venres, 29 de febreiro de 2008

Chegaron

Pazitos disfrutando coa súa música

Xoves, 28 de febreiro, 20:53 horas, soame o móbil, é O Muxico (o artista anteriormente coñecido coma Pablo do Cotarón), conversa:

- Lato: home figura, qué tal?
- Muxi: moi boas, onde estas?
- Lato: na casa xogando a Play.
- Muxi: baixas tomar algo a Ramiro?
- Lato: pero onde estades? (eu agardaba que chegarían de madrugada)
- Muxi: en Ramiro
- Lato: baixo agora.

Dispoñome a aparcar o coche na Praza de Sobrado e xa vexo os 3 xinetes da apocalipse que se dirixen cara a porta da Cafetería Ramiro, o ver o meu coche deteñense, non entrar na Cafetería e dirixense cara a min. O baixar do coche xa o lonxe detecto caras mustias e con un xesto acusado de cansanzo nas súas faces.

Saudoos e detecto que o Capitán Trukito está feito polvo, Pazitos fixose rapeiro pois trae un suadoiro branco de Puma (só lle falta dicir "oye pana, oye tergal") e O Muxico leva un forro polar (seguro que acusando o frio da Galiza interior logo de pasar moita pero que moita calor en Cuba).

Adentramonos en Ramiro e pedimos uns quintos, O Muxico relata que xa tiña gañas de tomar unha Estrella Galicia (parece ser que alí bebían unha cervexa chamada Bucanero).

Comezanme a contar historias (Álvaro vas flipar coas historietas, je je je) e a amosar fotos (Pazitos quitou máis de 200). Vaime pasar algunhas fotos e para min será un honor poñelas neste blog para que todos as vexades. As que máis me emocionaron foron as que me amosaron de La Bodeguita del Medio onde estes artistas puñeron as rúbricas de rigor na parede, unha delas pon LATO SUBELO, e outra das que firmaron pon para Lisardo, Lato e toda a peña de Sobrado coa data da rúbrica. NON SEI COMO AGRADECELO, GRAZAS AMIGOS, XA VOS INVITAREI A UNS XERROS POLOS GARITOS QUE ACOSTUMAMOS A IR.

Enseñaronme máis fotos e varias cousas me quedaron claras: en Cuba os albañís teñen moito traballo por facer (está todo feito polvo), non hai servizo de limpeza (hai merda por todos os recunchos), o coche de moda é o Seat 124 (madre mía) e o que máis claro me quedou de todo según palabras textuais de Trukito "nunca tantos ladrós vin xuntos".

Logo O Muxico no mesmo rexistro que Trukito declarou "nunca tantas mulleres cachondas vin xuntas".

Non contarei máis da conversa e según eles "ide alí e logo veredes..."

Así acabou a aventura cubana dos nosos amigos.

P.D: xa sei a que foi debido o extravio de Pazitos naquela recordada noite. Logo de tomar varias "Bucanero" atopouse con Wisin e Yandel (cantantes de Reggaeton para quen non os coñezades) nun local de copas e logo de verlle o atuendo branco de Puma que levaba comentaronlle a posibilidade de facer unha canción xuntos. Pazitos aceptou e toda a noite a adicaron a grabar o novo "hit", a canción chámase "Pablo Pazos is in the air" e a estrofa que lle toca dicir a Pazitos é: "saltito palante, saltito pá tras" o que Wisin e Yandel responden "Pablo Pazos is in the air, Pablo Pazos, is in the air..." penso que vai ser a canción do verán.

Seguro que axiña oiremos o éxito.

Felicidades crack

mércores, 27 de febreiro de 2008

Cartas de un soldadito español


Hoxe cando abrín o meu correo electrónico respirei con tranquilidade o ver que un dos novos mails que tiña era de O Muxico (o artista anteriormente coñecido coma Pablo do Cotarón). Dende que marcharan rumbo ó Caribe ninguén sabía nada de eles e todo o mundo me preguntaba: "sabes algo dos Cubanos?" a miña contestación era: "nada tío, non sei nada".
Ante tanta tardanza en dar señais de vida a xente (con razón) estabase comezando a preocupar, o que máis temíamos é que en vez de Cuba, foran para Río de Janeiro a disfrutar das "sobras" do Entroido carioca.
No mail O Muxico asegura que están pasando fatal con tanta "calor" polo que non pode ir en jeans porque se lles pega o vaqueiro a entreperna e estéticamente non está ben visto.
Tamén comenta que visitaron moitos "monumentos" e que na Habana a xente é "moi cariñosa" cos turistas.
Di que Pazitos (quizais nervioso polas pasadas eleccións do domingo) o outro día entendeu mal un roteiro e andivo toda a noite perdido pola cidade, cando chegou o hotel, case chora co "disgusto" do mal que o pasara.
H2O é a bebida favorita de Pazitos, Trukito e O Muxico dende que chegaron a Cuba, comentan que polas mañás non se poden despegar dela.
Parece ser que Pazitos adelgazou moito debido a que non lle gustan as "comidas cubanas" a asegura que a mellor tortilla é "a da súa nai", polo tanto, e como xa anticipei, Pazitos chegará a Sobrado con "cinturita de avispa".
O Muxico lamenta que non acertase eu a aposta na que asegurei que Fidel Castro ía morrer o 23-F, xa que de haber morto o ex-dirixente cubano seguramente terían uns días máis de estancia na Habana.
Pouco máis poido comentar, agás que chegan mañán e que agardemos que o meu socio de tute veña concentrado para darlle un golpe de efecto o Campionato de As Cruces e non veña pensando na noite que pasou "perdido" polas rúas da Habana.
Buen viaje mis "brothers".

martes, 26 de febreiro de 2008

XXXIII Festa do Queixo de Arzúa




Esta fin de semana celebrarase na veciña vila de Arzúa a XXXIII Edición da tradicional e popular Festa do Queixo que compaxina diversas actividades coa degustación gastronómica e a música.



Para o Venres 29 de febreiro haberá unha "Noite de Rondalla" polos bares e rúas de Arzúa.



O Sábado 1 de marzo haberá intervencións de graffiti, exposición e venda de queixos, obradoiros e elaboración de queixo tradicional para nenos, exposición fotográfica...

Ás 18:00 horas será a inauguración oficial da Festa onde haberá a entrega de premios do Concurso do Cartaz Anunciador da XXXIII Edición da Festa do Queixo e onde o pregoeiro de este ano 2008 será o debuxante Xaquín Marín.
As 19:00 horas terá lugar unha exposición chamada UN PAIS DENDE AS TÁBOAS, 125 ANOS DO TEATRO GALEGO.

A partires das 21:00 horas chega o prato forte da XXXIII Edición da Festa do Queixo co FESTIVAL DO QUEIXO que un ano máis achéganos músicos de primeirísimo nivel na escea nacional, este é o programa:

LA MALA RODRÍGUEZ (HIP HOP) 21:00 h. Campo da Feira
MUCHACHITO BOMBO INFIERNO (MESTIZAXE) 23:00 h. Campo da Feira
TRIÁNGULO DE AMOR BIZARRO (POP) 01:30 h. Praza da Vila

Ademáis ao longo da tarde haberá gaiteiros e charanga polas rúas de Arzúa.

O Domingo 2 de Marzo abrirá o recinto feiral as 10:00 horas coa exposición e venda de queixos.

Dende as 11:00 horas ata as 19:00 horas coma o día anterior haberá unha INTERVENCIÓN ARTÍSTICA DE GRAFFITI no Campo de Fútbol.
As 12:00 horas está previsto unha función de Teatro de Rúa.

Para as 13:30 horas esta previsto a actuación de ARRÁS (Folk) na Praza do Concello, a esa mesma hora haberá Degustacións de queixos galegos con Denominación de Orixe no Recinto Feiral.

MEDLEY BAND (R&B) actuará na Praza da Vila as 17:00 horas, nesa mesma hora encádrase O País do Queixo, un programa lúdico-educativo para rapaces de entre 6 e 12 anos no Recinto Feiral.

