venres, 28 de novembro de 2008

Chegou o finde



Chegou o finde, prevese que sexan 3 días onde incluso a señora neve nos pode vir a facer unha visita (a verdade é que frío fai de abondo), pero bailando as baixas temperaturas non importan o máis mínimo por eso hoxe vai este tema.
Trátase do clásico "Everytime we touch" que foi versioneado para o Dance hai uns 4 anos por Cascada. O tema é moi pegadizo e val para espilir o frío.

Disfrutade da fin de semana

Xa falta pouco para que toque

Recordade que este ano o CLUB ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE repartirá o segundo premio da Lotería de Nadal do vindeiro 22 de decembro (o primeiro premio será para a lotería da comisión de festas).
Informo a xente que aínda non ten Lotería do clube que se apresure pois quedan poucos décimos e participacións para que logo ninguén se quede sen celebración.
O ano pasado repartimos 15.000€ en premios e este ano esa cifra vaise quedar ridícula co que imos repartir, recordade, apurade a mercalo porque non imos dar conseguido máis décimos. A-V-I-S-O

E por último recordade o número que é ben doado: 78555

Saudos

xoves, 27 de novembro de 2008

Sobrado´s Films



Sobrado é un gran reclamo turístico para moitos visitantes, ademáis do Mosteiro, Lagoa, Campamento Román, o Camiño Norte, a Casa do Queixo, todo o Turismo Rural e outra serie de lugares hostaleiros posue dende hai uns anos (concretamente 21) unha característica moi especial:
os que sodes de Sobrado sabédelo de sobra, pero sempre gusta recordar e os que son de fora pode que non o saiban...

aló polo verán de 1987 un dos directores de cine españois máis prestixiosos e confesado enamorado de Galicia, José Luis Cuerda decide levar a gran pantalla a obra do escritor coruñés Wenceslao Fernández Florez "El Bosque Animado". A historia trata de un bandido estilo Robin Hood que roubaba ós ricos para darlle os pobres, este bandido na película chámase "Fendetestas" e foi interpretado por Alfredo Landa. Segundo a historia do libro todo se desenrola na fraga de Cecebre pero foi en Sobrado onde se rodou as 3/4 partes da película coa Carballeira da Casa do Gado coma protagonista e os seus preciosos sendeiros sendo participes directos das esceas. A casa do Gado sae en varias ocasións e incluso moita xente de Sobrado, nenos (naquel momento) e maiores participaron de extras na grabación levándose así uns cartos de paso. As únicas esceas que non se rodaron en Sobrado son nas que sae o tren e a vía, o demáis está todo grabado eiquí.
A película obtivo 1 Goya e o elenco de actores a nivel nacional era moi importante: ademáis do citado Alfredo Landa, participaron entre outros Fernando Valverde, Miguel Rellán, a guapa Alejandra Grepi, Encarna Paso, Luis Ciges ou o finado Fernando Rey. O longo de este mes recordo coma se fose agora mesmo (eu tiña 9 anos) que os actores para nada eran díscolos e relacionaronse moi ben coa xente do pobo, eles hospedábanse no Hotel San Marcus e durante o tempo que durou a grabación o pobo andaba revolucionado e recibía máis visitas das normais. Acórdome tamén que asistín grazas a miña veciña Fina (nai de Nishita e Petete) a toda unha tarde de rodaxe da escea do baile (eu flipaba, non facían máis que arrincar, parar, arrincar, parar, a min todo elo pareciame extranísimo) e máis extrano mo pareceu aínda cando fumos ver a película ó Cine Colón da Coruña o día do estreno no que se fletara un Autobús de Autos Ramos para a ocasión e vin que a escea do baile que durara toda unha tarde a rodaxe na película non duraba nin un minuto.

De vez en cando non ven mal votar a vista atrás (eu fago con moita asiduidade) e recordar un verán, o de 1987, que para ningún dos habitantes de Sobrado pasou desapercibido e que a maioría de nos seguimos recordando con gran cariño.

Un casting de maquillaxe moi particular



O meu compañeiro Arturo amosoume este video que a verdade é que me causou especial gracia. É unha camara oculta dun casting de maquillaxe moi especial grabado en Brasil. Non vos perdades ó segundo dos aspirantes ó posto.

mércores, 26 de novembro de 2008

Mañá é un día grande en Riazor


Mañá, xoves 27 de novembro será un día grande no Estadio Municipal por un doble motivo:

logo de 3 anos e medio sen ter competicións europeas de alto nivel na cidade da Coruña voltarán as noites máxicas ó estadio herculino,aquelas noites das que tan bos recordos temos: a remontada sobre o A.C. Milán (4-0), victorias sobre Juventus, Manchester United, Arsenal, Bayern Munich..., grandes de Europa..., remontada fronte o PSG (4-3) e tantas e tantas historias máxicas que a veces cando un se pon a recordar parece que foron quitadas de un conto de fadas.

volta Roy Makaay,un dos mellores dianteiros que vestiu a casaca branquiazul, un goleador rápido e de bo disparo coas duas pernas que tantas tardes e noites de gloria nos dou. Mañá debémoslle dar un gran recibimento como agradecemento os 4 maravillosos e gloriosos anos que sen lugar a dúbidas xa forman parte da historia do R.C. Deportivo.

Ademáis de Roy Makaay tamén chegan xunto co Feyenoord os seus afeccioados (coméntase que arredor de uns 1.500) que encherán as prazas hoteleiras da cidade, unha cidade que xa non recordába o que é ter ingresos "extra" a conta do fútbol, seguro que todos os negocios da Coruña e os hosteleiros en particular agradecerán que o Depor volte a Europa. Tiveron anos gloriosos grazas a que o Deportivo xogou nin máis nin menos que 5 anos de xeitos consecutivo na Champions League e foi unha época de bonanza económica para moitos hosteleiros.

