luns, 31 de marzo de 2008

Os hoteis máis luxosos do mundo

O post que hoxe propoño xa hai algún tempo que o quería poñer. Quizáis pola miña vocación ou porque é un regalo para a vista, o tema que nos ocupa son os hoteis máis luxosos do mundo. Unhas suites con uns prezos prohibitivos para a gran parte da humanidade pero que polo menos, as fotografías permítennos estar un pouco máis preto de estas maravillas e adéntrannos a soñar e gozar de estos espazos. A disfrutar...

Hotel President Wilson: (Xenebra- Suiza)
Ten as portas e as ventás blindadas, a habitación mide 1208 metros cuadrados, ten vistas sobre o precioso lago de Xenebra. A suite dispón de 4 habitacións e 6 baños ademáis de un comedor para 26 persoas (nin máis nin menos). O seu prezo por noite unha ganga: 28.000 €

http://www.switzerlandbookings.com/

Hotel Martínez: (Cannes-Francia)

Foi fundado en 1929. A suite dispón de 4 habitacións, jacuzzi privado (ummmmm) e unha enorme terraza con vistas o Mar Mediterráneo, o seu prezo por noite... 26.000 €

http://www.hotel-martinez.com/

Grand Resort Lagonissi: (Atenas - Grecia)

Este hotel encóntrase preto dos tesouros culturais da Antiga Grecia. Ten 2 piscinas privadas (unha interior e outra exterior), vistas o Mar Mediterraneo, ximnasio privado..., as irmáns Hilton son unhas clientas habituais, o prezo por noite 24.000 €

http://www.lagonissiresort.com/


Plaza Athénée: (París - Francia)

Ubícase na rúa máis cara de París, a Avenida Montaigne, entre os Campos Elíseos e a Torre Eiffel. Foi inaugurado en 1911 e dentro do seu "staff" encóntrase un dos chefs máis reputados do mundo: Alain Ducasse. O mobiliario data do século XVIII e dende as ventas da suite pódense apreciar os citados Campos Elíseos e a Torre Eiffel. O prezo por noite baratiño de todo: 12.300 €

Hotel Four Seasons: (Nova Iorque - Estados Unidos)

Situado en pleno Manhattan, o hotel Four Seasons presume de ter entre os seus clientes a "medio Hollywood", incluidas algunhas estrelas que en máis de unha ocasión o escolleron para pasar unha noite de romance as agochadas. A suite mide 457 metros cuadrados e está ubicada no piso 51 do hotel onde se poden observar unhas bonitas vistas de toda a cidade. O prezo por noite é de 10.500 €

www.fourseasons.com/newyorkfs

Hotel Burj-Al-Arab: (Dubai - Emiratos Arabes Unidos)

Este espectacular hotel é o único de 7 estrelas do mundo e está construido nunha illa artificial na Costa de Dubai. Pretende ser a imaxe de unha vela hinchada polo vento a 321 metros de altura. Dispón de servicio de Rolls-Royce por cliente, ten recepcións e ascensores privados para non cruzarte con ninguén,maiordomos o teu servizo as 24 horas do día, lavamáns bañados en ouro, no teito dispón unha plataforma para aterraxe de helicópteros, cine privado, jacuzzi, cama circular sobor plataforma rotante..., unha maravilla vamos. O prezo en comparación os outros hoteis é moito máis razoable sobor de todo polos servizos que presta: 7.700 € a noite.

http://www.burj-al-arab.com/

Ciragan Palace Kempinski: (Estambul - Turquía)

Dispón de unhas espectaculares e diferentes vistas: por un lado pódese observar a parte Antiga da maravillosa cidade de Estambul e polo outro lado o Bósforo que divide Europa de Asia. A suite ten un "hamman" ou baño turco e unha ducha con auga de choiva. John Kennedy Junior pasou neste hotel a súa noite de bodas. O prezo por noite da suite é de 5.900 €

http://www.ciragan-palace.com/

Las Ventanas del Paraiso: (Golfo de California - México)


Para o meu gusto o máis bonito de todos. Está rodeado polo Mar Cortés e está especialmente pensado para relaxarte e disfrutar entre piscinas, plaias ou un spa para aliviar o estrés e as "presións cotidianas". Todas as suites teñen terrazas, piscina e jacuzzis privados, e algunha delas, as máis luxosas, teñen o seu propio maiordomo para asegurar os servizos máis exclusivos posibles e poder cumplir todos os desexos do cliente por muy caprichosos que sexan. Jennifer López e Bono de U2 son dous dos clientes máis habituais desta preciosidade. O seu prezo por noite é de 3900 €.

http://www.lasventanas.com/

Se algunha vez me tocan os Euromillóns, un bote forte da Primitiva ou unha Quiniela como deus manda vou desafiar as leis da ostentación e pasarei unha noite en algún de estos hoteis aínda que só sexa para saber o que se sinte.

Non me digades que non vos pica a curiosidade..., je je je.

Saudos e que teñades un bo comezo de semana.

venres, 28 de marzo de 2008

A peito descuberto

"Nova extraida de www.terra.es"






Multado durante concierto en Kuala Lumpur


"Las Pussycat Dolls unas indecentes"


El grupo estadounidense Pussycat Dolls ha sido condenado a pagar 3.400 dólares (unos 2.155 euros) por enseñar un pecho y ropa interior en el escenario durante un concierto en la capital malasia en julio del año pasado.El pecho pertenecía a Carmit Bachar, quien ya no forma parte del grupo musical, mientras que Ashley Roberts eligió unos pantalones demasiado cortos que dejaban ver su ropa interior.
En agosto pasado, la municipalidad de Suban Jaya, donde se celebró el concierto, ya había multado con 2.725 dólares (unos 1.730 euros) a los organizadores por la 'actuación indecente' del grupo, considerado la versión estadounidense de las Spice Girls.


Pussycat Dolls
'Las Pussycat Dolls son culpables de comportamiento sexualmente indecente en el escenario', dijo en su día Abdul Rhaman, del Consejo Municipal de Subang Jaya.
El responsable municipal incluyó en ese comportamiento tanto a la coreografía y gestos como a las 'llamativas prendas' utilizadas por el grupo.Malasia está considerado un país musulmán moderado, pero mantiene una estricta censura sobre películas, espectáculos y programas de televisión.
Según las normas islámicas, las mujeres deben cubrirse desde los hombros hasta las rodillas durante los conciertos y está prohibido saltar y tirar objetos en el escenario.
El año pasado, la artista Beyoncé Knowles canceló su actuación en Kuala Lumpur y Gwen Stefani, ex líder de No Doubt, tuvo que someterse a las normas de vestuario impuestas por las autoridades religiosas.

En fin, queda claro que en Malasia teñen reparos nalgunhas cousas coma que unha muller enseñe un peito pero logo non teñen reparo a hora de condear a cadea perpetua ou a morte a unha persoa. Hai paises que vaia pola nai que me pariu.

xoves, 27 de marzo de 2008

O Retorno do "Papador" insaciable


Con esta cara quedou o príncipe Carlos de Inglaterra onte na visita que o presidente francés Sarkozy e a súa mediática muller Carla Bruni fixeron o país inglés.
A expresión é todo un poema, queda claro que para o seu adentro o amigo "Charles o Orellas" pensaba: "Carallo, estache boa a Bruni esta, ben a cambiaba por Camilla, non sei se non dicirlle que lle regalo Gales, Irlanda, Escocia e o que faga falta se deixa o anano este e se ven comigo a Buckingham Palace".
Menos mal que a Bruni non creo que esté moito pola laboura porque senón a Raiña Isabel igual palma de infarto ou da mala hostia. Xa cando foi o de Diana non as tiña todas consigo (de sobra é coñecido que Camilla nunca lle caeu nada ben) e se agora Charles dera a espantada e se fora con Carla xa sería o cachondeo pai en Palacio.
Entendible o sentir de Charles, non só pola beleza de Carla senón porqué Camila Parker Bowles, non é que sexa fea, digamos por dicilo dunha forma fina, NON TEN GLAMOUR.
Hai Carliños, Carliños, coa de mulleres fermosas que puideche ter o teu carón e fuche acabar con un cardo que non vexas.
En fin, ver para crer...

mércores, 26 de marzo de 2008

De tapas pola Compostela Monumental

A capital de Galiza ademáis de un referente mundial no que a relixión se refire tamén a nivel turístico é unha importante potenza.
O Camiño de Santiago fai que milleiros de peregríns cheguen a Compostela todos os anos a gañar o Xubileo pero ademáis "Sant-Yago" tamén é visitado por outro tipo de turistas (os que pernoctan varios días e fan uso das "boas" costumes dos galegos.
Unha de estas costumes é tapear na zona antiga da cidade (aínda que no ensanche tamén se fai) e tomar un destacado viño galego como Albariño ou Ribeiro (decántome por un bo Godello) ou acompañar a gastronomía autóctona cunha boa cervexa (se é Estrella Galicia mellor que mellor).

A zona monumental de Compostela agrupa a espiritualidade de cidade santa e o perfume dunha gastronomía rica en pescados e mariscos pero na que tamén destaca a carne da nosa "terneira galega".

Agora cando chega a primavera, o bo tempo anima a que as terrazas e os bares da zona antiga no horario de tarde-noite esté ateigado de xente tapeando en pandillas ou en parella.

A min particularmente gústame moito esta actividade, a miña moza é eu somos uns asiduos da zona vella cando chega o bo tempo (en inverno non soemos ir tanto pola choiva), a veces en compañía de amig@s e a veces sos, pero cada vez que estou na zona vella de Santiago encóntrome moi agusto entre a histórica pedra e os bares e a xente que os atende que rezuma amabilidade e simpatía.

Varias son as rúas polas que se pode tapear e disfrutar de Galiza en todo o seu explendor como diría o anuncio "Vivamos coma Galegos", unha das rúas emblemáticas é a rúa do Franco onde hai infinidade de bares onde poder elexir. Tamén compre destacar que preto está San Clemente que debe ser parada obligada polos visitantes a cidade polas súas exquisitas tapas.
Todo visitante á capital debe darse un paseo pola Rúa Nova onde permanecen os mercados ambulantes e onde se poden mercar diversos productos textís e de marroquinería (unha paréntese no tapeo).

