mércores, 14 de maio de 2008

Rubias con corpo

Xa ven de antigo o dito "cría fama e vótate a durmir"; no caso da Cervexa este dito quédalle que nin pintado.
A cervexa colleu mala sona hai uns anos non se sabe ben a conta de qué. Dicíase que emborrachaba (a súa graduación soe ser das máis baixas entre os alcois, entre 4 e 7 %), que engordaba (esta claro que se te pegas unha boa panzada engordas, como tamén o farías se bebes auga), que se aumentaba demasiado a presión arterial (hai outras cousas que aumentan "e moito" a presión arterial e ninguén lles pon reparos), etc, etc, etc.
Afortunadamente, co paso do tempo, os científicos foron descubrindo os beneficios deste derivado da cebada, bebida popular na maioría dos paises do mundo e fonte de riqueza para moitos estados.
Hoxe, direivos algúns dos beneficios que a Cervexa nos ofrece, eso sí, recordade: BEBEDE CON MODERACIÓN É A VOSA RESPONSABILIDADE.

Diversos estudos científicos de ámbito nacional e internacional demostraron que a cervexa é unha bebida natural e saudable. Non contén graxas e aporta vitaminas, minerais e outras sustancias con propiedades funcionais, polo que o seu consumo moderado pode incluirse en calqueira dieta equilibrada.

Segundo o International Lif Science Institute, "Alimentos funcionais son aqueles alimentos susceptibles de producir un efecto beneficioso sobre unha ou varias funcións específicas no organismo, máis aló dos efectos nutricionais habituais, de mellorar o estado de saude e de benestar e de reducir o perigo de unha enfermidade".

Polo tanto a cervexa ten distintas propiedades funcionais como:

Folatos: os folatos son esenciais para o mantemento da vida celular e para o crecemento e formación de novos texidos, polo que a súa deficiencia da lugar o desenrrolo de patoloxías. Ademáis, os folatos preveñen gran parte dos defectos do tubo neural (DTN) no nacemento e reducen o nivel de homocisteína, novo factor de risco de enfermedades cardiovasculares. O trastorno máis común que se produce como consecuencia da carencia de ácido fólico é a anemia.

A porcentaxe do contido de ácido fólico que ten a cervexa é moi importante por duas razóns: 1º, porque hai poucos alimentos que por si mesmos poidan administrar tal cantidade de ácido fólico e 2º, porque a cervexa forma parte da alimentación regular de unha persoa adulta e sá.

Polifenois: o consumo da cervexa tamén aporta a dieta Polifenois que, como antioxidantes naturais, participan potencialmente na protección contra enfermidades cardiovasculares e na reducción dos fenómenos oxidativos responsables do envellecemento do organismo.

Os efectos máis destacados de estos antioxidantes son: o retraso do envellecemento celular e a disminución do risco de padecer enfermidades cardiovasculares, así coma a súa capacidade anticanceríxena.

Fibra Soluble: evita o estreñimento, disminue a incidencia a padecer cáncer de colon e de diverticulosis e rebaixa a colesterolemia.

Maltodextrinas: as maltodextrinas teñen, coma fonte enerxética, unha posible propiedade funcional importante, o que promoveu a súa aplicación en fórmulas de bebidas para deportistas.

Cando se formulan bebidas de este tipo con glucosa, este carbohidrato pasa rápidamente a sangue, o que produce unha forte subida da concentración de glucosa que induce a secreción das hormonas que metabolizan esta sustancia.

Sodio: a cervexa é unha bebida con moi baixo contido de sodio e, polo tanto, moi adecuada para participar en dietas hiposódicas.

A relación de potasio e sodio na cervexa, é de 15´7, o que lle confire un forte efecto diurético. Estos valores fan que a inxestión de cervexa poida ser incluida en dietas hiposódicas.

Silicio: o silicio é un elemento esencial nos procesos de calcificación e, posiblemente, no texido conectivo.

A cervexa contén máis de 2000 compoñentes, vitaminas, minerais e compostos fenólicos que presentan propiedades antioxidantes e antiagregantes plaquetarios que exercen un efecto positivo nas patoloxías cardiovasculares. De este modo, o seu consumo moderado aporta maior diversidade de nutrintes que moitos refrescos industriais.

Alcohol etílico: demostrouse que o consumo moderado de alcohol ten efectos positivos para o organismo, sempre que se trate de individuos adultos, sans, e que non consuman fármacos cos que o alcohol poida interferir.

Os bebedores moderados teñen un risco do 60% menos de sufrir ataques cardíacos que os grandes bebedores e abstemios. Nos bebedores moderados a incidencia da cardiopatía isquémica (anxina de peito e infarto), hipertensión arterial, accidente vascular cerebral e diabetes mellitus é inferior a de grandes bebedores e abstemios.

Ademáis o alcohol, en cantidades moderadas, aumenta o colesterol asociado as lipoproteínas de alta densidade (HDL) en relación con nivel habitual que se da en persoas abstemias. Este aumento do "Colesterol Bó" reduce os riscos de enfermidades e accidentes cardiovasculares.

