luns, 19 de maio de 2008

A Europa

Todo rematou. A tempada 2007/2008 que podía ser unha tempada para o esquecemento dos afeccioados deportivistas rematou con premio.
O Depor, 3 anos despois, voltará a xogar a Copa Intertoto, pasando unha soa eliminatoria o equipo xogaría a Copa da Uefa para a seguinte tempada.
Atrás de este premio quedan tardes e tardes de sufrimento, nas que teño que recoñecer que o pasei realmente mal en Riazor pero que todo ese sufrimento domingo tras domingo o final mereceu a pena.
As cousas puxeronse moi mal logo da derrota en Almería aló polo mes de xaneiro pero pouco a pouco coa axuda moi importante da afección que xamáis lle dou a espalda o equipo nin lle pitou a pesares dos resultados adversos e co cambio de esquema a un 5-4-1 ideado por Lotina fixo resurxir o Depor das súas cinsas cal Ave Fénix e con esos incribles 35 puntos acadados na segunda volta facer que o Deportivo da Coruña, o equipo de toda unha cidade, de unha provincia e de toda Galicia volte a Europa. Sería máxico xogar a Uefa agora que estamos en época de vacas flacas e as fichaxes de relumbrón quedarán coma un soño que foi real.
Agora na miña humilde opinión Lendoiro debe atar o que xa temos, é dicir: Lafita, Filipe Luiz e Willy, mercar un porteiro e reforzar o equipo pois xogar 3 competicións con un plantel moi curto e sen calidade pode ser perxudicial e todos temos recordos recentes de equipos nos que o ano que xogaron tres competicións acabaron por descender a Liga BBVA.
Agardemos pois que Don Augusto César volte a dar unha das súas maxistrais clases de "negociar" e nos faga viaxar a todos os deportivistas por Europa adiante.


Non me podo olvidar de facer mención especial a Christian Whillemlsson, que dende a súa chegada o equipo experimentou unha mellora impresionante e que unido a explosión de Ángel Lafita e a seguridade defensiva fixeron de este Deportivo un rival moi duro sobor de todo en Riazor.

Soñemos de novo, O EURODEPOR XA ESTÁ AQUÍ!

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Quen o ía dicir alá por xaneiro, cando o noso Depor ocupaba postos de descenso... eu, deportivista de sempre, confeso que vía o equipo en segunda clarísimamente. Case non pode crer o que vexo!

Si señor, a cousa vólvese poñer interesante! Esperemos que vaia ben na Intertoto, que Europa agárdanos!! Alá imos!

Unknown dixo...

A cousa estivo ben chunga. Pero o final recibimos o premio a tanto sufrimento. Voltar a Europa con este equipo é un sono e agora só queda un paso para xogar a Copa de UEFA que este ano vai a ter un nivelón con: AC Milan, Ajax, Benfica, PSG, Depor, etc, etc, etc, vai parecer a Champions.
Uff xa me tardan o fútbol dos xoves noite en Riazor (que casualidade, o venres polas mañás non traballo, terei que mirar a ver se abren os garitos do Orzán, je je je).

Saudos

FORZA EURODEPOR

Pitus dixo...

Congratulations!!!
Aunque haya sido a costa de quedarnos nosotros en las puertas.

Anónimo dixo...

Tranquilo, por iso non sufras que no Orzán os xoves non hai duda! jeje