mércores, 28 de maio de 2008

Praia de Cabanas, a miña prima

A pesar dos pesares, o verán aínda non chegou, peor aínda, nin tan sequera chegou a primavera. E un "fastidio" que viñera un tempo tan bo no inverno e agora que era cando realmente tiña que facer sol, estamos con estas: choiva, frío...
Pois invocando os espíritos do estío hoxe vou poñer esta bela imaxe da praia da Madalena no Concello coruñés de Cabanas (que comparte apelido con quen vos escribe).
No verán adoito a compaxinar as "tumbadas" nesta praia coa de Gandarío en Bergondo aínda que se me dan a elixir prefiro a de Cabanas, non só polo nome do Concello senón polo seu entorno (está pegada a fermosa vila de Pontedeume) cun extenso e frondoso piñeiral onde deixar a sombra o coche, as súas augas tranquilas e cristalinas (nada que ver coas habituais algas de Gandarío) e incluso a area da Madalena me gusta máis, polo que non hai dúbida. Quédome con Cabanas.
O Concello de Cabanas pertence á Comarca do Eume e a pesares da súa curta extensión: 30 km cuadrados ten a beleza e encanto propio da Galiza costeira que a min tanto me gusta polo que cando poido coa chegada do bon tempo adicolle unhas visitiñas que ben mo merece.

Saudos refrescantes.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Ben fermosa en verdade. Canto me tarda estar de vacacións e que faga calor e sol para tirarme na praia a tomar o sol!! Acostumeime mal en Canarias...jeje

XA NON QUERO MÁIS AUJA!!!

Unknown dixo...

Pois si, a verdade é que de auga xa estamos ata arriba. Agora aínda que viñera un pouquiño de sol non pasaba nada (que perdoen o meu egoismo a xente que anda agora de exames). A xente que non temos que examinarnos necesitamos o sol coma o comer..., je je je. Vai chegar xullo e todo o mundo sen coller color.

Saudos

Anónimo dixo...

Non te preocupes, eu estou de exames ata o 27 de xuño e quero sol igual! Se tal aínda vou estudiar á tumbona, pero así... que asco!

Ainda que agora xa leva dous días ou tres sin chover! Milagre!