As 19:00 horas teremos o 2º día do FESTIVAL DO QUEIXO cos seguintes artistas:

MALVELA (MÚSICA TRADICIONAL) 19:00 h. Campo da Feira
PEPE VAAMONDE GRUPO (FOLK) 21:00 h. Campo da Feira

Ademáis haberá o II Concurso de Tapas e Pinchos "FESTA DO QUEIXO" nos establecementos hostaleiros e bares de Arzúa.

Xa sabedes, gastronomía, cultura, actividades e música sen fin o longo de toda a fin de semana en Arzúa.

QUE VIVA A FESTA DO QUEIXO

luns, 25 de febreiro de 2008

Pillado

Pazitos non logrou convertirse en Xefe de Estado cubano debido a foto que estades a ver (nela apreciase como José Luis ten na man unha da ducia de copas que Pazitos lle pagou aquela longa tarde-noite mentres o "susodicho" lle pasa a man polo lombo intentando facerlle a pelota). Onte a Asemblea cubana elexiu a Raul Castro (irmán de Fidel) como máximo representante do goberno en lugar de elexir a Pazitos porque horas antes da elección trascendeu esta foto "roubada" no transcurso da despedida da Jacobo onde Pazitos intentou sobornar a José Luis, membro da Comisión de Festas de As Cruces para que amañara os cruces no sorteo do Campionato de Tute que se celebrará este vindeiro venres día 29 e co cal se supón que teño que xogar.

A hora da elección os representantes cubanos pensaron: "se por un campionato de tute intenta sobornar os organizadores qué fara se Repsol YPF intenta votar as súas redes sobre o territorio cubano? fodidos imos!" e con un berro unánime todos os que formaban a Asemblea berraron: "Pazitos Nunca Máis" nun perfecto galego.

Agora surxen unha serie de dúbidas: canto tardara Pazitos e os seus secuaces en seren expulsados da illa?, viran sos ou traeran consigo unhas belas caribeñas?, realmente foron a Cuba a ver a Habana Vella ou máis ben foron probar os "mojitos"?, pediría Pazitos "auja fría" nos bares cubanos?, daría Pazitos leccións de tute na "Bodeguita del Medio"? e por último, estes disidentes traerán frases na súa verborrea coma "ya tu sabes mi amol" ou "está todo ok, mi chico?"

Só agardo que chegue a tempo para o Campionato do venres aínda que logo do soborno imos estar mirados con lupa.

Saudos

Comezan as festas

Achégase a primavera e con ela voltan a nosa patria as miles de festas que tanto nos caracterizan. No mes de marzo temos na zona variadas festas con parte das mellores orquestras da Galiza. Como nesta época o tempo é unha ameaza as diversas comisións organizadoras trataron de cubrirse as espaldas alugando carpas para evitar unha inoportuna visita da choiva e o frío.



Para o venres 14 de marzo temos unha doble cita nesta zona: por un lado, na miña segunda terra: Présaras (Vilasantar) haberá unha gran polbeirada a festa estará amenizada pola espectacular Orquestra Marbella que tivemos a ocasión de vela no pasado 2007 na festa da Virxe dos Dolores de Sobrado e deixou un gran sabor de boca. Ademáis conta para o meu gusto coa cantante máis guapa (é bastante difícil elexir unha) de todas as orquestras galegas.

Por outro lado ese mesmo venres 14 temos en Visantoña (Santiso) un luxo de festa: Panorama, París de Noia e a Orquestra da Televisión xuntas nunha noite que promete ofertarnos sensacións fortes. Como xa nos teñen acostumados os nosos veciños de comarca da Terra de Melide en Visantoña (unha vez máis) terán parte das mellores orquestras no noso país, FELICIDADES.



O mércores 19 de marzo día de San Xosé e festivo nacional neste ano 2008, que este ano cadra coa Semana Santa polo que pode haber un número importante de xente tamén teremos un bo cartel en Teixeiro (Curtis) coas Orquestras París de Noia e Cibeles.

Polo tanto e para ir abrindo boca cara o verán poderemos ver no mes de marzo, as novas fichaxes, as novas cancións, escearios,etc, das nosas orquestras.

Animádevos a ir as festas populares, cantade, bailade, bebede (con moderación) e difrutade: SON TRADICIÓNS QUE NON SE PODEN PERDER.

Saudos

venres, 22 de febreiro de 2008

Andamos de coña ou qué?

Raúl e Aragonés onte "firmando" a trégua
Segundo pasan as horas aínda non saio do meu estupor. Onte cando cheguei de traballar e encendín o televisor puxen en Deportes Cuatro. Quedeime conxelado cando Manolo Lama anuncio que estaba prevista para as 18:00 horas na Cidade Deportiva de Las Rozas de Madrid (sede da Selección Española de Fútbol entre outras) unha roda de prensa conxunta de Raul González, xogador do R. Madrid e Luis Aragonés, seleccionador nacional de fútbol.
O fin de esta roda de prensa era para aclarar que solucionaran as súas diferencias (antes ambos dicían que esas diferencias non existían) e polo tanto agora Raúl volta a ser "seleccionable".
Aragonés deixou ver que había un campaña orquestrada dende diversos frentes para levar a Raul a Selección mentres Raúl opinou todo o contrario.
Pareceme patético que teña que ocurrir esta roda de prensa e máis patético aínda me parece a campaña que os medios de comunicación, sobre todo de Madrid andan a organizar a favor de Raúl.
Eu particularmente neste momento sí levaría a Raúl entre os 23 seleccionados a Eurocopa, pero por exemplo hai un par de anos Raúl ía si ou si a Selección mentres todo o mundo estaba a ver que se andaba a arrastrar polos campos e había unha serie de xogadores españois que estaban a marcar máis goles e máis as diferencias que Raúl, parecía que tiña que ir por Ley (o madridista non estaba para xogar).
Curiosamente agora que Raúl leva case unha tempada (o ano pasado fixo unha 2ª volta bastante boa) en forma, non vai a Selección, non sei hai cousas que me superan. Moitos dicen que Raúl non vai porque quería mandar máis no vestiario que Luis Aragonés, outros dicen que Raúl negaríase a ir a Selección se fose suplente.
Para min a día de hoxe hay 4 dianteiros que teñen que ir a Selección: David Villa, Raúl Tamudo, Fernando Torres e Raúl González, logo ábrese un abanel cos: Luis García (Espanyol),Güiza, Llorente, Morientes, Aduriz...
Non sei, o único que penso eu é o seguinte: os xogadores que non son seleccionados por Aragonés dirán: "porque non da unha roda de prensa conxunta conmigo para explicar que non ten ningún problema comigo?".
PARECEME UNHA FALTA DE RESPETO O RESTO DE XOGADORES NACIONAIS
Saudos

mércores, 20 de febreiro de 2008

Fidel Castro abandoa o poder baixo a presión de 3 sobradeses

Si amigos, así é. Logo de 49 anos no poder, Fidel Castro anunciou onte que abandoaba o goberno de Cuba. Esta nova xa fixo correr regueiros de tinta nos medios de comunicación.

O que ninguén sabe é a verdadeira versión:

dende hai un par de meses e dende un pobo moi lonxano a illa do Caribe unha tropa de soldados especializados planeou un golpe de estado a Cuba. O pobo chámase Sobrado e a "guerrilla" ten 3 cabezas visibles: O Xeral "Pazitos", o Comandante "Muxico"(artista anteriormente coñecido coma Pablo do Cotarón) e o Capitán "Trukito".

Queda claro que tiñan todo moi estudiado pois a data de chegada a Cuba estaba clara: o 20 de febreiro de 2008 (xusto o día despois de dimisión de Fidel Castro).

Parece ser que Fidel sufriu numerosas ameazas de acabar coa reserva de Ron Cubano e cos seus Puros Habanos, polo que fronte tanta presión estes 3 sobradeses acadaron o que ninguén fixo en 49 anos de poder de Fidel: QUE PRESENTASE A SÚA DIMISIÓN.