De todos é sabido que a pesares das miragres que fai a día de hoxe ó Depor (un equipo nunha crítica situación económica), xogando unha competición que o mellor por habitantes corresponderialle a outras cidades españolas o clube herculino non está a contar con apoios, nin institucionais nin privados e penso que é hora de recapacitar e pensar que se ó Depor lle vai ben, a cidade da Coruña en xeral lle vai a ir ben.

Ou acaso en Europa antes de que o Deportivo xogase competicións de alto nivel se coñecía a Coruña?

Debemos reflexionar...

Saudos

martes, 25 de novembro de 2008

Día Internacional contra a Violencia de Xénero


REXEITA TODO TIPO DE VIOLENCIA!
No día de hoxe, 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero en vez de facer o habitual post e comentar prefiro que cada un/unha exprese a súa repulsa para con esta causa e que sirva ademáis para concienciar a xente que calqueira tipo de violencia non conduce a nada e tamén que se alguén coñece algún caso de violencia que o denuncie. Ningún agresor pode estar o seu libre albedrío.

luns, 24 de novembro de 2008

Que o beban eles!

O venres puidemos contrastar unha vez máis que a zona de copas máis coñecidas da Coruña, o Orzán é un dos lugares de Galicia onde peor calidade de alcohol hai ou o que é o mesmo, dan un garrafón "alcohol das feridas" escandaloso. Teño saido en moitos lugares de Galicia e a verdade é que ó Orzán é o peor no que a garrafón se refire.Sinceramente é sangrante! Non se dan conta da mala imaxe que proxectan da cidade os empresarios dos pubs?, moita xente de fora dira "en Coruña dan un garrafón de escándalo", cando verdadeiramente non é así, porque que sexa esa zona en concreto non quere dicir que pase o mesmo en toda a cidade pero o ser humano tende a xeralizar e como é normal todo o entorno acaba saindo perxudicado.

Non pode ser, un día os empresarios dos locais desta zona van levar un disgusto pois a alguén esta "piltrafa" que poñen por bebida lle vai sentar mal en serio, vai ter que ir para ó hospital e van ter que pagar a base de ben. Unha cura de humildade non lles viría mal. Eu escarállome con esta xente que se quere poñer rica en dous días, debe pensar que a clientela é tonta, así lles luce o pelo, o venres había moi pouca xente, penso que de todas as veces que sain no Orzán xamáis vin tan poucas almas, e teño ido incluso algún mércores. De verdade que da que pensar.
Curiosamente hoxe falando con unha amiga comentoume que o venres foi a Carballo e que había xente a tope; coincidencia?, pode que non, o mellor resulta que a xente está de volta e esta comezando a castigar e estes empresarios de medio pelo.

Logo de cear na casa de Pichi decidimos ir a tomar unhas copas a Matogrande, concretamente o "Car Coffe" e a verdade é que ademáis de estar moi ben postas (exprímenche o zume de laranxa ou limón dentro da copa e untan o borde do vidro coa froita) estaban moi boas, como debe ser, xa non falo de prezos, dame igual, eu prefiro pagar 2 euros máis pola copa pero que non che metan "metralla" que mata as ratas.

O cambiar para ó Orzán comezou a debacle: primeiro fumos ó Tandem e os meus compañeiros dixeron que non lles gustaba a copa (eu a verdade é que alí non notei nada), cambiamos para Mosquito e alí tomamos a mellor copa da noite para o meu gusto, pero o seguinte garito foi Studio 80 e a verdade é que aquela levantaba a un vivo, que malas estaban!!!, eso non pode ser. Seguimos ó Vintage e alí regulín regular, nada do outro mundo, máis ben tirando a cativa a calidade. Para rematar fumos a Garibaldi e máis do mesmo (ó único lugar onde había xente), un desastre.
Calqueira día que saimos en Melide (por poñer un exemplo) todos nos temos moita mellor cara e non temos que recurrir a pastillas contra a dor de cabeza nin ter ardores de estómago continuos, ó sabado tivemos que tirar de botica e todos nos pareciamos un cadro de dor no piso de Pichi, feitos polvo e sen gañas de nada.

A maioría dos señores que rexentan os pubs do Orzán deberían controlar a calidade das súas copas pois un día van levar un gran hostión (perdón pola expresión):

A receta é facil: pides un cubata e un auga. Bebes a auga e o líquido do cubata antes de botar o refrixerio valeiralo na botella de auga, lévalo a analizar a un laboratorio e se o alcohol (en teoría) non ten a composición que debería ter pódelos denunciar e caelles o pelo.
Sinceramente, a vindeira vez que saia no Orzán e moi probable que ou ben non beba alcohol ou se o bebo sexa en cervexa (agardo que non consigan facer garrafón da cebada, xa sería o último).

Agardo que as cousas cambien senón moitos de estos señores poden ir collendo as maletas cara os seus fogares. Eu vexo ben que queiran gañar cartos, coma todo o mundo, pero por favor, que sexan honrados e non rouben, porque engañar, tamén é roubar, que non se olviden.

venres, 21 de novembro de 2008

Friday Night: Orzán

Sí, volvemos, hoxe (porque a estas horas xa é venres) o Sobrado On Move 2008/2009 viaxa ata a Coruña. Tomaremos o Orzán e os seus pubs como Deus manda o chegar a noite, cando todos os gatos son pardos e a xente se transforma. Xa lle toca, levamos un tempo sin visitar as terras de María Pita (indo de festa me refiro) polo que xa había bastantes gañas. O asunto planeouse case sen vir a conto,un comentario por eiquí, un amaño por alá, unhas ganas de festa bastante importantes, varios "personaxes" totalmente de acordo e xa está todo o circo montado para a excursión ou actuación como cada un lle prefirades chamar...
Quédome a durmir pero non levo MALETA GRANDE (Alvarito que te enteres) levo MALETA PEQUENA así que malo será..., por certo púxenlle un pastor polo que se alguén a toca igual lle da corrente, tede coidado non vos vaiades electrocutar e estas cousas que non é plan de fastidiar a noite por meter as mans onde non vos chaman, ja ja ja.

