xoves, 30 de xullo de 2009

Xa é oficial o programa da X Feira da Troita

Cartel da X Feira da Troita
Cartel do V Festival Musical e Intercultural da Xuventude

A web do Concello de Sobrado www.sobrado.es acaba de facer oficial o programa completo da X Feira da Troita. Pasade por alí e votadelle un vistazo para ter información máis detallada ou ben clickade enriba das dúas fotos que eiquí vos deixo.
Saudos

xoves, 23 de xullo de 2009

Destination O Grove



Mañán Noe e quen vos escribe marchamos para O Grove de fin de semana para desconectar un pouco, facer unhas cantas visitas culturais e aproveitar que parece que vai vir tempo de praia para coller un pouco de cor na pel.
Por suposto que non faltará o marisco, nin un bo viño branco, a visita a esas terras ven o merece. A ver se me acordo de levar a cámara de esta volta e aproveito para tirar unhas instantaneas.
Deixovos o video de "Destination Calabria" para amenizar este post.

Que teñades boa fin de semana.

O soño faise realidade: Celtas Cortos estarán en Sobrado


Por fin chegou a confirmación oficial por parte do seu representante, CELTAS CORTOS o grupo de Jesús Cifuentes será cabeza de cartel na "V Edición do Festival Musical e Intercultural da Xuventude" que se celebrará o sábado 22 de agosto. Os teloneiros serán o grupo de rock galego ITH, que tan bo sabor de boca deixou no Teixeiro Rock o pasado venres.

Este festival é o preámbulo da X Edición da Feira da Troita que se celebrará o domingo 23 de agosto.

Xa están creados 2 grupos en Facebook relativos e estes dous eventos. Agregádevos e agregade os vosos amigos para que haxa o maior número de xente posible nestes dous eventos.

En breves estarán preparados os carteis dos días 22 e 23 de agosto para que lle poidades votar unha ollada.

Ogalla desta volta os concertos sexan un éxito.

Saudos

mércores, 22 de xullo de 2009

44.000 grazas!

Hoxe, 22 de xullo cúmprese un ano dende que está activo o contador de visitas de este blog. Agora mesmo está a piques de chegar as 44.000 visitas nun so ano (algo que xamáis imaxinei que podería chegar a pasar), unha cifra moi importante a que só podo respondervos con 44.000 grazas a tod@s por estar ahí día tras día, por ser participes de este blog. O blog de Víctor Lato é o blog de todos os que o ledes e opinades, é tan voso coma meu porque entre todos facedes que esto vaia para adiante e que me sinta moi orgulloso con esta maravillosa cifra.
Agardo que vos gusten os temas que se propoñen (aínda que esta tempada está un pouco descuidado o tema), en breves poderei adicarlle máis tempo e intentarei mellorar este lugar de xeito que sexa máis ameno e divertido (que é o verdadeiro Modus Vivendi de latosobrado.blogspot.com),

O dito,

GRAZAS DE CORAZÓN

martes, 21 de xullo de 2009

A pregunta da semana

Qué rapaz veciño de un pobo preto de Sobrado confirmou o sábado que se casaba no ano 2011?

venres, 17 de xullo de 2009

Ultimando preparativos

Estes días non lle podo adicar ó blog o tempo que quixese pois ando ultimando o cartel da X Feira da Troita que se celebrará os días 22 e 23 de agosto.
Compre destacar que polo que respecta os concertos pode haber una sorpresa moi pero que moi agradable pero de momento non vou soltar prenda pois visto o gafe que temos cos concertos non vai a ser que todo se torza. Hai negociacións moi avanzadas con un grupo nacional punteiro e tan so faltan uns flecos para que este soño sexa realidade. Ogalla saia ben. Confío en que na vindeira semana vos poida contar algo máis..., sen lugar a dúbidas que estou moi ilusionado con esta opción e ogalla como dixen antes todo vai de xeito positivo.
Tamén vos podo adiantar que o domingo pola noite haberá tamén concerto así que nesta décima edición a música en directo non vai faltar. En breves estará todo o cartel pechado e xa será público. Ata de aquela toca agardar.