Parece ser que Castro nun círculo pechado de confidentes chegou a declarar: "mi hermano, vienen estos vividores a mi país y se beben todos los mojitos, sería superior a mi, no aguanto más" (e votouse a chorar).

Rumoréase que a idea dos mojitos partiu do Xeral Pazitos, que pode ser o vindeiro Xefe de Estado de Cuba, as eleccións serán o domingo e ten moitas papeletas para sair elexido.
Pazitos xa fixo un adianto das súas propostas e a máis destacable sería a de ingresar o Coronel Javier Castro (tamén de Sobrado) como director da Dirección Xeral de Tráfico Cubana, e Fidel Castro quedaría coma encargado de facer os controis de alcoholemia na illa.

Polo tanto o organigrama do Goberno de Cuba quedaría da seguinte maneira:

-Xeral Pablo Pazos "Pazitos": Xefe de Estado e encargado do Ministerio de Alimentación e Boas Costumes.
-Comandante Pablo Calvete "Muxico": director dos Ministerios de Familia e Relacións Persoais, Cooperativismo e Sindicalismo.
-Capitán David Amil "Trukito": director dos Ministerios de Economía e Importacións alcoholicas dende Escocia e Galicia.
- Coronel Javier Castro "Castriño" (estará ausente nesta primeira viaxe "de contacto"): director do Ministerios de Educación Vial e Seguridade Cidadá e o de Mecánica e Novas Tecnoloxías.

Non se descarta que poidan ingresar máis elementos no citado organigrama nun futuro vindeiro.

A expedición de lexionarios partirá hoxe mesmo as 15:00 hora española dende a T2 do aeroporto Madrid-Barajas con altas medidas de seguridade para salvagardar os novos xefes do Caribe.

Por último resaltar que dende o domingo Cuba pode cambiar de Himno Nacional e a proposta do Comandante Muxico (o artista anteriormente coñecido coma Pablo do Cotarón) estableceríase "per sécula-seculorum" a canción de Jarabe de Palo "La Flaca".

O Himno comeza así:

EN LA VIDA CONOCÍ MUJER IGUAL A LA FLACA,
CORAL NEGRO DE LA HABANA,
TREMENDISIMA MULATA...

Seguirei informando.

Saudos MIS BROTHERS

venres, 15 de febreiro de 2008

Su .... madre!

Vaia día, mellor dito noite que tiven onte. O cabrón do Xsara deixoume tirado na 4ª planta do parking da Praza de Vigo en Compostela. Non quixo encender e cara que me quedou a min e a Noe era todo un poema...

Tiven que chamar a asistencia de Wintherthur (tardou unha media horiña) e logo tivo que vir outro traballador do señor da grúa para remolcar o meu coche pois a grúa non daba entrado no parking (outra media horiña).

Tívome que traer o coche na grúa para a miña casa, o tío a contar historías de como "safara" de mil e un controis de alcoholemia en Padrón, en Brión, en Boiro..., eu quería que me tragase a terra, NON ME PODÍA ESTAR PASANDO ESTO A MIN, eu fastidiado por que non encendía o coche e o tío (moi bo paisano eso sí) veña a contarme as Mil e unha Noites. Con todo esto, chegamos a miña casa as 3:00 A.M. e entre descargar o coche e tal deiteime as 3:30 A.M., a verdade é que non peguei ollo pensando no coche, é moi probable que teña un problema na inxección e estou agardando a que veña a Citroën por él para levarmo a amañar. Creo que esta fin de semana toca estar sen coche e agardemos que non sexa por moito máis tempo.

Quérolle moito o meu coche pero vaia Día dos Namorados que me deu...

mércores, 13 de febreiro de 2008

Unha nova Caralluda!

