luns, 22 de decembro de 2008

Quen é...?



Xa que non nos tocou a Lotería vamos votar unhas risas con un clásico que seguro que xa todos escoitastes algunha vez pero que a min encántame. Trátase da chamada telefónica que Xosé Ramón Gayoso no seu programa Luar lle fixo a un pobre traballador que o día seguinte tiña que madrugar. A resposta é contundente. Seime os diálogos de memoria e cada vez que o escoito sígome rindo.

Que teñades bo comezo de semana.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Non tocou nadaaaa????

Unknown dixo...

Tocou a devolución do equipo de fútbol (como non), a devolución na Cafetería Plaza e 120€ por décimo no bar El Cruce (que ben me viñeron...).

Anónimo dixo...

Pois que sorte, menos da unha pedra, que a min nin a devolución me tocou... que miseria... jejeje.

Sobre o post, eu cada vez que o volvo escoitar pártome, é boísimo! Eu escoiteino en directo no programa o día que o chamaron (sí, confeso, vexo Luar ÁS VECES jeje) e aínda hoxe me sigue facendo rir.