Saudos

mércores, 15 de xullo de 2009

A pregunta da semana

O sábado na festa do Día da Familia apareceu un guante entre o material "bélico" do que dispoñiamos. Ante a pregunta de Pedino: "de quen é este guante", quen constestou que era de Michael Jackson?

Los Suaves serán cabeza de cartel no Teixeiro Rock

O grupo ourensán será cabeza de cartel no Teixeiro Rock que se celebrará este venres 17 de xullo. A asistencia de público ha de ser masiva. Unha boa oportunidade de ver o grupo liderado por Yosi preto da casa.
Ademáis da "banda do gato" tamén estará o grupo de Xanceda ITH e O Sonoro Maxín (que dispón de varios ex-membros de Lamatumbá).
O Teixeiro Rock está englobado dentro das festas da Xuventude 2009.
O sábado 18 acturán os grupo Midas e América e o domingo 19 será o turno das orquestras Trébol e Armonía Show. A orquestra canaria será a encargada de pechar as festas.

O Sobrado On Tour 2009 desplazarase o longo dos 3 días cara a esta localidade veciña, logo de estar o xoves pasado en Vilarodis (Arteixo) vengo a Los Satétiles e onte en Vilaboa (Culleredo) vendo a Panorama.
Mañá será o turno de Arzúa no que actuarán Paris de Noia e Versalles.

Saudos.

martes, 14 de xullo de 2009

O III Día da Familia en imaxes

O sábado celebrouse a III Edición do Día da Familia, unha festa tamén coñecida coma "A Festa do Río", na área recreativa de A Pontepedra. Unha maravillosa xornada na que o pasamos coma ananos, e na que moitos de nos acabamos no río Tambre (uns tirados a forza e outros voluntarios).
Chus e a súa inseparable cámara estiveron alí para inmortalizar todo o sucedido e no blog da Comisión de Festas de Sobrado 2009 http://www.comisionfestassobrado2009.blogspot.com/ tedes unha ampla reportaxe fotográfica na que poderedes observar diversos momentos de este festivo día.

Grazas a Chus e a Comisión por compartir toda esta pila de fotos con todos nós.

Entrade e votádelle unha ollada.

P.D: non quero obviar o boa que estaba a Megapaella feita por Suso, o cociñeiro das Cruces que estaba para chuparse unha e mil veces os dedos e que ademáis tivo a xentileza de agallarnos cun delicioso tiramisú. Grazas de corazón!

Os mellores djs do momento en Cesuras

Os amantes da música electrónica estamos de noraboa pois o 1 de agosto celebrarase no Concello coruñés de Cesuras o festival Technoite Galicia ´09 e onde estarán presentes djs da talla de Cristian Varela, Dj Pepo, Exium, Emilio del Río, Darkrow, Christian Wünsch, Oscar Mulero, Higinio ou Lolo Dejota.

As entradas xa están a venda na web de El Corte Inglés así coma nas propias tendas, ata o 20 de xullo o prezo será de 22€ e máis adiante será de 27€. Decir tamén que está habilitada zona de acampada, piscina, bar...

Máis info en http://www.technoitegalicia.com/

Un festival de este calibre non se ten todos os días a escasos 40 kilómetros da casa polo que ten moitas posibilidades de que un servidor se deixe caer por esas terras.

Saudos.

A outra versión de Baute e Marta Sánchez



Unha amiga que teño en Narón, Ainhoa de nome e bibliotecaria de profesión envioume o meu correo esta "particular" versión do archiconocido tema de Carlos Baute e Marta Sánchez "Colgando en tus manos". Pareceume moi boa a adaptación. Rin un bo anaco.

Agardo que vos guste.

xoves, 9 de xullo de 2009

2 novas liñas de Noitebús pasarán por Sobrado


A partires de este sábado 11 de xullo 2 novas liñas de noitebús pasarán por Sobrado. A empresa Ramos Seoane S.L. do amigo Esteban será a encargada de facer estas liñas. Algo que será moi beneficioso para toda a xente de Sobrado que saimos de marcha en Melide ou Touro nas noites dos sábados.
O máis destacable é que a segunda liña pasará por Sobrado a 1.30 horas e terá a hora de retorno as 7.10 horas, polo que me da a min que agás contadas excepcións moitos coches da nosa pandilla que os sábados partían rumbo a Melide a partires de agora quedarán aparcadiños na Praza. Acabouselles a vida nocturna no que os sábados se refiere (polo menos o meu).
Estamos de noraboa e esta é unha nova a celebrar; haberá que ir ensaiando as míticas "para ser conductor de primera" ou "que buenos son los hermanos salesianos...".
Non che queda nada Esteban...