Coidado con este israelís que se saen do mapa, leede con atención que esto non ten desperdicio:

La aviación israelí planea distribuir Viagra a sus pilotos
La aviación israelí estudia repartir Viagra a sus pilotos para mejorar sus aptitudes en el aire, informó el semanario del ejército "Ba Mahahné".
Este proyecto se base en investigaciones recientes que han revelado que los alpinistas que consumen un derivado de este medicamento diseñado contra la impotencia sexual resisten mejor en las altitudes.
Entre otras ventajas, estos deportistas son menos vulnerables al cansancio y sufren menos la disminución de oxígeno en el aire.
"La experiencia ha demostrado que la presión sanguínea en los pulmones aumenta entre las personas que toman un derivado de la Viagra", afirmó el responsable del estudio israelí, Yéhezkiel Ken, doctor y coronel de reserva.
- Nada amig@s os que non teñades vértigo xa sabedes, tomade Viagra, así un dará o mellor de si mesmo "nas cumbres e alturas". O mellor as "aptitudes" supoño que as vosas parellas andarán máis contentas.

Outra cousa, para os fumadores tamén recomendarlle este medicamento pois aumenta a presión sanguinea nos pulmons polo tanto todo isto é unha maravilla.

A partires de agora o lema será: "Para unha voo placenteiro, toma Viagra".


martes, 12 de febreiro de 2008

14 febreiro, San "Corte Inglés"

Faime gracia o desplegue que fan as grandes áreas comercias e en especial El Corte Inglés (si no queda satisfecho le devolvemos su dinero) cando chega o 14 de febreiro día de San Valentín coñecido "comercialmente" coma o día dos Namorados.
Gustaríame saber canto gastan na campaña de publicidade nos diferentes medios de comunicación para "regalar" a persoa amada e canto recaudan a cambio. Con este mesmo tipo de campaña bombardeannos o Día do Pai ou o Día da Nai.
Na miña humilde opinión penso que para demostrarlle amor a un ser querido, sexa noiva, noivo, muller, marido, pai, nai, avo, avoa, etc non ten que ningún comercio nin nada que se lle pareza dicirnos cando debemos demostrar o noso amor nin o que temos que regalar. Non ten porqué ser o 14 de febreiro, cada un regala cousas a outra persoa cando quere e lle apetece e o amor non se mostra nun día senón todos os días e non con obxetos senón con feitos.

Non sei se estades de acordo ou non coa miña opinión, haberá para todos os gustos pero o que sí que está claro é que o día de San Valentín (eu chámolle San Corte Inglés) é un negocio da hostia!.

Para tod@s @s namorad@s: FELIZ SAN "CORTE INGLÉS".

luns, 11 de febreiro de 2008

Finde "completito"

A verdade é que este finde pouco parei: o venres houbo Reinauguración
de Ramiro, logo de varias "Estrella Galicia" trasladamonos o pub SM, tamén coñecido coma o pub do Hotel e agora tamén como o pub de Josinho. A eso das 4:00 AM Alberto e eu decidimos ir tomar "un refrixerio" ata Melide, alí agardábanos Li e O Muxico (o artista anteriormente coñecido coma Pablo do Cotarón) no pub Kemais, onde tomamos varias roldas e como non Mary e Alberto non pararon ata que tomamos a rolda da casa.


Logo fumos para o Templo de Nefertari, máis roldas e David (outro habitual) tamén nos convidou a rolda da casa, je je je.


Cando saimo de alí fumos directos para a Disco 600 (que estaba poñendo unha música moi guapa cando entramos con un House moi pegadizo que facía bailar o máis parado). Tomamos outro par de chismes fumos o Cristal e para a casa.


