martes, 22 de abril de 2008

¿Donde están las llaves matarilerilerile...?

Parece que segue aínda a resaca da fin de semana en Salamanca. As chaves do coche de O Muxico (o artista anteriormente coñecido coma Pablo do Cotarón) seguen sen aparecer.
Foi o culmen de un fin de semana no que entre o venres, sábado e domingo non se cansou de vacilarme polo meu descuido ou olvido (chamadelle como queirades) da miña valixa dentro do coche de Finito de Vilariño "alías" Pichi.
Ninguén de Sobrado sabe onde andas as dichosas chaves pero dende a miña humilde opinión penso que pode que haxa alguén por terras salmantinas que agora mesmo esté en poder das citadas e prezadas chaves, ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja...

O Muxico ante a desesperación pola pérdida do elemento para accender o seu vehículo puxo en segredo o seu coche a venda. Pero como non quere que ninguén de Sobrado o saiba fixolle uns truquiños o seu vehículo e puxoo a venda por internet. Eu accidentalmente navegando pola rede atopei a foto e dinme conta dos seguintes detalles: cambioulle a matricula da Coruña por unha de Barcelona, puxolle unhas "Bacas" grandes para disimular aínda máis pero olvidouse de quitarlle do espello traseiro unha pegatina que pon CHEVALIER- SANTA CRISTINA e ahí foi onde me din conta que sen dúbida ese era o coche de O Muxico (ex-Pablo do Cotarón).

Bueno neno, agardo que teñas sorte na venda e a ver como te amañas para accender o coche sen chaves para amosarllo a posibles compradores, coñezo eu un chaval que sabelle facer a ponte os vehículos bastante ben por unhas cerveciñas, polo tanto se queres facilitoche o contacto e asunto arranxado, je je je.

O dito, xa sabes onde estou.

P.D: canción da fin de semana pasada en Salamanca Country: YO NO TE PIDO LA LUNA, TAN SÓLO PIDO EL MOMENTO, QUIERO SER ESA LOCURA QUE VIVE MUY DENTRO DE TI, AAAAAAHHHHHHH.

JI JI JI JI JI.



1 comentario:

Anónimo dixo...

Táche bien a historia, si oh! Agora jodícheslle o truco ó vendedor e como non dea vendido o coche hache votar a ti a culpa jeje. Claro que vender un coche sen chaves xa de por sí non debe ser doado...

Saudos.