venres, 29 de maio de 2009

Axúdanos a encontralo


Este rapaz, do cal descoñecemos a súa identidade, traballou de "barman" na Cafetería Praza hai xa algúns anos, sospeitosamente e do día para a noite desapareceu e xamáis se volveu a saber del. Tan so sabiamos que lle chamaban JR pero non dispoñemos de máis pistas..., a ver se entre tod@s somos capaces de encontralo e de invitalo para que volva a visitar Sobrado. Camareiro sempre atento que destacaba pola pouca gaña de facer manzanillas sobre todo en días tan sinalados coma Aninovo.
Ninguén se esquecerá de frases coma "doevos o estomajo? jodedevos! non tomarades cubatas onte, o que queira tomar manzanilla que a vaia tomar a casa..."
Por favor axudade, seguro que aportando todos o noso graiño de area seranos máis doada a súa procura.

xoves, 28 de maio de 2009

Próxima apertura de Multiservicios Cempés en Arzúa


O vindeiro luns 1 de xuño a partires das 18.00 horas terá lugar a apertura de unha tenda multiservicios que terá entre as súas accións a reparación de calzado, duplicado de chaves, copia de mandos, afiado de coitelos e tesoiras, complementos para o calzado e complementos para o vestir en Arzúa:
trátase de Multiservicios Cempés, os xerentes desta empresa son os meus amigos Ana e Miguel os cales lles desexo a maior sorte do mundo nesta iniciativa empresarial.
Este é un breve resumo das actividades de Cempés tal como reza no anuncio de publicidade:
- REPARACIÓN DE CALZADO: as mellores e máis modernas técnicas para a reparación do calzado, ofrecendo eficacia e rapidez nas reparacións.
- DUPLICADO DE CHAVES: Cempés dispón dunha ampla gama de chaves, con máis de 20.000 referencias distintas no catálogo.
- COPIA DE MANDOS: gran variedade de modelos para coches, garaxe, alarmas...
- AFIADO DE COITELOS E TESOIRAS
- COMPLEMENTOS PARA O CALZADO: cremas, tintes, prantillas, cordóns...
- COMPLEMENTOS PARA O VESTIR DE HOME E MULLER: Cempés dispón das marcas: Adolfo Domínguez, Gabol, El Potro, Viceroy, Caminatta e Pepe Moll en bolsos, carteiras, cinturóns, carteiras para documentos e maletas.
CEMPÉS está situado na Avenida de Lugo, 18 Baixo, no pleno centro de ARZÚA (enfronte da Cafetería Venus).
Teléfono 881 973 402.
NON DUBIDEDES EN VISITAR CEMPÉS:boa atención, rapidez, calidade dos seus productos e prezos económicos son as súas señas de identidade.

