xoves, 14 de maio de 2009

Mañá comeza o Sobrado On Tour 2009

Mañá 15 de maio e xa a piques de entrar en plena voráxine verbeneira comeza o agardado Sobrado On Tour 2009 que levará a toda a nosa pandilla polos lugares máis insospeitados da xeografía galega. Conforme se vaia adentrando o verán iremos "ampliando territorio" para gozar das diversas e espectaculares festas que se fan en todos os recunchos de Galicia.
Este ano andanos a idea na cabeza de facer camisetas conmemorativas para levar a festas destacadas e poder así identificar mellor a algún dos compoñentes a altas horas..., esta idea estase a madurar aínda pero pode que sexa factible.
O Sobrado On Tour 2009 arranca na nosa propia casa, pois mañá comezan as festas de San Victorio na parroquia de Grixalba aquí en Sobrado, unhas festas que sempre contan con un importante número de xente e que este ano contan con un máis que atractivo cartel. Mañá estará a gran Orquestra MARBELLA acompañada por un dúo, xa hai gañas de ver as evolucións da excepcional orquestra comandada por Víctor como voz cantante e onde siguen de compañeiras de viaxe as guapas María e Eva.
O sábado seguirá a festa rachada co espectacular e potente grupo CICLÓN (incrible como está a medrar de ano para ano esta formación), e un dúo.
Para o domingo, logo da misa haberá sesión vermú coa actuación de outro dúo.
Salientar que nesta festa tanto sábado coma domingo hai moita xente que vai de merenda ó San Victorio e hai un auténtico ambientazo, parece ser que mellora algo o tempo para a fin de semana, polo tanto se queredes escaparvos a un lugar diferente e disfrutar dunha festa enooooooorme, xa sabedes, esta fin de semana vide a Grixalba.

Saudos.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

No lo digas dos veces que me arranco!!jajaja. Espero que lo pases muy bien

Un biko
Sara

vero86 dixo...

Pasádeo ben e espero que nalgunha etapa do Sobrado On Tour 2009 nos atopemos vendo algunha das grandes orquestras que temos na nosa terra, como o ano pasado ;) jeje

Un bico!!