venres, 30 de xaneiro de 2009

Punto G



Recomendado pola miña amiga Laura déixovos este video de ¿Quiere Usted Ser Millonario? de unha concursante que lle preguntan que é o "punto G". Xamáis o vira e pensei que me escarallaba coa risa. É Mundial!!!!!!!!

xoves, 29 de xaneiro de 2009

Beckham: todo un profesional

David Beckham celebrando onte o gol fronte o Genoa
Sempre fun fan de David Beckham; dende os seus inicios no fútbol profesional no Manchester United. Beckham comezou a mostrar as suas dotes futbolísticas daquel magnífico equipo que tiñan os "Red Devils" cos Cantona, Giggs, Paul Ince, Lee Sharpe, Roy Keane, Peter Schmeichel... e onde él chegou acompañado por outros compañeiros da súa xeneración, os tamén chamados "Fergie´s Boys" (fabricación propia de Sir Alex Ferguson): Paul Scholes, os irmáns Neville, Nicky Butt e o propio Beckham.
David tiña algo que o facía especial, un toque de balón exquisito, en pouco tempo fíxose con un oco na banda dereita do ataque "vermello" e comezou a deleitarnos cos seus goles de longa distancia, e con miles de asistencias de gol tanto de falta coma de córner. Logo de gañalo todo en Inglaterra e chegar o seu cúlmen coma futbolista naquela recordada final da Champions League do Camp Nou onde o Manchester lle remontou o Bayern de Munich no desconto con goles de Teddy Sheringham e Ole Gunnar Solksjaer acadando así a segunda Copa de Europa na historia do United.
Pasadas unhas tempadas Beckham sucumbeu os cantos de serea do Real Madrid durante o "Florentinato" e acabou vestindo a camiseta branca comezando así a primeira aventura fora "das Illas".
A adaptación do Beckham o fútbol español non foi fácil, quizais moita da culpa tivoa a súa "glamourosa e posesiva" muller Victoria Adams que estaba máis interesada en que David a acompañase a diversos "saraos" que a que o seu marido se centrase na súa propia vida futbolística. Ademáis había o engadido de que a Victoria xamáis lle gustou España unido o escándalo que saltou no que "unha tal" Rebeca Loos proclamaba os catro ventos que tivera unha aventura amorosa con David. Por riba desto, Fabio Capello, adestrador nese momento dos "merengues" apartou a David polo baixo rendemento que segundo o adestrador italiano estaba a amosar. Beckham logo de uns meses no ostracismo e visto que acababa contrato en xuño firmou 5 meses antes por Los Angeles Galaxy evidentemente apoiado pola súa muller Victoria que neste caso si que se sentía atraida polas "estrelas e o glamour" que desprende Hollywood. Pasado un tempo Capello "levantoulle o castigo" ó inglés e este comezou a despuntar sendo unha peza básica para que o Real Madrid acabase remontando logo de ir 14 puntos por debaixo do F.C. Barcelona a metade da tempada e gañar a Liga. Unha Liga que para Beckham significaba moito pois por fin acadaba un título en España logo de moito loitar. Curiosamente cando Beckham mellor se encontraba nos terreos de xogo rematou a tempada e con ela a súa aventura no Real Madrid, comezaba o gran sono americano...
Na cidade "anxelina" foi recibido coma unha estrela da música acompañado como non pola "Spice Girl" Victoria pero a nivel futbolístico o soccer americano segue estando a anos luz das mellores ligas mundiais e Beckham "todo entrega" encontrouse con un equipo que non respondía pois salvo un par de xogadores os demáis en España seguramente non chegarían a xogar máis lonxe da 2ª B.
Agora e logo de un par de tempadas en América, mentres descansa o campeonato USA, os Galaxy e o Milan acordaron unha cesión por dous meses na que David estará no equipo lombardo ata o 9 de marzo. Moitos dubidaron do nivel que daría Beckham nunha gran liga coma a Italiana pero bastaron so 3 partidos para confirmar que o ex-capitán da selección inglesa segue a estando a un gran nivel, que é todo pundonor e vaciase o longo do partido, que dispón de un toque de balón como poucos a nivel mundial e que cada falta que executa ou cada cambio milimétrico de xogo que fai é un espectáculo para o público e fai levantar os aplausos do respetable. Onte puiden ver o Milan - Genoa e disfrutei nos 70 minutos que Beckham estivo sobre o céspede de San Siro. Dou unha lección maxistral de como se deben facer os cambios de xogo de 40 metros e de como se lanzan as faltas (ademáis obsequiounos con un bonito gol de free-kick). O "32" do Milan leva 2 goles en 3 partidos e o que é máis importante, véselle agusto cos seus novos compañeiros e acoplado o Calcio. Agora rumorease que David se quere quedar en Italia (Deus o queira) para non ter que voltar a Estados Unidos (unha liga moito menor), sen lugar a dúbidas de seguir no Milan terá moitas máis opcións de ir a Selección Inglesa, aínda que seguro que Victoria terá a última palabra...