mércores, 27 de maio de 2009

O partido desexado


Hoxe celebrase en Roma a partires das 20.45 horas a final da Uefa Champions League, unha final na que se pode decir que o fútbol foi xusto e enfrontaranse os dous mellores equipos do mundo neste intre.
Por unha banda o F.C. Barcelona de Pep Guardiola, o equipo que mellor practica o "jogo bonito" e que xa ten dous títulos no seu poder nesta tempada: Liga e Copa do Rei. Unha plantilla de moita calidade que sabe tratar o balón coma ningunha outra.
Por outro lado o Manchester United do histórico Sir Alex Ferguson, vixente poseedor do trono europeo e firme candidato a revalidalo. Conta con un gran plantel pero non fai un fútbol tan vistoso coma o equipo que adestra o "Noi de Santpedor".
Dende días atrás os medios de comunicación están empeñados en decir que é unha batalla entre Leo Messi e Cristiano Ronaldo por dirimir quen é o mellor xogador do mundo..., sen restarlle mérito a ningún destes dous artistas paréceme moi frívolo deixar de falar dos Iniesta, Xavi, Henry, Toure, Pique ou Eto´o nos blaugranas así coma de Giggs, Rooney, Tévez, Park, Carrick, Evra ou Ferdinand nos "Reds".
Supoño que a iniciativa do xogo levaraa o equipo blaugrana e o Manchester intentará pillarlle as espaldas o equipo que preside Joan Laporta aproveitando a velocidade da súa zona de ataque.
-As claves: o Barça levarase o partido se consigue desmontar o entramado defensivo que vai montar Sir Alex Ferguson para anular a creación azulgranda (supoño que xogarán de mediocentros Carrick e Anderson). Outro punto a favor do Barcelona é que a pesares de ser un gran porteiro Edwin Van der Sar é bastante indeciso nas saidas os balóns por alto (algo que o campión español debe aproveitar.
O Manchester levarase o partido se defende como sabe e non comete erros de bulto na parte traseira. Se Cristiano Ronaldo está acertado a balón parado pode ser decisivo pois é o mellor lanzador de faltas do mundo e Víctor Valdes sabeo. A estratexia a balón parado cobra fundamental importancia no equipo red nos córners e faltas laterais onde saben que é o punto fraco do F.C. Barcelona e con 3 grandes rematadores como son Vidic, Ferdinand e Ronaldo poden levarse o encontro. Ademáis está o handicap de que nin Alvés nin Abidal, os dous laterais titulares do Barça poderán xogar por sanción, ollo a entrada por bandas de Giggs, Rooney, Park e Evra.
Pola miña parte dicir que ogallá se vexa un partido digno da final da Champions, con goles, xogadas bonitas, que non haxa patadas duras nen expulsados e que gañen os Red Devils que é o meu segundo equipo despois do Depor.
O Barça xa ten dous títulos ben merecidos este ano e ten que deixar algo para os demáis, de todos modos se gaña o Barça tampouco me disgusta pois logo do fútbol que desplegou este ano tan só cabe levantarse, quitar o sombreiro e aplaudirlle pois nos anos que levo vendo fútbol (e creedeme que levo vistos miles de partidos) xamáis vin a ningún equipo xogar de este xeito tan maravilloso.
Saudos e que disfrutedes do encontro.

luns, 25 de maio de 2009

A pregunta da semana

No transcurso dunha comida nos últimos días que persoa dixo: "así la vida da un giro de 100 grados"?
Añadir vídeo

xoves, 21 de maio de 2009

Por aquí señor veterinario

Hoxe imos estudiar un dos fenómenos sociolóxicos galegos máis antigos, un método de comunicación que perdurou no tempo e se trasladou por diversas xeracións e aínda a día de hoxe segue a ser moi eficaz: estoume a referir o "trapiño vermello" para avisar o veterinario nas carreteras de que algún animal necesita atención médica.
Na época de internet, do 3G, do wifi, dos ordenadores portátiles, do televisor LCD, do DVD, do HDMI, das TFT, dos teléfonos móviles de última xeración, das cámaras dixitais..., con un simple trapiño vermello o veterinario en cuestión sabe que o aviso que recibeu vía telefónica ou vía oral é pola zona onde se ubica este elemento de tea feito dos máis diversos elementos: de camisetas, de buzos, de gorras, de xerseis... incluso os máis osados se atreven con un saco de plástico do mineral..., eso sí sempre de cor vermella..., así non hai fallo.
Parece ser que na antiguidade este método empregouse cando había una vaca "en celo", non sei se o color vermello era símbolo de "pasión" ou ben foi posto o azar..., pois o marelo quizais e tanto ou máis chamativo (se esa era a intención da persoa que puxo o trapiño nese lugar), e foise trasladando o resto de animais, e o resto de doenzas (se estar en celo se pode considerar unha doenza... aínda que estimo que non).
Hoxe chamoume a atención o pasar por unha estrada da que non quero citar o nome: poñamos Sobrado-Teixeiro e pareime a pensar mentres conducía nesta práctica que eu recordo dende sempre e que parecía que co paso do tempo e sobretodo coa chegada do teléfono móvil estaba en deshuso pero felizmente vin que non é así e alegrome porque as tradicións hai que mantelas e esta é canto menos curiosa...

Saudos

mércores, 20 de maio de 2009

Pazitos a subasta pública

A Comisión de Festas Sobrado 2009 non deixa de sorprendernos. Como nova principal no seu blog oficial www.comisionfestassobrado2009.blogspot.com teñen unha iniciativa canto menos sorprendente e nunca vista no pobo de Sobrado: a subasta en poxa pública de un solteiro de ouro... evidentemente e como non podía ser de outro xeito, o home a subastar é o Gran Pazitos.
O empresario do calzado, contralador de planta refineira, xogador de paddel, pescador, gogo e stripper será subastado (aínda falta concretar lugar e data) para que a moza que o teña a ben o leve para onde ela dispoña.

Din as malas línguas que esta idea partiu de Chus, a súa cuñada, que cansada de ver que Pazitos non pasa polo altar nin atado tomou esta sorprendente decisión matando 2 paxaros de un tiro: recaudar fondos para a comisión Sobrado 2009 e de paso buscarlle unha churrita a Pazitos para que convivan en amor e compañía.

Agardemos que este evento de tal magnitude sexa publicitado como se merece, en vindeiras datas intentaremos entrevistar ó "ínclito" Pazitos para poder ver as súas impresións e inquedanzas. E dende xa propoño que se habra unha porra para apostar cantos euros val Pazitos. A ver se a Comisión así colle ideas para poñerlle un prezo de saida o home que perdeu unha espada pero encontrou un bocadillo de xamón e unha botella de Martín Códax en duas vodas diferentes con unha marxe de dous meses.

TODA A SORTE DO MUNDO A COMISIÓN E AS MOZAS QUE POXEN POR ESTE HOME MULTIFUNCIONAL.

Saudos, sede bos.

martes, 19 de maio de 2009

Jesús Gil vs José María Caneda



Agora que a SD Compostela parece que volve a asomar a cabeza no fútbol de élite tras un lustro na penumbra (o domingo xogará o partido de ida da promoción de ascenso a Segunda División B fronte o Atlético Monzón a partires das 18.00 horas no Estadio Municipal de San Lázaro) venme o maxín os anos dourados da entidade compostelanista. Unha entidade da que segue sendo presidente José María Caneda, xenio e figura que pasou a historia do fútbol español por "aquel combate" semipuxilístico que mantivo co Presidente do Atlético de Madrid, o finado Jesús Gil as portas da sede da Liga de Fútbol Profesional en Madrid. Mellor dito o combate foi co xerente da SD Compostela que foi o que se levou un bo "zambombazo" por parte do ex-alcalde de Marbella.
Para a posteridade quedarán frases de Caneda coma "calamidá" ou "montón de mierda".

Deixovos o video para que voltedes a ver unhas esceas máis macabras do fútbol español nos últimos anos: dous dirixentes a "hostiazo limpio".

Cúmprense 9 anos do Día de Gloria


Formación inicial do Deportivo o día 19-05-2000 que se proclamou campión de Liga: (de izquierda a dereita): Roy Makaay, Don Mauro Silva, Quique Romero, Slavisa Jokanovic, Nourredine Naybet, Jacques Songo´o, Manuel Pablo García, Víctor Sánchez Del Amo, "Fran"cisco González Pérez, Donato da Gama, Djalma Feitosa "Djalminha" e Antonio "O Xitano" D.E.P.

