venres, 11 de xullo de 2008

Visita as Illas Cíes

Este fin de semana Noe e eu pasarémolo nas Rías Baixas, concretamente entre Baiona, Cangas e Vigo. Alí aproveitaremos para visitar o Parque Natural das Illas Atlánticas coas súas maravillosas Illas Cíes. A ver se a climatoloxía o permite e podemos darnos un baño nas súas cristalinas augas e tamén poder disfrutar da súa fauna e a súa flora. Ademáis tamén visitaremos a fermosa Baiona e estaremos hospedados en Cangas do Morrazo pois foi completamente imposible encontrar hotel en Baiona pois para este sábado hai un 100% de ocupación (así da gusto).
Haberá que visitar Vigo e supoño que como non haberá que degustar unha boa mariscada no casco antiguo pois a ocasión ben o merece!
Cando volte poñerei fotos das illas, de Baiona, do ferri e de todo o que considere que merece a pena.

Pasadeo ben e sede bos!

O SOBRADO ON TOUR 2008 non para:

logo de asistir onte en Borraxeiros (A Golada) - Pontevedra a unha festa con Gran Parada e América S.L. (seguramente o peor grupo-orquestra que tanto os meus compañeiros coma min vimos nas nosas vidas con un playback patético, descarado, con un son (ruido) malísimo e e os dous vocalistas non se sabían as letras de moitas cancións) hoxe penso que voltará a haber "excursión" o mesmo lugar por parte de algúns dos meus compañeiros de Tour.

As seguintes citas e opcións para os vindeiros días son estas:

Sábado 12 supoño que por variar tocaralles Melide.

Domingo 13 dispoñemos de 3 opcións:

OPCIÓN A: A Silva (Cerceda) - A Coruña: PANORAMA + MARBELLA
OPCIÓN B: Beán (Ordes)- A Coruña: TANGO
OPCIÓN C: Santa Mariña (Guitiriz)- Lugo: ACORDES

* MUXICO, VAI ANALIZANDO AS PROPOSTAS

Luns 12 2 opcións:

OPCIÓN A: Quembre (Carral) - A Coruña: PANORAMA
OPCIÓN B: Vilaboa (Culleredo)- A Coruña: OLYMPUS

* HAI UN PROBLEMA, EN QUEMBRE ÁLVARO TERÍA QUE LEVAR MÁSCARA QUE SE NON DESPOIS XA O CONTROLAN.

Martes 13 2 opcións:

OPCIÓN A: Os Castros (A Coruña): PANORAMA
OPCIÓN B: Vilaboa (Culleredo)- A Coruña): MARBELLA

* COA OPCIÓN A PAZITOS XOGA NA CASA AÍNDA QUE ÉL MESMO ME CONFESOU HOXE TOMANDO O CAFÉ QUE NUNCA FORA AS FESTAS DOS CASTROS E NON SABÍA NIN ONDE ERA A FESTA. TEREMOS QUE IR NÓS PARA DECIRCHO PERSONAXE!


DISFRUTADES DAS ILLAS

Saudos

8 comentarios:

Anónimo dixo...

jajaja que boa!! Dis que ides a visitar as Cíes e desfrutar da súa fauna e da súa flora... en fin, Víctor, que xa todos sabemos que cando se vai de fin de semana coa parella non é precisamente para ver flores e animaliños... jijiji...pillabán! jejeje é broma.

Que o pasedes moi ben e desfrutedes desas maravillosas paraxes (e se vos queda tempo, da flora e da fauna tamén jeje)

Un bico.

Anónimo dixo...

