martes, 19 de agosto de 2008

Cea conmemorativa

Hoxe 19 de agosto temos cea. Trátase de unha cea que soemos facer todos os veráns e na que formamos parte todo homes, aproveitando eiquí a estancia vacacional de Tato ou Schumacher entre outros. O ano pasado non puido ter lugar a celebración pois non coincidiron nas datas algunha da xente da pandilla pero este ano e visto que Emilio Tato xa marcha cara a Viladecans o venres decidimos facela hoxe coincidindo coas festas do San Roque en Melide.
O plan é o seguinte, a partires das 22:00 horas cea na Casa de Turismo Rural O Castiñeiro de Vilasantar para despois desplazarse ata Melide a disfrutar das festas do San Roque e visitar as barracas e algúns dos locais hostaleiros.
Dende o meu punto de vista, e como dicía onte Pedino, deberiamos establecer unha data fixa de ano para ano para que así todo o mundo puidese ir reservando ese día con antelación.
Algúns dos "comensais" que xa están/estamos confirmados son: Tato, Schumacher, Nando, Esteban, Alvaro, Pichi e Lato, hai aínda varias incógnitas por varios motivos pero seguro que farán o posible por estar presentes.

FOTO 1: Casa O Castiñeiro
FOTO 2: Solomillo (unha suxerencia para os que queiran algo de "carne" a noite.




Saudos e bon apetite

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Con tanto home seguro que algun a de querer comer "carne"....jejeje

Sempre tedes escusa pa salir de farra eh!

Pasedeo moi ben

Un saudiño

Sara

Anónimo dixo...

Tenche boa pinta o solomillo! O que comín eu na miña cea de graduación no Hotel Eurostars (o que antes era o Barceló, en Matogrande) estaría boísimo se non fose pola tallada de queixo de cabra que lle chantaron enriba!!! Para o meu gusto estropearon un solomillo de primeira. Agardo que a vós onte non vos fixeran o mesmo :)

Anónimo dixo...

Ah!! Esquecíame!!

Estes días estiveramos falando das festas de Curtis. Pois no libro de visitas da Olympus rumoréase que eles estarán en Curtis o día 27 (polo de agora teñen esa noite libre) e que a Panorama tamén ven (o 26). Aínda nada confirmado, pero... a ver se hai sorte e é certo :)

Unknown dixo...

Foi un fastidio porque o final non puidemos ir a O Castiñeiro e algúns nunca foran. Outra vez será...

Polo que dis Vero, non teñen mala pinta as festas de Curtis se o final se fan. Eu se está Panorama e Olympus xa me conformo (madia levo)

Saudos e grazas por comentar

Anónimo dixo...

Pois nada, ó final Peke confirmou na páxina de Olympus que non estarán actuando este ano en Curtis (pero sí en Teixeiro o mes que ven). A Panorama non sei se vai ou non, pero Olympus xa é seguro que non. Cache no demo!! Todo o meu gozo nun pozo...