Hoxe, 19 de maio é día de celebración, orgullo e recordo para todos os deportivistas. Cúmprense 9 anos dun día histórico, cheo de alegría e alborozo para a Coruña e para a meirande parte de Galicia. O Deportivo entraba na historia da Liga pois convertíase en campión de facer unha gran campaña e de gañar polo resultado de 2-0 o R.C.D. Espanyol de Barcelona.
Nun Riazor ateigado comezou o partido con moitos nervos e con algo de medo por se a mala experiencia de 6 anos atrás co consabido "penalti de Djukic" se volvia a repetir. De todos modos debo decir que o ambiente que se vivía na cidade herculina os días anteriores o encontro era de auténtico convencimento de que esta vez a Liga ía vir para A Coruña, eu nesa época vivía en Santa Catalina e miraras por onde mirarás respirabase deportivismo por todas as esquinas. Daba gusto ver toda a cidade engalanada cos colores brancos e azuis e o ambiente que se respiraba que denotaba que algo grande ía pasar o venres (que foi o día que se xogou o partido).
Ía metade da primeira parte e prodúcese un córner a favor do Deportivo, á execución correu a cargo de Víctor Sánchez Del Amo que precisou un medido centro e Donato nun salto poderoso meteu a cabeza con todo o convencimento de que ese balón ía directo á rede. O balón foise para adentro, Riazor estourou de alegría, 35.500 almas berraron o gol coma nunca, berrou Riazor, berrou a Coruña, berrou Galicia, e tamén moitos emigrantes galegos que están estrados polo mundo adiante. No momento do 1-0 xa se vía que a título quedaríase na Coruña e que o Depor desta volta non ía perdoar. Por se quedaba algún tipo de dúbida logo de unha internada de Manuel Pablo e un pase ó interior da área o holandés Roy Makaay nun excelente gol escorado faría o 2-0 aínda na primeira metade que sentenciaba o encontro. O anfiteatro herculino caiase literalmente, e a emoción era a principal protagonista.
Na segunda metade o Depor xogou con tranquilidade o os "pericos" tampouco inquedaron moito a portería de Songoó; cando soou o pitido final do colexiado a festa comezou, e en poucos segundos o céspede de Riazor encheuse de milleiros de cabezas que levantaban os xogadores coma toureiros e que cantaban cara o palco onde se encontraba un entusiasmado Augusto César Lendoiro (o pai de este sono) que se lle vía ledo e nervioso a vez. Pasados uns minutos os xogadores foron tinguir o pelo de marelo ovo tal como prometeran se gañaban a liga, recordo que Djalminha tiña unha aire Wesley Snipes muy grande.
Logo de unha boa celebración en Riazor a festa trasladouse as rúas coruñesas, o Deportivo habilitou un bus descapotable para a ocasión no que ían os xogadores e o corpo técnico. A noite respetou as celebracións xa que facía unha temperatura agradable na cidade herculina.
Logo do paseo en bus, festa polos pubs do Orzán onde os xogadores se convertiron nos reis da noite. O día seguinte tocou de novo paseo triunfal polas rúas da Coruña antes de que todo o plantel fose recibido en María Pita, unha praza na que agardaban miles de siareiros e onde estaba habilitada unha pasarela na que os xogadores foron pasando un por un, os xogadores máis tarde sairon o balcón do Concello e alí Lionel Scaloni erixiuse en protagonista, microfono en man e cantando cancións que todos os deportivistas querían oir..., as celebración aínda hoxe perdura nas retinas dos que amamos o Real Clube Deportivo, foi unha xesta que xamáis olvidaremos.
GRAZAS DEPOR


luns, 18 de maio de 2009

O Sobrado On Tour 2009 arranca con forza

Non puido arrancar de mellor xeito o Sobrado On Tour 2009 que comezou esta fin de semana. Tan só un "pero" os citados días, a mala climatoloxía que acompañou as festas de San Victorio de Grixalba, de todos os xeitos, grazas a maravillosa carpa que estaba instalada para a ocasión a estancia en terras do norte de Sobrado foi agradable.

O venres compartían esceario a Orquestra Marbella e o Dúo Camelia; moito frío pero aínda así unha afluencia de público xove bastante notoria. Destacar o sector masculino que non perdía "prenda" das evolucións de María sobre o esceario... (e é que esta rapaza ten moito tirón no público masculino).
A Marbella no seu estilo de sempre, conectando moi ben co público, facendo moita música para bailar e amosando simpatía dende as voces principais, moi lonxe do "ego" de outros cantantes que se cren o ombligo do mundo.
Ampla representación de Sobrado: Pirulo, Li, Pazitos, Manolo, David, Alvaro, Laura, Nando, Noe, eu..., non sei se me queda ninguén..., dicir que collimos a festa con gañas e penso que o Grupo Dandy que era o encargado de servir a bebida da foliada o notou nas existencias... a ocasión mereciao.
En teoría o día seguinte Alvaro, Miguel e eu iamos comer o mediodía o San Victorio..., se non chovia...grazas a Deus choveu e puidemos descansar que falta facía.
Na noite do sábado de novo volta a Grixalba que foi a capital da festa sobradesa nesta fin de semana para disfrutar de unha amena festa coa Orquestra Cibeles e co Grupo Ciclón, UN AUTÉNTICO GRUPAZO que vai pechar o sábado da festa dos Dolores de este as 9.00 AM, sí, sí, oistes ben, este ano o sábado das festas grandes de Sobrado rematará as 9 da mañá, ídevos preparando porque ademáis Ciclón vai dar caña e da boa!!!
De novo gran representación Sobradesa con María, Pirulo, Pichi, Carolina, Alvaro, Laura, Pedino, Laura, Noe e eu..., bandeiras do F.C. Barcelona que se acababa de proclamar campión de liga, e de novo grandes cantidades de productos de taberna consumidos por unhos servidores. Ademáis de disfrutar da festa puidemos disfrutar dos placeres do calor da lareira que ten o único bar que está "in situ" no San Victorio... logo de mover os sofás que estaban preto do lume tivemos un anaco de acomodo logo do "traballo" realizado o longo de toda a noite. Chegado ese punto comezaronse a pedir "bocadillos" de Estrella, de Beefeater, de Barceló, de Passport..., a casa pola ventana. Alí rematou a noite e con ela a nosa actuación no San Victorio no que debo decir a nivel persoal que mo pasei en grande a pesares do intenso frío, foron moitas as risas e as anécdotas que ocorriron e a verdade é que algunha delas non val para contar...
Creo que lle dimos un bo comezo ó Sobrado On Tour 2009 e agora ata o 31 de outubro, as historias irán aparecendo reflexadas neste blog.

Saudos e que teñades un bo comezo de semana.

A pregunta da semana

No transcurso das festas de San Victorio desta fin de semana en Grixalba a "alguén" se lle ocorreu chamarlle "bocadillos" os cubatas, quen foi o personaxe en cuestión?

xoves, 14 de maio de 2009

Mañá comeza o Sobrado On Tour 2009

Mañá 15 de maio e xa a piques de entrar en plena voráxine verbeneira comeza o agardado Sobrado On Tour 2009 que levará a toda a nosa pandilla polos lugares máis insospeitados da xeografía galega. Conforme se vaia adentrando o verán iremos "ampliando territorio" para gozar das diversas e espectaculares festas que se fan en todos os recunchos de Galicia.
Este ano andanos a idea na cabeza de facer camisetas conmemorativas para levar a festas destacadas e poder así identificar mellor a algún dos compoñentes a altas horas..., esta idea estase a madurar aínda pero pode que sexa factible.
O Sobrado On Tour 2009 arranca na nosa propia casa, pois mañá comezan as festas de San Victorio na parroquia de Grixalba aquí en Sobrado, unhas festas que sempre contan con un importante número de xente e que este ano contan con un máis que atractivo cartel. Mañá estará a gran Orquestra MARBELLA acompañada por un dúo, xa hai gañas de ver as evolucións da excepcional orquestra comandada por Víctor como voz cantante e onde siguen de compañeiras de viaxe as guapas María e Eva.
O sábado seguirá a festa rachada co espectacular e potente grupo CICLÓN (incrible como está a medrar de ano para ano esta formación), e un dúo.
Para o domingo, logo da misa haberá sesión vermú coa actuación de outro dúo.
Salientar que nesta festa tanto sábado coma domingo hai moita xente que vai de merenda ó San Victorio e hai un auténtico ambientazo, parece ser que mellora algo o tempo para a fin de semana, polo tanto se queredes escaparvos a un lugar diferente e disfrutar dunha festa enooooooorme, xa sabedes, esta fin de semana vide a Grixalba.

Saudos.

mércores, 13 de maio de 2009

25 anos non son nada



Hoxe dispútase a Final da Copa do Rei entre o Athletic Club e o F.C. Barcelona a partires das 22.00 horas por TVE1.