O Muxico di:
Hola D.Lato.
Antes de nada dicirche que o pasedes ben por ahí abaixo, e a disfrutar das fermosas illas.
En relación a on tour,pareceme que para o domingo a opción da Panorama e marbella e boa anque algo lonxe(Cerceda),pero xa veremos.Para o luns habrá que ir a Vilaboa a ver a espectacular Olympus e así, o mestre non se tería que colocar a máscara.Indiscutiblemente, o martes non queda outra que averiguar con Pazitos onde se celebra a festa nos Castros, e deste xeito tamén ver á orquesta Panorama.
Creo que a ruta para os vindeiros días e bonita, anque sempre hai que estar abertos a calquer mellora ruteira.
Un saudo e coidado co marisco durante a fin de semana.

Anónimo dixo...

Si señor moi vo fin de semana, espero que o pasarades ben.

Eu ao final animeime e estiven en Corme na festa do percebe. Que ben o pasei, menuda festa que ai ali!!! Non sei se fuches alguna vez, pero merece moitisimo a pena.

A festa dos Castros! e moi facil. Si entras na Coruña pola Avenida del Pasaje (e a que pasa diante do Materno Infantil e residencia Juan Canalejo) pois pasas a residencia e un pouquiño mais adiante hay un tunel que pasa debaixo dos castros, (non sei se te das conta do tunel ese) pois en vez de meterte no tunel desviaste a dereita ai uns edificios moi altos, pois te vas a atopar con unha rotondiña pequena, ti seges de frente a poucos metros otra rotonda mais grande. Pois eso son os Castros, e a berbena estas no Mirador do Castros no Parque de San Diego. Espero que entenderas algo, jejejeje....

Que o pasedes ben!!!

Saudos

SAra

Unknown dixo...

Vero: a flora e a fauna encontrábanse ben. Eso si, as gaivotas un pouco pesadas (por variar) había uns portugueses na praia preto de nós que no momento en que decidiron quitar a comida para merendar fora mellor que se estiveran quedos e foran dar un paseo..., je je je.


Muxico: dado o éxito de onte en Santa Mariña e Guitiriz hoxe voume reservar e mañá xa veremos que pasa. Por certo, onte non era moi cedo para ir para a casa...? a Javi pareceulle curta, je je je. Quizáis se a festa fose en Muxía igual lle cundía máis.

Sara: grazas pola información. Igual me expresei mal, os Castros sabemos onde quedan xa hai uns aniños e o mirador tamén pero o "personaxe" de Pazitos a pesares de vivir alí, ser un festeiro nato e o ano pasado ir a mil e unha festas e ver a Panorama por media Galiza por incrible que pareza nunca estivo nas festas dos Castros nin sabe onde se poñen os escearios.
Non sei que lle pasa a Pazitos ultimamente que nos anda moi despistado: estarase namorando ou aínda está a pensar naquela noiva que tivo en na Habana aló polo mes de febreiro...?
O Muxico e Trukito saberán respostar a isto!

Saudos e grazas a tod@s por estar ahí.

Unknown dixo...

Sara: olvidabame contestarche, as únicas veces que estiven en Corme foi para xogar o fútbol sala e nunca estiven na festa do Percebe do Roncudo pero teño oido e leido moi boas referencias sobre ela.
Haberá que pasarse un ano distes a ver o que se coce por alí (nunca mellor dito).

Saudos

Anónimo dixo...

Pois polo visto, entre outras cousas, cócense uns persebes coma puños!!! Eu vinos pola tele e quen me dera estar alí pa probalos...ummm

Anónimo dixo...

Hola Lato, bos días!

jajajajajaja...a culpa e miña porque ti falabas en plan irónico e non me din conta....jejejejje

Claro, e que tan cedo a cabeciña non me rixe ben!!!

Pois xa o sabes tendo tan boas referencias non podes faltar o ano que ven.

Saudos

Sara

Unknown dixo...

Intentarase estar en todos os lugares posibles, ogalla tivera o don da ubicuidade e puidera estar en dous ou tres sitios a vez. Sería xenial, non creedes? je je je
Bromas aparte, haberá que ir anotando na axenda as posibles visitas do verán vindeiro. Miña nai querida macho, parezo a París e a Panorama con datas para o ano que ven, je je je.

Saudos