martes, 16 de setembro de 2008

A coller forzas para Os Dolores

Mañan pola mañá, mellor dito dentro de unhas horas Noe e eu marchamos a veciña Asturias, concretamente a Cudillero para descansar e coller forzas para os Dolores. Se Deus quere o mércores a noite estaremos de regreso.
Previsiblemente faremos unha parada obrigada na Praia das Catedrais de Ribadeo (as 11:45h parece ser que mañá é o momento do día onde a marea está máis baixa) e non queremos perder o momento para visitar o fermoso areal.
Logo proseguiremos coa nosa ruta ata chegar a Cudillero, as previsións do tempo son boas polo que hai moitas opcións de que toque praia (a ver se a neboa cantábrica non nolo impide), pasaremos alí todo o día de mañá e parte do mércores.
O xoves xa son as vésperas dos Dolores e con eles comeza a "dureza", voltarán moitos amigos de lonxe, as risas, e a festa, unha tremenda festa a que está preparada para este ano que seguro que coma anos anteriores estará a rebentar de xente. Son os día máis felices do ano para min, e xa os estou saboreando.

VIVAN OS DOLORES 2008

11 comentarios:

Anónimo dixo...

quen te verá mi madriña querida!!! iso de non ter que pensar no shock postraumatico de ter que traballar o luns dos dolores........
como diría o noso "policia" máis coñecido....
¡qué suerte tes!!!!
en fin...q sepas q en outubro esperote q o despacho do lado esta moi solitario e cheo de papeles!!!!jajajajaja

Anónimo dixo...

A ver se nos contas o cartel que tedes, oh. Que nada máis sei que vai a olympus con nova palma o venres, pero non sei nada máis...

Anónimo dixo...

Que o pasedes moi ben nas festas!!

Sara

Anónimo dixo...

E eu pensando que ivas a Sevilla a ver a Madonna... e ti tiras pa Asturias!! Bueno, eu tamén preferiría ir a Asturias que a ver a Madonna, que Asturias é ben bonito. Merece a pena, e iso que coñezo pouco deses lares. En Cudillero nunca estiven, pero Luarca, Navia, Tapia de Casariego... é precioso!! Luarca encantoume. Algún día teño que volver. Pasádeo moi ben.

Saudiños

Anónimo dixo...

hola!
podes poñer o cartel das festas dos dolores deste ano?

e algun cartel de algunha festa cerca de sobrado das proximas fins de semana?

agradecereicho!

Unknown dixo...

je je je, Nishita, eu agora estou no despacho de abaixo, transladeime dende hai uns meses. Shock postraumático vouno ter igual cando vexa a algúns compañeiros entrar no traballo e eu aínda de celebración... váiseme facer raro, je je je.

Vero: o cartel xa está posto, Nova Palma trouxémola nós o ano pasado no San Pedro, estás a falar de Foliada supoño, jeje. Da igual, ben te entendín.

Sara: Grazas, se Deus quere así ha de ser, para min son os días máis felices do ano, nótase no ambiente.

Vero: eu en Cudillero xa estivera pero aseguroche que ben merece unha visita (ou duas se son pequenas), se Luarca che gustou Cudillero vaiche encantar, é un pobo moi fermoso.

Anónimo: xa puxen o cartel dos Dolores e polo que respecta a festas próximas a Sobrado en canto me entere non dudo en poñelo eiquí. Que eu saiba, O San Miguel de Présaras celebrase o último finde de setembro. A semana seguinte son as festas en Trasanquelos e a que procede en Cesuras. Cando sepa os carteis enteiros informarei debidamente.

Saudos e grazas por estar ahí.

Anónimo dixo...

É certo, era a Foliada, o que pasa é que teño a folla das datas de Olympus aquí e mirei no día que non era jajaja, enganeime.

O cartel de Trasanquelos seino eu!!

venres 3: churrascada e verbena con OLYMPUS e MARBELLA.

sábado 4: grupo TEKILA e PHILADELPHIA.

domingo 5: sesión vermú (máis longa do normal) e fin de festa co grupo FABIÁN & FABIÁN.


En Cesuras sei que algún día está a Panorama, creo. Pero non sei nada máis porque ó pasar no coche non me deu tempo a ler o cartel todo jajaja.

Ahí queda. A Transanquelos non podedes faltar eh!!

Unknown dixo...

Joder, a Fabián & Fabián non mo perdo por nada do mundo!!!! je je je, é broma, pero o día de MARBELLA + OLYMPUS ten moitas posibilidades que acabemos ahí.

Saudos

Anónimo dixo...

Oye, ti ríete se queres, pero Fabián & Fabián xa é o terceiro ano que veñen e ahora xa son 4, que unha veciña miña canta con eles tamén (Cristina). Fai dous anos estiveron o sábado á noite con Panorama e xúroche que animaban a festa tanto ou máis que a orquestaza que tiñan ao lado, en serio. Á xente nova encantoulle o grupo (teñen un chico cantando moi simpático), subían cantar con eles e a xente máis maior bailaba toda! E coa Panorama non bailaban tanto...

Se te encontro o ese día en Trasanquelos e te identifico se cadra saúdote (se non me da vergonza jajaja).

Saudos verbeneiros!

Anónimo dixo...

hola Vitiño!!!
eu tamen queria estar ahi, bailando,falando... bueno vale e tomando unhas copiñas!!!
supoño q onte xa empezarias pero xa estas avisado q ainda q son os dolores gardes algo para o finde siguiente,un besiño ainda q stou un pouco enfadada por ir a Cudillero e non tomar unhas sidras conmigo.
besossssssssss!!!
e pon fotos eh!!!!!!!!!
carol

Unknown dixo...

Vero: non coñecía a Fabián & Fabián pero a partires de agora intentarei saber máis sobre eles.

Carol: como nos la jugaste, eh!!!! al final apareces sin avisar, je je , me alegré un montón que pudieses venir a compartir con nosotros la pasión por las procesiones..., je je je. Por cierto, lo de Cudillero es entendible, te hay que dejar estudiar y si vamos a Oviedo igual nos hacen un monumento en La Gascona. De todos modos, hemos prometido visita y así será Dios mediante, ja ja ja.
Que se preparen en Colloto que llega el desembarco sobradés!!!!