E outra das rúas principais no que a tapeo se refire é a Rúa da Raiña onde se atopa a Vinoteca O Beiro que é o gran referente no que a viño se refire na cidade compostelá.
Podemos e debemos pasearnos por bares coma Gato Negro (especialidade en chocos,calamares e mexilóns), Orella (pulpo á feira e "orella de porco" claro está), Coruña (especialidade en bocadillos quentes na parrilla), María Castaña (exquisita empanada), Xamonería Sant-Yago, Los Caracoles, O Celme do Caracol, Bar Trafalgar (tigres rabiosos, pimientos de Padrón)..., e xa un pouquiño máis abaixo, na rúa Travesa merece a pena visitar O Carallo 29, un local que nas súas aforas ten un "falo" de pedra e que merece a pena ver pero non conven sentarse enriba del e sair fotografiado pois o que se poden rir de un pode ser de escándalo.

Anímovos a que visitedes o Casco Antigo de Compostela, disfrutedes do seu tapeo e de paso observedes a beleza do entorno.

Saudos

luns, 24 de marzo de 2008

Santa Semana

Moi boas. Logo de unha paréntese voltamos a cruda realidade. Hoxe tocou incorporarse o traballo de novo (algunha xentiña aínda o fará mañá). Gañas, o que se di gañas non hai pero non queda outra así que...

A título persoal debo dicir que non parei moito nestes días de Semana Santa, non fun a ningún lado de vacacións pero a verdade é que o coche pouco o deixei descansar (polas mañáns máis ben). O sábado pola noite fumos de festa por Melide (moi pouca xente), mércores tocou Teixeiro (bastante xente a pesares do intenso frío), xoves nova visita o Cerne, o igual que venres e sábado. Non estivo nada mal, o plan era: pola tarde partidas do Pro Evolution Soccer en Ramiro e pola noite rumbeo puro, é dicir, elexín a modalidade "Rascala All The Day" ou o que é o mesmo NON FACER NADA DE NADA DE NADA (Bueno quizais si, darlle ganancia os locais hostaleiros de Sobrado que estes días estiveron a reventar de xente chegada de fóra).

En Sobrado a Semana Santa é sinónimo de aglomeración de xente, misas (o Mosteiro é un importante referente), cachondeo pola tarde e a noite e festa, moita festa.

A climatoloxía non acompañou moito, isa é a verdade, facía un frío de mil demos incluso o sábado nevou copiosamente pero debido a unha pócima segreda (Ron Barceló) traida dende Santo Domingo na República Dominicana ese frío desaparece de golpe e imprégnalle a quen a consume unha euforía e unhas gañas de saltar e bailar coma se estivese poseido/a ou tivese diante o mismísimo Lucifer. Polo tanto xa sabedes, para quitar o frío non hai nada mellor que uns "bicos" de "Ese oscuro obxeto do desexo" que é o Ron Barceló. (Deberíanme pagar pola publicidade, je je je).

Por certo, agora queda un mundo ata que chegue o verán menos mal que temos festivo o día 1 de maio e aquí en Sobrado tamén o 12 do mesmo mes, Luns de Pías (curiosamente o Domingo de Pías este ano coincide co meu cumpre, o 11 de maio, polo que prometo que a celebración será por todo o alto,je je je).

E tamén en Sobrado temos festivo o 30 de xuño, San Pedro, coincidindo coas festas na honra o noso patrón, que cheguen XA por favor!

Nada máis polo de agora.

Saudos e agardo que vos curedes axiña do síndrome post-vacacional.

martes, 18 de marzo de 2008

E van 17...

