mércores, 30 de abril de 2008

Aventuras e Desventuras de Ronaldo e os seus "travelos"


Ronaldo Nazario de Lima volta a ser nova pero de esta vez non por razóns deportivas senón por temas de "ocio", "divertimento", "vicio" ou como lle queirades chamar.
Parece ser que Ronaldo logo de asistir a un partido do Flamengo fronte o Botafogo solicitou os servizos de unhas "garotas de programa" (prostitutas) xa que se sentía deprimido pola longa lesión que o terá afastado dos terreos de xogo un tempo aínda por determinar pero por un erro chegaron travestís no lugar de señoritas coa moral distraida.
Un dos "travelos" Andreia Albertine acusou a Ronaldo de solicitarlle comprar drogas antes dos seus servizos.
A versión de Andreia é que Ronaldo aguardouna nun motel coas súas duas compañeiras, quedou irritado cando ela voltou sen a droga e negouse a pagarlle.
Segundo o comisario Carlos Nogueira, dous travestis aceptaron o pago de Ronaldo pero o terceiro esixiu unha forte suma de cartos e dixo que podía tratarse de un golpe para aproveitar a popularidade do xogador.
"A droga non apareceu e cando se descubriu que pediu 50.000 reais (19.000 euros)o travesti simplemente desapareceu da comisaría" asegurou o comisario.
O xogador asegurou a policía que buscaba "meretrices", pero por un erro chegaron os "travelos" os que accedeu a pagar 380 euros sin que prestaran servizos. Andreia, sen embargo, reclamoulle 19.000 euros.
Un comunicado da secretaría de prensa de Ronaldo indicou que "xamáis" foi usuario de drogas e que nunca tivo ningunha queixa oficial na policía na súa contra, ademáis de acusar o travesti por facerlle "víctima de un intento de extorsión".
Da pena ver a Ronaldo involucrado neste turbio asunto no que na miña opinión persoal penso que o travestí intentou aproveitarse da fama de Ronaldo e seguramente este "Travelo" proximamente venderá a exclusiva e algunha revista morbosa.
Ronaldo, excelente dianteiro, coa súa carreira deportiva plagada de lesións e festivais con bacanais incluidas non merece este final. Agora loita contra unha grave lesión para que a súa carreira futbolística non remate de este xeito tan triste.
Queda claro que o 99 do A.C. Milan, se está en forma é dos mellores (ou o mellor) dianteiro centro do mundo. Os seus continuados problemas de sobrepeso dende a primeira vez que rompeu o ligamento cruzado cando xogaba no Inter de Milán acompañado do pouco que parece ser que o astro brasileiro se cuida condicionaron a súa carreira e o que puido ser un dos mellores xogadores de todos os tempos quedouse nun bo dianteiro que compartía a partes iguais a súa relación co gol e coa festa desenfrenada.
Agardo que Ronaldo volte a xogar e nos siga deleitando coa súa electrizante velocidade.
UN CONSELLO: RONALDO, CUIDADO COAS GAROTAS, ALGUNHAS TEÑEN CAROZO (Dito Arxentino)

xoves, 24 de abril de 2008

Medramos con eles, soñamos con eles...

Quen vos escribe, que é a da quinta do 78 (qué gran viño, que colleita, que todo...) e igual ca min xeracións anteriores e posteriores criaronse con series televisivas que nos marcaron para sempre.
En moitas de esas series os vehículos compartían protagonismo cos actores e en ocasións como era no meu caso Kitt (o Coche Fantástico) era máis importante que o propio actor.

Ford Grand Torino - Starsky & Hutch

A adaptación ó cine da serie policial "Starsky & Hutch" en 2004 recuperou un modelo mítico de coche: un Ford Grand Torino de 400 CV. Este modelo comezou a venderse en 1968. O coche non cambiou. Na foto vese os antigos Starsky & Hutch (David Soul e Paul Michael Glaser) o lado da "bala vermella". Eu era moi pequeniño cando saía esta serie na TV pero teño relumbres de ver "o rubio e o moreno" "a todo meter" no seu coche.
GMC Vandura G-15 - O Equipo A

É a mítica furgoneta con unha raia vermella no lateral que acostumaba a "pilotar" M.A. Barracus (aquel negro que levaba unha cresta no medio da cabeza e logo o resto do pelo levabao rapado "ó cero") en O Equìpo A (1983), é un vello modelo de General Motors. A longo da serie sufriu balazos, persecucións, derrapes e ata algún que outro volco. A súa elegante sobriedade, grazas a súa cor negra, ten como detalle de cor o alerón vermello. Non me extraña que levase golpes polo menos o habitáculo xa que aturar todos os días os arrebatos de Hannibal, Murdock, Phoenix e M.A. non debía ser nada fácil.



Pontiac Firebird - O Coche Fantástico

Sen dúbida o meu favorito. Cando era pequeno "flipaba" có coche e coa serie, era unha auténtica pasado. Tiña un estilismo moi avanzado para o seu tempo. Kitt non era un coche calquera: falaba e discurría, tanto que lle gustaba facer chistes e filosofar un pouco. Era o protagonista, xunto a (David Hasselhoff) do "Coche Fantástico" (1982), a exitosa serie que tantos seguidores colleitou en todo o mundo. O modelo orixinal é un Pontiac Firebird Trans Am modificado.Todos os rapaces da miña época soñamos algunha vez con ter un coma este. Inolvidable o "turbo boots" co cal Kitt pegaba uns chimpos que pá qué.

Koenigsegg CCX - O Coche Fantástico 2008

Con este coche eu non medrei, nin os da miña época pero seguramente este modelo voltará a causar furor nas novas xeracións. Está previsto que neste ano 2008 se estrene a película "El Coche Fantástico", con unha adaptación ós novos tempos das famosas aventuras do coche falante. E Kitt modernizouse para a ocasión. O novo modelo é un Koenigsegg CCX tuneado. De todos os xeitos eu quédome cos recordos e o glamour que proporcionaba o primeiro Kitt. Un coche simpático, activo, inolvidable...

Saudos

martes, 22 de abril de 2008

¿Donde están las llaves matarilerilerile...?

Parece que segue aínda a resaca da fin de semana en Salamanca. As chaves do coche de O Muxico (o artista anteriormente coñecido coma Pablo do Cotarón) seguen sen aparecer.
Foi o culmen de un fin de semana no que entre o venres, sábado e domingo non se cansou de vacilarme polo meu descuido ou olvido (chamadelle como queirades) da miña valixa dentro do coche de Finito de Vilariño "alías" Pichi.
Ninguén de Sobrado sabe onde andas as dichosas chaves pero dende a miña humilde opinión penso que pode que haxa alguén por terras salmantinas que agora mesmo esté en poder das citadas e prezadas chaves, ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja...

O Muxico ante a desesperación pola pérdida do elemento para accender o seu vehículo puxo en segredo o seu coche a venda. Pero como non quere que ninguén de Sobrado o saiba fixolle uns truquiños o seu vehículo e puxoo a venda por internet. Eu accidentalmente navegando pola rede atopei a foto e dinme conta dos seguintes detalles: cambioulle a matricula da Coruña por unha de Barcelona, puxolle unhas "Bacas" grandes para disimular aínda máis pero olvidouse de quitarlle do espello traseiro unha pegatina que pon CHEVALIER- SANTA CRISTINA e ahí foi onde me din conta que sen dúbida ese era o coche de O Muxico (ex-Pablo do Cotarón).

Bueno neno, agardo que teñas sorte na venda e a ver como te amañas para accender o coche sen chaves para amosarllo a posibles compradores, coñezo eu un chaval que sabelle facer a ponte os vehículos bastante ben por unhas cerveciñas, polo tanto se queres facilitoche o contacto e asunto arranxado, je je je.

O dito, xa sabes onde estou.

P.D: canción da fin de semana pasada en Salamanca Country: YO NO TE PIDO LA LUNA, TAN SÓLO PIDO EL MOMENTO, QUIERO SER ESA LOCURA QUE VIVE MUY DENTRO DE TI, AAAAAAHHHHHHH.

JI JI JI JI JI.



luns, 21 de abril de 2008

IM-PREZIONANTE

O Muxico, Trukito e Abad miran a capea dende as alturas

O Torero máis patoso de todos os tempos disponse a levar outra cornada da vaquilla
Borja "provocando" a vaquilla
Borja e o seu subalterno nun momento da lidia




É mítica aquela frase do ex-toureiro "Jezulín de Ubrique" cando nunha ocasión dixo: "lo voy a rezumí en do palabra, IM-PREZIONANTE", pois ben, o resumo en termos globais da nosa fin de semana por Salamanca titulariase máis ou menos do mesmo modo (os meus compañeiros de expedición pódeno atestiguar).
O fin de semana tivo de todo, risas, festa (bufffffffffff), descoidos (si Álvaro, tranquilo, que vou contar o da maleta), vaquillas, etc, etc, etc.

Comezamos:

