mércores, 9 de abril de 2008

Un Gremlin na casa

Esta fiera que estades a ver chámase Raysa (como a muller do ex-presidente da URSS Mijail Gorbachov) e veu o mundo o 31 de xaneiro de 2006.
Como podedes ver nesta foto ten unhas orellas moi peculiares polo que eu sempre lle chamo "Gremlin". Raysa é da raza "Cannis Palleiris" ou o que é o mesmo "Can de Palleiro de toda a vida". A pesar de non ter pedegree (non é unha cadela Levi´s nin Caroche, nin Versace) é a cadela máis cariñosa que tiven na miña vida (e a verdade é que xa tiven varias). Cando chego no coche a miña casa ela sempre me esta agardando é case non me deixa abrir a porta porque tirase o lado para que nada máis baixar do coche lle faga unha caricia, como di miña nai: "calqueira día aplastala co coche porque non aparta".
Pola mañan cando me levanto é a primeira en saudarme o sair pola porta e a verdade é que hai animáis que che demostran un cariño que a veces as persoas con acadamos mostrar. Eu dentro do que cabe correspondolle o seu cariño e doulle de comer todo o que quere (ben mo ten merecido por tantas mostras de afecto).

A pesar de non ser unha raza especial Raysa é moi intelixente, e se lle dis: "Raysa, barriguiña arriba", deitase patas arriba mirando para un ata que a acaricias, encántalle que lle froten a barriga.

A miña cadela, amosa a inocencia da castidade é vese en certos aspectos que aínda é unha cadeliña xove, a min realmente gustariame que tivera descendencia porque se os seus retoños saen tan simpáticos coma ela a alegría na casa dos meus pais está garantida. O problema é que Raysa ten unha hernia considerable e témoslle que consultar o veterinario que a visiona cada 2 meses se o día de mañán poderá ser nai ou polo contrario terá que quedar sen descendencia polo que lle resta de vida.

Está claro que a saga dos Gremlins se pode ser posible haina que continuar e a "miña fiera" que pesa 4 kilos 200 gramos e non levanta un palmo do chan está chamada a ser a nodriza dos Gremlins.

Saudos

6 comentarios:

Anónimo dixo...

Éche ben bonita!

Eu teño un pastor belga negro que ten un ano e pasei fóra da casa unha semana e cando volvín ladrábame coma se nunca me vira jeje. Non sei se era que me extrañaba ou que xa lle parecía unha desconocida.

Anónimo dixo...

Boas Victor, t sempre sorprendendonos cas tuas novas. Unha cousiña,vas a ir o domingo ó partido do Sobrado?. Non ceo porke rás a velo Superdepor, pero si poideras botarme unha man para sabelo resultado ó finalizalopartido, agradeceríacho. Grazas e Forza Depor.Óscar

Unknown dixo...

- A verdade é que a min pareceme moi bonita Vero, e ademáis e super graciosa.

- Boas Óscar, seguramente irei a Riazor a ver se pechamos a permanencia de xeito automático. Jódeme porque perdereime un derbi fronte o Cire que se preve apaixoante, éles xogándose o ascenso e nós o honor de gañar o derbi. Se queres facemos unha cousa, facilitame un correo electrónico e envioche o meu número de teléfono e así chámasme a eso das 19:00 horas que xa saberei o resultado do partido.

Agardo novas túas, saudos.

Anónimo dixo...

Ok, o correo é pijamillas@yahoo.es. Moitas grazas por todo, espero que vexas un bo partido e por suposto que gañe o Depor. Saúdos. Óscar

Pitus dixo...

Un gremlin bien chulo,si señor!
En cuanto al partido de Riazor para los que no fueron el resultado fue de empate a cero y Zubizarreta de portero,je je..
Ah no?Estaria confundido entonces,je je.
Aupa Athletic!!!

Unknown dixo...

Qué bote Caparrós!!!! je je je. El Athletic nos devolvió el favor que nosotros le hicimos el año pasado.

Quién nos iba a decir en diciembre que ibamos a estar a 2 puntos de plaza Intertoto.

Increible.