Vouno, aviso ós toreiros que esta noite compartirán "faena" no Orzán, estádeme frescos para a noite que despois davos o sono e non vos lambedes cando a noite comeza a ser noite.

Ahí queda eso "chorvos".

xoves, 20 de novembro de 2008

Temazo



Canto máis o escoito máis me gusta, trátase como non, de unha máquina de facer Dance,do Dj alemán Sash! nesta ocasión acompañado de Stunt e a canción chámase Raindrops (Encore Une Fois). Unha canción nova misturada con archiconocido Encore Une Fois (un dos primeiros hits de Sash!

Se vos interesa a canción o título e interprete completo é: Sash! Feat. Stunt "Raindrops (Encore Une Fois)"

Caña que chega o fin de semana

O meteórico ascenso das bebidas sen gas

Dende hai moitos anos está claro que Coca Cola é o refrixerio que máis se vende no mundo. Moitas veces (non son ó único que me pasa) chegas a un bar e non sabes moi ben que tomar..., o primeiro que che ben a cabeza é: "ponme unha Coca Cola".
Sinceramente a calqueira de nós nos gustaría saber realmente de que está composta esta excitante e universal bebida (din que tan só uns poucos no mundo a saben) para poder vendela e facer unha pasta.
Xa levo uns anos saindo de festa e non hai que ser moi observador para ver como foron cambiando os hábitos referidos á consumo de refrixerios misturados con alcohol, ou o que é o mesmo e falando en prata: o que se lle bota o alcohol para que ó "cubalibre" saiba ben. Hai uns anos a maioría da xente pedía as copas con Coca Cola, fora ron, whisky ou xenebra o que pedía para acompañar. A verdade é que debo confesar que as mellores copas que tomei na miña vida sempre foron acompañadas de Coca Cola pero o problema é que se tomas unha cantidade considerable o día seguinte tes uns ardores de estómago que non son normais e penso que esto foi un dos motivos polo que pouco a pouco a xente foi cambiando a Coca Cola por outros sustitutos. De feito eu tiven unha longa tempada que me cambiei o Sprite e o 7 Up, outra xente decidiuse por Kas Laranxa ou Kas Limón e os máis atrevidos por Tónica para acompañar a xenebra.


Pero de hai un tempo a esta parte a xente definitivamente elexiu as bebidas sen gas. As veces que teño levado o "bote" da pandilla e me acerco a unha barra de calqueira bar, pub, discoteca ou chiringuito vexo como os camareiros/as poñen moitas copas con Trina ou no seu defecto Radical ou Aquarius (eu son dos que bebo Trina Laranxa). Con esto non quero dicir que o día seguinte e logo de estar tomando unha cantidade considerable de etílico non te vas a levantar coma unha rosa pero a diferencia a tomar por exemplo 8 copas con gas ou 8 copas sen gas é evidente e senón os que habitualmente tomades bebidas gaseosas nos vosos "combinados" probade a beber toda a noite bebida sen gas, a ver que vos parece...
Xa me contaredes

mércores, 19 de novembro de 2008

O Magnate Pazitos "pillado" nun fotomatón




O magnate sobradés Pazitos aparece na portada da revista Hola de esta semana. Os reporteiros desta revista do corazón de tirada nacional colleron o empresario nun fotomatón en compañía de unha muller da que non se revelou a identidade pero que aparece nas páxinas centrais da revista nun amplo reportaxe fotográfico.

Pablo Pazos "Pazitos" nado un 20 de decembro de 1977 é o empresario máis importante da comarca, ten negocios en varios paises ademáis de ter accións de varias empresas como a petroleira ou a bancaria. Ademáis controla o 51% da marca de calzado "Pazito´s" e a súa vindeira aposta no mercado será unha nova firma de raquetas de paddel (deporte do que é moi afeccioado) a firma en cuestión chamarase "Qllerettes". Ademáis das finanzas é un apaixoado dos deportes: fútbol, paddel, baloncesto, tenis, tute e julepe son os seus principais hobbies. Tamén gusta das noites coruñesas e melidenses onde máis de unha aposta moza xa caiu rendida os seus pes.
Unha nova andaina pois do George Clooney de Sobrado que desta volta seguro a maioría dos medios de comuniciación da prensa "rosa" se farán eco.

Por fin comezaron as obras...



O pasado día 17 cumpreuse un mes do accidente. Logo de diversos cambios de pareceres co seguro (eles querianme dar o coche por siniestro e eu negueime en todo momento pois o golpe so foi frontal e non afectou nin a chasis nin a motor e so hai que cambiar pezas) eles abónanme unha cantidade polo golpe e eu poñerei o resto. Ademáis teño que cambiar de seguro o aceptar eses cartos pero polo menos non me vou de vacío.

A verdade é que teñen que pasar as cousas para que saibas como funcionan algúns entes coma por exemplo o dos seguros. É de coña, un golpe frontal, no que saltan só 2 airbags, tan só hai que reparar pezas do lado dereito do frontal (o esquerdo está intacto), non rompe ningunha luna e só hai que reparar a aleta dereita e quérenmo dar siniestro... SE NON LLE TOCOU O CHASIS NIN O MOTOR! pero bueno está claro que se o coche tivera dous anos ou tres xa non estariamos a falar de esto porque pola conta que lle corre o seguro habían de querer arreglalo senón a indemnización non ía ser pouca. Así funciona esto... e o problema é que están amparados pola lei polo que teñen a sartén polo mango. Dende un primeiro momento dixen que o meu coche ía voltar para a casa e así ha de ser. Polo momento xa o luns comezaron as obras (arreglos) e agardo que nun prazo de 2-3 semanas o meu Xsariña regrese a casa polo Nadal...

