mércores, 20 de agosto de 2008

Noite inmensa

Este é o elenco de "artistas" que onte compartimos mesa e mantel en Melide (finalmente a Casa O Castiñeiro de Vilasantar estaba pechada polo que trasladamos a cea o Bodegón Celta de Melide. Logo da cea, disfrutamos das festas do San Roque pola zona dos viños e os pubs.

De esquerda a dereita:

1. Abad (O Forma)
2. O Muxico (o artista anteriormente coñecido coma Pablo do Cotarón)
3. Pazitos (Polo do Atlético Sobrado como ten que ser)
4. Lato (de pé)
5. Esteban (El Negro no Puede...)
6. Tato (Indultado)
7. Schumacher (pitusbasauri.blogspot.com)
8. Nando (El Fugitivo)
9. Pedino (O inxenio en persoa)
10. Pirulo (Bacardi Limón men)
11. Alvaro (Ti vas ben cabron...!)
12. Pichi (Mañá traballo!)

Aclarar que a esta cea sumouse un pouco máis tarde Borja pero non chegou a tempo para quitar a foto. Tamén dicir que a última hora tivemos unha baixa/descarte moi importante do catalán do grupo: Juanillo por motivos descoñecidos..., je je je.

Logo da cea, fumos polas barracas a ver se houbera algo que nos chamase a atención para facer "a torda" pero a verdade é que nas barracas de este ano do San Roque hai pouca orixinalidade polo que decidimos ir a zona dos viños melidenses. Pouca xente a verdade, rolda no Godiva, rolda no Cire e para os pubs pasando pola festa no momento en que estaba a actuar Ledicia (non lle fixemos moito caso). Roldas no Kemais (invitación xentileza de Mary), roldas en La Base (invitación xentileza de Ramón Torreiro), rolda no Clap, volta para o Kemais con varias roldas (outra vez invitación de Mary), bailoteo na barra do Kemais (un espectáculo que penso que Pazitos debe ter documentación abondo porque se arrimou a parede e comezou a grabar co móvil, quizais tiña medo que o fixésemos subir a barra..., je je je), rolda na Palladium, hamburguesa no JL e para a casa.

No medio de todo isto, moitas anécdotas e moitas risas. Rapaces, sodes uns cracks!!! je je je.

Para o ano máis e mellor.

SOBRADO ON TOUR 2008: hoxe mércores 20 estamos en Melide coa super festaza Paris vs Panorama que seguro que non defraudará.

QUERO FELICITAR DENDE EIQUÍ A MIÑA MOZA NOE QUE HOXE ESTÁ DE CUMPRE -26- (QUEN OS PILLARA), QUE DISFRUTES DO DÍA E VEXOTE NUN PAR DE HORAS. BICOS.

7 comentarios:

Anónimo dixo...

Por que tería medo Pazitos a que o fixerades subir á barra??? jejeje Xa non era a primeira vez ou que?

Parabéns para a túa moza!

Anónimo dixo...

Por certo, despois do regalazo que che fixo ela a ti coa Wii corresponderaslle cun bo regalo non? (Xesús bendito, xa parezo unha reporteira do tomate!). Era un comentario sen malicia,non é necesario que nos deas demasiados detalles do "regalo"... jeje

Anónimo dixo...

Parabens para tua moza!! 26 aniños, onde van xa.....!!!!

Saudos, Sara

Anónimo dixo...

Por certo onte que tal as Orquetas?
Eu xa vin duas veces a Paris e teño que dicir que este año xa gustoume moitísimo mais, e da Panorama non podo decir o mesmo.

Sara

Anónimo dixo...

Lato: cando pos as fotos da festa da troita????? ehh

Anónimo dixo...

Lato, donde toca bailar hoxe home, que ti sen festa non eres o mesmo.
Descansa algo que non todo vai ser festa jejeje.

Unknown dixo...

Vero: a última vez que o vin subido a unha barra foi na voda de seu irmán aló polo mes de outubro. Nos o medo que tiñamos era que fixera un dos seus "archicoñecidos" streaptease "visto, no visto", afortunadamente non foi así..., je je je.
Regalos houbo varios, ja ja ja.

Sara: a opinión xeral da xente que o mércores estivemos en Melide (milleiros de persoas) é que a Panorama doulle un soberbio repaso a París: mellor son, mellor posta en escea, mellores voces (Ruth segue a ser o sustento da París este ano) e máis animación. Na miña humilde opinión nunca vin tan distanciadas unha da outra coma este ano. A Panorama parece estar un escalón por riba do resto.

Anónimo: non teño fotos propias da Feira da Troita debido o fatal erro de olvidarme a cámara na casa (durmir poucas horas é o que ten...) pero a ver se algún/a compañeiro/a ten fotos e mas pasa. Gustosamente as poñerei.

Anónimo2: onte voltou a tocar bailar en Melide (no San Roque soe ser o máis habitual, je je je.
Por certo, impresionante a voz de Iván Ferreiro aínda que o concerto pareceume un pouco parado demáis. De todos xeitos é un pedazo de músico.
Descansarei a partires do 1 de setembro que collo todo o mes de vacacións (achégase o bo, je je je)

Saudos e grazas por comentar.