a hora de partida estaba posta para o venres 18 as 19:00 horas, pero débido a que Abad non saia de traballar ata as 20:00 horas.
A saida do Audi A3 (Coche nº 1) foi as 20:15 horas, e os ocupantes eran: Nando, O Muxico (o artista anteriormente coñecido coma Pablo do Cotarón), Trukito e Abad.
A saida do Wolkswaggen Passat (Coche nº 2) ocorreou as 20:25 horas, cos seguintes ocupantes: Miguel, Álvaro, Pichi e Lato (é dicir, eu mesmo).
Posteriormente sairía un BMW 330(coche nº 3) con Borja, Marcos e Adrián as 21:00 horas.
Como vedes íamos sen coches...
A primeira parada no camiño foi nun área de servizo preto de Benavente (o a treinta, je je je) en Zamora, alí levamos a primeira alegría pois tiñan Estrella Galicia para poder refrescar as nosas gorxas, no Coche nº 2 íamos xogando a Playstation Portable de Pichi (coma os nenos) así non nos aburriamos na viaxe.
Logo da parada fumos directos para El Perdigón a cear a Bodega Eduardo, un lugar non recomendable para xente claustrofóbica pero que merece a pena visitar aínda que só sexa para ver as súas estreitas e empinadas escaleiras da entrada (debe ter uns 80 peldaños e non collen duas persoas a par).
Logo de cear diriximonos a Salamanca, chegamos diante do Hotel Gran Vía e dispoñemonos a baixar a equipaxe. Nese momento levo un golpe psicolóxico que me marcaría para o resto da fin de semana. Logo de baixar do maletero a miña mochila co calzado e unha bolsa na que levaba duas camisas, un xersei e unha americana decátome que non esta a miña maleta. Comezo a cabilar e doume conta que quedou dentro do habitáculo do coche de Pichi que está en Sobrado. Supoño que a cara que me quedou foi de circunstancias porque as risas de todo o resto de expedicionarios diante do hotel foron prolongadas. Para min, foi peor que se me deran uns bons lampreazos. Estaba en Salamanca sen pantalóns, sen camisetas, sen roupa interior, sen calcetins, sen cazadora e sen o neceser...
Subimos para as habitacións do hotel (todos estes non paraban de rir e vacilarme) e senteime a pensar un momento no sofá da habitación, simplemente pensaba o gilipollas que eu podía chegar a ser, logo de 45 minutos facendo na maleta, coidando ata o último detalle para que no me esquecera meter nada dentro da maleta e o final olvidaseme no coche de Pichi, como me dixo miña nai o día seguinte por teléfono: "pero Víctor neniño, onde tes a cabeza?"
É dicir, o día seguinte pola mañán tocaba ir de compras para mercar algo de todo, encima a noite do venres ía ser de moita festa, a ver quen se levantaba...
Saimos de festa, o vacile seguiu, por parte de todos e cada un dos compoñentes da expedición con frases como "esto tamén o poñeras no blog", "Lato, acordate de comprar gaiumbos" e cousas de estas, o final Pichi e eu deitamonos as 8 AM.
As 9 AM chegaron de festa Álvaro e Miguel (los hermanos Pinzones) con un melón empeñados en que Pichi e eu tiñamos que comelo e co periódico De Telegraf (xentileza de Álvaro sabedor de que me gusta ler antes de durmir) ademáis tamén traían a revista Telva (que traía un bolso rosa de plaia de regalo) para Pichi. Logo de que accidentalmente o melón se estrellou contra a parede da habitación e parteu en dous anacos e Miguel e Álvaro abandoaran a nosa habitación para ir despertar os colegas de Vitoria de Nando e despertar a Abad houbo unha Chamada a Orde por parte da moza de recepción que lles dixo no pasillo os dous personaxes: "recojed ese melón del suelo y meteos en vuestra habitación" a resposta de Álvaro non puido ser máis contundente "ai, sí, sí..." e non voltamos a oir nin unha palabra, Pichi e eu esmendrellabámonos. A magoa foi que quedamos desvelados, e a pesar de só dormir unha hora fun para a ducha e decidín ir de compras (para repoñer os desperfectos do olvido da maleta), Abad acompañoume, entre outras cousas porque Álvaro e Miguel despertarono e non o deixaron durmir. Logo de marchar nós deixamos encargado a Pichi de que fose para a habitación de Álvaro e non o deixase durmir a él (ollo por ollo e dente por dente, je je).
Fun de compras e logo de duas horas voltamos Abad e eu para o hotel con dous pantalóns, 2 camisetas, roupa interior, calcetíns, unha cazadora, productos de cosmética e unha maleta, TOTAL: 363 EUROCOS. En fin...
Chegou o mediodía e arrancamos en taxi para Pelabravo a comer e para despois celebrar a capea. Coincidimos no restaurante con 3 despedidas de solteiros (imaxinadevos o desfase que hai nese local xa o mediodía) e logo de comer moi ben xa comeza a xente a tomar copas na parte de diante do local, as 4 e media da tarde aquelo parecía un after hours moi heavy, e a xente xa acusaba gravemente os efectos do alcohol (o do sábado e o que aínda quedaba do venres), a verdade é que votamos unhas risas flipantes. Na nosa mesa eramos 21 entre os amigos vascos de Nando e nós e antes do postre xa estabamos a cantar e a petar na mesa, un festón...
As 17 horas fumos para a plaza de toros que está a uns 400 metros do centro do pobo, alí ademáis de unha pequena Praza de Toros hai o lado unha piscina que abre no verán e unha discoteca. Fumos directos para a discoteca e non paramos de tomar chismes toda a tarde. Logo de unha dura negociación Borja conseguiu que a capea para o noso grupo fose gratis (teño poucas fotos pero Nando ten dous videos que se saen do mapa). Na capea había un paisano vestido de toureiro que era a cousa máis patosa que vin xamáis (o típico que sae en Videos de 1ª que é torpe correndo, canlle os pantalóns e pillao a vaquilla sempre), chupou cañonazos da vaquilla a tumbo e a pesar de que os colegas lle dicían que parase de torear él seguiao a intentar e a caer na mollada area do ruedo. Puiden ver como un amigo de unha vez lle estaba a lavar a cara no baño, estaba sangrando pola frente e estaba todo manchado de barro, pensei que me ía mal coa risa.
Borja, Pichi, Álvaro, O Muxico e Miguel mostraron as súas dotes co capote (Pichi e Borja puxeronse feitos un cristo, todos mollados e manchados), incluso levaron unha pitada por parte do respetable por montar encima da vaquilla (no video de Nando apreciase considerablemente).
A nota de humor máis graciosa puxoa Adrián de Arzúa que intentando grabar un video dende o teléfono de Marcos Ayude grabou o revés e en vez de grabar a capea grabouse a si mesmo sen darse conta (no video vese como Adrián acerca a cara o móvil para ver mellor, un auténtico show) o video dura 6 minutos e Marcos prometeu colgalo en youtube, xa informarei do título para que o poidades ver.
Logo de toda a tarde nas vaquillas subimos outra vez para o restaurante a tomar máis copas, logo marchamos para Salamanca a ducharnos e a cear. Logo da cea tocaba outra vez sair de festa, eu acusei o cansanzo acumulado e no primeiro garito (Gatsby) comezoume a dar o baixón e a 1:00 AM tívenme que ir para habitación do hotel, fastidiabame porque a cabeza diciame que había que seguir a festa pero as pernas non respondían polo que decidín abandoar.
Evidentemente todos estes seguirón de garitos e deitaronse de novo as mil quinientas, eu pola miña parte durmin xenial e o domingo as 11 xa estaba duchado, durmira coma unha rosa.
Comemos nun mesón na Praza Maior de Salamanca para despois facer xa a viaxe de volta. Viñemos con calma conducindo eu o coche nº 2, con Miguel (meu padriño) de copiloto (só de corpo porque de espiritu...), detrás viñan Pichi (o único que me dou conversación todo o camiño) e Álvaro (sobando coma un beiaco).
Chegamos a Ramiro as 20:45 horas e aínda quedaba a última anécdota, O Muxico perdera as chaves do coche en Salamanca e non se enterou ata que chegou a Sobrado. Por suposto logo do vacile que recibín todo o fin de semana tocaba pegar a min e chameine por teléfono para dicirlle o seguinte: "Pablo, apareceron as chaves do coche", él contestou "si? veña oh, estas de coña" o que eu lle respondín "si tío, si que apareceron, estaban o lado da miña maleta", e comeceime a escarallar de risa.
Parece ser que debido o descuido das chaves O Muxico puxo o coche a venta porque logo de cear voltei a baixar a Ramiro e na parte de atrás do seu coche podíase ler o seguinte nun papel A4 blanco.

SE VENDE
PRECIO ECONÓMICO
TLF:.............
RAZÓN: NO TIENE LLAVES

Ahí acabou a fin de semana e tamén a expedición pasamolo realmente ben (se non fora pola cabrona da maleta) e confiamos voltar axiña a outro evento coma este.

Saudos

mércores, 16 de abril de 2008

Fichaxe segredo do Team McLaren-Mercedes para a Formula 1


Estalou a "BOMBA" deportiva en Sobrado. Lisardo Santos será o novo piloto provador de Formula 1 para o equipo McLaren-Mercedes que lidera o inglés Lewis Hamilton.
As negociacións levaronse na máis segreda das intimidades e prevese que en vindeiros días "Santos" como é coñecido no mundiño da Formula 1 viaxe ata Alemaña para selar a súa firma coa escudería xermana.
Logo de preguntarlle os xefes de McLaren a que fora debido esta fichaxe sorpresa do piloto sobradés responderon que xa había algún tempo que viñan seguindo as súas evolucións e que a súa experiencia como probador de turismos marca Mercedes foi decisiva para a súa fichaxe.
É un segredo os emulementos que percibirá o piloto polos servizos que lle prestará a McLaren-Mercedes, o que si parece claro é que o contrato será por 5 tempadas e non se descarta unha ampliación.
Así pois Galiza contará con representación no trepidante espectaculo da Formula 1.
A foto que aparece como portada de está SORPRENDENTE NOVA foi roubada e nela vese a Santos facendo a primeira provatura con un monoplaza McLaren-Mercedes.
TEMBLA ALONSO!

martes, 15 de abril de 2008

Gran expectación: "O Sabio" en "Tengo una pregunta para usted"




















Os afeccioados o fútbol temos hoxe unha cita ineludible na Primeira de TVE a partires das 22:00 horas.


O seleccionados nacional de fútbol Luis Aragonés participará no programa "Tengo una pregunta para usted", espazo no que 60 cidadáns de "a pé" lle farán preguntas o "Sabio de Hortaleza" referentes a Selección Nacional de Fútbol.





Dende eiquí quero felicitar a Aragonés a iniciativa de participar neste "interrogatorio" sabendo que está no punto de mira de periodistas e moitos afeccioados polas súas polémicas decisións.





Queda claro que Luis Aragonés pode gustar ou non, a min particularmente non me gusta pero teño que dicir: "ole tus ......." por dar a cara e non agocharse.





Parece claro que a pregunta de porqué Raúl González non vai a Selección estará entre as 60 seleccioadas pero abofé que haberá preguntas do máis orixinal.





O único que espero é que o "avo" como lle chama Samuel Eto´o non lle parezcan mal algunhas das preguntas e se marche na metade do programa nun arrebato de xenio.





Se eu tivera a oportunidade de preguntarlle a Luis Aragonés faríalle dúas preguntas:





1ª: ¿Qué ten que facer Albert Lopo para ir a Selección dado que está a cuallar unha gran tempada e máis logo de ver o alarmante baixo estado de forma no que se encontran Juanito (Betis), Pablo Ibáñez (Atlético) e Carlos Marchena (Valencia)?


2ª: ¿ Qué ten José Manuel Reina (porteiro do Liverpool) que non teña Diego López (porteiro do Villarreal)?





Seguro que a cada un/unha de vos se vos ocorren infinidade de preguntas.





