xoves, 30 de abril de 2009

O 72% dos lectores non cre na Igrexa Católica

Contundentes cifras se desprenden da enquisa do mes de abril que hoxe finaliza con respecto a crenza na Igrexa Católica.
Os resultados son clarificadores, nun total de 36 votos, un 72% ou o que é o mesmo 26 votantes non cren na Igrexa Católica, polo contra un 27% (10 votantes) si cren na igrexa católica. Compre dicir que esta enquisa ten un 1% de marxe de erro.
Non sei se esta enquisa se achega as cifras reais da sociedade en xeral pero resulta moi chamativo que case 3/4 partes dos participantes na enquisa non crean na Igrexa.
Se cadra é o momento de buscar os motivos destes resultados por parte das altas esferas eclesiásticas e buscar solucións.

Saudos, en breves estará posta a seguinte enquisa.

mércores, 29 de abril de 2009

Todos a Ordes


Mañá na praza da Feira de Ordes celébrase a II Gala contra o Cáncer organizado pola orquestra Panorama. O ano pasado a 1ª Edición tivo lugar na praza de Fefiñáns en Cambados.
Como vedes a entrada é gratuita e o cartel é de auténtico luxo pois ademáis da propia orquestra Panorama actua xente como Bustamante, Bisbal. Baute, Marta Sánchez, Melocos, Kiko y Shara, OBK..., un cartel para todos os gustos pero o máis importante é que esta actividade serve para recaudar fondos fronte a plaga do Cáncer. Unha bonita iniciativa da que este grupo de artistas forman parte e que seguro que coa axuda de todos esta gala consolidarase coma unha das atraccions na "pretempada" verbeneira de Galicia.
Polo tanto xa sabedes, se queredes mañán tedes unha imporante cita en Ordes, eu se Deus quere intentarei estar alí.
Saudos

luns, 27 de abril de 2009

A pregunta da semana

Que xogador do Club Atlético Sobrado Xuventude se puxo a bailar no medio do campo de Vilamaior (Ordes) antes de comezar o quecemento do equipo o "Dale Maraca" coma un poseso?

venres, 24 de abril de 2009

Acariciamos a fin de semana



Por non perder a costume de moitos venres toca videoclip de temazo dance. Deste volta tócalle a rolda a Dj Dean co seu It´s A Dream. Que o disfrutedes e pasedes unha boa fin de semana.

Saudos.

xoves, 23 de abril de 2009

Comezan as festas na nosa zona

Logo de que nalguns lugares de Galicia xa se saturaran de festas na pasada Semana Santa repetindo cartel en moitos lugares as 3 formacións punteiras galegas, esto é, Panorama, Olympus e Paris de Noia chegan a nosa zona as festas populares. Unha das actividades con máis encanto do verán galego, e que consigue agrupar gran número de persoas en lugares pequenos, un fenómeno de masas que non debemos deixar perder en calqueira lugar que se preste ben sexa un pobo de miles de habitantes ou unha aldea con 2 casiñas (cada un coas súas limitacións claro está), o día do patrón é un día especial, unha festividade na que se achegan xentes de outros lares que se non fose pola actuación de esta ou outra orquesta xamáis visitaría tales lugares. A nivel persoal debo dicir que grazas as festas populares galegas coñecín lugares tan dispares coma Borraxeiros, Ligonde, Rodeiro ou Val do Xestoso (estou a falar de lugares pequenos) que se cadra de outro modo xamáis coñecería.
A nivel do Concello de Sobrado a festa que inicia "a xira" de este ano 2009 será o San Marcos de Carelle que terá lugar este sábado 25 de abril coas actuacións de XENTE NOVA (orquestra da nosa amiga Roly) e do dúo Capicornio (está ben escrito, non é Capricornio).
Chegado o mes de maio aló polos días 14, 15 e 16 de maio chega unha festa que aglutina un número importante de público: o San Victorio de Grixalba que este ano conta con un moi bo cartel. As actuácións serán as seguintes:
Venres 15 de maio MARBELLA (que gañas teño de vela) e Dúo Camelia.
Sábado 16 de maio Orquestra CIBELES e o Grupo CICLÓN (Moitísima caña dan estes santiagueses).
Domingo 17 de maio (Día das letras galegas) haberá sesión vermú co Dúo Libertad.

Xa metidos en xuño haberá festa en Penagrande (Grixalba), o sábado día 13 actuará o grupo feminino CHICAS SHOW e o domingo 14 o Dúo Abece será o encargado de facer a sesión do mediodía.