Saudos

Un tío desequilibrado



Air Galicia é un programa de humor que emite a TVG. A verdade é que ten sketch moi bos resumidos nunha serie de personaxes en diversas facetas da súa vida.
A min o persoaxe que máis gracia me fai é o desequilibrado. Eiquí vos deixo este video a ver que vos parece.

luns, 17 de novembro de 2008

Diferentes formas de interpretar unha canción


"Heaven" U96


"Time after Time" Ashley Tisdale


"Time after Time" Eva Cassidy


"Time after Time" Quietdrive


"Time after Time" Matchbox20


"Time after Time" INOJ


"Time after Time" Novaspace


"Time after Time" Shaenon

A canción de Cindy Lauper "Time after Time" é para min unha das mellores cancións de todos os tempos. Hai infinidade de artistas que fixeron nos máis diferentes estilos musicais este tema dándolle cadanseu toque persoal. Eiquí vos deixo unha recopilacións de algúns dos interpretes das diferentes versións, particularmente gústanme todos.

De seguido tamén vos deixo esta bonita versión de Cindy Lauper acompañada por Sarah McLachlan:


E por último a versión orixinal do Time after Time, co texto traducido a idioma español:



Que disfrutedes da música

Con Fabes y Sidrina nu hace falta gasulina


Esa foi a frase que Álvaro repetiu toda a fin de semana sen parar, pois fíxonos moitísima gracia. Penso que a debeu dicir unhas 87 veces aproximadamente. O refrán en cuestión saiu da boca de Seve (un entrañable camareiro en idade a punto de xubilarse do Bar Restaurante El Puente), por riba cun acento asturiano moi marcado a verdade é que a frase soaba xenial;mentres ceabamos o venres e estabamos a dar boa conta da sidra.
De feito levou un bo repaso, e para acompañar o café eu decidinme polo licor café que aínda que non é coma o galego tampouco estaba mal. Coma nas grandes citas, a pesares de que a maioría dos homes da pandilla non somos fumadores decidimonos a fumar non unha, senón duas farias que maldita a hora en que elexín fumalas, fora mellor que estivese quedo.
Vou obviar a broma que me gastaron os señores Álvaro Castro "Profesor Miyagui", Miguel Sánchez "Finito" e Pablo Calvete "Carrizo" cambiandome a maleta de coche sen eu enterarme na metade de traxecto logo de unha parada para tomar unha cervexa en dirección a Oviedo. A cara de dúbida e mal rollo pola falta da maleta que me quedou cando mirei o maleteiro do coche de Álvaro foi evidente. Eu estaba seguro que metera a maleta. Estes simpáticos chavales cambiaron a miña maleta para o coche de Pichi mentres eu pagaba no bar que paramos..., AINDA DEUS NON É VELLO!
Logo da cea dirección calle Mon, pouca xente para ser venres pero a nós como que nos dou un pouco igual e disfrutamos da noite. Incluso Álvaro e Pichi tiveron tempo para facer uns "cameos" coma gogos nun pequeno púlpito que había nun dos locais.
Sábado o mediodía fumos directos para a Rúa Gascona "El Boulevard de las Sidrerías" e logo de comprobar que o Tierra Astur estaba petado fumos a outra sidrería ó lado para poder comer. Logo da comida paseo pola zona antiga (sen pararse moito a verdade sexa dita) e para o hotel a descansar un cacho (algúns que eu me sei tiraron de julepe en plena habitación do hotel), ducha e directos para Colloto para o Tierra Astur Aguila. A foto que está posta ahí arriba é o corredor que leva os barrís onde ceamos. Son verdadeiramente grandes, comimos 10 persoas sen estar apretados e a verdade é que están a unha altura considerable.
Logo da papatoria do sábado de novo visita a calle Mon para ir de festa e darlle a despedida que se merecía a noite ovetense. Bo ambiente, moito chupito por ahí e pouco Trina, de feito non atopamos ningún local que tivese Trina Laranxa (o curioso é que si que tiñan Trina Mandarina). De todos os xeitos dimos boa conta dos licores dos pubs, e entre copa e copa aumentaba o número de veces en que saía a frase "Con Fabes y Sidrina nu hace falta gasulina", sobretodo saindo dos beizos do Profesor Miyagui.
O domingo a eso das 14:30 horas abandoamos o hotel para dirixirnos a casa de Carol que amablemente nos fixo unhas tortillas moi ricas acompañadas de un xamón excepcional, pementos, aceitunas e demáis, así da gusto Carol, que maravilla chica! eso é hospitalidade e o demáis son tonterías. Na porta do piso esperábanos Pichi coa portada do Marca que pensei que me ía mal: "11 amiguetes" en relación o partido do Real Madrid fronte ó Real Valladolid. Debo dicir que Pichi é "merengón" pero a crise da Casa Blanca levaa bastante ben (polo menos de momento...).
Logo da comida, charlas e vaciles varios, Álvaro que probou as comodidades dun sillón multiusos que Carolina ten no piso e a eso das 17:30 emprendimos de novo rumbo a Sobrado. Non se me fixo longo a viaxe de volta e as 20:50 horas estabamos de novo na casiña. Foi un finde que estivo moi ben, rimos moito e o máis importante é que lle fumos dar apoio moral a Carolina agora que está na última fase para o MIR. Ánimo Carol que xa falta pouco para o 24 de xaneiro.
PUXA ASTURIES!

venres, 14 de novembro de 2008

A vosa saude

Como dentro de unhas horas marchamos para Asturias e ata luns non poderei contar ningunha historia, acontecemento ou paranoia que se me ocurra déixovos unha foto de un "paisanu asturianu" escaciando sidra. Seguramente neste finde tomaremos varias polo que esta foto quero adicala a todos os lectores de este blog que me facedes a vida máis feliz día a día.