Un ano máis e van 17 o Real Madrid non conseguiu gañar na súa visita ligueira a Riazor. O equipo merengue ten no Deportivo a súa besta negra particular cando visita a cidade de A Coruña. Moi lonxe queda pois o último triunfo madridista que data de 1991 e polo visto nas últimas visitas brancas a Riazor pode que pase moito tempo ate que o Madrid acade un triunfo. Os xogadores brancos saen o Coliseo herculino acobardados e moi nerviosos. O Depor, que se medra cando o visitan rivais da entidade do R.Madrid ou F.C. Barcelona unha vez máis amosou que lle ten tomada a medida o clube de Concha Espina e unha vez máis o Real Madrid claudicou en Riazor.
Este ano a característica principal foi que o Real Madrid non tirou entre os 3 paos da portería de Dudu Aouate polo que o porteiro israelí ben puido quedar no habitual hotel de concentración do Real Club Deportivo ou na casa porque non tivo ningún tipo de traballo.
Miguel Ángel Lotina plantexou a perfección o encontro tapando as liñas de pase o "bilipendiado" José María Gutiérrez "Guti" polo que ahí se acabou a inspiración do Real Madrid con un motivadísimo Julien De Guzmán (non lle gusta que lle chamen Bobby) e un excelente Ángel Lafita (incrible a progresión de este rapaz en cuestión de un mes para esta parte) cubrindo ó "14" merengue. Para min o mellor do Real Madrid foi o central luso-brasileiro Pepe (penso que con eso queda todo dito nun equipo onde ademáis do citado Guti estaba Raúl, Wesley Schneider, Soldado, Diarra, Cannavaro ou Drenthe, xogadores millonarios, e o que despois se incorporou Robinho ou Baptista), pobre bagaxe o de un Real Madrid do cal se agardaba moito máis pero unha vez máis sucumbiu o embruxo de Riazor.
O único gol do encontro chegou logo dunha excelente xogada do ex-madridista Filipe Luis, que "meneou" a Miguel Torres e a Mamadou Diarra, puxo o centro cara a Xisco pero o central branco Pepe nó seu intento de despexe puxo o balón nas redes da portería defendida por Iker Casillas. A continuación o conto de sempre: caras de desesperación nos brancos sabedores a pesares dos moitos minutos que quedaban por diante que unha vez máis non ían poder puntuar en Riazor.
Compre destacar o traballo de todas as liñas de xogo que estiveron perfectas pero unha vez máis eu quédome coa excelente liña defensiva de 5 xogadores e en especial coas 3 torres (Lopo, Coloccini, Pablo Amo), que están a ser a clave do resurxir deportivista nesta 2ª volta ligueira. A estas alturas penso que Luis Aragonés debería probar a Albert Lopo na selección (visto o rendemento de Pablo Ibáñez, Juanito e Marchena nos seus equipos) o catalán está a xogar con moitas molestias e aínda así está a render a un gran nivel.

Particularmente non me gustou a arbitraxe de Turienzo Álvarez que pitou moitas faltas dubidosas a prol do Real Madrid cando no campo daba a sensación de que era o contrario, ademáis comeuse unha man clarísima de Fabio Cannavaro e o manotazo de Diarra a Xisco nun salto de cabeza. O mediocentro Malí voltou a amosar por enésima vez a súa excesiva agresividade (na foto vese unha patada sen balón que lle propina a De Guzmán logo de que o deportivista cometese unha falta), sinceramente Diarra non é xogador do Real Madrid, co balón nos pes é NULO, comete faltas tontas, vaiselle a "tarteira" agredindo sen ton nin son, e de estar nun equipo máis pequeno acabaría nos vestiarios antes de tempo na maioría dos partidos (se este xogador custa 36 millóns de euros entón De Guzmán vale 200 polo menos).

No aspecto ofensivo parece que Loti encontrou por fin un tridente de garantías (a min particularmente encantame): o mallorquín Xisco coma punta de lanza e un pouco máis retrasados o maño Ángel Lafita (Calidade Man) e o sueco Willy (como é coñecido cariñosamente na Coruña), traballan a reo os 3 cada partido e merecense a titularidade. Juan Carlos Valerón e Andrés Guardado xa se poden poñer as pilas se queren gozar de moitos minutos neste equipo. Quero destacar o traballo de Xisco que a pesares de que non está a marcar si que está a traballar para que marquen outros, posee unha forza descomunal, e ninguén pode dicir que non sua a camiseta que viste con orgullo, ten un salto de cabeza incrible, gañalle os balón por arriba a todos os centrais, incluso a vigas máis altas ca él, o sábado Pepe, Cannavaro e Diarra sufrirono e ningún dos 3 puido con él. Lafita pon a calidade e Willy a velocidade e os chispazos para a galería, sen dúbida os "3 mosqueteiros" do Deportivo están a ser uns dos animadores nesta 2ª rolda da Competición Doméstica.
A pesares do triunfo aínda estamos a 2 puntos do descenso, o que si é verdade e que estamos no 13º posto e temos bastantes equipos por debaixo nosa. Non nos podemos durmir nos laureis pois o sábado as 20:00 h e retransmitido en Pago por Visión hai unha dura loita fronte o R.C.D. Mallorca no Ono Estadi, sería moi importante puntuar para seguir medrando. Ademáis o cadro balear vai prFesentar as baixas de Ibagaza e Ballesteros por sanción o que se pode unir o venezolano Arango pois insultou o colexiado unha vez finalizado o último partido ligueiro fronte o R.C.D. Espanyol, por riba o seu máximo goleador Güiza é seria dúbida pois retirouse lesionado tamén no mesmo encontro.
UNHA VEZ MÁIS
FORZA DEPOR




luns, 17 de marzo de 2008

Imbécil

Moi boas a tod@s, antes de nada pedir disculpas por non actualizar como é debido este blog nos últimos días. A verdade e que entre unha cousa e outra non tiven moito tempo. Agardo que todo volte a normalidade e que poida ter o día éste o voso espazo.

A xornada 28 da Liga de Fútbol viuse tristemente empañada pola cobarde agresión do tonto que vedes de cazadora deportiva blanca que está agarrado por un garda de seguridade o porteiro do Athletic Club de Bilbao Armando Ribeiro.

O impresentable seguidor bético alcanzou con unha botella de plástico chea de auga o porteiro do Athletic cando este se dispuña a facer un saque de portería. Se a botella chega a impactar uns centimetros máis arriba seguramente Armando tería un grave problema de visión.