A pregunta da semana


Quén estivo 5 horas e media dentro do coche por mor das consecuencias do temporal do pasado venres?

martes, 27 de xaneiro de 2009

Sputnik












Esta mañán o abrir o meu correo chamoume a atención un email que me enviou Juan González "Karnotxo" sobre un accidente que eu descoñecía e que ocorreu no día de onte na Avenida Alfonso Molina, a zona de entrada e saida máis importante da cidade da Coruña.
O accidente en sí en doado de resumir, un xove nun Opel Astra empotrouse de cheo no barco que adorna a entrada da Cidade nas proximidades de Matogrande, chama a atención a distancia que hai dende a estrada ata onde está ubicado o barco. O xove parece ser que resultou ferido grave debido a importancia do impacto, agardemos que non sexa nada e se recupere satisfactoriamente pero a aparatosidade do accidente chamou a atención de moitos curiosos que non perderon a ocasión para fotografiar este "evento" (se lle podemos chamar así) de tal magnitude.
Deixovos a nova completa de La Voz de Galicia:

Herido grave un joven al empotrar su coche en el barco de Alfonso Molina

Hace seis años, un suceso similar obligó a sustituir el pesquero «Pepe Golán» por el ahora seriamente dañado

Un automóvil convertido en una ola de hierro empujada por un montón de caballos de vapor y dirigida por un joven de 25 años, D.?B.?F., abrió ayer un importante boquete en el costado de babor del Corpiño de Muxía, el pesquero que adorna los accesos a la ciudad por la avenida de Alfonso Molina. Además, el barco a punto estuvo de convertirse en el ataúd del conductor del coche, que salvó la vida y se encuentra ingresado en el Hospital A Coruña con un traumatismo craneoencefálico.
Ocurrió a las 14.30 horas y, en un principio, los técnicos no observan indicios de que el accidente pueda encuadrarse dentro de las incidencias del temporal. La policía baraja más la posibilidad de que en tan aparatoso siniestro tuviese una importante participación la conducción «inadecuada» del joven herido. Así también se pronunciaron varios testigos, que destacaron el exceso de velocidad del vehículo. Y las huellas de los neumáticos, tanto en el asfalto como en la zona ajardinada, pueden ser una prueba fidedigna de esta hipótesis.
La Policía Local llegó al lugar del siniestro a los pocos minutos de producirse. Los agentes intentaron ayudar al conductor, pero ante su estado, optaron por llamar a los bomberos, los cuales se vieron obligados a excarcelarlo del medio de los hierros del coche y de las cuadernas de madera del pesquero. Los facultativos de una ambulancia del servicio de emergencia 061 atendieron en el lugar al joven, y ordenaron su traslado al centro hospitalario.
Otro «naufragio» similar
Hace algo más de cinco años, el 13 de octubre del 2003, ocurrió un siniestro similar. Un coche se salió de la vía y se empotró contra el barco Pepe Golan, el pesquero que le precedió al Corpiño de Muxía. Los daños obligaron a desguazar el pesquero.
El Corpiño de Muxía ya sufrió otros incidentes cuando surcaba los mares. Cuando su armador era Petrallo de Camelle encalló en la barra de arena de Telleira, en Cabana de Bergantiños. Además, su patrón, José Sánchez, se vio obligado a dispararle a un arrastrero francés que amenazaba con hundirlo en aguas de la Costa da Morte. Ya en Alfonso Molina, se encontró un cadáver a bordo del Corpiño de Muxía.

luns, 26 de xaneiro de 2009

Cracks!

Os integrantes da redacción da revista El Jueves, se de min dependesen, tería unha estatua conmemorativa en cada cidade do país.
O de estes homes e mulleres é simplemente xenial, fanme rir semana si e semana tamén coas suas ocurrencias, disparates, ironías e vaciles.
A miña compañeira Ana pasoume vía email a portada que creo que é da semana pasada (porque sinceramente non tiven tempo a vela) sobre a chegada de Barack Obama a Casa Branca.
As súas portadas e historias xamáis deixan indiferente a ninguén (aínda está recente a portada do Príncipe Felipe e a súa dona Letizia) pero queda claro que están a cabeza no que a humor se refire en todo o territorio nacional.
Cando vin esta portada en concreto escachei a rir e aínda o sigo facendo, e que é boísima!

Disfrutadea

venres, 23 de xaneiro de 2009

Set Us Free (Spencer & Hill 2009 Remix)



A canción que vos deixo hoxe, para min é unha das mellores versións desta temporada. Trátase de Set Us Free, un tema de N-Trance (os do Staying Alive) que debe ser do ano 1995 pero neste ano fíxose un Remix por medio dos señores Spencer & Hill e a verdade é que para o meu gusto non lles quedou nada mal. Xa me diredes que vos parece.

Disfrutade do finde.

xoves, 22 de xaneiro de 2009

Algo está cambiando...


A foto que vos deixo é unha proba irrefutable de que José Antonio Vázquez "alías" Hassan estase a iniciar na bebida. Non había sospeita algunha, xamáis ninguén o vira pedir nada que tivese alcohol nun bar, ningún de nos podiamos pensar que esto fose a suceder algún día... pero grazas a este documento de Juan González "Karn8" confirmase o que ninguén chegou a imaxinar na súa cabeza: Hassan xa é fan da Estrella Galicia.
Foto xentileza de : "Aquí hay Garimba"

martes, 20 de xaneiro de 2009

Con todos vostedes: a neve

Sobrado amenceu na mañá de onte cuberta por un fino manto branco de neve. Foi a terceira vez nun período de dous meses que a capital sobradesa acollía este fenómeno climatolóxico.
O longo de toda a mañán producironse precipitacións abundantes en forma de neve que voltaban a cubrir o chan e as estradas unha e outra vez. De todos os xeitos o tráfico rodado non sufriu retencións na nosa zona (a diferencia de lugares coma Guitiriz ou Ordes) e podíase circular con normalidade, eso sí, con precaución por motivos evidentes.
A imaxe que a estas horas presenta Sobrado é a dos prados e entorno do pobo todo nevado con especial incidencia nos montes do Bocelo, e as aceras e as estradas despexadas. Supoño que nun par de días e coa axuda da choiva os brancos colores actuais dos prados voltaran a ter o seu verde habitual.
Deixovos eiquí unhas fotos que collín onte pola mañán para que disfrutedes tanto como eu o fixen o longo de todo o día: 08:40 h O mencer en Sobrado ven acompañado de unha copiosa nevada
Así estaba a Praza do pobo a primeira hora da mañán

A caida da neve repetíase unha e outra vez na xornada matutina


Imaxe de outra perspectiva da Praza



Houbo momentos que a nevarada presaxiaba unha boa capa



Vemos ó fondo o Hotel San Marcus co seu tellado branco


A Casa das Audiencias


As torres do Mosteiro nunha visión lateral

A Praza dende as escaleiras que dan a Casa do Concello

Perspectiva da Cafetería Ramiro nevada


Doctor´s House (Laura e Diego esta vai adicada a vos)







A pregunta da semana


Qué afeccioado madridista "pechado" celebraba o sábado (cubatas en man) os goles do F.C. Barcelona fronte o Deportivo e logo no descanso do partido foise a durmir con síntomas claros de que non tomara auga precisamente dende a comida do mediodía?

luns, 19 de xaneiro de 2009

Son un pecador: aínda non fun as "rebaixas"


Así é amigos e amigas, pareceravos extrano, pero debo confesar que a día de hoxe e cando xa levamos 2 semanas das tan desexadas rebaixas para algúns, eu aínda non as pisei.
Non sei se serei eu o raro, pero a verdade é que paso de estar media hora nunha cola e o que é peor esa espera serve para pagar, o que faltaba..., xa non falo de meterme nun centro comercial calqueira fin de semana do ano porque é unha das cousas que máis detesto nesta vida, sinxelamente non o soporto.
Para máis inri, sempre houbo moita trampa no tema das "rebaixas", consabido é que hai firmas que lle soben os prezos habituais os productos para logo rebaixalos con un 20, 30,40 ou sabe Deus canto "por cen".
Outro truco moi usual é que a maioría das ofertas son productos (sobre todo roupa e calzado) que para o ano xa non se vai levar polo que pasados uns meses esa roupa queda totalmente obsoleta dando que pensar cal era o seu valor real no mercado nese momento.
Eu polo xeral nunca me marco unha data para ir de compras senón que cando surxe o momento vou e xa está, o que sí teño claro é que na miña relixión téñome totalmente prohibido mercar antes da derradeira semana de xaneiro, non por nada, senón por xentileza, deixolle os apurados e apuradas o sitio que eu ía ocupar nunha estantería, nunha cola, no parking para que o utilicen eles así estarán máis cómodos e cómodas. Eu xa irei cando esas mesmas persoas me deixen o espazo a min, e así poida adquirir o que eu desexe con toda calma, non ter que agardar 2 horas para ir a un probador, buscar na roupa revolta algo que me poida gustar, e estar na maldita cola pensando cando chegará o meu turno de unha puñeteira vez para desembolsar os cartos e irme para a miña casa que é o que máis desexo nese momento.

Saudos

venres, 16 de xaneiro de 2009

A descansar toca



Chegou venres e con él unha nova fin de semana. Dende eiquí quérovos desexar que disfrutedes a tope do finde e que carguedes as pilas para comezar con forzas a vindeira semana.
Deixovos un tema dance do ano 1995 da guapa brasileira Tatjana, o título da canción ten unha designación moi relixiosa: "Santa María".

Saudos

xoves, 15 de xaneiro de 2009

Rompetechos

Como a maioría dos nenos da miña idade, os libros de comics tiveron parte fundamental na miña infancia, unha infancia onde non había "PlayStations", nin "X-Boxes", nin nada que se lle parecese, o único as típicas maquinitas que traian un so xogo. Había "Super CinExines", "Trens de Vapor", "Autocrosses", os "Playmóbiles", etc.
Penso que a xente da miña xeneración se identifica moito cos tomos de Super Humor, onde os protagonistas eran Zipi y Zape, Carpanta, Pepe Gotera y Otilio, Mortadelo y Filemón, 13 Rúe del Percebe ou o "fenómeno" Rompetechos.
Sempre foi o protagonista cos comics que máis me gustou, é un personaxe que me parece moi entrañable e que me ten feito rir moito.
Rompetechos foi creado polo gran Fernando Ibáñez e apareceu por primeira vez na revista "Tio Vivo" o 6 de abril de 1964.
Ibáñez fixo da particular cegueira de Rompetechos que o levaba a confundirse miles de veces unha forma de entender o humor.