Polo medio quedan as festas de Cumbraos, As Pías e o San Pedro, que estarán neste blog cando se fagan oficias os carteis.

Que disfrutedes das festas!

Se queredes durar máis anos xa sabedes que profesión debedes elexir...


Lendo a edición dixital de El Correo Gallego pareime a ler unha nova curiosa e sorprendente que se titula "Vivir como un cura" na que se extrae que os sacerdotes son os máis lonxevos do planeta durando ata os 80 anos e se fan carreira ata os 85. Quizáis as súas plegarias e rezos diarios surten efecto e reciben axuda diviña de Deus todopoderoso para poder estar na faz da terra máis tempo que o resto dos mortais... O meu modo de ver a nova debe ter bastante razón pois se vos achegades ó Casco Antigo de Santiago de Compostela será moi raro que non vexades algún cura de unha idade bastante avanzada saindo dalgun templo ou ben paseando por esas fermosas rúas da cidade Compostelana. Polo tanto, xa sabedes, se queredes durar máis anos, se elexides esta vocación relixiosa seguramente teredes máis opcións de chegar a unha idade avanzada, ou eso é o que din os estudos...
Deixovos a nova enteira para que lle votedes unha ollada a este estudio:
Vivir como un cura: los sacerdotes son los más longevos del planeta

Duran hasta los 80 años, y si hacen carrera sobrepasan los 85 ·· Ángel Cárcoba, sociólogo y sindicalista de CCOO, indica que dentro de una misma empresa "un obrero puede vivir 12 años menos que un directivo"
PATRICIA HERMIDA • FERROL
Con el bautismo, la tradición católica libra a los infantes del limbo. Pero a finales del siglo XIX, todos los niños españoles conocían el infierno: trabajaban doce horas diarias, de lunes a domingo, envueltos en el hollín de las minas o fregando los suelos de los ricos. En 1870, la esperanza de vida no llegaba hasta los 30 años. Aquellos datos decimonónicos producen escalofríos en pleno siglo XXI. Pero todavía hay clases, y la crisis económica afecta más a unos sectores que a otros. Según indica el sociólogo y sindicalista de CCOO, Ángel Cárcoba, "los curas gozan de la mayor esperanza de vida, llegan a los 80 años y si hacen carrera pasan de los 85".
A través de la impactante conferencia Crisis y desigualdad social, trasladada ayer a las XII Xornadas sobre Condicións de Traballo e Saúde, Cárcoba revela la cara más terrible del mundo occidental. Los efectos nocivos de una debacle económica que no golpea a todos por igual. Según estudios de universidades de EEUU y Europa Occidental, "esta crisis conduce a millones de trabajadores a perder su capacidad de control sobre los procesos vitales, a desconocer qué pasará mañana". Se incrementan las epidemias sanitarias: "Las sociedades que experimentan el aumento de un millón de parados tendrán 50.000 muertes más de las esperadas por causas generales, 167.000 decesos por causas cardiovasculares y 63.000 ingresos a mayores en los psiquiátricos".
En Europa, 300.000 personas sin empleo fallecen al año por enfermedades de origen laboral. A través de su participación en las jornadas celebradas en Ferrol por la Asociación de Graduados Sociales, Ángel Cárcoba incide en una pirámide de la vida nada igualitaria. "Dentro de una misma empresa, el ejecutivo tiene una esperanza de vida 12 años mayor que la del obrero", sentencia partiendo de informes como el del célebre Robert Brenner. ¿Los de vida más tranquila y prolongada? Aquellos que certifican empíricamente el siguiente dicho: "Vives mejor que un cura". Como indica Cárcoba, "está documentado que los obispos, clérigos y científicos son los más longevos". En el otro lado de la balanza: los mineros, electricistas y radiólogos "enferman más y mueren antes".
¿Qué pócima mágica se cuece en las casas de los párrocos? ¿Viven en un locus amoenus, alejados del mundanal ruido y de los peligros carnales? Los sacerdotes llegan a una media de 80 años, y si hacen carrera como obispos pueden superar los 85. Cárcoba avala científicamente que "las 32 mayores causas de mortalidad afectan más a pobres que a ricos". La tasa de mortalidad en hombres mayores de 50 años se triplica entre peones o trabajadores en paro, respecto a profesionales liberales. Y también se duplica entre los obreros el riesgo de morir de cáncer.
Cualquier gran ciudad cuenta con sus Millas de Oro de la salud. "Un vecino de Vallecas con ingresos de 8.000 euros anuales vivirá 76 años, y la esperanza de vida de un residente en el barrio de Salamanca llega a los 83 años". ¿Qué maldición cae únicamente sobre los ricos? La hoguera de las vanidades. El cáncer de piel se da sobre todo "entre los que se broncean excesivamente en países tropicales". Un Paraíso ajeno a la gran mayoría.
phermida@elcorreogallego.es

mércores, 22 de abril de 2009

Quen é máis impresentable dos dous?















































