luns, 31 de agosto de 2009

Unha gran maioría pensa que unha charanga sobradesa tería éxito

Estaba cantado, logo da gran actuación coa que uns músicos improvisados nos deleitaron nas festas de San Pedro a votación do mes de xullo tiña visos de que a maioría dos lectores ía opinar a favor da creación de esta charanga.

Con un avasallante 86% dos votos (25 a favor e 4 en contra) urxe pensar na viabilidade da creación de esta agrupación musical.

Axiña estará a enquisa do mes de setembro logo de non haber cuestionario no mes de agosto.

A pregunta da semana

Pouco a pouco intento restablecer a normalidade no blog logo de unhas semanas bastante atarefado. Hoxe volta connosco a pregunta da semana:

quen apareceu con unhas mechas vermellas na súa cabeza logo de que estivese pintando o interior de un BMW desa cor no taller?

martes, 25 de agosto de 2009

Bingo!

Por fin, este ano sí. A décima Edición da Feira da Troita resultou ser un éxito en todos os aspectos: en afluencia de público, en climatoloxía, en actividades, en publicidade e incluso no que máis se resistía: nos concertos.


Ith e Celtas Cortos encargáronse de que a V edición do Festival Musical e Intercultural da Xuventude tivese unha afluencia masiva de espectadores que vibraron co espectáculo destes dous grupazos. Daba gusto ver a praza de Sobrado chea de xente que estaba a disfrutar co festival.

Sen lugar a dúbidas que os concertos do sábado son ata o de agora os de máis éxito e mellores recordos que se celebraron na historia da Feira da Troita, o ímportante número de espectadores así o confirma.


Celtas Cortos amosaron ser moi profesionais tanto enriba do esceario coma fora de él, algo que explica o porqué dos seus 23 anos de existencia. Cifu e os seus raiaron en Sobrado a un gran nivel.
Pero tras este éxito nocturno agochase unha xornada que comezou as 09.30 horas AM que comezou de maneira negativa pois o esceario chegou hora e media tarde para a montaxe e os nervos a estaban a flor de pel... o tema xa ía con retraso. Pola media tarde a historia complicouse moito máis cando un xerador eléctrico emperrouse en non querer encender e o outro xeradorestábase utilizando para as luces polo que o risco de quedarse sen concertos pululaba polo aire. Nese momento encontrábame atacado dos nervos e rezando como xamáis o fixen. Grazas a colaboración de Pazitos, de Esteban e do pai de este último o xerador arrancou logo de media hora de intenso traballo que fixo que todos respirásemos de alivio.
A noite foise achegando e con ela os espectadores para o festival. Media hora para ducharse (sen cear) e de novo para a praza (coñezome todas as lousas de memoria) a abrir os camerinos para Celtas Cortos.
Comezou ITH con un rock potente e coa maravillosa voz de Thais (que talento ten esta rapaza), os Folgueira, Toxo, Miguel, etc, entregaronse o público sobradés e o respetable soubo agradecelo con aplausos e ovación para estes fenómenos.
As 00.30 horas chegou o prato forte: Celtas Cortos. Non se fixeron agardar moito e tras comezar o concerto con 3 cancións do seu novo disco "40 de abril" arrancáronse co "Haz Turismo" que fixo a xente botar. 2 horas estiveron os pucelanos sobre o esceario aínda que lles fixo falta pouco tempo para meterse o público no bolsillo logo de interpretar varios temas dos máis coñecidos do seu repertorio. Cifu e a súa banda amosaron o seu bo facer e a súa profesionalidade na praza sobradesa lonxe de outros grupos e orquestras que prefiren "o circo" antes que a música. O público soubo recoñecer a gran actuación coa que nos deleitaron e logo de interpretar como última canción "No nos podrán parar" soaron aplausos para dar e tomar. Logo de 26 temas o concerto acababa de ser un éxito. Debo confesar que cando acabou o espectáculo eu encontrabame exultante pois logo de que en edicións anteriores por un motivo ou outro o Festival non arrincase pódese decir que este ano si foi o bo e confiemos que esto vaia en progresión.
Tras o concerto tocou estar pendentes do desmonte do esceario así como de que todo estivese a gusto dos artistas que hora e media despois abandoaron os camerinos, algúns para irse o hotel e outros para tomar algo polos bares do pobo. As 6 AM o esceario quedou libre completamente e cheguei a cama as 6.30 AM con bastante cansancio... e o peor era que me quedaban pouco máis de 3 horas para durmir.