A quen máis e quen menos este partido lémbranos a final de hai 25 anos un partido que é tristemente recordado polas agresións entre xogadores que se produciron unha vez finalizado o encontro. O partido fora gañado polo Athletic 1-0 gol de Endika e tras o pitido final un xove Diego Armando Maradona, (que un ano atrás fora victima dunha dura entrada por parte do central do Athletic Andoni Goikoetxea), decidiu coller a xustiza pola súa man e comezou a agredir a xogadores blaugranas producíndose unha tangana monumental. Quen non recorda a patada pola espalda de Migueli a De Andrés?

O partido de hoxe evócame a miña infancia, recordo este partido, pois dende ben pequeniño fun un amante do fútbol..., recordame a Estanis Argote, a Endika, a Sarabia, a Dani, a Urkiaga, a Schuster, a Maradona, a Migueli, a Marcos, a Paco Clos..., tantos e tantos recordos..., ufff, a veces da medo como pasa o tempo!.

Ogalla hoxe se vexa un bo espectáculo, que gañe o mellor (como se di nestes caso) e o máis importante: que cando o colexiado pite o final os dous equipos se den a man.

Por un lado débolle desexar sorte o sector de amigos blaugranas: Esteban, Nando, Borja..., e por outro o sector de amigos do Athletic: Schumacher, Unai, Txente, Raquel,Josinho, Patxi...

Deixovos un video resumo de esta final de algo máis de 9 minutos, con unha boa calidade de imaxe e narrada polo mítico periodista Jose Ángel De La Casa.

Saudos

martes, 12 de maio de 2009

A pregunta da semana

Qué "elemento" de Sobrado que últimamente estase a deixar o pelo longo puxo o sábado-noite en Melide unha pinza no pelo o máis puro estilo "gheisa"?

sábado, 9 de maio de 2009

Remember



Como comezo da fin de semana quérovos deixar unha canción dance do ano 2001, trátase do Do you know de Silverblue.
É moi pegadiza e fai bailar o máis parado. Sen lugar a dúbidas unha das miñas favoritas.

Saudiños

Ballack Hill



Aínda sigue coleando a polémica do partido de volta da Uefa Champions League que o pasado mércores disputaron en Stamford Bridge o Chelsea FC e o FC Barcelona, que se resolveu con un golazo de Andrés Iniesta no desconto.
O colexiado noruego Tom Henning erixiuse en protagonista por varias decisións polémicas dentro da área barcelonista e que levantaron a ira do equipo "blue".
Xa é coñecida a persecución que o alemán Michael Ballack lle fixo o trenciña nas postrimerías do encontro reclamandolle de forma ostensible un penalti por mans de Samuel Eto´o dentro da área blaugrana.
Como non podía ser de outro xeito en internet xa hai infinidade de sketchs relacionados con estas protestas (poñendolles a cara de Tom e Jerry, ou as caras dos protagonistas dos Autos Locos), eu decanteime pola que ten a música de Benny Hill. Pareceme moi simpático a verdade.

Saudos

venres, 8 de maio de 2009

Apartarse!!!!

Peligro en Altabix! como diría aquel periodista deportivo de radio hai algúns anos..., así é, na mañá de onte Yoly aprobou o exame para o carné que lle permite conducir autobuses. Noraboa Chinita. Seguramente en breves a xove conductora pasará a ingresar na nomina de unha coñecida empresa de transportes de Sobrado, non nos quixeron dar o nome da empresa pero parece ser que as súas siglas son R.S. SL, supoño que entre todos poderemos averiguar de que empresa se trata.
A partires de agora comeza unha nova vida para ti Yoly; xa sabes: levar e aturar os xuvenís do Atlético Sobrado, levar os máis peques o cole e facerlles o bocadillo se fai falta, levas a adolescentes con grans na cara o instituto oindo o insistente pitar dos seus "selulares" recibindo mensaxes, excursións da terceira idade, despedidas de solteiro e solteira..., ja ja ja. Non che queda nada neniña..., ja ja ja.
Bueno agardo que todo vai ben, e como din por ahí, que Deus che sorte.

