venres, 29 de febreiro de 2008

Chegaron

Pazitos disfrutando coa súa música

Xoves, 28 de febreiro, 20:53 horas, soame o móbil, é O Muxico (o artista anteriormente coñecido coma Pablo do Cotarón), conversa:

- Lato: home figura, qué tal?
- Muxi: moi boas, onde estas?
- Lato: na casa xogando a Play.
- Muxi: baixas tomar algo a Ramiro?
- Lato: pero onde estades? (eu agardaba que chegarían de madrugada)
- Muxi: en Ramiro
- Lato: baixo agora.

Dispoñome a aparcar o coche na Praza de Sobrado e xa vexo os 3 xinetes da apocalipse que se dirixen cara a porta da Cafetería Ramiro, o ver o meu coche deteñense, non entrar na Cafetería e dirixense cara a min. O baixar do coche xa o lonxe detecto caras mustias e con un xesto acusado de cansanzo nas súas faces.

Saudoos e detecto que o Capitán Trukito está feito polvo, Pazitos fixose rapeiro pois trae un suadoiro branco de Puma (só lle falta dicir "oye pana, oye tergal") e O Muxico leva un forro polar (seguro que acusando o frio da Galiza interior logo de pasar moita pero que moita calor en Cuba).

Adentramonos en Ramiro e pedimos uns quintos, O Muxico relata que xa tiña gañas de tomar unha Estrella Galicia (parece ser que alí bebían unha cervexa chamada Bucanero).

Comezanme a contar historias (Álvaro vas flipar coas historietas, je je je) e a amosar fotos (Pazitos quitou máis de 200). Vaime pasar algunhas fotos e para min será un honor poñelas neste blog para que todos as vexades. As que máis me emocionaron foron as que me amosaron de La Bodeguita del Medio onde estes artistas puñeron as rúbricas de rigor na parede, unha delas pon LATO SUBELO, e outra das que firmaron pon para Lisardo, Lato e toda a peña de Sobrado coa data da rúbrica. NON SEI COMO AGRADECELO, GRAZAS AMIGOS, XA VOS INVITAREI A UNS XERROS POLOS GARITOS QUE ACOSTUMAMOS A IR.

Enseñaronme máis fotos e varias cousas me quedaron claras: en Cuba os albañís teñen moito traballo por facer (está todo feito polvo), non hai servizo de limpeza (hai merda por todos os recunchos), o coche de moda é o Seat 124 (madre mía) e o que máis claro me quedou de todo según palabras textuais de Trukito "nunca tantos ladrós vin xuntos".

Logo O Muxico no mesmo rexistro que Trukito declarou "nunca tantas mulleres cachondas vin xuntas".

Non contarei máis da conversa e según eles "ide alí e logo veredes..."

Así acabou a aventura cubana dos nosos amigos.

P.D: xa sei a que foi debido o extravio de Pazitos naquela recordada noite. Logo de tomar varias "Bucanero" atopouse con Wisin e Yandel (cantantes de Reggaeton para quen non os coñezades) nun local de copas e logo de verlle o atuendo branco de Puma que levaba comentaronlle a posibilidade de facer unha canción xuntos. Pazitos aceptou e toda a noite a adicaron a grabar o novo "hit", a canción chámase "Pablo Pazos is in the air" e a estrofa que lle toca dicir a Pazitos é: "saltito palante, saltito pá tras" o que Wisin e Yandel responden "Pablo Pazos is in the air, Pablo Pazos, is in the air..." penso que vai ser a canción do verán.

Seguro que axiña oiremos o éxito.

Felicidades crack

3 comentarios:

Anónimo dixo...

pablo pazos is in the air.......
e iso como se baila?¿?
porque o perreo desdes cantantes ainda sabia como se bailaba pero o Pablo Pazos.... non teño nin idea chico!!!!!!
alegroma que esteñan de volta sans e salvos....
ainda que haberia que averiguar que lle pasou a pacitos cando se perdeu pra chegar tan asustado o hotel.......hummmmmm

Anónimo dixo...

Home, como pa non asustarse oiches? Despois de grabar o hit debería estar saboreando as meles do éxito. Fijo que xa se vía co seu videoclip no 40 Latino e na MTV jeje.

Se só ten que dicir "pasito pa'lante, pasito pa'trás" pouca letra ten que aprender...

Álvaro dixo...

Simplemente PPPFFFFFFFFFFFFFFFFFFF!!!!!!!!!!!!
Hoxe toca confesión.

P.D.:Cando dixeches que sae o noso avión?