É repugnante que este tipo de xente entre os Estadios de fútbol e sexan cales sexan as cores, o primeiro que hai que ter é dignidade e respeto polas persoas. O fútbol e os seus afeccioados non se merecen que este tipo de persoas entren nos estadios.

A verdade é que no Ruiz de Lopera por desgraza non é a primeira vez que suceden este tipo de acontecementos e penso que lle deberían cambiar o nome e poñerlle "Betis Bronx Arena", é máis adecuado. O ano pasado agrediron a Juande Ramos cando adestraba o Sevilla, este ano fronte o Deportivo queimaron coches diante do Coliseo Bético e agrediron a seguidores deportivistas. Nun pasado recente os derbis co Sevilla en vez de fútbol viase G U E R R A..., e penso que esto non pode seguir así, a sanción debe ser exemplar, xa sei que por culpa de un non pode pagar toda unha afección pero se en cada estadio aparece o tonto de turno e a arma entonces esto pode traer consecuencias moi graves. Vease o fútbol arxentino e a triste situación que padece, vas ver un partido de fútbol para animar o teu equipo e non sabes se vas voltar para a casa..., é para meditalo en serio.

Ogalla Armando se recupere rápido e non teña problemas de visión, o impresentable que tirou a botella debe estar na "chapela" o tio que o fai unha vez repiteo e non pode ser ou un día ímonos lamentar de este tipo de incidentes.

Dende eiquí desexo unha pronta recuperación o excelente porteiro de Sopelana Armando e debo confesar que cada día que pasa estoulle collendo máis manía o Betis por este tipo de actitudes.

Saudos

A VIOLENCIA NON CONDUCE A NADA

REXEITA A VIOLENCIA.

martes, 11 de marzo de 2008

Idevos ohhh!

Por fin, acabaron as eleccións. Non foi sen tempo, mira que son pesados estes dous. Que se debate por aquí (qué non serven para nada agás para incrementar as audiencias televisivas e para mirar se tanto un político coma o outro son igual de cínicos), que sé publicidade por alá. Neste último mes é cando se acordan de nós (por que lles conven), xuventude, vivenda, pleno emprego, economía, terrorismo..., o conto de sempre, dende eiquí e con todos os meus respetos lles digo: Srs. Zapatero e Rajoy deixen de queimarnos a cabeza coas súas mentiras e afronten a realidade, nin todo está tan ben (Zapatero) nin todo está tan mal (Rajoy) o que sí é certo é que os ricos seguen sendo igual de ricos e os pobres seguimos sendo igual de pobres.

Agora pasaran outros 4 anos, non se acordarán de nós, eso si, cando falten poucas datas para as eleccións de novo apareceremos nas súas cabezas "ninguna persona sin vivienda propia", "pleno empleo en el país", "incremento del salario mínimo interprofesional", "mejora de la sanidad"..., promesas, só promesas, o final nada de nada.

Xa veredes en que queda todo o prometido, tanto por un coma polo outro, se cumplen un 15% do que din xa nos podemos dar con un canto nos dentes, pero bueno a historia foi, é e será así.

O único que pido e que non nos molan a cabeza porque son todos iguais: PP, PSOE, BNG, IU..., e realmente viven de nós pero só se dan conta cando lles conven.

Polo tanto só pido unha cousa: DEIXADENOS VIVIR OUTROS 4 ANOS EN PAZ.

Grazas

Atentamente: Víctor Cabanas

xoves, 6 de marzo de 2008

CENTENARIAZO

Hoxe cúmprense 6 anos dende que o Real Club Deportivo de A Coruña escribiu unha das máis belas páxinas dos seus 102 anos de historia. Hoxe é o 6º Aniversario daquel triunfo na Final da Copa do Rey fronte o todopoderoso Real Madrid de Florentino Pérez, na Casa Blanca, o Santiago Bernabeu, o día que o club merengue cumplía 100 anos de historia e precisamente tamén era a Final número 100 do citado trofeo.

O longo de un ano enteiro tanto prensa escrita como televisión e radio viñannos recordando que o 6 de marzo do 2002 era o Centenario do Real Madrid. Florentino Pérez, presidente naquel momento do Real Madrid mandou instalar un reloxo no exterior do Santiago Bernabeu para que fora contando os días que faltaban para o 6 de marzo.
A Federación Española de Fútbol coma homenaxe o Real Madrid acordou que esa tempada a final da Copa íase xogar na data que o Real Madrid estaba de cumpleanos e o esceario de dita final sería o Santiago Bernabeu.
Todo estaba preparado pois para que o Madrid chegase a final e a ganase na súa propia casa e diante da súa afección.
Florentino confeccionou en 2 anos un plantel diseñado para gañar esta Copa do Rey que xa había 11 anos que se lle resistía, sen dúbida que era un equipazo: Zinedine Zidane, Luis Figo, Claude Makelele, Raúl González, Santiago Hernan Solari, Fernando Hierro, Roberto Carlos, Iker Casillas, Míchel Salgado, Steve Mcmannaman, Fernando Morientes...
Polo tanto todo o que non fóra gañar este trofeo era un fracaso supino.

