venres, 28 de novembro de 2008

Xa falta pouco para que toque

Recordade que este ano o CLUB ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE repartirá o segundo premio da Lotería de Nadal do vindeiro 22 de decembro (o primeiro premio será para a lotería da comisión de festas).
Informo a xente que aínda non ten Lotería do clube que se apresure pois quedan poucos décimos e participacións para que logo ninguén se quede sen celebración.
O ano pasado repartimos 15.000€ en premios e este ano esa cifra vaise quedar ridícula co que imos repartir, recordade, apurade a mercalo porque non imos dar conseguido máis décimos. A-V-I-S-O

E por último recordade o número que é ben doado: 78555

Saudos

Ningún comentario: