martes, 5 de agosto de 2008

As Cruces vaise de festa


Eiquí tedes o cartel da festa do San Roque de AS CRUCES (Sobrado) 2008. A Comisión de festas capitaneada por Pirulo e José Luis anímavos a que disfrutedes de estas festas (alternativas) e que veñades degustar a sabrosa paella que ofrecerán o xoves 14 de agosto. Esta cea estará acompañada da música do Dúo Orquestral.
Para o venres 15 As Cruces contará coa actuación da Orquestra Bahía Blanca e do Dúo Satelite (formación que estivo este ano no San Pedro en Sobrado e deixou moi boa impresión. - Un dato anecdótico: o vocalista parécese a Miki o de "Enseñame a cantar"-.
Para o sábado 16 de agosto como fin de festa actuará a Orquestra Estrellas Azules e o dúo Capicornio (outro que xa estivo no San Pedro do ano pasado).

NOTA: A COMISIÓN DE FESTAS QUERE AGRADECER DE ANTEMÁN A TODA A XENTE QUE COLABOROU CON ESTAS FESTAS TANTO O LONGO DO ANO COMA CLIENTES DO "CHIRINGO" COMA OS QUE PARTICIPARON NOS DOUS CAMPIONATOS DE TUTE, MERCARON LOTERÍA, ETC, ETC, ETC.
E MOI ESPECIALMENTE A TODOS OS NEGOCIOS QUE APARECEN COMO COLABORADORES DE AS CRUCES 2008.

Ningún comentario: