luns, 25 de febreiro de 2008

Pillado

Pazitos non logrou convertirse en Xefe de Estado cubano debido a foto que estades a ver (nela apreciase como José Luis ten na man unha da ducia de copas que Pazitos lle pagou aquela longa tarde-noite mentres o "susodicho" lle pasa a man polo lombo intentando facerlle a pelota). Onte a Asemblea cubana elexiu a Raul Castro (irmán de Fidel) como máximo representante do goberno en lugar de elexir a Pazitos porque horas antes da elección trascendeu esta foto "roubada" no transcurso da despedida da Jacobo onde Pazitos intentou sobornar a José Luis, membro da Comisión de Festas de As Cruces para que amañara os cruces no sorteo do Campionato de Tute que se celebrará este vindeiro venres día 29 e co cal se supón que teño que xogar.

A hora da elección os representantes cubanos pensaron: "se por un campionato de tute intenta sobornar os organizadores qué fara se Repsol YPF intenta votar as súas redes sobre o territorio cubano? fodidos imos!" e con un berro unánime todos os que formaban a Asemblea berraron: "Pazitos Nunca Máis" nun perfecto galego.

Agora surxen unha serie de dúbidas: canto tardara Pazitos e os seus secuaces en seren expulsados da illa?, viran sos ou traeran consigo unhas belas caribeñas?, realmente foron a Cuba a ver a Habana Vella ou máis ben foron probar os "mojitos"?, pediría Pazitos "auja fría" nos bares cubanos?, daría Pazitos leccións de tute na "Bodeguita del Medio"? e por último, estes disidentes traerán frases na súa verborrea coma "ya tu sabes mi amol" ou "está todo ok, mi chico?"

Só agardo que chegue a tempo para o Campionato do venres aínda que logo do soborno imos estar mirados con lupa.

Saudos

3 comentarios:

Pitus dixo...

Esperemos que no haya pasado mucho tiempo rutando por "El Malecon" que es donde estan las ardientes caribeñas por que igual llega sin fuerzas y no le da la vista a las cartas.

Unknown dixo...

Muy, muy fácil. Eso es lo que más temo, encima parece que se perdió de noche por la Habana y ha entrado en una depresión supina.

Pobre hombre!

Anónimo dixo...

jajaja que ideas tes!! Con cada entrega da aventura cubana dos teus amigos sácasme un soriso, e iso que non os coñezo! Mira que sodes argalleiros jeje.

Por certo, como amañou para "encontrarse" logo de perderse na Habana?