A mañá do domingo amaneceu con sol, as 10.30 horas xa facía bastante calor que auguraba un día expléndido. Nada máis chegar a praza puiden observar que a Radio Galega estaba a instalar a unidade móvil para facer un programa de tarde en directo que durou dende as 17 ate as 21 horas e onde tanto os periodistas coma os técnicos de son encabezados polos sobradés Suso Santos amosaron a súa amabilidade e atención con nos.
Pola mañán últimos retoques con respecto a feira da troita: preparar os premios en metálico para a baixada de carrilanas, buscarlles algunhas solucións para arranxar minúsculos problemas dos artesanos, preparar os agasallos para o pregoeiro, etc.
Precisamente cando se estaba a producir o pregón de Valentín Tato comezou a soprar o vento e a nubrarse, parecía coma se quixese chegar a tormenta pero esto tan só foi un amago e axiña se despexou. O número de xente que estaba na praza a degustar "troita á montañesa" a esas horas era moi elevado. Logo do pregón actuou o grupo local "A Maristela" de Sobrado e de seguido a Charanga Vendaval que animou a comida así coma tamén a baixada de Carrilanas.

Os meus compañeiros do Club Atlético Sobrado Xuventude foron os encargados de elaborar as troitas con moito éxito. Tamén houbo varios colaboradores e colaboradores que votaron unha man (graciñas a tod@s).
Xa chegada a tarde e co estómago cheo a xente seguiu disfrutando das actividades pola tardiña, tanto nas carrilanas, coma presenciando o programa en directo da Radio Galega. Un dos puntos fortes da tarde foi cando Carnabrasil Show interpretou en directo para a Radio Galega un par de temas que fixo que se concentrase un número importante de espectadores que fixo colapsar a estrada que atravesa o casco urbano. Logo a comitiva brasileira dirixouse facendo un pasarúas pola estrada para despois actuar na praza do Concello por un tempo de unha hora. Estes brasileiros e brasileiras ademáis de ofrecer un espectáculo alucinante de capoeira, son de batucada e baile fixeron participe o público que tamén tivo a oportunidade de bailar no gran circulo que se formou na parte superior da praza.
Como broche de outro o concerto de Brath pechou unha xornada festiva que a nivel xeral deixou un bo sabor de boca. A nivel persoal a satisfacción é completa pero sempre coa idea na cabeza de que na vindeira edición se mellore o de este ano.
Grazas a todos polos apoios recibidos.
Saudos
P.D: déixovos a crónica de "La Voz de Galicia" de onte luns relativa a X Feira da Troita de Sobrado.
Mención especial para Juan González "Karnotxo" polas súas fotografías (estas que vedes nesta entrada) e pola súa atención.





martes, 11 de agosto de 2009

A X Feira da Troita comeza a publicitarse nos medios de comunicación

Boas amigos e amigas, antes de nada disculparme por todos estes días sen escribir pero é que ando a ultimar todos os detalles da X Feira da Troita e a verdade é que non dispoño de moito tempo. En canto pase o día 23 seguro que recuperarei o tempo perdido.
Quérome facer eco de que xa está nos medios de comunicación a información relativa a X Feira da Troita, hoxe tiven entrevista en Radio Voz a primeira hora da mañá e La Voz de Galicia adica hoxe unha columna a falar do programa de actividades que se desenrolarán os días 22 e 23 de agosto, se queredes podédeslle votar unha ollada clickando eiquí http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2009/08/11/0003_7900739.htm
Tamén xa hai varios medios na rede que están a falar do evento, incluso prestixiosas webs musicais como www.manerasdevivir.com falan dos concertos. A medida que vaian pasando os días diversos periodicos e radios iranse sumando a esta publicidade.

Perdoade pola tardanza

Saudos