mércores, 2 de xullo de 2008

Seguintes datas do Sobrado On Tour 2008

O Sobrado On Tour 2008 apenas fai unha semana que acaba de arrincar pero nos seguintes días ten importantes citas.
Sen ir máis lonxe mañá 3 de xullo desplazarémonos ata Visantoña (Mesía) onde está preparada unha auténtica festaza: Orquestra MARBELLA e Orquestra PANORAMA, dúas orquestazas que puidemos disfrutar eiquí en Sobrado nos Dolores 2007.
Teño moitas gañas de ver a Orquestra Panorama (foto) e o seu espectáculo de este ano, seguro que non defraudará aínda que vai ser difícil que logre sorprendernos máis do que o conseguiu o verán pasado.
Para o vernes 4 de xullo existen moitas posibilidades que repitamos concello e tamén unha das orquestras pois en Cumbraos (Mesía) actuará a Orquestra MARBELLA (non sei se non se quedarán a vivir en Mesía) que nos deleitará coa súa gran música.
Sábado 5 de xullo seguramente (e por variar) tocará ir a Melide a ver os veciños e comarca e o domingo a saida aínda está no aire, dependendo das ofertas nocturnas valoraremos o lugar a elixir.
O Luns 7 de xullo pode ser que vaiamos ata Oza dos Ríos para ver en vivo e en directo a Orquestra París de Noia (no meu caso dependerá de como me encontre de forzas pois o martes traballo mañán e tarde).

Así polo tanto quedan avisad@s todos os/as "Toureiros e Toureiras" para os vindeiros días.

Saudos, Saude e Festa, moita Festa!

3 comentarios:

Anónimo dixo...

MOITAS GRAZAS POLA INFORMACION..VES NON SABIA DONDE HABIA FESTA PERO PASOME POR AQUI E SOBRA K FACER AHORA XA NON SEI A ONDE IR JAJAJ

UN BICO LATO

Unknown dixo...

Non hai de qué. Eiquí estamos para axudar e informar en todo o que poidamos (e saibamos), e seguro que datas e lugares de festas neste blog non han faltar! je je je.

Saudos e grazas por comentar.

Anónimo dixo...

Sábado 5 de xullo todos a Cumbraos: ARMONÍA SHOW!!!!!!