SAUDE, A PRIMEIRA TOMAREINA POR TODOS VOS.

xoves, 13 de novembro de 2008

Novas propiedades do leite e outros estudos

Sabemos que o leite ten calcio e por eso o recomendan tomar os médicos en doses adecuadas pero hoxe lendo La Voz de Galicia descubrin outras propiedades que ata o de agora descoñecía.
Todo esto ven a conto de un estudo que un doutor catalán fixo sobre o sono, os seus trastornos e os seus beneficios. A min a verdade é que a nova fíxome gracia, máis que nada porque parece que La Voz de Galicia quérelle dar certa ambigüidade o título que encabeza a nova en cuestión, non vos parece? cando lin a nova estiven a rir un bo anaco. Supoño que non sería intencionado..., ou sí...? sexa o que sexa agora a partires de agora cando unha muller vos diga que durmeu mal a noite anterior pensade mal... e acertardes... ou non...

Eiquí vos deixo a nova insertada:

Salud

La leche es buena para dormir, pero el sexo perjudica el sueño de las mujeres

España está entre los países en los que es más habitual despertarse con besos y caricias.

Un vaso de leche antes de dormir ayuda a conciliar antes el sueño, pero tener relaciones sexuales previas solo beneficia a los hombres y perjudica a las mujeres, según el doctor Eduard Estivill, director de la Unidad de Alteraciones del Sueño del Hospital General de Cataluña.
Estivill ha explicado estas conclusiones en la presentación hoy de un estudio sobre los hábitos del sueño en todo el mundo.
El sexo es positivo para el hombre antes de dormir porque, después de alcanzar el orgasmo, se acelera en él el proceso de descanso, pero la mujer, en cambio, permanece más tiempo estimulada y llega más tarde a la relajación, según el médico pediatra.
Estivill ha asegurado que la leche es buena antes de ir a la cama porque contiene un aminoácido que ayuda al cerebro a segregar melatonina, que es la sustancia que se produce de noche y provoca el sueño.
La mejor forma de despertarse llega después de haber pasado del sueño profundo al superficial y la luz ayuda a ello, ya que con ella la melatonina desaparece, hasta el punto de que se han empezado a fabricar despertadores de luz.
Los besos y las caricias también ayudan en esta transición y el estudio revela que los argentinos, brasileños y españoles por este orden son los que más se despiertan con esos dulces estímulos, mientras que los japoneses apenas tienen ese hábito (dos de cada diez).
Los españoles duermen 7,1 horas de media (cuarenta minutos menos que el resto de los europeos), son los que más tarde se van a dormir (a las 00:18 horas entre semana; 1:41 los sábados y domingos) y los que más tarde se levantan (7:26 entre semana; 10:32 el fin de semana).
Estrés y ansia por dormir
Las causas más importantes del insomnio son, según Estivill, el estrés y el ansia por dormir inmediatamente, cuando lo ideal es preparar el sueño y desconectar mentalmente de forma paulatina.
El aburrimiento y el paso del tiempo sin hacer nada ayudan mucho a esta desconexión y por eso ver la televisión o darse un baño ayudan a caer en brazos de Morfeo.
Los españoles y los italianos son los europeos que en mayor porcentaje se aplican cremas antes de ir dormir, momento en el que el cerebro segrega la hormona que repara los tejidos de la piel.
Esta hormona es la de crecimiento en los niños y cuanto más duermen, más crecen física y mentalmente, puesto que en ese momento es cuando se generan las conexiones neuronales que determinan el coeficiente intelectual, según el especialista.
Españoles y alemanes son los que más siestas se echan, una actividad beneficiosa para el doctor, siempre que no pase de quince o veinte minutos y se entre en un sueño profundo.
Se ha probado científicamente que el cerebro necesita un pequeño descanso ocho horas después de que el ser humano se despierte y, por esa razón, el hombre se vio obligado a inventar los estimulantes, según Estivill.
El médico también ha explicado que las personas que trabajan por turnos nocturnos tienen un cuarenta por ciento más de posibilidades de sufrir ansiedad, depresión o trastornos gastrointestinales.
El estudio también recoge que los españoles no suelen dormir del tirón, son los europeos menos sonámbulos y los que menos hablan en voz alta por las noches.
El pediatra ha calificado de benigno el sonambulismo y ha asegurado que no cabe interpretación alguna sobre lo que se dice mientras se duerme, puesto que el cerebro recupera sonidos de entre todos los que ha escuchado durante el día.
El material o dureza del colchón, ha añadido, no es tan importante como se cree, siempre y cuando la persona se encuentre cómoda en la cama.

mércores, 12 de novembro de 2008

A xefa está de cumple



Hoxe miña querida nai está de cumpleanos, 52 aniños. Pola miña parte de regalo caeulle unha Mini Hi-Fi de última xeración para que escoite os CDs que tanto lle gustan, sobretodo de Olympus e Panorama (para gustos cores...).
Quérolle adicar esta curioso video que atopei polo youtube e que me fixo moita gracia.

FELICIDADES MAMÁ, E QUE CUMPLAS MOITOS MÁIS.

Remember


Barbie Girl


My Oh My


Dr. Jones


Lollipop


Bumble Bees


Cartoon Heroes


Roses Are Red


Turn Back Time


Around The World

Hoxe quero rescatar do recordo máis ou menos recente a un grupo que marcou unha época coas súas divertidas cancións, trátase dos daneses AQUA.
Hai xa uns anos que non se oe nada de eles, teño entendido que Lene, a cantante que por certo pusuía unha doce voz comezou a súa carreira en solitario.
A canción da Barbie Girl foi todo un himno para millóns de adolescentes; estes daneses que parecían debuxos animados en vez de músicos alegraban moito o cotarro cos seus videos sempre desenfadados. Os clips que eiquí vos poño son as cancións máis destacadas dos dous primeiros discos que quitaron o mercado: Aqua e Cartoon Heroes. A min particularmente a canción que máis me gusta é Turn Back Time que é diferente o resto na velocidade da música e da letra tamén. Aínda así o My Oh My encántame.
Seguro que algunha das cancións que poño eiquí xa non as recordabamos ningún de nos, e de vez en cando non ven mal recordar.
Que tempos!!!

