venres, 25 de xullo de 2008

Diegol



O R.C.Deportivo está moi próximo a volver a xogar en Europa a tempada que ven. Coma homenaxe eiquí tedes un excelente video do dianteiro con máis calidade que vestiu a casaca branquiazul: Don Diego Tristán Herrera. Benerado por uns (entre os que me incluo) e odiado por moitos, un xogador que non deixou indiferente a ninguén. Moitos deportivistas seguimos soñando con voltar a ter algún día un "Tristán" vestindo o 9 do noso clube.

Grande Diego

7 comentarios:

Anónimo dixo...

Ai que ilusión me fixo esta entrada!! Eu tamén me inclúo entre os seguidores acérrimos de Diego, aínda que fose a única na miña casa, xa que tanto meu pai coma miña nai eran do outro bando, pero eu sempre seguín nas miñas trece e sigo pensando o mesmo que ti escribes: que foi un dos mellores dianteiros que pasaron por Riazor e que vestiron a camiseta blanquiazul. Sen dúbida algunha.

Unknown dixo...

Diego foi, é e será un crack. Moitos o critican pero gustariame velos a eles se gañasen os cartos que Tristán gaña a ver que facían de noite: deitarse ás 10?

Saudos

Anónimo dixo...

Bueno eu debo dicir que agora mesmo non sei donde está, en Italia??? Dixéronme que quería deixar o fútbol para volver a Sevilla e que o seu fillo Diego medrase alí... a saber.

Unknown dixo...

Creo que rematou o seu contrato co Livorno en Italia e dicíase que había varios equipos de 2ª División española interesados na súa contratación. Tamén sonou o Nantes francés que acaba de ascender a Ligue 1 francesa e que ten a particularidade que é o equipo o que pertence o sueco Christian Whillhemsson, que seguramente para o ano formará parte de novo do noso querido Real Club Deportivo.

Saudos

Anónimo dixo...

Ah pero ó final o sueco quédase??? Eu o último que lera sobre iso foi que tiña bastantes posibilidades de quedar no Nantes, pero se queda na Coruña benvido sexa. Polo visto á súa moza gústalle a cidade de cristal...

Unknown dixo...

Igual me expresei mal, cando dixen "o ano que ven" quería dicir a tempada 09/10 na que Christian acabará o seu contrato de traballo co Nantes e quedará libre polo que ten un 95% de posibilidades de voltar a Coruña rematado o curso 2008/2009.
A calqueira non lle gusta a Coruña, la "Coru" se sale chorvo!.

Álvaro dixo...

Di Pirulo e Pichi que xa lles molaría telo no puto Madrid.