xoves, 18 de xuño de 2009

"Baraja" en Sobrado

O "Camiño Norte" mistura razas, culturas e tradicións que se ven reflectidas en Sobrado cando chegada esta época comeza unha afluencia masiva de peregrinos para pernoctar no albergue do Mosteiro facendo parada obligada para continuar o traxecto do Camiño.
Por este pobo pasou, pasa e pasará xente do máis variopinto, xente extravagante, xente que pasa desapercibida e tamén famosos en maior ou menor escala.
Hoxe tocoulle o turno o "famoseo" xa que anda por estes lares o actor malagueño Canco Rodríguez, coñecido por interpretar o papel de "Baraja" (o amigo de Luisma) na exitosa serie televisiva Aída.
Hai uns intres pasouse pola oficina de turismo e pola aula de informática para mirar uns correos e imprimir uns documentos (quen sabe se as condicicións de un novo contrato para un novo filme...)
A verdade é que parece moi simpático e resultoume moi amable. Xente como Emilio Tato incluso se fotografiou con él. Supoño que a noite deixarase ver polos tabernáculos sobradeses para mañá encarar outra etapa cara a Compostela. A verdade é que non viste moi diferente a como aparece na serie, con camiseta de tirantes e pantalons hippiolos, un estilo moi "mestizo" e as olleiras asegúrovos que non son efectos do maquillaxe da serie, son naturais 100%.

Bo camiño!

3 comentarios:

vero86 dixo...

Valías para reporteiro do "cuore", sacándolle os defectos á xente famosa jajaja é broma.

Un saudo e bo finde!!

Unknown dixo...

Buf! non me vexo de reporteiro..., ja ja ja. Pero bueno nunca se sabe, o mellor acababame gustando e todo.

Saudos.

Pitus dixo...

La gran frase del Baraja que nunca olvidaré(que bueno es)
- Machu Pichu?Tu por que siempre vistes igual?
Eres un poco guarrete eh!!!!!
Claro que....Don Pimpon siempre vestía igual y era un señor de los pies a la cabeza..!!!