Onte pola noite vendo a incrible victoria do Real Madrid sobre o Xetafe como amante do fútbol e o xogo limpo do que presumo orgullosamente non puiden sair do meu estupor fronte a actitude "barriobaixeira", "porca" (se me permitides a expresión) e propia de unha persoa que padece un trastorno cerebral grave do central brasileiro-portugués do Real Madrid Pepe.
Seguro que xa todos sabedes a historia: minuto 87 de encontro co resultado momentaneo de Real Madrid 2 - Xetafe 2 o Madrid está volcado na área visitante na procura de acadar o gol da victoria que lle permita poder seguir loitando polo título ligueiro man a man co F.C. Barcelona. O equipo do sur de Madrid engancha unha contra, o balón chega o fino mediocentro Javi Casquero que se adentra na área de Casillas e Pepe no seu impetu por roubarlle o balón o mediocentro de Talavera comete un claro e absurdo penalti con un empurrón dentro da área. O colexiado Delgado Ferreiro decreta penalti, ó central merengue (por non chamarlle besta parda) dalle un ataque de tolemia e non se lle ocorre outra cousa que propinarlle duas patadas a Javi Casquero mentres este xace no chan, a primeira patada de mula impacta na perna dereita do xogador do Xetafe e a segunda na metade da espalda. Iker Casillas (un señor deportista) sorprendido separa de alí a Pepe e pregúntalle se está tolo ou que lle pasa..., chegan xogadores do Xetafe para recriminarlle a salvaxada que acababa de facer, Pepe comeza a lanzar os brazos e un puño do central impacta na cara do uruguaio Albín (parece ser que aínda non lle chegara xa todo o dano que lle fixera o fútbol...) entre todos conseguiron quitalo do campo pero aínda tivo tempo para adicarlle unhas palabras o 4º árbitro: "sois todos unos hijos de ....".
Lamentable, despreciable, denunciable e non sei cantas palabras e ningunha boa se me ocorren para calificar a este elemento, o único que se pode dicir o seu favor foi que polo menos tivo a "vergoña torera" de pedir perdón en público.
E por se esto non fora pouco chega algo tan grave ou peor: Juande Ramos, adestrador do Real Madrid en roda de prensa di que Pepe non agrediu a Casquero! si, tal como o ledes, incrible, pero realmente esta xente é a que predica o señorío do Real Madrid, que se un clube señor, que se perden dan a man, que se patatín, que se patatán. Pareceme moi forte, vaia exemplo que lle está a dar o señor adestrador os seus pupilos, un adestrador que por outro lado ninguén se olvida da súa etapa no Sevilla cando nun derbi fronte o Betis foi alcanzado por unha botella lanzada dende a grada (algo detestable) pero este señor? tivo a delicadeza de tirarse no chan coma se o matasen, saindo do estadio en camilla e dando un espectáculo lamentable...
Moito deberán cambiar as cousas no clube de Concha Espina para recuperar o "señorío" logo da fazaña de onte. Polo ben do fútbol agardo que a Pepe se lle acabase a tempada e que Juande Ramos sexa sancionado por mentireiro, provocador e por quentar o ambiente unha vez acabado o partido.

O fútbol non se merece xente desta calaña.

Saudos

martes, 21 de abril de 2009

Mesa que más aplauda



Como sempre estou poñendo música electrónica hoxe vou cambiar e vou poñer un clásico "pachangueiro" que nos fixo botar mil e unha risas a todo o persoal que por Sobrado pulula... aínda que haxa moita xente que non lle guste... "y que tenemos dj rapidamenteeeeeeeeee" ja ja ja.

