martes, 9 de decembro de 2008

A carta ós Reis Magos

Logo de unha dilatada experiencia escribíndolle a carta os Reis Magos (30 anos para ser máis exactos) e logo de facerlle escribir a miña nai regos e regos de tinta e páxinas e máis páxinas de libretas de unha raia os meus desexos para tan sinalada noite; despois de pedir de todo, e cando digo "de todo" digo "de todo": o consabido balón de fútbol, as botas para acompañar ó balón, unha bici, un "Bit-Track", un tren, o Monopoly, canasta e balón de baloncesto, outra bici, 2853 playmobil, o barco de Playmobil, o coche de rallye de Playmóbil, a granxa de Playmóbil, puzzles, a Game Boy, o "maravilloso" Spectrum ZX2 128 k, outro balón de fútbol, o coche fantástico, un pastor alemán, un pala-excavadora Caterpillar..., tantas e tantas cousas, para este ano 2009 xa o teño claro, para este ano quero o AUTOCROSS DE MATTEL.
Este aparato é único, foron moitas as horas de pilotaxe que Álvaro e eu compartimos con aquel maravilloso Autocross que o meu veciño tiña e agora toca renovar "a flota" hai que conseguir outro Autocross como sexa pois o outro quedouse obsoleto, e aproveitando o plan renove que tan de moda está dende hai uns anos a esta parte que as suas maxestades de Oriente me traigan un Autocross e xa me dou por satisfeito.
O Autocross de Mattel é todo un icono "kitch" para miles de nenos dunha xeración irrepetible.

4 comentarios:

Álvaro dixo...

Que razón tes Lato!!! Foi un dos xoguetes dos cales gardo un mellor recordo. Nunca olvidarei a imaxe de miña abuela cargando co AOUTOCROSS para que o seu neto fora xogar co pequeno da saga dos Latoneiros.
A verdade e que compartimos moitísimos xogos cando éramos nenos(bueno e outros xa non tan nenos..., estou falando da play eh!!)pero teño no recordo algún tan simple como os míticos partidos de futbol con cromos de bollicao na mesa do teu comedor.BUFF XA PASARÓN ANOS EH!!!Agora compartimos outros momentos como o inigualable deste sábado despois de comer o bocata, JE JE JE!!!!!!

Anónimo dixo...

XA NON RECORDABA!!CANTO TEÑO XOGADO CON MEU VECIÑO, EL O TIÑA, E O BARCO PIRATA DE PLAYMOBIL, SCALEXTRIC... CLARO A MIN NON ME REGALABAN ESTOS XOGOS, PERO EU IBA PARA SUA CASA E ME PASABA HORAS XOGADO CON EL.

AI QUE TEMPOS.....
SARA

Anónimo dixo...

Bueno, bueno, bueno....pero non ves que xa non tes edad,e Álvaro dandoche a razón...que xa non tedes 8 anos!!!
Ainda que vos parezca que si, pois entre esto e poñerlle Tobi o cadeliño(que xa comprobei que era verdad,ca cara de anxiño que ten e ti vaslle poñer Tobi, pero por Dios, non había nomes)
Pois non te olvides logo de lle pedir tamén os rodins pa bici e un xersei a rayas pa Álvaro pa ir a xogo contigo e con Pablo.

Unknown dixo...

Álvaro: je je, sen comentarios..., xa tomaremos unha garimba para celebrar estes datas do Nadal, ji ji ji.
Sara: é que o Autocross é un clásico, un xogo moi instructivo onde grandes pilotos comezaron a súa carreira, je je je.
Rayados-Melide: quen me derá volver de 8 anos sabendo o que sei... (eso din os vellos), polo que respecta ó "León" Toby quédalle guay, ten cara de Toby e como xa facía anos que non tiña ningún "Toby" da raza perruna decidinme a poñerllo (Filipe Luis parecíame moi longo..., ja ja ja).
Eu os Reis pídolle o Autrocross, se logo me traen un triciclo tampouco lle fago ascos. Álvaro creo que se pide o "Hot-Wheels" tamén de Mattel e o xersei de raias creo que xa llo trae Papá Noel.

Saudos e grazas a tod@s por comentar.