martes, 20 de maio de 2008

Un lugar máxico: a praia das Catedrais

Moi boas, quero facer referencia a praia máis bonita que estiven na miña vida. A verdade é que para achegarse a ela non fai falla ter que contratar unha viaxe o Caribe, nin sequera viaxar o Levante español nin o Algarve portugués, é a Praia das Catedrais e está aquí, como diría o anuncio de Gadis: "en Galicia!"...
Ubícase a 6 kilómetros de Ribadeo (Lugo), bica Galiza e Asturias (digámolo así). O nome de Catedrais recibeo pola caprichosa forma na que o mar e o vento esculpiron a pedra sobor dos acantilados de xisto e pizarra que orixinaron espectaculares entrantes e saintes na rocha, pasadizos, grutas e anacos de rocha illados ou unidos á terra por xigantescos arcos rochosos.
Un consello, antes de visitar esta praia conven controlar os horarios das mareas pois o mérito de esta praia consiste en que cando está a marea baixa pódese disfrutar do areal en todo o seu explendor, con pleamar prácticamente non queda praia.
Xa hai uns anos que non vou polas Catedrais pero xurei que de este verán non pasa sen ir. Sen dúbida é un lugar maravilloso, cando vexo esta segundo foto que está aquí debaixo imaxino dúas plumas azuis voando entrelazadas en sinal de tranquilidade e beleza, non sei pero As Catedrais suxireme algo que a vindeira vez que me achegue alí intentarei descifrar o que é.
Poñovos estas imaxes para que disfrutedes.





















4 comentarios:

Anónimo dixo...

Eu tamén estiven ahí!!! Xa fai uns anos, creo que fai xa 7 anos en xuño que fun, e é preciosa. A min tamén me gustaría moito volver porque non puiden gozar dun día de sol e calor cando fun (estaba máis ben anubrado), pero camiñar entre as inmensas rochas esculpidas polo mar é algo que non se pode describir fácilmente. É alucinante. A min encantoume ese sitio e xa digo, gustaríame moitísimo poder volver e disfrutar con máis calma dese paraxe maravilloso nun día soleado de verán.

Saudos.

Unknown dixo...

A verdade é que esta praia é sublime, penso que por moito que poida describir hai que ir alí e vela "in situ". Simplemente é espectacular.

Pitus dixo...

No he poddiddo tener el placer de visitarla.
Pero si está tan cerca de Ribadeo no me extraña que sea preciosa.
En Ribadeo he estado varias veces y tengo grandes y buenos recuerdos.

Anónimo dixo...

É que todo Ribadeo é precioso. E como di Víctor, esta praia hai que vela e punto, porque por moitas fotos q vexas ou moito que che conten, non é o mesmo que estar alí, nada que ver!!