A pregunta da semana

Quen na noite do venres volveu a contar o chiste da "soriasis" e a "morcilla" mal, fixo o mesmo truco de maxia que xa todos sabemos e contou unha historia de unha persecución que sufriu con efectos secundarios para a súa persoa?

xoves, 16 de abril de 2009

Shii, a Wii para mulleres



Envioumo onte o meu amigo Alberto de Présaras (compañeiro de pilotaxe nos coches de choque moitos anos) e hoxe Raquel Freire dende Barakaldo e non me puiden resistir a poñelo, é sumamente bo. Con todos os respetos para as mulleres (que agardo que o tomen con humor) presentovos a Shii, unha consola estilo Wii para mulleres.
Hai xente que estudia publicidade que son auténticos cracks!

mércores, 15 de abril de 2009

Fauna Ibérica desta sobra



Visitando o youtube vin este video de Callejeros (un programa que ten infinidade de documentos de este tipo), dúas veciñas de Valencia que se levan a matar e que se fan a vida imposible.
O documento non ten desperdicio, non vos perdades a frase "y yo no soy nada de esooooo...". Mira que hai xente rara por ahí adiante..., o video dura algo máis de 7 minutos pero merece a pena velo enteiro.

Saudos.

martes, 14 de abril de 2009

A pregunta da semana

Que parella de Sobrado serán "papás" nuns meses? A miña máis sinxela noraboa a parella en cuestión, foi todo un sorpresón cando me enterei por palabras do propio pai. En poucos meses teremos un/unha sobradés/sobradesa máis. Xa se sabe, veñen con un pan debaixo do brazo.

Saudos.

Grazas de corazón

No día de hoxe este blog acadou as 30.000 visitas dende que está instalado o contador (22 de xullo de 2008). Este feito non sería posible se todos vos non entrasedes por esta a vosa casa cibernética día si e día tamén. Algo que me enorgullece enormemente e que me fai sentir un auténtico privilexiado saber que compartides comigo estas aventuriñas, historietas, desbarradas, paranoias e demáis. O obxetivo que me plantexo é que máis xente da que lee este lugar participe con comentarios para facer esto máis ameno e ter diversidade de opinións. Agardemos que pouco a pouco vos vaiades animando, será unha nova moi positiva para todos.

Saudos e unha vez máis 30.000 grazas a tod@s.

luns, 13 de abril de 2009

A Policia de Tráfico noruega detén un conductor por practicar sexo mentres conducía

Chama poderosamente a atención a nova que saltou hoxe a todos os medios de comunicación pola singularidade da nova, deixovos eiquí a trancrición da nova que aparece na edición dixital de La Voz de Galicia. Cando vos veña un coche de frente facendo "eses" desconfiade..., pode ser por calqueira motivo...

Detenido un conductor noruego por practicar sexo al volante

La pareja, un hombre de 28 años y una mujer de 22, fueron detenidos este lunes por la policía de tráfico en una autopista a 40 kilómetros al oeste de Oslo.

Un noruego se enfrenta a una abultada multa y a la suspensión de su carné de conducir, después de que la policía lo detuviera cuando estaba manteniendo relaciones sexuales con su novia mientras conducía a gran velocidad, informó la policía noruega este lunes.
La pareja, un hombre de 28 años y una mujer de 22, fueron detenidos este lunes por la policía de tráfico en una autopista a 40 kilómetros al oeste de Oslo.
Tor Stein Hagen, del departamento de policía de Soendre Buskerund, explicó a la que los agentes detuvieron a la pareja cuando circulaban en su Mazda a 133 km/h en una zona limitada a 100 km/h... Aunque resultó que el exceso de velocidad no fue el único problema.
El auto «iba de un lado a otro porque la mujer estaba sentada sobre el regazo del hombre mientras él conducía al mismo tiempo que practicaba sexo», relató Hagen.
«No podía ver demasiado porque la espalda de la mujer le tapaba la visión», agregó el policía.
La policía retiró el carné de conducir al infractor por el peligro que representaba para los otros conductores.

O dono do brazo

Lisardo, esa era a solución a adiviñanza da semana pasada na que se preguntaba quen era o dono do brazo da foto en cuestión. Esa foto foi quitada en Salamanca no piso de Nando nunha das innumerables excursións a cidade charra.
Grazas por participar.

mércores, 8 de abril de 2009

A comezar a Semana Santa con bo pé

Hoxe comezan para moitos (entre os que me incluo) as minivacacións de Semana Santa, no meu caso ata luns pola tarde.
Pois ben, como conmemoración de tan relevante acontecemento decidimos ir a cear e logo sair de festa pola Coruña.
O lugar elexido para cear será O Fieital en Matogrande e logo da cea seguro que se nos ocurrirán moitos lugares a onde ir..., coñecéndonos.
Encargareime persoalmente de que Finito non acapare a botella de "Joaquín Rebolledo" e comparta con toda a tropa.
A ver que pasa... xa se saberá...