martes, 11 de novembro de 2008

As grandes series todas xuntas

Interior de Kitt, o Coche Fantástico
Carátula do Coche Fantástico


Carátula do Principe de Bel-Air

Emilio Aragón, un dos promotores de "El Club de la Comedia"
Esta mañá informoume o meu amigo Hassan (de Marruecos) que existía unha páxina que me ía a gustar e non se enganou nadiña. A web en cuestión é www.peliculasyonkis.com ou ben www.seriesyonkis.com que pertencen a web de ocio www.yonkis.com
Pois ben na páxina en cuestión pódense ver en tempo real ou ben descargar para ter no recordo un número moi importante de series ou películas que marcaron unha época e que queredes volver a recordar.
Seguro que calqueira serie que busquedes está ahí, dende o capítulo 1 ata o derradeiro. E seguro que o visionalos traeravos infinidade de recordos de hai uns anos.
Eu voume poñer as botas recordando series coma o Príncipe de Bel-Air, O Coche Fantástico, o Equipo A, McGyver e a ver se me atrevo agora que xa non son un neno a ver "V" cando os lagartos comen os ratos..., ja ja ja.
Votadelle un vistazo, eu acabo de descubrila e penso que me vai a dar moito xogo.
Saudos

luns, 10 de novembro de 2008

Invocando a Supernova


"Sweet Dreams" LA BOUCHE


"Tell Me The Way" CAPELLA


"Mr. Vain" CULTURE BEAT


"Move It Up" CAPELLA


"Run Away" MC SAR & THE REAL McCOY

"The Rythm Of The Night" CORONA

Corre o rumor por Sobrado de que nun espazo de tempo máis ou menos curto a Discoteca Supernova, logo de 13 anos parada voltaría a ter actividade os venres, eso sí logo da pertinente reforma.
Ogalla así sexa e estes rumores pasen a ser unha realidade que lle daría novos pulos a Sobrado e a toda a zona. Unha zona que non ten un referente para a marcha nocturna dos venres téndose que desplazar a Coruña ou Santiago con todo o que elo supón: coller o coche, ter cuidado co alcohol, as consumicións máis caras, etc, etc, etc.
Coma homenaxe a esta xa histórica Sala de Festas-Discoteca que foi bautizada co nome de Orbita 4, logo chamouse Vértice para ter como derradeiro nome comercial Supernova deixovos unhas cantas cancións da última época da discoteca que soaban con moita forza.

Saudos discotequeiros.

Oviedo agárdanos

Teatro Campoamor
Sidrería Tierra Astur


Bonita foto de Oviedo Nocturno


A Rúa da Gascona (a das Sidrerías)


Catedral de Oviedo





Estatua de Woody Allen




O Real Oviedo 1991/1992 que xogou a Copa da UEFA
A vindeira fin de semana temos excursión e das guapas. Como lle prometimos a Carolina hai uns meses o venres arrancamos dirección "Asturies" para facerlle unha visitiña todo o fin de semana, co fin de dar o noso apoio para os poucos meses que lle quedan para acabar o M.I.R. (e de paso pegarnos unhas festas colosais), je je je.
A cousa promete, voltaremos a Sidrería Tierra Astur do Polígono Industrial de Colloto que tan bos recordos nos trae da despedida de Pirulo; e Carol xa me confirmou que tiña reservado un deses inmensos barrís nos que se cea "inside" para o sábado noite (a frase "ábrele al grifo" dame a min que se repetirá infinitas veces). A ver se non nos pasa coma da outra vez e non damos atopado a saida..., verdade Finito?
Creo que a sidra volverá a levar un bo repaso, xa só de pensalo medo me da..., ademáis os personaxes que participamos do evento seguro que poñeremos o listón moi alto.
Aviso xa os compañeiros cos que tan agradablemente comparto xornadas gastronómicas entre semana que traerei sidra ademáis de un preparado para facer "fabes" como Deus manda. Así xa temos outra excusa máis para montar outra das nosas. A ver se non deriva nunha partida de cartas de estas que acostumamos a xogar últimamente...
Polo tanto e facendo un pequeno resumo: venres festa de recibimento, sábado, polo tarde de momento está en interrogante e pola noite cena que pode ser a bomba e logo festa para conmemorar que o día seguinte non se traballa..., e por último domingo volta as Galias agardemos que coa satisfacción do deber cumplido: deixar o pavillón de Sobrado ben alto para que logo os veciños asturianos non digan...
Saudos








venres, 7 de novembro de 2008

Máquina Total

Por fin teño a "caixa de cerillas". Dende hoxe e xentileza de Groupama disporei dun Citroën C2 ata que me arranxen o meu querido Xsara. Debo confesar que me sorprendeu o coche pola maravillosa e suave conducción que posue, ademáis ven bastante ben equipado. Para aparcar é una maravilla (case ocupa tan pouco coma un sen carnet) e por riba xa teño unha persoa na casa que se namorou do dichoso coche (miña nai) que di que lle gustaría un así pequeniño para ela.

Pois eso, que xa teño transporte (que non maletero) que me carrexe de un lugar a outro. Algo que estos días votei en falta porque o Ibiza de meu pai non é o que se di un prodixio da tecnoloxía aínda que sí do ximnasio (vaia brazo estiven facendo estos días co dichoso volante...).

E sí, debo admitilo..., GÚSTAME CONDUCIR.