Depor e R. Madrid foron pasando eliminatorías ata chegar a final. O Depor nese momento contaba con unha Copa do Rey gañada tamén no Bernabeu no 1995 fronte o Valencia e a Liga do 2000 ademáis de 2 Supercopas de España.

Dende o momento en que o Depor se clasificou en Sobrado dixemos: "hai que ir a Madrid polo título". A tarefa era moi complicada, polo equipo rival, polas características "especiais" deste partido, pola presión dos medios de comunicación con árbitros, federación,etc, mais no deporte nunca é nada imposible e así foi como organizamos unha excursión a Madrid, con un autobús repleto, nós mesmos nos encargamos de quitar as entradas na antiga oficina da Marina, de alugar o bus de Chucho e de chamar o restaurante de Villacastín (Ávila) para xantar e o restaurante de Vega de Valcarce (O Bierzo) para almorzar.
A tarde anterior a marchares para Madrid fixemos unha pancarta de 25 metros coas cores branquiazuis que poñía "Sobrado dos Monxes Trukase". Josiño que naquel momento rexentaba a Cafetería Ramiro puxo 3 longas tiras brancas e azuis dende as ventás do piso de arriba da Cafetería no seu exterior ata o chan. Sen dúbida que Sobrado estaba engalanado.
Logo de cear decidimos baixar a tomar uns chismes antes de marchar, en teoría íamonos deitar cedo porque colliamos o bus as 08:00AM pero a noite alongouse...
Baixou todo o mundo (a pesares que era martes o día seguinte todo Dios pediu libre no traballo) e o personal comezou a pegarlle uns meneos o Barceló que non vexas. Houbo partidas de tute, unha pasada..., de repente a eso da 01:00 AM na TVG comezan a dar imaxes e reportaxes dos títulos do Depor ata aquel momento. Nós que xa estabamos entonados cantabamos cada gol que salía na tv, o bar estaba a tope, ERA UNHA FESTAZA. A confianza subía e unha voz berrou: IMOS GAÑAR A COPA, ovación por todo o alto e berros de "Forza Depor oe"
Moitos de nós non pisamos a cama, eu subinme duchar a casa as 07:00 AM e recoller a meu pai (madridista 100% dos que teñen venda nos ollos) para baixar. Meu pai flipaba comigo e cando chegou a Ramiro e veu o cuadro que alí había aínda flipou máis.

O pouco chegou o bus, 43 persoas preparadas para DARLO TODO (como diría Tonhito de Poi), Esteban conducindo e eu que me engancho o micrófono (vaia viaxe de ida que lles din a todo o grupo) metinlles unha raiadura de cabeza pequena. Eu con un contentillo considerable e non paraba de falar, chegando a Sarria meu pai berrou "queres calar un pouco?" e a miña contestación foi "cala ti". Risas xeralizadas.
Chegamos a Vega de Valcarce na fronteira entre Galiza e o Bierzo as 10:00 AM, primeira parada para tomar algo, alí xa caeron unhas cantas Estrella Galicia, os máis tranquilos tomaban café (meu pai entre eles), canción adicada a Juanillo de "El hijo de Lendoiro viene en nuestro bus" (polo seu gran parecido con Augusto César), había 2 fotografos que nos sacaban fotos, era un show.
Arrancamos, e un longo traxecto: Ponferrada, Astorga, La Bañeza, xa se sabe, longa e ancha é Castela, na provincia de Valladolid paramos nun área de servicio e houbo que beber San Miguel porque Estrella non había, a verdade é que había unhas borracheras curiosas.
Preto das 14:00 h chegamos a Villacastín para comer, un trato moi malo, o camareiro díxonos que se cantabamos dentro do restaurante nos votaba fóra (penso que os cánticos a favor do Depor non lle prestaban moito), a comida moi mala (algúns pediron sopa castelá de primeiro e penso que aínda hoxe se arrepinten) e a saida aparece o espabilado de turno. O típico madridista de antes, sal detrás nosa do restaurante e dinos "para donde ireis si vais a perder" (abucheos xeralizados) "lo mejor que tuvisteis en Galicia fue a Franco" (a que armou), comezouselle a berrar "tonto" "subnormal", "facha", as de San Quintín. O paisano meteuse nun Mercedes 190 co As debaixo do brazo e arrancou que lle eran moito horas.
Chegamos a Madrid preto das 17:00 horas, aparcamos no Parque do Retiro onde centos de Señoritas coa "Moral Distraida" estabannos esperando para darnos a benvida os 25.000 seguidores deportivistas que viaxamos ata a capital (algún supoño que festexou o partido antes de comezar).