Delin e Lee en 1992 estudiaron a interacción do alcohol e a dispoñibilidade de nutrintes, así coma as consecuencias gastrointestinais do consumo de bebidas alcohólicas, e suxiren que as bebidas alcohólicas constituen un complemento importante na dieta, aumentando o nivel de satisfacción e contribuindo á relaxación necesaria para unha boa dixestión e unha adecuada absorción de nutrintes.

Ademáis o consumo moderado de cervexa podería estar asociado co retraso da aparición da menopausia. A cervexa contén fitoestróxenos, compostos de estructura química moi próxima á dos estróxenos naturais, que serían responsables de un retraso de dous anos, coma promedio, na aparición da menopausia en mulleres que beber cervexa con moderación.

Outras propiedades:

-Fácil dixestión e estímulo do apetito: polo seu sabor amargo, a cervexa é unha bebida refrescante, tónica e alimenticia. Ademáis a súa riqueza en extractos naturais convirtea en un bo aperitivo porque estimula as papilas gustativas e abre o apetito.

-Dietas hiposódicas: a cervexa é unha bebida con moi baixo contido en sodio, polo tanto, moi adecuada para participar en dietas hiposódicas. A relación de potasio a socio na cervexa (como dixen antes) é de 15´7 similar o promedio de auga potable e 16 veces inferior o da leite.

-Aporte vitamínico: o consumo de un tercio de cervexa aporta o 10% de fósforo e vitaminas solubles do grupo B, que son importantes para un equilibrio nervioso adecuado, coma a riboflavina (B2) que facilita a dixestión, piridoxina (B6), niacina, folatos e ácido fólico e tiamina (B1) que actúa sobor o metabolismo dos glúcidos.

-Mínimo contido alcohólico: a cervexa apenas contén alcohol, dependendo do tipo que sexa, entre 4 e 5 grados. En comparación con outras bebidas, o alcohol que contén a cervexa é mínimo.

-Calma a sede: grazas o seu elevado contido en auga e a rápida absorción das moléculas de auga. Ademáis ten un efecto diurético máis alto ca auga e ten accións estimulantes sobor o funcionamento do fídago e a producción de bilis.

-Valor enerxético moi baixo: que varía dende as 14 Kcal. da cervexa sen alcohol, 38 Kcal. da rubia (4-5º) e 45 Kcal. da escura, o que resulta unha aportación calórica moi inferior á de outras bebidas alcohólicas e similar o das bebidas refrescantes a base de cola ou extractos de froita.

-Lúpulo: que ademáis do seu importante participación no sabor e na palatibilidade, confirenlle unha lixeira acción sedativa, bacterioestática e dixestiva.

RESUMINDO: Logo de este rollazo (con algúns tecnicismos) que vos acabo de soltar quedan claras varias cousas:

1. Unha cervexa o día (ou dúas) non é mala, todo o contrario.

2. Con moderación a cervexa prevén de enfermidades importantes coma o cancro ou problemas de corazón.

3. Calqueira refresco ten tantas ou máis calorías que a propia cervexa.

4. É moi aconsellable para diversos tipos de dietas en cantidades moderadas (claro está).

5. Ten moitas máis de 2000 propiedades, vitaminas, etc, polo tanto NON PODE SER MALA.

6. A máis importante, O SEU CONSUMO FAINOS RIR E DISFRUTAR DA VIDA QUE É PARA O QUE VIÑEMOS A ESTE PLANETA, POLO TANTO...

CAMAREIRO/A: UNHA CERVEXA!

Saudos etílicos

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Pois se todo iso é certo, que seguro que si (algunhas cousas xa as sabía, pero todas non, que mira que escribiches!), eu sei dalgún (máis de un) que debe estar saníiiiisimo!

Eu tamén a consumiría polos seus claros beneficios para a saúde, pero non me gusta nada de nada!! Non a podo nin ulir, é superior a min.

Saudos!

Unknown dixo...

Bufff! se toma moitas non creo que esté moi sano pero bueno. Xa sabes como é a cousa: unha pide outra, outra pide outra, e o final o asunto vaise das más e en vez de tomar 2 cervexas tomache dous litros..., je je je.

A min si me gusta aínda que teño que recoñecer que cando comecei a sair "de farra", nos meus inicios nin por asomo se me ocorría pedir cervexa nos pubs, máis que nada porque non me gustaba moito pero co paso do tempo o gusto foime cambiando. Gústanme case todas, por suposto Estrella Galicia a que máis, a que menos a Heineken e a Cruzcampo (demasiado empalagosa a primeira e demasiado aguada a segunda).
Gústame experimentar nas cervexerías e pubs irlandeses que teñen cervexas de importanción novas marcas. O meu último descubrimento gustoume moito: Paulaner (é de Munich-Alemania), pero ten un problema, a botella é de medio litro, de todos os xeitos un 10 para o sabor.

Saudos

Anónimo dixo...

Non oh, moitas non, se non estaría cirrótico perdido. Ese si que as bebe de dúas en dúas, e non dous litros de cada vez jeje.

Eu unha vez probei a Estrella Galicia e non a volvo beber máis! Non me gusta nada, e das demáis xa paso. Eu son máis de vodka, ron...jejeje (pero pouqiño eh, pouquiiiño)

Saudos

Pitus dixo...

A mi ponme una San Miguel o mejor ponme trece a enfriar también.
A mi la que no me gusta es la Carlsberg,
"probablemente la peor cerveza del mundo".