Eu as 22:00 horas estarei pegado o televisor porque dame a impresión de que me vou a rir en cantidades superlativas.

Saudos

luns, 14 de abril de 2008

Nenos, a "capear" o temporal a Salamanca

Esta fin de semana unha ampla representación masculina de Sobrado viaxará a terras de Castela para formar parte de unha trepidante e espectacular "capea" que seguro que non defraudará a ningún dos asistentes.

A capea celebrarase no pobo salmantino de Pelabravo e durará toda a tarde do sábado, alí torearemos, comeremos e beberemos a gusto do consumidor. Evidentemente esta actividade non supón ningún maltrato nin sacrificio físico para a vaquilla de un ano de idade, e máis pode que saiamos nós peor "fisicamente" da capea que o propio animal.

Esta capea está organizada polo incombustible Nando de Cabado (Caixa Galica Man) e xa está garantida a presenza de ademáis de o organizador e de quen vos escribe dos seguintes fenómenos: Álvaro, Pichi, Miguel, Abad,Trukillo e Borja hai varias dúbidas pero agardo que non falle ninguén, a esta expedición ten moitas posibilidades de unirse O Muxico (o artista anteriormente coñecido coma Pablo do Cotarón), Lisardo, Pirulo, Pazitos, agardemos que Esteban, e a Pedino e a José Luis témoslle que comer un pouco o tarro pero o mellor a insistencia aínda da os frutos desexados.

A folla de Ruta é a seguinte:

Venres 18 de abril 2008: saida de Sobrado pola tardiña e cea no pobo de El Perdigón (Zamora), nunha bodega subterranea (na que xa tiven o gusto de estar é ademáis de ser moi guapa cómese de luxo) degustando os productos típicos da terra. Posteriormente, desplazamento a cidade de Salamanca para facer unha visita "turística" os locais de copas máis destacados da cidade.
Sábado 19 de abril 2008: desplazamento en autobús dende Salamanca ata o pobo de Pelabravo, as 13:00 horas comida e bebida de confraternidade e posterior capea con toreo por parte de varios "destros" de Sobrado: "Finito" de Vilariño, "Berzin" de la Capea e "Trukito" de Eirixenova son os cabezas de cartel.
Para os que teñan máis aguante e o etílico os permita ver, xa metidos na noite voltarase para Salamanca onde os máis festeiros poderán sair de festa ata que o corpo aguante.
Domingo 20 de abril 2008: volta para Sobrado logo de un trepidante fin de semana onde agardamos voltar con duas orellas e o rabo (IMPORTANTE LEVAR ALMAX E ASPIRINA C PARA A DOR DE ESTOMAGO E CABEZA).

SORTE "MAESTROS" VÉMONOS NA PRAZA.

As fotos non corresponden a Praza de Touros onde imos celebrar a capea (aquel que se sinta referenciado neste post xa sabe o meu número de telefono para dar novas ideas para a fin de semana como pode ser a talla da monteira, o color do capote, o perfil do estoque, etc, etc, etc...)

Última hora: O Muxico confirma a súa presenza na expedición (nova actualizada o 15/04/2008 ás 20:01 horas)




venres, 11 de abril de 2008

Un paseo pola Lagoa de Sobrado

Sobrado é coñecido sobor de todo polo magnífico Mosteiro de Santa María "A Real" pero hai outros recursos turísticos que compre destacar como son O Camiño Norte a Santiago de Compostela (xa falei del nun post anterior), O Campamento Román de A Ciadella ou a fermosa Lagoa.

Deste último elemento toca falar hoxe. Dende o meu punto de vista A Lagoa encontrase nunha paraxe máxica. A súa vez, o humidal sobradés transmiteme calma e relaxación.

Cando tes un día baixo ou necesitas pensar a soas sobre algo, a Lagoa aporta esa sensación de apoio que tanto se necesitan nos malos momentos.

Os días soleados é todo un espectaculo de luz e sons os que pode transmitir, por un lado as aves (corvos mariños, algunha garza real e sobor de todo patos, moitos patos) e polo outro as ras que cantan ledas para celebrar a saida do Deus Sol, todo esto misturado cos saltos das troitas dentro da súa particular "piscina".
A Lagoa desprende unha luz inhusitada os días de sol e ese resplandor convirteo con lugar de conto de fadas.

A pesares de que a Lagoa na actualidade ten o seu propio ecosistema houbo un tempo (aló polo ano 1530, que foi cando se rematou) que foi artificial, crearonna os monxes para abastecerse de auga e troitas, xunta a auga de tres regachos.

Hoxe en día está integrada no seu hábitat perfectamente e os animais e as plantas que alí cohabian fan un conxunto perfecto.

Dende hai pouco tempo, ademáis a Lagoa dispón de un paseo de madeira que recorre 3/4 partes da súa circunferencia polo que se pode disfrutar das súas vistas dende diferentes angulos e poder así achegarse un pouquiño máis (sempre respetando o medio) a vida dos seres vivos que comparten "casa" nesta ubicación.

Dende eiqui quero dicirvos que os que xa coñecedes a Lagoa voltedes a visitala a miudo porque o entorno mereceo e os que non a coñecedes xa me estades tardando en que veñades a Sobrado a deleitar a vista.

