luns, 18 de agosto de 2008

A música en directo segue en Sobrado


O sábado 30 de agosto os amantes da música en directo temos unha cita importante de novo en Sobrado dos Monxes.
Concretamente será na Praza da Vila onde a partires das 22:00 horas e dentro do programa Vai de Camiño que organiza o Xacobeo os destacados grupos folk galegos Leilía e Quempallou deleitaranos con un concerto que seguro que será do gusto de todos os asistentes.
Dous destacados grupos galegos neste estilo que collerán a vez de Dani López que foi o artista que nos visitou no ano 2007 baixo este programa do Xacobeo.
Polo tanto xa o sabedes, se queredes oir música de calidade, en directo e en galego non o dubidedes, vide a Sobrado o 30 de agosto a partires das 22:00 horas.
Saudos

2 comentarios:

Anónimo dixo...

cómo mola para los que este año no hemos tenido aún la suerte de ir a sobrado....poder leer tu blog, esta de pm !!!!!!!!!
Un saludo
Sonia.

Unknown dixo...

Muchas gracias Soni. Espero veros pronto por aquí a ti, a Unai (Aranzubía), a tus hermanos y primos, etc, etc, etc.
Ya sabes que en los Dolores no podeis fallar que a los que no están les ponemos "Falta Grave".

Saludos para esas tierras y a esa buena gente.