P.D.: ESTA NOITE TODO O MUNDO Ó MAGOSTO QUE ORGANIZA A COMISIÓN DE FESTAS SOBRADO 2009. A VELADA ESTARÁ ANIMADA POR UN DÚO, É DICIR, FESTA RACHADA ATA MOI TARDE...


xoves, 6 de novembro de 2008

Eternas

No día de hoxe quérolle rendir tributo as zapatillas J´Hayber. Sí, estades lendo e vendo ben. As míticas e eternas zapatillas que marcaron a toda unha xeración entre os cales me incluo. As J´Hayber tiveron un éxito inusitado tanto en nenos,coma mozos, mozas, rockeiros, país, avos. Todo o mundo tiña unhas..., sen dúbida que no seu momento foi un boom.
Había moita xente que as utilizaba para facer deporte: cantas "pachangas" teremos votado os meus amigos e eu coas dichosas J´Hayber...?
Acórdome as primeiras que sairon eran brancas con liñas nos laterais azuis. Esta foto que estades a ver é do seguinte modelo que saiu: as New Olimpo, que eran completamente brancas. Este modelo foi o primeiro de esta marca que eu tiven. Acórdome que durante meses estívenlles raiando a cabezas os meus pais co tema: "papá, eu quero unhas J´Hayber", "mamá, cando vaiamos de compras hasme de comprar unhas J´Hayber?".Así día tras día, os meus proxenitores deberon quedar de min ata a cabeza ata que por fin o dulce día chegou... e foi unha noite onde me dixo miña nai: "mañá pola tarde teño cita no dentista en Teixeiro, se queres ves comigo e se na zapatería teñen as J´Hayber cómprochas....", os meus ollos supoño que se puñeron coma pratos, acababa de recibir unha alegría tan grande coma cando me comprou os Levi´s 501 etiqueta vermella cos que tanto a chapa lle din. Creo que esa noite costoume conciliar o sono.
O día seguinte na zapatería levei unha pequena desilusión porque o modelo que eu quería (o das bandas azuis) estaba agotado e merquei os que eran completamente brancos. Aínda así cheguei todo orgulloso a casa e aínda non entrara pola porta xa estaba quitando as J´Hayber da caixa para amosarllas a meus avós e o meu pai.
A verdade é que a compra foi boa porque sairon "eternas" (palabras textuais de miña nai) a pesares de que eu non paraba de xogar o fútbol sala con elas. Non había outro calzado para min mellor que as J´Hayber. Logo de unha tempada na que miña nai viu o gran rendemento que daban (aguantaban por 3 pares de outras zapatillas) mercoume outras de cor negro, e máis adiante unhas de cor verde. Pero o agarimo e a ilusión coa que recibín aquel primeiro par "New Olimpo" brancas quedará sempre na miña memoria. Penso que os últimos pares de J´Hayber aínda deben estar por algún lugar da miña casa onde se gardan as cousas que quedaron obsoletas pero que non se tirou con elas. Estou seguro que miña nai (que é un ordenador andante) sabe de sobra onde están.
As J´Hayber marcaron unha época e a toda unha xeración. Os que sodes máis novos e nunca tivestes unha seguro que oistes falar de elas...

Saudos nostálxicos

mércores, 5 de novembro de 2008

Palabras Ambigüas

A raiz dun comentario anterior que deixou Sara sobre os diferentes usos do "carallo" (quero dicir da palabra en sí) véuseme a cabeza a infinidade de significados que ten a palabra "melón" ademáis de froita comestible.

Vexamos alguns exemplos:

Es un melón: Es un tonto.

Esa tía ten uns bos melóns: Esa tía ten uns bos peitos.

Aparta o teu melón da ahí que non vexo a televisión: Aparta a túa cabeza de ahí que non vexo a televisión.

Diarra mandoulle un melón a Van Nistelrooy: Diarra mandoulle un mal centro a Van Nistelrooy.

Que tal estás melón?: que tal estás rapaz?

Non val un melón: non val un "peso" (agora céntimo).


Non sei se coñecedes algunha frase máis na que se poida poñer a palabra "melón", de ser así poñedela eiquí se vos parece.

Saudos

martes, 4 de novembro de 2008

Chiste da semana

Adicado a todos os meus amigos e amigas de Euskadi que len este blog hoxe quero poñer eiquí con todo o cariño do mundo para eles un chiste de vascos que escoitei hoxe na televisión que me fixo especial gracia.

2 VASCOS

Vasco 1: Oye Iñaki, tu sabes quién es Dios?

Vasco 2: ahí va la hostia, Joseba, no lo voy a saber...

Vasco 1: ah sí? lo sabes? y quién es Dios pues?

Vasco 2: joder, quién va a ser? EL DE "MECAGOEN"!

luns, 3 de novembro de 2008

Rematou o Sobrado On Tour 2008

Chegou o mes de novembro (mes no que soen descansar case todas as orquestras logo da tempada alta) e con él o final do Sobrado On Tour 2008.
Foron 4 meses de moitas festas, chegamos a infinidade de lugares, tan só houbo unha provincia galega (Ourense) que non pisamos en ningunha ocasión. Incluso houbo festas as que fumos e non contabilizamos.
O verán 2008 tróuxonos moitas sorpresas agradables no que a orquestras se refire. É incrible ver como a grande maioría das formacións incrementan a súa infraestructura de ano para ano. Por un lado entendo que suban os prezos debido o grande desembolso que fan ano sí e ano tamén (na súa meirande parte) pero por outro non pois hai moitos pobos pequenos ós que as cifras que están a acadar as orquestras son altamente prohibitivos polo que existen comisións que teñen que renunciar as formacións soñadas.

Este é o meu análise persoal das diferentes formacións que vin:

Mellor orquestra: PANORAMA, este ano raiou moi por riba do resto, xa non só polos seus dous espectáculos do 20 aniversario senón pola posta en escea en xeral. O esceario reformado é realmente bonito e ten moita máis luz, ademáis voltou Diana, unha gran artista con unha excelente voz. O número de Disney é sinxelamente colosal e a canción de Whitney Houston que interpreta Irene e na que Andre fai un número de "performance" excepcional e o alcance de moi poucos colman o 1º posto de unha orquestra que non para de medrar a todos os niveis.
Peor orquestra: S.L. AMÉRICA, playback sen tapuxos de auténtico escándalo, ruido (que non son) estrondoso. Con tan so un guitarra, un teclado e unha batería non pode soar un violín e un saxo. Uns vocalistas masculinos que non din moito e por riba de todo unha "bailarina" nunha tarima que a verdade é que non sei que pinta alí subida.
Orquestra revelación: LEDICIA, un orquestrón, moi bo son, números variados, cantantes moi completos en diversos rexistros e un peche con cancións sorprendentes. Dará que falar para a vindeira tempada.
Orquestra decepción: LOS SATÉLITES, poucos cambios con respecto a ano anterior no que a números musicais se refire, teñen bo son pero débense reciclar para gustar a un número máis amplo de público. O nome é histórico e teñen que remontar o voo.

