martes, 13 de maio de 2008

Un cumple moi feliz

Esta fin de semana foi larga, agradable, divertida e non sei que máis apelativos poñerlle.
Comezou o venres co campionato de tute de As Cruces onde Pazitos e eu só puidemos gañar a primeira partida fronte a Álvaro e Pichi, na seguinte ronda xa caimos eliminados polos que a postre serían os campions finais: Diego e Alberto.
Sábado o mediodía tocou ir co equipo Benxamín a fase final provincial de fútbol sá e xa de volta en Sobrado decidimos que non iamos sair para reservarnos para o domino.
Logo de cear baixei para Ramiro tomar un café e a continuación recibín o meu Super-Regalo de cumpleanos: A WII que mo fixo a miña moza e a verdade é que agora xa teño unha ocupación máis (penso que este hobbie vaime ocupar moito tempo). Logo voltamos para Ramiro e para a miña sorpresa de que me encontro cos seguintes personaxes: Schumacher, Piru, María, Juanillo, Álvaro e Laura. Comezamos a tomar unhas rondiñas e a eso das 4 pensamos que como a noite xa non ía ser curta había que ir para Melide. Cheguei de volta a casa as 8:00 AM e o domingo as 12 xa me levantei para ir As Pías. Alí recibín unha agradable sorpresa pois logo de comer apareceu unha tarta sorpresa de cumplenos co número 30 en cera vermella e unhas 6 bengalas adornando o doce. Cantaronme o cumpleanos feliz, soplei as velas e a verdade é que a tarta milfollas estaba moi boa. Logo dímoslle xeira a unhas botelliñas que tiñamos para a ocasión pero comezouse a levantar moito aire polo que decidimos levantar o campamento e baixar para Sobrado para proseguir coa festa. Barceló e diana a partes iguais ata que comezou o Atlético-Depor, tras comezar o partido, Barceló e fútbol a partes iguais..., ceamos algo en Ramiro e arrincamos para Teixeiro a tomar algo (aínda había sede), ademáis o luns era festivo en Sobrado e había que celebralo.
Onte luns, levanteime con sentido da orientación un pouco extraviado, baixei mercar a prensa, comín e comecei a espabilar. As 18:30 quedamos Schumacher, Nando e eu para ir a Lugo a xogar os bolos, alí fumos, ás Termas, e logo dos bolos e un par de cañiñas fumos o salón recreativo. Schumacher e Nando decidironse máis polos xogos de motor (coches e motos) mentres eu decidinme máis polos de deportes (fútbol e tenis).
Logo das Termas decidimos ir para a zona universitaria a cear algo, e fixemos unhas rondas pola Pizzbur, a Carballeira e a Gambrinus (que foi onde ceamos).
Xa de volta en Sobrado xogamos unhas dianas Schumi e eu e logo uns futbolíns.
As 2:00 AM deiteime que hoxe era "día de escola" e a verdade é que logo de este intenso fin de semana estou a un 50% das miñas posibilidades físicas. Haberá que ir recuperando o longo da semana.

P.D: felicitar a Álvaro porque para o curso escolar 2008/2009 montará unha panadería en Carral, parece ser que o horario de apertura só será dende as 6 da tarde dos domingo ata ben entrada a madrugada. Cando saiba a data da inauguración informarei debidamente...

Saudos



5 comentarios:

Anónimo dixo...

Menudo regalazo!!! Eu quero unha moza así tamén jeje. Bueno non, unha moza non. A poder ser mellor un mozo...jijiji

Anónimo dixo...

Ah esquecíame!! (comentando o regalo, esquezo o aniversario jeje)

¡¡¡¡¡¡¡PARABÉNS POR ESES 30!!!!!!!

Anónimo dixo...

MOITAS FELICIDADES LATOOOOOOOO.

Unknown dixo...

Vero: a verdade é que o regalo saese do mapa, ufff. Non puido acertar mellor!
Grazas polas felicitacións, a verdade é que o "3" de momento non me pesa, je je je.
Anónimo: aínda que non saiba quen eres grazas.

Anónimo dixo...

E para que che vai pesar, se estás na flor da vida!!!!

Eu estou contentísima cos meus 22, encántanme jeje (e por suposto que tampouco me pesan).

Un saudo.