Desexovos que disfrutedes de estes días de vacacións e un consello: "sede bos".

martes, 7 de abril de 2009

Adiviña


Quero propoñer un xogo, máis ben unha adiviña, o tema é que hai que acertar a quen pertence o brazo que se ve na parte esquerda da imaxe, a solución é doada, para a semana darei o resultado.
A ver se acertades!

Mal non se vive, pero podíase vivir mellor!

Salir en portada de revistas
Esta frase propia de un gran filósofo que pulula por Sobrado pódese aplicar a esta foto que vemos eiquí. Estos tres "noctámbulos" que vedes na foto foron "cazados" nunha rúa de Sevilla aló polo ano 2005 de esta guisa, brindando con rebujito.
Ata hai pouco esta imaxe non se fixera pública pero grazas as novas tecnoloxías xa está en diversas páxinas da rede o cal non nos queda outra cousa que confirmar o que xa se aprecia na foto: estes tíos son uns vividores!
Non sabemos como acabou a noite pero si como comezou e polas pintas parece que a cousa prolongouse...

luns, 6 de abril de 2009

A pregunta da semana


Qué dous "personaxes" o venres-noite no Campionato de Futbolín da Comisión de Festas de Sobrado romperon unha silla de plástico cando un deles se sentou no "apoiabrazos" esquerdo dando cos seus osos no chan e sendo motivo de risa xeralizada por todos os asistentes o evento?

venres, 3 de abril de 2009

Por fin está aquí


Non foi sen tempo, tiveron que pasar 7 meses dende a data que nun principio se decía que ía chegar. Pero logo de unha árdua espera, de vaciles, ceas perdidas, puteos do máis variado, de que o machacaran no bar un día si e outro tamén onte foi o día: por fin chegou o Mercedes CLC SportCoupé de José Luis. Foi un regalo de cumple que chegou case con unha semana de retraso pero agora será él quen farde de "buga" e supoño que será este mesmo "carro" o que transporte a Nando e a Esteban a cea que José Luis perdeu con eles por motivos da data de entrega do coche.
Que o disfrutes crack! seguro que a espera mereceu a pena, ja ja ja.

xoves, 2 de abril de 2009

Benvido ó selecto clube dos "30"


Este rapaz de nome Esteban que tan positivamente posa para a cámara o día de despedida de solteiro de Jacobo está de cumpleanos hoxe.
"O Negro" chega a trintena feito un rapaz quizais contaxiado polo ambiente que respira no autobús que pilota cada día...
Desexarche moitas felicidades, que pases un bo día, que teñas moitos regalos (algún che caerá...), ja ja ja e todo isto que se dí en días de celebración coma este.
A ver se o sábado marcas un goliño coma homenaxe o teu aniversario... dixen goliño, non tarxeta, QUE QUEDE CLARO, ja ja ja.
Un abrazo

mércores, 1 de abril de 2009

O final non estarei...

Así é, o final non irei ver os AC/DC a Madrid mañán e César será quen irá no meu lugar. Unha serie de obligacións persoais impídenmo... outra vez será.
Seguro que a expedición de Sobrado vai a deixar o pabellón ben alto e Dani comprometeuse e traer unhas fotos. Envexa sana é o que sinto nestes momentos, ogallá que disfruten ó máximo o concerto, os prolegómenos e o postconcerto, que estou convencido que así ha de ser.

Que o pasedes ben rapaces, longa vida o Rock&Roll.

O 62% dos lectores engañarían a súa parella se esta xamáis se enterase

A enquisa do mes de marzo dou uns resultados parecidos os que sairon en diversos medios de comunicación hai algo más de un mes no relativo ó tanto por cento de xente que engañaría a súa parella se esta xamáis se enterase. Na enquisa editada pola empresa especializada neste tema os resultados foron de un 55% que si engañaría a súa parella. A modo particular pareceume moi pouco esta porcentaxe e personalmente opinaba que estas cifras estarían entorno a un 80%.
A mesma enquisa formulada a nivel do blog revelou uns resultados de SI 62% e NON 37% con unha marxe de erro do 1%.

Xa está posta a enquisa do mes de abril, un mes no que haberá vacacións de semana santa e o tema a tratar vai relacionado coa relixión. Animadevos a votar.

Saudos e grazas por participar.