xoves, 7 de febreiro de 2008

11 anos de liberdade de movementos


Hoxe, 7 de febreiro cúmprense 11 anos que saquei o carnet de conducir. Foi no ano 1997 na cidade de A Coruña logo de varios intentos dixéronme que estaba "apto" para a conducción. O día coincidiu xenial pois pola tarde había "guateque" no Instituto onde cursaba os meus estudios o I.E.S. Curtis polo que houbo celebración por todo o alto e evidentemente ese día non collín o coche pois non estaba "apto" para a conducción.
A semana seguinte logo de sacar o carnet meus avós regaláronme un Peugeot 205 GT de segunda man (para esto de irme practicando e tal). Foi con este coche co que tiven un chungo accidente nas montañas do Bocelo (a hostia do principiante que lle chaman), o coche quedou patas arriba e acompañábanme Álvaro, Sandra e Silvia logo de vir ver un partido de fútbol da Liga da Amizade de Visantoña (Santiso), pasamos un bo susto pero só quedou neso, un susto.
Logo de esta anécdota collinlle respeto o coche e o coche tamén mo debeu coller a min e os meus amigos porque lle preparábamos cada unha que non vexas, se o Peugeot 205 falara habería mil historias para contar, os meus amigos podenno atestiguar, e non é que fixeramos o tolo nel nin moito menos, senón que nos pasaron miles de historias graciosas...
Pasou o tempo e o 205 foi a menos polo que decidín cambialo e así foi que merquei un Citroën Xsara HDI en marzo de 2000 que é o que me carrexa ata o de agora. Pero o Xsara perdeu o "feeling" que tiña aquel Peugeot 205.
Debo dicir que me encanta conducir e que fago un lote de kilómetros (a maioría de eles en plan ocio) pois non é normal que tendo o traballo a 300 metros da casa lle faga como mínimo 700 kilómetros a semana, pero bueno, xa o dicía o anuncio: "Te gusta conducir?".

P.D: a foto que coloquei para ilustrar esta entrada é dunha nova que saiu no diario El País fai algún tempo e que fala de que unha determinada autoescola de Vallecas (Madrid) ten que aparcar os coches nas aceras pois non hai sitio para aparcar neste "distrito".
Como está o aparcamento nas grandes urbes!!!

8 comentarios:

Álvaro dixo...

Bufff!!!!Donde irá o mítico 205 LE-M, vaia festazas temos vivido con aquel coche. Entre outras(que igual é millor non contar):
- O día que apareceu a tapicería toda pintada.
- Ou a inolvidable historia de Nando e o seu bocata.
Xúroche que me estou rindo solo de pensalo.

Pitus dixo...

Jejeje ese 205 ahí a muerte!!
Coche mas duro que ese no se ha inventado todavía.
A mi me pasa lo mismo con el Clio,en dos años que lo tuve tiene historias,fiestas,kilometros...
De hecho se debía ir el solo de fiesta por ahí por que un par de veces en Melide no lo encontraba,jajaja,
Ah!y en La Castellana otro tanto de lo mismo!pffffff
Joder!!Que además es el primer coche y te cambia la vida la ostia!

Unknown dixo...

Älvaro, eu tamén recordo a das alfombras ou a de Esteban e Li na festa de Teixeiro ou a Emilio Tato cantando polo Bocelo arriba... deixémolo ahí..., je je je, a verdade é que o LE-0857-M era mítico, as últimas novas que tiven foi que andaba por Vigo pero eso xa fai uns anos e o mellor agora xa non existe.

Pitus, el Clio también vivió las suyas, por supuesto y encima el hijo puta llegada la hora de ir para casa se escondia para no tener que venir a dormir..., je je je.

Venga figuras, un abrazo.

Anónimo dixo...

Jolín, pois tendo o traballo tan cerca da casa irás andando non? 700 km á semana son unha burrada de km, débeche quedar o cu plano de estar tanto tempiño aí sentado.

A mín tamén me encanta conducir e tamén saquei o carné na Coruña, pero creo que os 700 km que ti fas nunha semana lévoos eu en algo máis de 2 anos e medio que fai que teño carné. Eu conduzo moito menos básicamente porque non teño coche, nin 205 nin Xsara nin nada! Cando se pode ando no XM de papá...jejeje

Saudos.

Unknown dixo...

Vero, a verdade é que non paro un momento: Santiago, Coruña, algunha vez a Lugo, a Arzúa 3 ou 4 veces a semana, a Melide os venres e sábado..., teño o coche contento pero a Estación de Servicio de Sobrado aínda máis, je je je.

Anónimo dixo...

Non me extraña!! Xa case lles era mellor facerche un carné de socio ou nomearte cliente vip jaja.

Unknown dixo...

Será mellor o de cliente V.I.P (Very Important "Personaje"), je je je, e de paso se pode haber unha rebaixiña no prezo do gasoleo mellor que mellor, je je je.

Anónimo dixo...

jajaja iso, iso, ti mira que che cobren menos, que sempre ven ben aforrar uns euros. Ademáis o carburante agora está polas nubes, así que xa che poden ter en conta o gasto que lles fas, non? Os bos clientes hai que coidalos.