A Policia Nacional avisanos que non entremos por Concha Espina porque están os Ultra Sur e nos pegan (pois vaia policia).
Imos para o outro lado do Estadio onde estabamos todos os branquiazuis (nos con gaña de festa non de pelea coma os marulos eses) e seguimos privando. Unha marea branquiazul impresionante, Estrella Galicia nalgúns bares, gaitas galegas soando, bandeiras de Galiza coa vaca de fondo para contrarrestar a española co toro... parecía que estabamos na casa.
Radio Marca instalouse preto de onde estabamos nós e comezou a entrevistar a Julio Salinas e a Míchel, polo tanto duas cancións de rigor, a primeira: "Julito eres Dios, Julito eres Dios, Julito eres Dios" o presentador de Radio Marca flipaba e a segunda "Míchel, Míchel, Míchel maricón, maricón, maricoooooooooón" Salinas partíase e Míchel ameazou con abandoar o plató. Risas e máis risas.
Entre unha cousa e outra chegou a hora de entrar, Álvaro, Hassan e Karnotxo entraron antes para colgar a mastodóntica pancarta e un pouco máis tarde entramos nós. Cando entramos estaban cantando os triunfitos e logo tocoulle o turno a Café Quijano, había festa na grada e para nada se pensaba na derrota, respirabase a victoria no ambiente.

Comezou o partido e no primeiro minuto os Riazor Blues entoan unha canción que agora é o lema de moitas afeccións pero que soou por primeira vez esa noite, o "A por ellos, oe", todos os seguimos.
O Depor comeza moi ben plantado no campo e os 3 minutos está a piques de marcar nun lanzamento do gran Diego Tristán que vai a escadra e César nunha estirada colosal despexa a córner.
Os blanquiazuis atacaron para a portería onde estabamos nós na primeira metade e deronlle un baño de futbol o Madrid dos galácticos. No minuto 6 chega o primeiro gol, Diego Tristán recibe de espaldas a uns 10 metros dá área, mete un pase xenial o oco a Sergio que se vai de Fernando Hierro, entra na área e mételle o balón de caño a César, GOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOLLLLLLLLLLLL, a zona norte do Bernabeu case se cae, os madridistas atónitos e nos a saltos. Nos primeiros minutos e xa por diante, sabiamos que ía a ser difícil, que o íamos a pasar mal pero que o podiamos conseguir.
O Depor non perdeu o sitio en ningún momento e agás un susto nun lanzamento de Zidane o longueiro o Madrid non creou perigo na primeira metade. Raúl fruto da impotencia mételle un empurrón a DON MAURO SILVA, nese momento enzárzanse, chega Molina, colle do peito o madridista, mándalle un empurrón e deixalle ben claro quen manda no campo. De Raúl non voltamos a saber nada en toda a primeira parte.
O Depor cada vez que chegaba creaba moito perigo e César estaba a salvar o Real Madrid ata que no minuto 35 chegaría o 2º gol. Víctor ten o balón en banda dereita, Juan Carlos Valerón tira un desmarque, recibe o balón chega a liña de fondo, levanta a cabeza e ve a Diego Tristán desmarcado preto do punto de penalti, pásalle o balón e Diego remata de primeiras cruzado e sendo imparable para César, o balón chega a rede GOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOLLLLLLL,


Tristán ven a celebrar o gol onde estamos todos os Deportivistas, pégalle unha patada a publicidade e mirando con rabia a grada berra: "Vamoooos", chega Scaloni, Víctor, Valerón e Sergio e sóbense enriba del literalmente, máis tarde chega Mauro e Naybet (que lle das 3 hostias a Diego na cabeza que se mas da a min deixame tonto) e logo o resto do equipo agás Molina que agarda no seu campo. Toda a afección comeza a cantar o xa coñecido oe, oe, oe, oe, Diegol, Diegol. Diego aplaude a grada e cando vai para o seu campo achegase o banquiño e dalle un bico a Djalminha e fai un xesto de OK o resto dos suplentes.

Antes do descanso Víctor tería 2 boas oportunidades para sentenciar o Aniversario do Madrid na primeira metade pero non as aproveitou.

O longo do descanso moitos nervios, chamadas e mensaxes, as liñas bloquearonse, era un descontrol. Dinnos dende Sobrado que se viu a pancarta pola televisiónm MISIÓN CUMPLIDA.

Comeza a segunda metade como acabou a primeira, co Depor dominando e os 5 minutos da reanudación O Mago Valerón nunha xogada de antoloxía logo de regatear escorado a César tira o balón o pao ante a escéptica mirada dos Ultra Sur. Era un baño en toda regla.

O Madrid adiantou liñas, fixo cambios e nun erro de Scaloni por non despexar o esférico, Solari rouba o balón, cédelle a Raúl que marca. Quedaban moitos minutos e tocaba sufrir. Pero emerxeu unha vez máis o mellor medio centro defensivo da historia do fútbol DON MAURO SILVA, qué partidazo se largou a pesares de ter unha tarxeta dende o minuto 10 da primeira metade, recoperou balóns, estivo moi tranquilo na transición do balón, soupo ler o "tempo" do partido, impresionante. Se en vez de estar toda a súa carreira no Depor estivese nun grande de Europa sería nomeado unha e outra vez aínda hoxe en todos os medios de comunicación.

O Deportivo aguantou como puido e Mejuto González moi valente toda a noite, que non se deixou amedrentar pola presión nin polos xogadores pitou o final, Fernando Hierro vaille comer a orella (moi típico nel) pedíndolle aínda non sabe o qué pero a festa está do lado deportivista. Unha marea blanquiazul salta, a min a moitos dos meus colegas cáensennos as bagoas de felicidade, abrazos, saltos, berro de Campeóns e nova canción dos inigualables Riazor Blues adicada o Real Madrid: "cumpleaños feliz, cumpleaños feliz, te deseamos todos, cumpleaños feliz" A xente partíase.