Un bico e noraboa de novo.

martes, 5 de maio de 2009

14 de Xuño, II Concentración de Enduro en Sobrado


A Comisión de Festas de Sobrado 2009 pon en marcha esta iniciativa co agallo de recaudar fondos para as festas de San Pedro en xuño e a Virxe das Dores en setembro.
Esta xuntanza de enduro é a II Edición pois foi a comisión do ano pasado a pioneira neste evento.
A saida terá lugar o 14 de xuño as 10.00 horas dende a explanada do Pavillón Polideportivo.
A cuota de inscripción con comida será de 25€ e sen comida o custo será de 18€.
Os que se queiran apuntar a este evento deben chamar os teléfonos 679454142/617769757.
Haberá sorteo de agasallos o finalizar o evento.
COLABORA: TEAM ENDURO SOBRADO
Ogalla todo saia tan ben coma o ano pasado no que se reuniron máis de 100 participantes.
Sorte!!!

Liado

Logo de uns días sen actualizar o blog (concretamente 5) volvo a facelo. A verdade é que un días por falta de ganas, outros días por falta de inspiración e a maioría por estar bastante ocupado non lle prestei a atención que me gustaría.
Actualmente estou a facer un curso Online da Deputación que me ocupa algún tempo. Debo dicir tamén que o cambio de estación no me sentou nada ben e eu mesmo me encontro raro..., non sei, xa se me pasará... se quere.
Mañán teño a revisión anual da Oficina de Turismo e estes días andiven "deprisa e correndo" ultimando todo o papeleo necesario para que todo esté en orde e pase o control de calidade, agardemos que así sexa..., o meu empeño puxen nelo.
Tamén andamos con retoques na "Feira da Troita" para deixar o cartel o máis bonito posible en épocas de "vacas flacas" e onde non hai moito "millo no horreo", intentaremos facelo o mellor que se poida dentro das posibilidades que manexamos.

Ademáis nas épocas nas que estás máis baixo anímicamente sempre che surxen máis dúbidas, máis incognitas sobre o futuro..., xa sabedes, as típicas paranoias de cada un. Tamén influe o fútbol do Atlético Sobrado (que por fin remata esta fin de semana), porque penso que todos os que formamos parte del necesitamos desconectar unha boa tempada a pesares da gran campaña realizada nas diferentes categorías.
E tamén influe en gran medida que teño un apretado calendario cheo de eventos para este mes e para o vindeiro de xuño que fai que case todas as fins de semana as teña ocupadas (por un lado está ben porque non hai tempo ó aburrimento pero por outro so de pensalo xa me agobia).

Dicir que o xoves fumos á II Gala contra o Cáncro que organizou a Orquestra Panorama en Ordes un representativo grupo de Sobrado e Teixeiro á ineludible cita. Sinxelamente foi espectacular ver a cantidade de coches e as miles de cabezas que alí se agrupaban.
O concerto baixo o meu punto de vista foi impresionante: bo son, a Panorama dando o mellor de sí mesma, unha mixtura de luz e cor sen igual e os artistas invitados que non defraudaron en absoluto o respetable. Impresionantes os berros cando saiu Bisbal (en gran medida por parte do sector feminino). Ademáis a climatoloxía acompañou e aínda que facía bastante frío non choveu que para estes casos é o importante. A verdade é que disfrutamos do lindo e xa estamos contando os días para que chegue a III Gala contra esta plaga que ogallá axiña teña cura.

Sábado puiden asistir en compañía de Noe, Yoly e Esteban á reinauguración da Taberna en Cabrui (Mesía), que dende xa rexenta Vanessa. Ogalla teña toda a sorte do mundo e que esta aventura coma nova empresaria lle vaia vento en popa. Dicir que había moitas caras coñecidas e xente de Teixeiro e Présaras a mogollón, por suposto de Cabrui tamén había unha ampla representación. A partires de agora A Taberna será lugar de visita obrigada cada vez que nos movamos pola terra de Foucellas (que esperemos que non sexan poucas).

Isto é un breve resumo do acontecido nos últimos días no meu entorno, onde seguro que se me quedan cousas importantes no tinteiro..., seguro non, SEGURÍSIMO. Pero en posteriores edicións trataranse estes e outros temas.

Saudos e grazas por estar ahí.

A pregunta da semana


Que "personaxe" puxo esta fin de semana o grito no ceo facendo famosa a frase "ti sempre á putada"?????