De seguido déixovos unhas fotos feitas por min na tarde do sábado 5 de abril de 2008.

QUÉ AS DISFRUTEDES!
























mércores, 9 de abril de 2008

Un Gremlin na casa

Esta fiera que estades a ver chámase Raysa (como a muller do ex-presidente da URSS Mijail Gorbachov) e veu o mundo o 31 de xaneiro de 2006.
Como podedes ver nesta foto ten unhas orellas moi peculiares polo que eu sempre lle chamo "Gremlin". Raysa é da raza "Cannis Palleiris" ou o que é o mesmo "Can de Palleiro de toda a vida". A pesar de non ter pedegree (non é unha cadela Levi´s nin Caroche, nin Versace) é a cadela máis cariñosa que tiven na miña vida (e a verdade é que xa tiven varias). Cando chego no coche a miña casa ela sempre me esta agardando é case non me deixa abrir a porta porque tirase o lado para que nada máis baixar do coche lle faga unha caricia, como di miña nai: "calqueira día aplastala co coche porque non aparta".
Pola mañan cando me levanto é a primeira en saudarme o sair pola porta e a verdade é que hai animáis que che demostran un cariño que a veces as persoas con acadamos mostrar. Eu dentro do que cabe correspondolle o seu cariño e doulle de comer todo o que quere (ben mo ten merecido por tantas mostras de afecto).

A pesar de non ser unha raza especial Raysa é moi intelixente, e se lle dis: "Raysa, barriguiña arriba", deitase patas arriba mirando para un ata que a acaricias, encántalle que lle froten a barriga.

A miña cadela, amosa a inocencia da castidade é vese en certos aspectos que aínda é unha cadeliña xove, a min realmente gustariame que tivera descendencia porque se os seus retoños saen tan simpáticos coma ela a alegría na casa dos meus pais está garantida. O problema é que Raysa ten unha hernia considerable e témoslle que consultar o veterinario que a visiona cada 2 meses se o día de mañán poderá ser nai ou polo contrario terá que quedar sen descendencia polo que lle resta de vida.

Está claro que a saga dos Gremlins se pode ser posible haina que continuar e a "miña fiera" que pesa 4 kilos 200 gramos e non levanta un palmo do chan está chamada a ser a nodriza dos Gremlins.

Saudos

martes, 8 de abril de 2008

¿Para cando o Ron Cidade?

Un recente estudo sobre os gustos dos consumidores no que a alcohol se refire delatan que 2 de cada 5 persoas que consumen algún tipo de alcohol decántanse polo ron.
Este derivado da caña de azúcar non pode faltar en calqueira tipo de celebración: xa sexan cumpleanos, festas patronais, nadal ou simplemente porque é fin de semana, qué carallo!
En Sobrado a maioría da xente en idade de beber alcohol (é dicir, o 95% da poboación) fai anos que vimos reclamando o sistema de Ron Cidade e se puidese cubrir toda Galiza (coma Toldos Gómez) mellor que mellor. O sistema é moi simple, mediante unha centraliña (no caso de Sobrado unha Central ben feita) enviase o ron directamente as casas dos usuarios que así o soliciten mediante unha tubería subterranea, poñendolle un grifo en cada fogar o lado do da auga. Tamén se poderían poñer extensións os diversos departamentos da casa tendo que pagar un plus por metro a maiores recorrido. Imaxinade por un momento un grifo de Ron Ciudad na sala, nas habitacións e para os que non queren perder no tempo incluso na ducha, sería o non vai máis...
O máis costoso é excavar e o tempo das obras non sei canto pode levar pero sería un servizo que moitos habitantes agradecerían, polo tanto teremos que facer unha Plataforma Pro-Ron Cidade para que nolo instalen, sería unha innovación e un xeito de meterse de cheo no século XXI (o século do vicio, vicio...)

Agora só queda porse en contacto coas grandes marcar que fabrican este prezado licor para aportarlles a idea e que eles vexan se lles compensa ou non. No caso exclusivo de Sobrado penso que a firma dominicana Ron Barceló parte con ventaxa e se fai un estudo detallado comezarán as obras mañán mesmo. Polo tanto, xa sabedes a partires de agora tod@s con un único berro.

RON CIDADE XA!!!!