Aparéntemente Rompetechos debe ser un home que está sen traballo ou ben ten moito tempo libre pois nas súas historietas non se lle coñece traballo fixo. Sempre vestido co seu traxe negro, destaca por mercar obxetos e ter "desventuras con eles" ou ben chamarlle a atencións os obxetos ou animais que teñen outros personaxes que aparecen nas historietas. Sempre sairá malparado e levando algún golpe demáis, pese a iso, seguirá sendo tenaz e persistente para acadar o seu obxetivo levándose aínda máis "mamporros".
O final das historias sempre acaba denunciando a supostos policías os "golpes" sufridos:xeranios, farolas ou cans son confundidos con axentes por Rompetechos.

Se podedes votadelle unha vista os cómics que hai anos que non ledes porque nunca está demáis refrescar a memoria e de paso seguro que vos voltarán a vir a cabeza historias pasadas da vosa infancia.

Saudos

mércores, 14 de xaneiro de 2009

Os curiosos apelidos dos árbitros españois


Seguro que a moitos de vos, coma a min algunha que outra vez vos fixo gracia ou vos chamou a atención os apelidos de algún árbitro español de fútbol. No meu caso (e no do meu amigo Jorge de Barakaldo) xa é unha obsesión e moitas veces estamos a enviarnos apelidos dos árbitros vía sms en plan "carallada total".
Antes de nada comentar que a diferencia de xogadores e adestradores que se coñecen por un nome, un apelido ou un mote en España os colexiados coñecense polos dous apelidos debido a que a finais dos anos 60 (en plena dictadura franquista) apareceu un xove árbitro de apelido Franco
e para que o apelido non dera lugar a xogos de palabras dos periodistas en plan "Que malo es Franco", "Franco lo hizo muy mal" ou "Otro error grave de Franco" o réxime de acordo coa Real Federación Española de Fútbol acordou que ós colexiados denominariaselles polos dous apelidos e incluso o nome se fose necesario. A partires de esta época os apelidos dos colexiados sempre foron tema de burla, porque a verdade é que parece que os elixen a dedo, os que teñan un ou dous apelidos máis raros chegan arriba e senón coma mostra un botón:
Barrenechea Montero, Llonch Andreu, Pino Zamorano, Japón Sevilla, Brito Arceo, García de Loza, Andújar Oliver, Urizar Azpitarte, Andradas Asurmendi, Ansuategui Roca, Iturralde González, Turienzo Álvarez, Rodriguez Marchante, Tristante Oliva, Lamo Castillo, Gómez Barril, Bueno Grimal, Urío Velázquez, Soriano Aladrén, Gracia Redondo, Guruceta Muro, Fernández Borbalán, Ayza Gámez, Mateu Lahoz, Medina Cantalejo, Daudén Ibáñez, Delgado Ferreiro, Megía Dávila, Paradas Romero, Teixeira Vitienes, Pérez Burrull, Rubinos Pérez, Velasco Carballo, Zariquiegui Izco, Ortiz de Mendíbil, Gardeazabal Garay, Esquinas Torres, Tamarit Falaguera, Lizondo Cortés, Undiano Mallenco, Losantos Omar, Ontanaya López, Prados García, Martín Navarrete...
pero a min o que máis gracia me fai de todos son os apelidos de un colexiado que polo que din as críticas ten un futuro moi prometedor por diante e arbitra na Preferente galega (polos apelidos non se pode negar que pai e nai son de ascendencia galega): CHOUCIÑO LANDEIRA.
Saudos.


martes, 13 de xaneiro de 2009

Estamos todos tolos ou qué??????

Chocoume hoxe o ler "La Voz de Galicia" a historia de este coruñés que me parece que se lle foi a pinza pero a base de ben. O ler o título en sí fai gracia pero realmente o fondo da cuestión non ten gracia ningunha, nun evidente síntoma de violencia de xenero e tamén animal. Que culpa lle tería o pobre gatiño o salvaxe este!
En fin, ver para crer.