Outras orquestras:

PARIS DE NOIA: melloraron con respecto ó ano anterior, aínda así dista moito de aquela orquestra que chegou a ser a mellor de Galicia. Blas segue sendo a estrela indiscutible.Este ano farán 7 cambios na súa formación. Seguro que a mellora será sustancial.

OLYMPUS: é unha gran orquestra pero que abusa demasiado do "rollo", Peke é un bo artista pero repite moito as gracias e a xente xa se comezou a cansar sempre do mesmo. Musicalmente son espectaculares. Teñen a Danni que é de outra galaxia. Este ano sobrou o "Quiero ser como Peke" canción que foi branco de miles de burlas.

PHILADELPHIA: moi bo son, aínda están a acusar a marcha hai dous anos de Peke e Danni, seguro que será unha das orquestras revelación do 2009 pois mimbres para iso ten. O esceario é moi elegante. Cristian Maya (a voz principal) é un pedazo de artista que dará moito que falar.

MARBELLA: relación calidade-prezo do mellorciño que hai en Galicia. Bo son, as dúas vocalistas femininas posuen unha gran voz. Divirte a xente e os metais dan moito xogo.

AMÉRICA: musicalmente falando unha das mellores formacións que hai en Galicia. Tocan as cancións de sempre pero facer unha canción a capela dos Bee Gees, temas de Queen ou de Tino Casal están o alcance duns poucos elexidos. A canción de "Do Hast" de Rammstein interprétana coma ninguén. 6 artistas de pes a cabeza.

GRAN PARADA: orquestra que fai bailar o máis pintado. O seu vocalista Miguel ten unha gran voz. Quizáis se lle puidese pedir un chisquiño no segundo pase pois resulta algo relaxado. De todos os xeitos esto súpleno con un gran 1º pase.

FANIA BLANCO SHOW: decir Fania Blanco Show é decir metais, merengue e baile sen parar. Unha formación que fai moita festa. Se tivese un pouco máis de calidade na voz sería unha das mellores de Galicia con diferencia. Aínda así a posta en escea é moi boa con unha coreógrafa-bailarina "Giorgina Sarín" espectacular.

VERSALLES: non é mala orquestra pero parece que este ano se estancou on chisquiño. Aínda non sei por que motivos. Nos 2 últimos anos estaba puxando con forza. Confiemos en que para a vindeira tempada volva a ir cara arriba.

CHARLESTÓN BIG BAND: tivo dúas caras neste verán, comezou moi baixa, soaba bastante confuso nun principio pero conforme foron pasando as datas a orquestra recompuxose e acabou dignamente a tempada con un ben tirando a notable.

JERUSALÉN: boa orquestra na que Neshka é o seu principal activo. Soan ben pero sóbralle o "rollo" que ten o seu vocalista principal ademáis do número do "torero". Polo demáis todo en orde.

TRÉBOL: mellor que o ano pasado, máis animados, involucrándose máis na festa e co público e os seus vocalistas moito máis metidos no papel de "directores" do evento. Outra agradable sorpresa que ogalla volte a reverdecer vellos laureles.

CICLÓN: xa o di o nome, un Ciclón. Coa incorporación de Iván Gámez gañan no que a música "bailable" se refire. No que o segundo pase concerne tan so se me ocurre un adxetivo :"BESTIAL", moita potencia, cancións moi boas, a xuventude enfervorecida..., eso sí, na segunda rolda os veteranos para a cama que xa é tarde...

TEKILA: grupo moi completo e comedido. No 1º pase fai bailar a xente e no segundo meten caña coma o bo grupo que son. Boas cancións finais.

ARMONÍA SHOW: os reis do "bailoteo" eso sí a min chégame moito velos o primeiro pase porque logo xa me cansan. É unha pedazo de orquestra pero non valen para pechar a festa. O esceario de este ano quizais era un pouco pequeno e parecían sardiñas en lata alí metidos.

XENTE NOVA: orquestra humilde en infraestructura pero grande no espectáculo. Fan bailar a xente e un bo vermouth. Unha formación que vale para levar a calqueira grande festa.

CIBELES: orquestra "comodín" deste ano 2008. Aparecia nun lote de festas para "rellenar" o cartel. Bastante floxeiros.

COSTA OESTE: orquestra moi boa. Javier Comesaña a pesares de non ter a voz de antaño segue sendo un puntal. Incorporaron a Sonia "ex-Panorama" e a orquestra segue medrando. Moi bo son e moi boa elección musical.

Este é o meu análise das orquestras máis reseñables galegas (creo que non me queda ningunha das importantes no tinteiro pero repasarei). Agardo os vosos pareceres a ver se difiren moito dos meus.

SAUDOS

sábado, 1 de novembro de 2008

O 41 % dos lectores son moi celosos


Rematou a enquisa do mes de outubro de O Blog de Víctor Lato. Este mes o tema eran os celos e preguntábase se os lectores se consideraban celosos.
Os datos finais foron os seguintes: para un total de 31 votos o 41% dos lectores declárase "moi celoso". Unha cuarta parte das votacións, o 25% foron para o opción "un pouco celoso". En terceiro lugar con un 19% quedou a opción "moi pouco celoso". E por último os votos dos que se declaran "nada celosos" acada a última praza con un 12%.
Grazas a tod@s unha vez máis por votar.
Xa está en activo a enquisa do mes de novembro. Con unha pregunta que está a xerar polémica nestes últimos tempos nos medios informativos.
Saudos