venres, 22 de febreiro de 2008

Andamos de coña ou qué?

Raúl e Aragonés onte "firmando" a trégua
Segundo pasan as horas aínda non saio do meu estupor. Onte cando cheguei de traballar e encendín o televisor puxen en Deportes Cuatro. Quedeime conxelado cando Manolo Lama anuncio que estaba prevista para as 18:00 horas na Cidade Deportiva de Las Rozas de Madrid (sede da Selección Española de Fútbol entre outras) unha roda de prensa conxunta de Raul González, xogador do R. Madrid e Luis Aragonés, seleccionador nacional de fútbol.
O fin de esta roda de prensa era para aclarar que solucionaran as súas diferencias (antes ambos dicían que esas diferencias non existían) e polo tanto agora Raúl volta a ser "seleccionable".
Aragonés deixou ver que había un campaña orquestrada dende diversos frentes para levar a Raul a Selección mentres Raúl opinou todo o contrario.
Pareceme patético que teña que ocurrir esta roda de prensa e máis patético aínda me parece a campaña que os medios de comunicación, sobre todo de Madrid andan a organizar a favor de Raúl.
Eu particularmente neste momento sí levaría a Raúl entre os 23 seleccionados a Eurocopa, pero por exemplo hai un par de anos Raúl ía si ou si a Selección mentres todo o mundo estaba a ver que se andaba a arrastrar polos campos e había unha serie de xogadores españois que estaban a marcar máis goles e máis as diferencias que Raúl, parecía que tiña que ir por Ley (o madridista non estaba para xogar).
Curiosamente agora que Raúl leva case unha tempada (o ano pasado fixo unha 2ª volta bastante boa) en forma, non vai a Selección, non sei hai cousas que me superan. Moitos dicen que Raúl non vai porque quería mandar máis no vestiario que Luis Aragonés, outros dicen que Raúl negaríase a ir a Selección se fose suplente.
Para min a día de hoxe hay 4 dianteiros que teñen que ir a Selección: David Villa, Raúl Tamudo, Fernando Torres e Raúl González, logo ábrese un abanel cos: Luis García (Espanyol),Güiza, Llorente, Morientes, Aduriz...
Non sei, o único que penso eu é o seguinte: os xogadores que non son seleccionados por Aragonés dirán: "porque non da unha roda de prensa conxunta conmigo para explicar que non ten ningún problema comigo?".
PARECEME UNHA FALTA DE RESPETO O RESTO DE XOGADORES NACIONAIS
Saudos

4 comentarios:

Álvaro dixo...

É unha vergonza, os medios de comunicación son os que mandan na selección. Pero se isto pasará con calquer outro xogador non creo que derán tanta caña.
Penso que é mellor pasar do tema e preocuparnos da selección galega, esa polo menos disfrutámola en directo,E DE QUE MANEIRA!!!!!

Anónimo dixo...

A min paréceme propio desta xente, que queres que che diga. Xa case nin me sorprende. Porque o que está visto neste tema é que Raúl ten que estar na selección sí ou sí. E se teñen "diferencias" teñen que disfrazalas cunha rolda de prensa deste tipo para ter algo que xustifique a presencia de Raúl na próxima Eurocopa. Porque que iva ir estaba visto (ti imaxinas que non fora?) e dalgún sitio tiñan que sacar o "teatro" de que xa se "amigaron" para que volva a unha convocatoria.

A min paréceme que estaba todo perfectamente argallado para que Raúl volvese sen dar o cantazo de que estaba a mal co seleccionador. Agora volve porque xa están a ben. Así de sinxelo.

Patético todo.

Un saudiño e a seguir así co blog!

Anónimo dixo...

O que estás de coña es ti. ¿Cómo se che ocorre comparar a Raúl co resto dos xogadores españois seleccionabeis?

Porque Raúl, para a prensa madridista é o inmortal, Capitán Coraxe, brazalete de aceiro, piraña insaciábel do Bernabeu... (non me invento nada).

Ao resto dos xogadores non lles teñen que dar explicacións ningunha, a Raúl sí, que para eso é Deus.

Pitus dixo...

Y ahora sale diciendo Raúl que si no va a la Eurocopa que sería una decepción para el.
Que vaya y que falle un penalti decisivo como le pasó contra Francia o es que solo se acuerda la gente del que fallö Joaquín contra Corea?