Juzgado por tirar a un gato por la ventana y amenazar con hacer lo mismo con su mujer y su suegra

El fiscal pide para el procesado seis meses de cárcel por maltrato a animal

Primero agredió a su pareja, la dejó tendida en cama, luego se fue al cuarto de la lavadora, levantó la persiana, abrió la ventana, cogió el gato que le había regalado por el pellejo, lo lanzó al vacío desde un noveno piso y gritó: «Hoy tiré al animal y mañana vas tú y tu madre». Así describió el episodio la mujer agredida. Lo hizo ayer, frente a la jueza del Juzgado de lo Penal número cinco. Ya lo había hecho el 30 de octubre del 2006, cuando compareció como víctima de malos tratos. Pero en aquella ocasión no se juzgaba al que era su compañero sentimental por el desgraciado final del gato, sino por la paliza que le propinó a ella, hechos por los que el procesado fue condenado a una pena de dos años de prisión.
Lo que se juzgaba ayer fue la muerte del felino el 17 de octubre del 2006. Y la fiscal pidió para el procesado, que no acudió a la vista, una pena de seis meses de prisión al considerarlo culpable de un delito de maltrato animal.
El abogado del procesado habló en nombre de su cliente. Según declaró, nunca quiso tirar al gato que él mismo le había regalado a su pareja. Lo que ocurrió es que «lo iba a meter en su casita, el gato me arañó y al soltarlo no calculé la fuerza y el animal salió por la ventana, que estaba abierta».
Condenado
Cuando se celebró el juicio de los malos tratos, el procesado aseguró que nada de lo denunciado por su novia era cierto, que nunca le puso la mano encima y que si tenía heridas en el cuello era porque la agarró para evitar que se lanzara por la ventana. Eso dijo él, que no la mujer.
Los hechos sucedieron en el domicilio que ambos compartían junto a la madre de la víctima -padecía alzhéimer y demencia senil- en el paseo marítimo a la altura del acuario. Según la ex compañera, aquella tarde el imputado llegó a casa y preguntó dónde estaba el gato, para luego golpearla en la espalda y propinarle una bofetada. También recordó que llegó a agarrarla por el cuello contra la pared. Más tarde, cuando la mujer se acostó «muy histérica», escuchó como el acusado abría la ventana de la habitación del animal y lo lanzaba al vacío. «Yo le dije que me matase de una vez, ?que ya no podía más», dijo en el juicio la víctima.
El procesado ofreció una versión distinta. Dijo que jamás la agredió y sobre las heridas en el cuello de su novia responden a que la agarró desde atrás por la ropa para que no se lanzara por la ventana, «pues estaba histérica y no soportaba más la presión de ver a su madre enferma». El juez no le creyó y lo condenó a dos años de prisión.

A pregunta da semana



Qué home de Sobrado segundo as suas palabras pretende ter un fillo nun corto espazo de tempo de dous anos e poñerlle o seu mesmo nome ó vástago?


NOTA: ESTAS PREGUNTAS NON TERÁN RESPOSTA.

luns, 12 de xaneiro de 2009

As baixas temperaturas fanse donas de Sobrado


Levamos uns días que é incrible o frío que está a facer. A verdade é que este inverno estase a caracterizar polas baixas temperaturas, pola neve e polo xeo.
Sen ir máis lonxe, o xoves e o venres a hora que saín de traballar (20:00 horas) o termómetro do meu coche marcaba -2ºC e o que é máis forte: no noite do venres, as 00:00 horas había -7ºC que penso que é todo un record dos últimos anos aquí en Sobrado. Eu a decir verdade non recordo unha temperatura tan baixa e un frío tan intenso coma o venres.
Agardemos que este seco inverno sexa preludio de un bo verán e non como o ano pasado no que nos meses fríos case non choveu e logo o chegar o estío a choiva estívonos acompallando a cotío.
Eu son unha persoa que sempre ando pouco abrigada porque é raro que teña frío pero debo confesar que o de estos días non ten nome. A ver se pasa rápido este frente frío que senon vánsenos conxelar as ideas a tod@s.
Saudos

venres, 9 de xaneiro de 2009

Imos polos 600€

Volta a competición de tute en todo o seu explendor. Hoxe a partires das 22:00 horas no Edificio de Usos Múltiplos "Casa da Irmandade" de Sobrado a Comisión de Festas 2009 organiza un campionato de tute onde a parella gañadora levarase 600 eurazos.
Por variar xogarei con Pazitos e agardo que apañe tantas cartas como me ten habituado. A ver se seguimos a racha do ano pasado...