xoves, 3 de abril de 2008

A habitación co espello no teito

Sempre me chamou a atención as habitacións que teñen o espello no teito. Analizandoo detidamente pensas: "quizáis o/a dono/a da habitación quere verse dende outra perspectiva". Os decoradores din que este sistema está ben pensado sobor de todo para as habitacións que tenden a ser pequenas pois dalles máis profundidade e fai un efecto óptico co cal a habitación asemella máis grande do que realmente é.
Os pensadores máis morbosos e lascivos pensaran: "este faino para que cando haxa -mambo- na habitación poida verse así mesmo e a súa parella".
Non sei, particularmente pareceme moi elegante e penso que todas as habitacións tanto grandes coma pequenas deberían ter un. Así cando un esperte pola mañá, habra os ollos e mire cara arriba verase con que cara amanece. Haberá días que con moi boa cara e outros que con peor "careto" debido os castigos os que nos somete a noite, ou mellor dito, os castigos os que nós sometemos a noite. Ademáis a hora de elexir roupa (eu son un dos que a elixo cando esperto) verás se vas máis ou menos decente vestido a traballar ou vas feito un cristo...
Esto ten un problema, se comezas a mirar se o xersei e a camisa pegan ben, que se o pantalón queda algo largo cos zapatos e non sei que, o final desfás medio armario, non che da tempo a almorzar e por riba chegas tarde o traballo pensando e comendote o tarro polo mal que elexiche a roupa que levas hoxe.
De todos os xeitos eu véxolle máis pros que contras o espello no teito e cando vexo un nunha peli ou por ahí entrame envexa sana e penso para os meus adentros: "eu quero un igualiño na miña habitación".
Debe ser unha sensación diferente andar a pasear pola habitación, mirar para arriba e verte, o que che incita a dicir: " coño, ata parezo máis alto..., o meu metro setenta e cinco con este espello convertese en metro oitenta e moito", se a este espello no teito lle añades un lateral como a foto que estamos a ver xa é a panacea e o non vai máis do reflexo persoal, bipersoal ou tripersoal nalgúns casos, a persoa multiplicada por tres: igualiño que o Espíritu Santo, qué maravilla!
Teño claro que o día que teña unha casa o meu gusto, o espello no teito non lle vai faltar, a decoración é moi importante no significado de unha vivenda e a miña quero que teña significado. je je je.

Qué pasedes bo xoves

De gorila a rato

Mala hostia, ou non? o tema é que a axencia Reuters publicou esta foto da última viaxe do Presidente-Dictador-Tarado de Venezuela Hugo Chávez a Brasil.
Na foto aparece a imaxe de Chávez e na parte superior da súa cabeza aparecen 2 círculos negros que fan que o venezolano semelle Mickey Mouse. Na Internet a esta foto xa lle chaman Mickey Chávez.
A foto creou moita polémica en Venezuela xa que din que a instanea foi creada para debilitar a imaxe de Hugo Chávez.
O canal Radio Mundial vai máis alá e di literalmente: "la transnacional de noticias emite una fotografía cuya composición es un intento de burlarse del presidente Chávez".
A verdade é que non lle quedan nada mal as orellas e oxala este bufón tivera a boa fé que ten Mickey e non intentara explotar nin facerlle mal a xente. Agora o gorila vaise de victima pero queda claro que a mona aínda que se vista de seda, quédase mona.

Mickey Chávez: presidente-animal de Venezuela.

Cruchaga: parece que la gente por la noche se pone más cachonda


César Cruchaga, un dos estandartes do Club Atlético Osasuna dixo onte unha das frases da tempada futboleira 2007/2008. No transcurso dunha entrevista comentando o apoio da afección osasunista o seu equipo, quixo comentar que os afeccioados vermelliños animaban con máis gañas cando os partidos eran de noite. A metáfora que usou para dicilo foi: "parece que la gente de noche se pone más cachonda". Esta frase pódese aplicar a moitas facetas da vida. E un servidor que ten pasado 1000 e unha noites de troula podo afirmar que SI é certo César, A XENTE DE NOITE PONSE MÁIS CACHONDA. Outorguemoslle o Premio Príncipe de Asturias a César Cruchaga por tan contundente e acertada afirmación.
Aquí abaixo vos deixo a entrevista, unha xentileza de http://www.marca.com/

DICE QUE EL REYNO NUNCA FALLA AL EQUIPO EN HORARIO NOCTURNO
Cruchaga: "Nuestra afición se pone más cachonda por la noche" · A la invitación que ofreció Ziganda a la afición el martes para que reventaran el Reyno de Navarra se quiso sumar César Cruchaga. El capitán admitió que la plantilla ya estaba pensando en este choque desde “el viaje de vuelta de Getafe. Ya dijimos que había que calentar a la gente; había que calentar el partido; había que llenar el estadio”. Cruchaga manifestó su satisfacción con la iniciativa de la directiva rojilla de poner a la venta las entradas a un precio de 10 euros. Además, el día y la hora satisfacen al capitán, que no recuerda “la última vez que perdimos un partido en horario nocturno”. El defensa navarro espera una gran respuesta de la afición, ya que “parece que la gente por la noche se pone más cachonda y esperamos un lleno”. El jefe de la zaga rojilla es consciente de que “todo Pamplona va a estar pendiente de ese partido”. El central admitió que es una semana especial en la que se juegan gran parte de su futuro. De ahí que “cuando sabes que llega una gran cita tienes el estómago un poco más raro. Te cuesta más dormir a las noches”.Cruchaga incidió en la trascendencia del choque ante el Recre: “Tenemos en la cabeza que éste es nuestro partido y que la salvación depende del sábado”. El capitán espera cumplir con las expectativas de la afición. “No tengo ninguna duda de que vamos a salir a muerte”, afirmó mientras añadía que “es muy difícil que se nos escape un partido así”. Otro de los capitanes, Patxi Puñal, fue más prudente y pese a remarcar la importancia del choque, no quiso calificarlo como final. “Si ganamos, con poco más estaríamos en Primera el año que viene”, aunque aseveró que “si no vencemos, sí que vamos a tener varias finales más hasta el término del campeonato”. El ‘10’ no auguró un “partido precioso” porque “el Recre viene jugándoselo todo. Seguramente será difícil que salga un partido vistoso. Será con pocos goles y algo trabado. Un partido complicado”.Puñal admitió que habrá muchos equipos mirando lo que ocurra en el Reyno de Navarra el próximo sábado, en un duelo ante el Recreativo que puede dictar sentencia sobre el descenso: “Es muy importante cómo esté el campo y la gente. Lo percibimos enseguida y es otro estímulo añadido a los puntos y a la salvación”.

mércores, 2 de abril de 2008

Felicidades Negro!!!!!!!!!!!!

