa che dijo!!!!jajajaja