A Lagoa xa loce explendorosa cos nenúfares

A Lagoa de Sobrado por fin loce os nenúfares en todo o seu explendor. Debido á climatoloxía este ano tardaron máis en brotar pero o que se achegue estos días polo humidal sobradés poderá ver un marco sen lugar a dúbidas espectacular.
Deixo eiquí estas fotos para recrearmos todos a vista e valoremos a beleza da Lagoa de Sobrado na súa xusta medida.


































































mércores, 8 de xullo de 2009

Gladiator

Está claro que o mundo é un pañuelo. O dianteiro do Atlético Sobrado David disfrutaba de unha placenteira tarde noite en Lucus Augusti un sábado calqueira cando de repente comezou a divisar un guerreiro romano que se lle facía coñecido.
Para o seu interior, David pensou: "eu estou flipado, como vai haber romanos aquí e por riba un deles facerseme coñecido...", segundo se achegaba a "cuadriga" David viu que un deses loitadores parecíase moito a Pazitos..., "non pode ser, non pode ser..." pois sí amigo David, era Pazitos!

Ahí o tedes amosando as súas fornidas pernas e lucindo tipito que nin Concha Velasco nos seus mellores tempos...

Logo de fundirse nun entrañable abrazo "Gladiator" Pazitos comentoulle a David que a tropa de guerreiros que él comandaba chamábase "Barcelororum" e que viñan de loitar contra o malvado "Trinus Manzanus", o que non lle revelou "Gladiator" Pazitos ó "killer" do Atlético Sobrado foi quen gañou a batalla, pero pola cara que amosa na foto parece ser que saiu victorioso.

Felicidades Pichiño

Hoxe o peso pluma (aínda que él diga que está a botar panza) está de cumpleanos. Pichi cumpre 27 aniños e ogallá que lle toque comer un pastel tan grande coma o que vemos na foto. Parece ser que un dos regalos que terá no día de hoxe será un novo "turbo" para o seu Peugeot 307..., seguro que o coche llo agradecerá.

Que disfrutes do día Pichiño, e reserva algo de forzas que o sábado é o Día da Familia e xa se sabe que dende o mediodía ata entrada a madrugada a xornada vaise facer longa..., non vaia ser que te poñas a pandar e despois non nos fagas caso.

A coidarse.

A pregunta da semana

Qué persoa mediante conversación telefónica e querendo dar o seu correo email dixo as seguintes palabras?: "sí, eso es, con "b" de vaca..."

venres, 3 de xullo de 2009

Festas de San Pedro, Présaras 2009

Hoxe comezan as festas grandes de San Pedro na miña segunda terra, en Présaras (Vilasantar).
O cartel de este ano está a altura destas populares festas pois sempre foi recoñecido que as festas de Présaras eran das mellores do interior de Galicia, chegando algún ano a equipararse a festas con moito máis presuposto.

Para comezar as festas de San Pedro, hoxe venres haberá unha Churrascada no Campo da Festa a partires das 21.00 horas.
De seguido CHICAS SHOW E JOCKER amenizarán a noite.
Para mañá sábado haberá sesión vermouth a cargo da orquestra Xente Nova onde unha das vocalistas é a nosa amiga Rosalía. Decir tamén que o Grupo de Baile A Maristela de Sobrado fará o pasarruas pola mañanciña.
Xa pola noite, XENTE NOVA E MARBELLA serán os encargados de facer bailar ó público asistente e penso que o conseguirán, ademáis prevese que mellora a climatoloxía polo que seguramente haberá abundante público.
O domingo e como peche de festa a comisión preparou o prato fortedestas festas, a orquestra que terá a responsabilidade de facer a sesión vermouth será Cibeles.
Xa pola noite, un auténtico festón: CIBELES E PANORAMA. Unha orquestra Panorama que xa levaba varios anos sen pisar estas festas pero que desta volta terá o honor de pechar como corresponde a estas espectaculares festas.
Polo tanto, o Sobrado On Tour 2009 terá tres días de cita ineludible en Présaras.

