martes, 26 de febreiro de 2008

XXXIII Festa do Queixo de Arzúa




Esta fin de semana celebrarase na veciña vila de Arzúa a XXXIII Edición da tradicional e popular Festa do Queixo que compaxina diversas actividades coa degustación gastronómica e a música.



Para o Venres 29 de febreiro haberá unha "Noite de Rondalla" polos bares e rúas de Arzúa.



O Sábado 1 de marzo haberá intervencións de graffiti, exposición e venda de queixos, obradoiros e elaboración de queixo tradicional para nenos, exposición fotográfica...

Ás 18:00 horas será a inauguración oficial da Festa onde haberá a entrega de premios do Concurso do Cartaz Anunciador da XXXIII Edición da Festa do Queixo e onde o pregoeiro de este ano 2008 será o debuxante Xaquín Marín.
As 19:00 horas terá lugar unha exposición chamada UN PAIS DENDE AS TÁBOAS, 125 ANOS DO TEATRO GALEGO.

A partires das 21:00 horas chega o prato forte da XXXIII Edición da Festa do Queixo co FESTIVAL DO QUEIXO que un ano máis achéganos músicos de primeirísimo nivel na escea nacional, este é o programa:

LA MALA RODRÍGUEZ (HIP HOP) 21:00 h. Campo da Feira
MUCHACHITO BOMBO INFIERNO (MESTIZAXE) 23:00 h. Campo da Feira
TRIÁNGULO DE AMOR BIZARRO (POP) 01:30 h. Praza da Vila

Ademáis ao longo da tarde haberá gaiteiros e charanga polas rúas de Arzúa.

O Domingo 2 de Marzo abrirá o recinto feiral as 10:00 horas coa exposición e venda de queixos.

Dende as 11:00 horas ata as 19:00 horas coma o día anterior haberá unha INTERVENCIÓN ARTÍSTICA DE GRAFFITI no Campo de Fútbol.
As 12:00 horas está previsto unha función de Teatro de Rúa.

Para as 13:30 horas esta previsto a actuación de ARRÁS (Folk) na Praza do Concello, a esa mesma hora haberá Degustacións de queixos galegos con Denominación de Orixe no Recinto Feiral.

MEDLEY BAND (R&B) actuará na Praza da Vila as 17:00 horas, nesa mesma hora encádrase O País do Queixo, un programa lúdico-educativo para rapaces de entre 6 e 12 anos no Recinto Feiral.

As 19:00 horas teremos o 2º día do FESTIVAL DO QUEIXO cos seguintes artistas:

MALVELA (MÚSICA TRADICIONAL) 19:00 h. Campo da Feira
PEPE VAAMONDE GRUPO (FOLK) 21:00 h. Campo da Feira

Ademáis haberá o II Concurso de Tapas e Pinchos "FESTA DO QUEIXO" nos establecementos hostaleiros e bares de Arzúa.

Xa sabedes, gastronomía, cultura, actividades e música sen fin o longo de toda a fin de semana en Arzúa.

QUE VIVA A FESTA DO QUEIXO

6 comentarios:

Pitus dixo...

Buen cartel el Sábado 1 de Marzo con La Mala Rodriguez y Muchachito Bombo!!!

Anónimo dixo...

lato este ano salese o cartel pero o cartel digoche o de pejar nas paredes o outro tamen esta ben

Unknown dixo...

Atractivo cartel en todos os sentidos, je je je.

O cartel "de pejar" anónimo direiche que xerou moita controversia e levantou críticas e loanzas a partes iguais.

"Tengo un trato lo mío pá mi saco..."

LA MALA RODRÍGUEZ

Anónimo dixo...

Menudas festas organizan. Ahí o queixo é tan só unha excusa para facer festón (que por certo a min non me gusta nadiña).

Unknown dixo...

O Queixo sempre dispón de un gran cartel. Queda claro que calqueira temática é boa para montar un festón, je je je.

Saudos

Anónimo dixo...

Pois si, e tamén está claro que grazas á festa atraerán tanta xente ou máis que co queixo (eu se fora sería pola festa, porque o queixo repatéame).