luns, 12 de xaneiro de 2009

As baixas temperaturas fanse donas de Sobrado


Levamos uns días que é incrible o frío que está a facer. A verdade é que este inverno estase a caracterizar polas baixas temperaturas, pola neve e polo xeo.
Sen ir máis lonxe, o xoves e o venres a hora que saín de traballar (20:00 horas) o termómetro do meu coche marcaba -2ºC e o que é máis forte: no noite do venres, as 00:00 horas había -7ºC que penso que é todo un record dos últimos anos aquí en Sobrado. Eu a decir verdade non recordo unha temperatura tan baixa e un frío tan intenso coma o venres.
Agardemos que este seco inverno sexa preludio de un bo verán e non como o ano pasado no que nos meses fríos case non choveu e logo o chegar o estío a choiva estívonos acompallando a cotío.
Eu son unha persoa que sempre ando pouco abrigada porque é raro que teña frío pero debo confesar que o de estos días non ten nome. A ver se pasa rápido este frente frío que senon vánsenos conxelar as ideas a tod@s.
Saudos

4 comentarios:

Anónimo dixo...

boas Victorino...jja
e gañastes as cartas q non contas nada...debistes de perder

Unknown dixo...

Moi boas e frías tardes anónimo. Pois debo decir que so gañamos 1 partida. Non foi a nosa noite no que a cartas se refire, en fin, outra vez será, non se pode gañar sempre, ja ja ja.

Saudos

Anónimo dixo...

Pois eu son bastante frioleira e algúns destes últimos días paseino realmente mal jeje. Que maldito frío, Dios!!!! A ver se o de arriba te lee e nos regala un verán espléndido, que despois de sufrir os rigores invernales, ben merecido o imos ter.

Saudos.

Unknown dixo...

Se é coma o ano pasado "fastidiados imos". Inverno seco e verán lamentable. De momento este inverno está vindo bastante seco, a ver se o verán se porta como Deus manda.