martes, 12 de febreiro de 2008

14 febreiro, San "Corte Inglés"

Faime gracia o desplegue que fan as grandes áreas comercias e en especial El Corte Inglés (si no queda satisfecho le devolvemos su dinero) cando chega o 14 de febreiro día de San Valentín coñecido "comercialmente" coma o día dos Namorados.
Gustaríame saber canto gastan na campaña de publicidade nos diferentes medios de comunicación para "regalar" a persoa amada e canto recaudan a cambio. Con este mesmo tipo de campaña bombardeannos o Día do Pai ou o Día da Nai.
Na miña humilde opinión penso que para demostrarlle amor a un ser querido, sexa noiva, noivo, muller, marido, pai, nai, avo, avoa, etc non ten que ningún comercio nin nada que se lle pareza dicirnos cando debemos demostrar o noso amor nin o que temos que regalar. Non ten porqué ser o 14 de febreiro, cada un regala cousas a outra persoa cando quere e lle apetece e o amor non se mostra nun día senón todos os días e non con obxetos senón con feitos.

Non sei se estades de acordo ou non coa miña opinión, haberá para todos os gustos pero o que sí que está claro é que o día de San Valentín (eu chámolle San Corte Inglés) é un negocio da hostia!.

Para tod@s @s namorad@s: FELIZ SAN "CORTE INGLÉS".

6 comentarios:

Anónimo dixo...

independentemente de estar ou non de acordo con que o 14 sexa san corte ingles (penso q e san coprade malditos comprade) teriamos q preguntarlle a noe ou a maricarmen ou a ovidio se che fai falta realemente un san corte ingles ou san cumpreanos feliz pra que lles fagas agasallos polo cariño que lles tes....jjajajajaj
hoxe en dia co estress do traballo ou das obrigas... as veces fainos falta que un mes antes nos recorden que se non agasallamos nesa data con algo..... por desgracia para nos... quedaremos como o cu... aparte de tacaños claro!!!jajajajaaja
prefiro un bico e un abrazo de cando en vez que unha flor que murchara nuns dias......
para todos los demas.....

feliz dia dos mamorados!!!!!!

Anónimo dixo...

hay Victor, victor...

Unknown dixo...

Para todo lo demás..., Mastercard, je je je.

Saudos

Hakuna_Matata dixo...

Latoneiro, no digas nada....Maña e San Corte Ingles...e ti terás que ir ó Corte Ingles...mal que che pese...ou non! xDDD

Feliz dia de los pobres diablos

Unknown dixo...

En vez de Hakuna Matata vouche chamar Lion Queen. A min o Corte Inglés non me ve mañan o pelo nin que lles paguen, é máis aínda que me den pasta mañán non o piso, están ben libres.


Seguramente a ti si que che tocará pisalo.

Saudos

Anónimo dixo...

Totalmente dacordo contigo, Víctor. Eu non engadiría nin sacaría nada ao que escribiches, porque eu penso exactamente o mesmo.

Se temos en conta o factor de que á parella lle pode facer ilusión recibir un presente neste día, eu persoalmente penso que calquera outro día, sen ser "sinalado", faríalle máis, por ser inesperado. Hoxe, facer un regalo, é facer o que fan todos (ou moitos), facer o que se espera que fagas. E iso é "a donde vas tolo? A donde van todos". É deixarse levar pola campaña do Corte Inglés.

Eu non penso que haxa que gastar os cartos en mercar nada, e persoalmente non me parece mal que a miña parella non me merque un detalle. Non creo que por iso me queira máis ou menos, nin que o 14 me teña máis cariño que o 13 ou o 15. Eu non o quero hoxe máis que onte ou mañá. Non preciso dun día no calendario para iso.

En canto a celebralo ou non, pódese celebrar facendo algo distinto ao de todos os días sen regalo algún. E niso si que penso que non me vou escaquear...jejeje.


Que teñades todos un feliz día dos encoñados!!