xoves, 11 de xuño de 2009

A Casa do Churrasco


É coñecida pola nosa zona a afección que temos un bo grupo de amigos de celebrar churrascadas entre semana para facer máis levadeira a mesma.
Durante moito tempo a casa de Pedino foi o centro de reunións onde temos rido, vacilado e compartido miles de aventuras e historias pero agora está a piques de nacer outro punto de encontro. Trátase da Casa do Churrasco, non pensedes mal, non é un novo negocio de hostelería en Sobrado nin nada polo estilo, é unha iniciativa que xa está a levar Nando a cabo. Eu bautizoa desa forma, como A Casa do Churrasco, Esteban onte bautizouna como ChapaChurrasco..., veremos agora como a bautiza o dono en cuestión de esta historia.
Explicareivos brevemente: Nando está a reformar a antiga panadería de Roberto interiormente que está situada no centro do pobo, enfronte o Bar Tato para facer alí un centro de reunións...
Non cabe dúbida que o local préstase moito pois dispón de unha lareira de unhas boas dimensións, e un patio maravilloso para poder disfrutar do fresco cando azoten as noites calurosas do verán (que por desgracia en Galicia hai poucas). Ademáis xa ten un croquis feito na súa cabeza de como vai a estar integrado este proxecto no seu interior: levara unha pequena barra onde poucar os "vidros postcomida", duos pipos de viño que tamén servirán de apoio, unha mesa central onde cear ou comer, un home cinema, un pantalla plana, a playstation..., onte mesmo José Luis xa anunciou que él se encargaba de facer a parrilla, en definitiva que pode que o local cando esté rematado (agora mesmo está en obras) vai dar moito xogo, no verán portas para afora e no inverno co calor da lareira. Non quero nin pensar as festas que nos imos pegar..., as mesmas que ata o de agora... con ese licor de herbas miragreiro que Pedino ten na casa e que fai revivir os ollos de un morto.
Neste momento seguro que Nando se atopa picando algunha das paredes con todo o afán de "abrir o negocio" o antes posible.
QUE VIVA A CASA DO CHURRASCO!

3 comentarios:

Suso dixo...

Eu non domino a "cantería" nin a cociña para botarvos unha man...pero ¡¡¡ aplaudo as vosas ideas !!!!
¡¡ Moito ánimo e adiante coas churrascadas!!
Se un día fai falta alguén para probar...xa sabedes donde hai un voluntario.
Unha aperta

vero86 dixo...

Joer, que ven o montades chico!!!! Vós si que sabedes!!!

Unknown dixo...

Suso: teremos en conta a túa declaración de intencións e grazas polos ánimos, seguro que van valer para que nos animemos a darlle "ó churrasco" máis a miudo.
Vero: traballar non nos mandes, pero cando hai que troulear somos os primeiros en apuntarnos, ja ja ja.

Un saudo os dous.