ANIMÁDEVOS A VIR!

xoves, 2 de xullo de 2009

O San Pedro e San Xoan en fotos

Importante e abundante documentación fotográfica aporta o blog da Comisión de Sobrado 2009 http://www.comisionfestassobrado2009.blogspot.com/ sobre as festas do San Xoán e o San Pedro.

Un San Pedro no que poido afirmar o igual que moitos dos meus compañeiros que igual foi o máis divertido de todos cantos acordamos. Pódese definir con unha frase FESTAZA!

Festaza, dende o momento que Gelito subiu ó palco e cantou enteiriña "Dolores se llamaba Lola", non conforme con eso meteu 3 berros estilo "Rammstein" que xa forman parte da historia do pobo e deronlle un toque bestial a canción.

Festaza foi dende o momento en que chegamos a Ramiro as 4 AM tras acabar Troco e un cúmulo de casualidades fan que Nando con unha bandexa, Lisardo co teléfono-monedero, Chino coas pinzas do xeo, Pedino co cinseiro, coas mans e cos pes, Jorge primeiro co cristal e logo coa parede e Capitán con un trompetín deciden montar unha "charanga" o azar facendo un son xenial e adicandonos 3 horas e media inolvidables con un son sorprendente. Baixo a atenta mirada de unhas 30 ou 40 personas que cantaban e bailaban sen parar baixo a luz vermella de un Ramiro espectacular. GRAZAS MÚSICOS!

Festaza foi o día seguinte cando na sesión vermouth o Grupo Triunfo pechou a súa actuación con un poutpourri dos anos 70 co "Abanibí" como bandeira e que entre os Martinis e a música xa daban gañas de saltar.

Festaza foi o luns pola noite no primeiro pase de Triunfo cando o personaxe da pregunta da semana fixo e dixo todo aquelo que xa está máis que comentado.

Festaza foi cando no segundo pase de Triunfo deron un recital de como se mete música de caña para pouco pero intenso público que non dudaron un intre en agradecelo... e a Gelito tamén que subiu o palco por segundo día consecutivo e adicounos varios "berros" característicos que dame a min que vai ter que repetir nos Dolores diversas veces. Por suposto, tras acabar Triunfo houbo repetición de actuación en Ramiro con Puri como bailarina principal.

Festaza foi cando o martes na sesión vermouth o Dúo Camelia trouxo un son que parecía a Panorama e aínda por riba a cantante traia un vestido rosa que gustou moito ó persoal...

Grazas a Comisión e Grazas a tod@s cos que compartín festa, sodes a p... bomba!!!

San Pedro 2009 xa quedará para sempre no meu maxín.

Feliz, feliz no teu día...

Nando está de cumpleanos, 31 primaveiras o contemplan. Dende este blog queremos felicitalo e que disfrute de este día tan especial, casualmente coincidindo con tan magno evento celebrase hoxe en Sobrado o Día de Asturias. Veremos que nos depara.

FELICIDADES SALMANTINO!

mércores, 1 de xullo de 2009

A pregunta da semana

Logo de facer unha exhibición de baile no esceario do Grupo Triunfo, Chus, unha das vocalistas, comentoulle a este personaxe que lle adicara unhas palabras os seus "fans".
O personaxe en cuestión respondeu: "non, non están aquí meus pais..."

Quen foi a persoa en cuestión?

A cor favorita dos lectores é o vermello

Por un escaso marxe dun 2% impuxose a cor vermella sobre a cor azul na enquisa relativa o mes de xuño onde se preguntaba a cor preferida dos lectores de este blog.

A cor vermella acadou o 26% dos votos rexistrados mentres o azul quedouse no 24%, o terceiro lugar ocupao a cor verde con un 15%, cuarto é a cor branca con un 13%, empatados no quinto posto con un 6% encontrase a cor negra e a cor violeta.
Outras cores coma o marelo, o marrón ou o rosa acadaron o 2%.

Grazas a tod@s por participar, axiña estará online a do mes de xullo.