luns, 25 de agosto de 2008

Este tío é unha bala!

Remataron os Xogos Olímpicos de Pekín 2008. España acadou 18 metais, puido haber máis pero non puido ser. De todos os xeitos, non está mal, quedou claro que en deportes acuáticos e ciclismo España é unha potencia o igual que en tenis co todopoderoso Rafa Nadal.
Houbo varios nomes propios nestes xogos que acaban de rematar sen dúbida un dos máis destacados foi o nadador Michael Phelps capaz de superar a hazaña de Mark Spitz e acadar 8 ouros, algo insólito na historia dos xogos pero a modo particular, se teño que seleccionar a "estrela" de Pekín, non me cabe a maior das dúbidas, elexiría sen dubidar un segundo o xamaicano Usain Bolt. Este atleta foi quen de bater 3 records do mundo nas tres modalidades que disputou en 100 e 200 metros e relevos 4x400 metros. Cunha superioridade aplastante (en 100 metros eu diría que estratosférica) tumbou a todos os seus rivais amosando que o día que o propoña vai voltar a bater o record do mundo dos 100 metros (de feito na final logrou o record do mundo ó trote e dando coa man no peito en plan "aquí estou eu"). Estamos fronte un dos atletas máis importantes de todos os tempos e sen dúbida que nos debemos congratular de compartir este tempo con él, dentro de uns anos diremos "eu vin correr en directo a Usain Bolt". Nos 200 metros puxo fin a marca de Michael Johnson (case nada) que databa de Atlanta 96, marcando un tempo de 19,30 segundos. IMPRESIONANTE.
E que dicir dos relevos, pois que era moi previsible pois os atletas xamaicanos parece que compiten a outro nivel, case marciano.

Encántanme as suas celebracións e o espectáculo que monta o seu redor,para nada me parece prepotente pois a este "tío" ninguén lle regalou nada. Rexeitou nacionalizarse americano para competir co país das barras e as estrelas e decidiu seguir vivindo no seu Kingston natal onde di que é feliz. Alegrome moito que Usain non se deixase convencer polo carto fácil e agora é xa un icono nacional e mundial.
Non debemos perder de vista a este home que seguro que lle dará moitas xornadas de gloria o atletismo.

GRANDE USAIN

1 comentario:

Anónimo dixo...

Este será unha bala, pero a Phelps xa lle apodaban antes dos xogos "a bala de Baltimore". Quizáis este atleta xamaicano sorprendera máis que Phelps nos xogos polo feito de que os seus records quizáis non fosen tan esperados como os 8 ouros do outro. Se Phelps non conseguía os 8 ouros, el mesmo dixo que sería un fracaso. O do nadador era de esperar. Se cadra as azañas deste non tanto, e por iso asombran máis.

De todos modos, o que fixeron, tanto un como o outro, foi impresionante. Parabéns para o dous. E para todos os que conseguiron as súas metas, xa sexa con medalla ou sen ela.

Saudos olímpicos.