Otto Mann
02/04/1979




Todo OK
O 2 de abril de 1979 naceu un neno de pel máis ben oscura e de nome Esteban. Cariñosamente é coñecido por Sobrado e alrededores como Negro ou Otto Mann (o conductor de autobús dos Simpson), pola súa profesión e a melena morena. Este rapaz, barcelonista declarado e capitán do Club Atlético Sobrado Xuventude é o busero máis dicharachero de todo Sobrado.
Dende eiquí quero felicitalo polos seus 29 tacos (hai que ir mirando de formalizar, eso di miña nai), e hoxe non hai quen o salve de que p0la noite invite a uns chismes, je je je.
Vamos celebrar que falta un día menos para os Dolores e que Esteban entra no privilexiado e selecto clube dos 29.
Pois nada, o dito, a festexalo duramente.
FELICIDADES.

martes, 1 de abril de 2008

Nós a cea, eles as copas

O sábado nun momento liamos unha gordísima. Mentres tomabamos uns "refrixerios" na Cafetería Ramiro, logo de xogar unhas dianas Pichi, Álvaro, David e eu decidimos xogar unha cea o futbolín para o primeiro que gañara 3 partidas.

Pichi (portería e defensa) e eu (centro campo e dianteira) perdimos por 3-0 fronte a David (portería e defensa) e Álvaro (centro campo e dianteira) en partidas polo que tocounos pagar unha futura cea. Non conformes con isto pedimoslles a revancha xogándonnos as copas de toda a noite o día que vaiamos de cea. Resultado: 3-1 para nós polo que para David e Álvaro foi peor o remedio que a enfermidade, terannos que pagar cubatas toda a noite.

O lugar onde vai ser a cea será na Coruña e onde tomaremos as copas o Orzán..., je je je, aviso a Álvaro e David: ceade ben porque imos tomar un lote de "chirimbolos", je je je.

A data podería ser xa este venres 4 de abril pero aínda está por confirmar definitivamente.

Pois nada nenos, cando queirades apostamos outra cea...

Sorte



O tempo está tolo

O domingo quedoume moi claro que o tempo está tolo. Calqueira día todo "esto" vai pegar un estalazo que a ver onde nos manda.
O fenómeno do domingo aínda non mo explico. Logo de sair de festa (de corpo presente porque a verdade e que estaba rendido do venres) por Melide o sábado, levanteime a eso das 12:30, baixei mercar a prensa de todos os días: La Opinión, Depor Sport e As. Facía un día de sol e parecía que a primaveira quería amosar a patiña tenuemente.
Acabei de comer, e a eso das 16:40 horas dispoñome a coller o coche para ir a Riazor a ver o transcendental partido do Depor fronte o Murcia, poño as gafas de sol para conducir porque ademáis de estar radiante "Lorenzo" pica. Cando Noe e eu chegamos a Coruña a verdade é que non puiden de sair do meu asombro: alí estaba todo moi oscuro e o ceo ameazaba que nos quería dicir algo que non podía ser bo.
Faltando 40 minutos decidimos entrar no Estadio e foi o maior acerto que puidemos ter... Nada máis sentarnos na miña ubicación onde son socio: Asiento 27, Fila 24 de Pavillón Superior o vento comezou a zoar con unha forza que non era normal. Parecía como se un terrible temporal en alta mar se adentrara dentro do Estadio de Riazor, semellaba que as láminas de chapa que cubre Riazor se foran a marchar coa forza do vento de un momento a outro, a xente que xa estaba dentro do Estadio miraba con incredulidade o horizonte. A min o frío e o vento colleume ben: tan só levei unha camiseta de manga larga con capucha e por riba a camiseta de Valerón (en Sobrado facía sol e había 15º), polo que o frío entrabame ata os osos. De repente comezou a caer unha tromba de saraiba cando os xogadores de Depor e Murcia estaban a facer os exercicios de quecemento, en cuestión de 10 segundos dende a miña posición non se vía a portería que teño enfrente (Fondo Marathon Inferior), que ocupan os Riazor Blues, só se vía unha cor branca no aire debido o granizo. As fotos que vos poño a continuación non se ven con unha magnífica claridade debido o granizo.
A foto de arriba é Tribuna Superior e Inferior e unha esquina de Marathon Superior e Inferior, a imaxe está tratada con un zoom x3 para intentar retratar o abundante granizo que estaba a caer nese momento.
Esta foto reflexa o quecemento do Murcia en primeiro termo e o Depor máis atrás, é no momento onde comeza a granizar con intensidade inusitada. Moita xente tivose que agochar debaixo dos palcos VIP pois o granizo e a auga entraban por todos os lados.
Dicir que logo de un ratiño de esta saraiba o día estabilizouse e incluso un pouco antes de marcar "Santillana" Xisco o primeiro gol saiu o sol. Quizáis para brindarlle o Depor unha nova victoria... quen sabe, O TEMPO ESTÁ TOLO!