Djalminha e Tristán fúndense nun efusivo abrazo, e o pouco chegan máis xogadores e fan unha montonera impresionante, veñen cara a nosa zona xogadores, corpo técnico, utilleiros, etc. Baixan e soben os brazos en sinal de loanza cara a nós e nós respondemoslles co mesmo xesto e co berro de "Depor, Depor, Depor, Depor" incrible, todos estamos a vivir un sono.

Veñen a tirar as súas camisetas cara o fondo Norte , Scaloni incluso tira os pantalóns e quédase en roupa interior.

Lionel sube o longueiro da portería onde nos situabamos a pesares de que as forzas de seguridade o querían impedir, acompañao Molina (que creo que nunca o vin tan féliz na miña vida) e todo é unha festa.

O capitán Fran recibe a Copa de campións, bica a Lendoiro (qué tempos aqueles) e baixa eufórico co trofeo. Volta de campións o estadio, e 30 minutos máis tarde saimos do Bernabeu co sorriso de orella a orella. Chamadas de teléfono, bocata para repoñer forzas, compraslle a un indixente unha neveira enteira de bebida (mala por certo) por 20 € e camiño da casiña, que o corpo xa non está para moito máis. Os taxistas (moitos son do Atlético) felicitannos e pitan en sinal de triunfo, collemos o bus e camiño de volta.

Eu a verdade é que coa emoción non durmín en toda a viaxe de volta, unida a noite anterior que tampouco durmira a verdade é que me notaba cansado pero non tiña sono, daba igual acababamos de facer o CENTENARIAZO. Chegamos meu pai e eu a casa e metinme na cama coa conciencia tranquila. Levanteime a eso das 17:00 horas, ducheime, comín algo (pouco) e baixei mercar a prensa para ver as portas da XESTA: merquei o Marca, o As, o DXT, a Voz, e o Correo Galego (aínda os teño gardados), as portadas eran impresionantes, qué felicidade! pero o que máis me gustou foi un anuncio que Estrella Galicia puxo na prensa o día seguinte do Centenariazo nel viase duas copas de caña de cervexa, unha valeira e outra enteira e o lema era: "EN MUY POCOS LUGARES INVITAN A UNA SEGUNDA COPA, EL BERNABEU ES UNO DE ELLOS" máis abaixo podíase ler FELICIDADES DEPOR. Guapísimo o anuncio.

E así foi, son infinidade de recordos, de imaxes que teño grabadas na miña cabeza, de felicidade, eso xamáis nolo poderán quitar o Depor foi o protagonista do Centenariazo, en Madrid esta derrota aínda escoce e levarana enrriba polos siglos dos siglos, o día do seu cumpleanos o Bernabeu foi Deportivista e a Copa nº 100 veu para A Coruña.

FORZA DEPOR


martes, 4 de marzo de 2008

Arrasamos

Unha vez máis Pazitos e eu voltamos a gañar un Campionato de Tute. Desta volta foi o Campionato que organizou a Comisión de Festas de As Cruces. O botín que nos levamos foi de 300 €, e é que en 4 meses gañamos o Campionato de Teixeiro, a repesca de Sobrado e agora o de As Cruces. En total 750 € recaudados en 120 días, non está nada mal.

Sabía que o meu socio non me ía fallar e polo que puiden apreciar eu (e as parellas que xogaron contra nós tamén) non debeu ter moito éxito coas mulleres aló por Cuba pois como din os vellos: "colleu cartas coma tierra". E xa se sabe o que di o refrán: "afortunado no xogo, desafortunado en amores", je je je.

A verdade é que houbo partidas de auténtica masacre, eu só estaba para termar das cartas, Pazitos encargabase de cantar, de coller os ases, de fallar a primeira de cambio..., unha pasada.

En fin, que estamos en racha, a seguir así Pazos!

NOTA: na foto aparece Pazitos levándose de modo brusco a todos os rivais que se poñían por diante con cara de malo (mafioso lle chamaron no Caribe). O ollo vermello é debido a inxesta de Ron Barceló na noite do venres.

Saudos

luns, 3 de marzo de 2008

A Selección Española non pasará de cuartos de final

Así o delatan os datos da enquisa do mes de febreiro onde un 45% dos votantes opina que unha vez máis a Selección Española de Luis Aragonés voltarán a atragantarselle uns cuartos de final na vindeira Euro 08 a disputar este verán en Austria e Suiza.
Moi preto con un 37% situouse a opinión de que non pasará do Grupo de 4 inicial.
Xa de lonxe con un 12% os máis optimistas din que España gañará a Eurocopa.
A candidatura de ver "a vermella" como semifinalista acada un 4% e a opción de ser finalista ninguén a contemplou nos seus votos, polo tanto 0%.

Unha vez máis debo darvos a tod@s as grazas por participar. Axiña estará posta a enquisa do mes de marzo.