VAMOS PAZITOS, REVIÉNTALOS!!!!!

xoves, 8 de xaneiro de 2009

A pregunta da semana

Qué personaxe de Sobrado amaneceu o Día de Ano Novo con unha parte da cara pintada de cor rosa e xa non é a primeira vez que lle pasa o de aparecer con algunha cor na cara logo de unha noite "intensa"?

NOTA: coma sempre estas preguntas non terán resposta.

Vale chaval!



Hoxe Cristiano Ronaldo é noticia pero non por as súas maravillosas dotes futbolísticas senón polas súa "destreza" a hora de conducir a altas velocidades. O portugués acompañado do porteiro do Manchester United Edwin Van der Sar "esnanfrou" o seu flamante Ferrari 430 nun tunel que pasa por debaixo do aeroporto de Manchester.
Ese sí que é un golpe como Deus manda e non o do meu Xsara, o capricho do rapaz (uns 160.000) terá recambio de seguro sin que o bolsillo de Cristiano se resinta moito. O arreglo do meu coche foi unha minucia comparado con eses cartos pero seguro que me resentín eu máis do que o fará o astro portugués.
Afortunadamente non hai que salientar feridos que aparte de esta broma iso é o máis importante.

Decidido, cambio uvas por aceitunas




Cando chega o momento das badaladas de fin de ano síntome un pouco desplazado ou "diferente" o resto dos habitantes da miña casa e por extensións os meus amigos.
Ben, recoñecereivos que problemas teño: non me gustan as uvas!!!, si, é raro, xa o sei, pero non me gustan, polo tanto cando o presentador de turno está avisando "no empiecen todavía, esto son los cuartos..." e algún da miña familia que é moi apurado (coma meu pai) xa as está comendo eu miro para eles coma un parvo pois o único que fago é ollear a televisión e desexar que rematen as malditas campanadas de unha vez que eu o que teño gaña é de irme de festa e ademáis o estar alí inmóvil, sin decir nin pío, sin uva que levar a boca síntome un completo "gilipollas".
Logo de matinar busquei a fórmula para suplantar as 12 uvas: "12 cachos de turrón de chocolate váiseme facer de abondo" "12 grolos de champán igual pillo unha petenera que non vexas antes de sair da casa e por riba o champán tampouco é santo da miña devoción" "mazapáns, almendras e hostias desas paso que non me gustan nada" polo tanto e logo de matinar voume sair un pouco dos productos comestibles típicos do Nadal e voume poñer toda a miña confianza das badaladas de Fin de Ano no producto típico que acompaña a caña do mediodía e da media tarde: a aceituna, dame igual que sexa "La Española" (es La Española una aceituna como ninguna, está rellena de rica anchoa), ou que sexa de Madagascar pero a partires do vindeiro Fin de Ano (se Deus me deixa chegar aló) prepararei as miñas 12 aceitunas (terán que ser sen oso que así acabo antes aínda que me gustan máis con oso) e brindarei cos meus como ten que ser polo novo ano que comeza.

mércores, 7 de xaneiro de 2009

Toca descansar



Foron moitos días de troula, moitas noites sen durmir, moita "carallada" (con perdón), moitas aventuras (e desventuras), moita festa, moitas risas, moito falar en castellano e moito futbolín. Agora toca descansar, é dicir, voltar a vida normal, que tamén é necesario, senón o corpo tamén sofre.

Chega un novo ano pero as cousas non cambian, prometo que O Blog de Víctor Lato seguirá no 2009 tendo un contido eminentemente humorístico, anecdótico e divertido. Este ano vai haber moita caña de noso señor.

Grazas por estar ahí... FELIZ 2009