xoves, 7 de agosto de 2008

¿Cómo se pode durmir así?


Esta instantánea do meu gato "Pardo" foi captada hai un par de días en plena sesta e aínda que pareza mentira non está morto, nin comeu veleno nin nada polo estilo o que pasa é que é un gato moi singular. Non deixa en paz as miñas pobres cadelas, é un pesado, e non para de intentar xogar con elas e comerlles a comida para picalas.
Pero é que cando se pon a durmir é de coña, fixadevos nas patas dianteiras (cruzadas) pero aínda é máis estrambólico a forma que ten de poñer as patas de atrás, todo retorcido (non sei como non esnaquiza a espalda) e apoiado contra un portal metálico.
En canto o vin, non me resistín a quitarlle un retrato porque unha posición de contorsionismo coma esta non se ve todos os días e a ocasión ben merece unha foto.
Saudos felinos.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Unha posición así non se ve todos os días e moito menos durmindo! Se aínda estivese entrenando para as olimpíadas... será ximnasta e ti non o sabes?

Anónimo dixo...

jejejeje...que gatiño mais lindo tes!! Eu tamen tiven duas gatas e unha tamen tiña una maneira de durmir, que era a coña!

Sara