venres, 26 de xuño de 2009

Ata sempre



Non vou decir nada bo nin malo do Michael Jackson persoa, tan só vou comentar que a nivel musical foi, é e será un dos grandes da historia da música. Alguén que derribou moitos muros, e que fixo dos videoclips un arte. A música pop non se entende sen "Jacko", dende eiquí quero rendirlle esta despedida coa canción que máis me gusta del: "Dirty Diana".

DEP

5 comentarios:

vero86 dixo...

Buff é que parece mentira!!! Eu onte puxen a radio nada máis saltar da cama, e quedei de pedra cando escoitei a noticia en Europa FM... ainda non o podo crer!!

Coincido totalmente contigo en que como persoa non imos entrar en detalles (todos temos as nosas miserias, e el non tiña porque ser distinto, pero como non o coñecin, non digo nada), agora o que non se pode negar é que como artista era un FENÓMENO!! Así, con maiúsculas e as letras todas.

Fixo historia e a súa obra está ahí, e estará sempre para demostralo e para seguir disfrutando dela.

Recordo que foi o primeiro cantante que admirei, desde que era unha enana (nacín no 86, cando el estaba no boom da súa carreira) e acórdome de ir no coche escoitando a cinta de meu pai na que soaba Smooth criminal, Billie Jean, e outras... e sabelas todas!! (non sabía o que dician, obviamente, pero tiñáas enteiriñas na cabeza!) e velo na tele e quedarme pasmada cando bailaba jeje. Encantábame xa daquela!

Podería dicir montóns de cancións que me gustan del, pero todo non é suficiente para describir o que disfruto coa súa música. Con 14 anos, en clase de música, vin o videoclio de Thriller e de Earth song e comprendín porque me gustaba tanto xa desde tan pequena.

Non é que fose "fan" del, pero sí que me gusta e sempre o admirarei.

Grande Michael!!!

Agardo que agora esteas "in a better place"... You are not alone!!

vero86 dixo...

Bueno, onde puxen "videoclio" quixen dicir "videoclip" jejeje.


Este tío non tiña que morrer nunca!!

Raquel dixo...

Hola!
Supongo que como decís no debemos juzgar la vida personal de este hombre, quizá en ocasiones extravagante y posiblemente muy complicada. Yo recuerdo el estreno de su videoclip 'Thriller' en el programa Tocata, que daban los sábados por la mañana. Yo tendría 7 u 8 años pero recuerdo que me impactó. Creo que me dio un poco de miedo y todo.
Solo me queda decir, que se ha ido un gran músico, yo diría, un personaje histórico. Hasta siempre.

Unknown dixo...

O final resultou ser que a morte de Michael Jackson vai a ser un dos negocios máis rentables da historia..., xa non se respeta nada!

Saudos

vero86 dixo...

O primeiro en non respetalo xa é o seu propio pai, que é un buitre de moito coidado!!! Aprobeitou unha intervención nos medios para falar das circunstancias da morte do seu fillo e anunciou o seu novo negocio, unha discográfica! un momento do máis oportuno, si!!! En fin...