mércores, 27 de febreiro de 2008

Cartas de un soldadito español


Hoxe cando abrín o meu correo electrónico respirei con tranquilidade o ver que un dos novos mails que tiña era de O Muxico (o artista anteriormente coñecido coma Pablo do Cotarón). Dende que marcharan rumbo ó Caribe ninguén sabía nada de eles e todo o mundo me preguntaba: "sabes algo dos Cubanos?" a miña contestación era: "nada tío, non sei nada".
Ante tanta tardanza en dar señais de vida a xente (con razón) estabase comezando a preocupar, o que máis temíamos é que en vez de Cuba, foran para Río de Janeiro a disfrutar das "sobras" do Entroido carioca.
No mail O Muxico asegura que están pasando fatal con tanta "calor" polo que non pode ir en jeans porque se lles pega o vaqueiro a entreperna e estéticamente non está ben visto.
Tamén comenta que visitaron moitos "monumentos" e que na Habana a xente é "moi cariñosa" cos turistas.
Di que Pazitos (quizais nervioso polas pasadas eleccións do domingo) o outro día entendeu mal un roteiro e andivo toda a noite perdido pola cidade, cando chegou o hotel, case chora co "disgusto" do mal que o pasara.
H2O é a bebida favorita de Pazitos, Trukito e O Muxico dende que chegaron a Cuba, comentan que polas mañás non se poden despegar dela.
Parece ser que Pazitos adelgazou moito debido a que non lle gustan as "comidas cubanas" a asegura que a mellor tortilla é "a da súa nai", polo tanto, e como xa anticipei, Pazitos chegará a Sobrado con "cinturita de avispa".
O Muxico lamenta que non acertase eu a aposta na que asegurei que Fidel Castro ía morrer o 23-F, xa que de haber morto o ex-dirixente cubano seguramente terían uns días máis de estancia na Habana.
Pouco máis poido comentar, agás que chegan mañán e que agardemos que o meu socio de tute veña concentrado para darlle un golpe de efecto o Campionato de As Cruces e non veña pensando na noite que pasou "perdido" polas rúas da Habana.
Buen viaje mis "brothers".

11 comentarios:

Anónimo dixo...

A saber como faría Pazitos para "perderse"...non levaba callejero? Pobriño, que mal o debeu pasar... ;)

yoly dixo...

jajajajajaja
Era horiña de que deran sinal den vida xa estabamos preocupados polos nosos coleguiñas jeje. Alegrome x eles e tamen polos kgs que perdeu pazitos jijijiji que mala son que se prepare Teresa para facer unha macro tortilla ajajaja. bikos

Anónimo dixo...

hola papito.Vexo que interpretaches ben a mensaxe de onte.
Igual non volvemos xa que estamos pensando en ampliar a estancia.Estes dias non chegan a nada e eso que aproveitamos o que podemos,apenas durmimos,somentes dúas horas de media.
Os saluda la habana
O muxico

Pitus dixo...

Creo que Pazitos no solo viene con unos kilos de menos,sino que tambien viene dispuesto a dar clases de salsa, que a eso debió dedicar la noche de la supuesta "pérdida".

Anónimo dixo...

Un cubano que fue en la tierra muy bueno, se murió y, como era de esperarse, se fue al cielo, donde llevaba más de mil años disfrutando de la eternidad; pero un día se fastidió y le dijo a Dios: "Dios mío, quisiera que me permitieras conocer el infierno por una noche, para saber de qué me perdí".

Dios, en su infinita bondad, le dijo: "Si es tu voluntad, sea".

Nuestro hombre se fue esa noche al infierno. Subió, a su entrada, unas escaleras de mármol de Carrara. Vio por doquier luces de neón y una puerta se abrió de manera espectacular, dando paso a una especie de Edén surcado por ríos de whisky de 18 años y mujeres de las más hermosas del planeta, . Pasó la mejor noche de su vida y regresó de madrugada al cielo. En la mañana, habló con Dios y le manifestó su deseo de mudarse definitivamente al infierno.

Dios nuevamente aceptó.

Arreglados sus asuntos, a la semana estaba camino del infierno.

Subió las mismas escaleras y se abrió nuevamente la puerta, pero esta vez cayó a una paila gigantesca de azufre hirviente. Se hundió en ella mientras el diablo lo punzaba con su tridente, pero con esfuerzo logró colgarse del borde. Sacó la cabeza y miró al Diablo sentado en su trono y le dijo:

-Diablo, ¿qué es esto? Yo estuve aquí la semana pasada y todo era maravilloso...

Y el Diablo respondió: - Tu como cubano ya debias saber, que una cosa es para el turismo y otra para los que viven aqui.

Anónimo dixo...

ay que envexa mais grande

Anónimo dixo...

Mosqueteros se ledes esto o ultimo por vos e polos vosos compañeiros.
Alberto

Unknown dixo...

ATENCIÓN, NOVA DE ÚLTIMA HORA:

hoxe o despertar tiña no meu móbil unha sms de O Muxico (o artista anteriormente coñecido coma Pablo do Cotarón) que me alertaba de que viñan para España sen un euro e que traían ideas frescas para aquí.

XA LLES ESTOU TEMBLANDO!

MEDO ME DAN

Álvaro dixo...

Ti moito falas da cinturita de avispa de Pazos, pero se comeron tan mal non quero nin imaxinar como virá a miña parexa de tute(porque antes de marchar, gordo o que se di gordo non estaba);penso que teño unha baixa para este venres.
Xa teño ganas de escoitar algunha historieta,porque algunha contarán non??E se non queren falar recurriremos os nosos amigos os CEN JAITEIROS, HAN FALAR OH!!!!

Anónimo dixo...

Se lle dades do xarope dos 100 jaiteiros acabarán contando o que querían e o que non tamén... adiota pasar moito...jeje

Anónimo dixo...

Somentes dicir que o paragrafro que comenta a historia do deus e do inferno con toda asúa ironia e a realidade do que se ve en cuba, polo menos na habana que é o que puiden ver.
Ten cousas boas e bonitas pero aquelo e como se acabase de pasar unha guerra,as casas todas caendo, a xente pedindo constantemente e as mulleres ofrecendo todas o seu corpo.Para sacar en limpo unhos pesos o que pretenden é estafar como poidan os turistas e xa dicia Truquillo que nunca tanto ladrón xunto viu na súa vida,e falando de ladrón dicir que algo que sempre se oe,que é da boa seguridade en cuba,non é o que parece ,si, hai moito policia pola rúas pero menos mal por que se non non se podería andar polas elas e xa non falo de pola noite.Agora si se so te moves pola zona de turistas que é a que en mellor estado está non hai probrema.Bueno non sigo, e mellor que viaxedes aló para que vexades a realidade do que podía ser e o que é
Un Saudo:
O Muxico