Levanteime o sábado as 14:00 horas e logo de comer a tomar o café a Ramiro, nese intre apareceron Raul e Javi Tarrío que viñeron dende Baraka a ver a súa avoa que se está a recuperar de unha enfermidade e de paso Javi aproveitou a viaxe para traer unhas invitacións pois o 31 de maio cásasenos polo tanto toca excursión a Euskadi (Pitus van a temblar los cimientos porque el 30 de mayo emigramos a tu tierra a liarla otra vez).
A eso das 05:30 horas arranquei para A Coruña para ir a ver o trascendental partido que tiña o Depor fronte o Xetafe. Pichi acompañoume na aventura a que máis tarde se uniron Juan, Isaac, Carlos e Rivera de Teixeiro. Unha primeira parte esperanzadora e unha segunda de sufrimento (grazas acadar un punto porque eu non as tiña todas comigo), aínda así os resultados de onte foron malos para o Depor e voltamos a estar en descenso. A vindeira semana hai que ir a Huelva a gañar si ou si, É UNHA VERDADEIRA FINAL.
Logo do partido ceamos algo e fumos de marcha a Melide, o de sempre, cubateo, cachondeo e o día seguinte medio mareo, é o sufrimento de unha gran parte da xuventude deste país pero que lle imos a facer: NACIDOS PARA SUFRIR...
Onte tocou tarde de relax, o Atlético Sobrado xogara todos os seus partidos o sábado e o Depor tamén xogara o seu, polo tanto toca facer horas no bar a ver se chegan os colegas e propoñen algo interesante que facer. Liamos unha partida de tute e Pazitos e quen vos escribe volvimos a amosar a nosa SUPREMACÍA (apañando cartas) e gañamoslle a Li e a Alberto Pedino polo tanteo de 8-7 6-8 6-8, a cousa andivo igualada pero o final a victoria caeu do lado dos recentes Campións do Campeonato de Tute de Teixeiro e tamén Campións da Repesca do Campeonato de Tute de Sobrado (é dicir, esta tempada levamos doblete e non descartamos acadar o Trébol).
Máis tarde collín a Noe para levala a Santiago (moi contenta ela pola victoria do R. Madrid) e ahí se acabou o fin de semana.
Hoxe as 06:20 tocou diana e estou coma se me meteran unha malleira. Agardemos que o fin de semana me encontre máis ou menos nas mesmas circunstancias, NON SERÁ MALA SINAL.
FELIZ COMEZO DE SEMANA


Gasol pode chegar moi alto

Kobe Bryan e Pau Gasol
O pivot catalán da NBA Pau Gasol acaba de dar un chimpo definitivo na súa carreira profesional coma xogador de elite de baloncesto logo de deixar os "tristóns" Memphis Grizzlies polos "míticos" Lakers de Os Anxeles.
O seu debut foi coma nos mellores soños, 24 puntos e 12 rebotes na súa primeira victoria coa escadra "anxelina".
A chegada de Pau aportará tamén un evidente potencial os Lakers de cara para afrontar os Play-Offs para a consecución do Anel de Campións. Gasol formará un excelente tridente xunto a Mega-Estrela Kobe Bryan (tamén chamado "o novo Michael Jordan") e Lamar Odom. Sen dúbida que os Lakers son agora un dos favoritos para gañar o seu enésimo título da NBA.
A min dende sempre me gustaron os Boston Celtics, dende o mítico Larry Bird e Robert Parish cando Ramón Trecet narraba na 2 de TVE os partidos da NBA os venres como ninguén o fixo neste país (o seu lado Andrés Montes é un afecciado) e debo confesar que sempre lle tiven algo de manía os Lakers pois eran os rivais directos dos Celtics, agora coa chegada de Pau queiras que non alegraste que gañen, non polos Lakers senón por Pau.
De tódolos xeitos, este ano Boston logo de moitos anos de penurias deportivas volta a estar "na cresta da ola" cos mellores resultados ata o de agora na Liga Profesional Americana eu desexo que gañen o título de campións e se pode ser fronte a Gasol mellor que mellor pois polos menos xa poderá dicir que no seu primeiro ano chegou a unha final da NBA. Ademáis unha final Lakers-Celtics daríalle outro sabor o basket mundial rememorando aquelas finais dos principios dos 80 onde Magic Johnson, Kareem Abdul-Jabbar, James Worthy, Byron Scott, Larry Bird, Robert Parish ou Kevin Mac-Haile facían as delicias dos afecciados.
Sorte a Pau pero ante todo GO CELTICS!

venres, 8 de febreiro de 2008

O morbo está servido

Scarlett Johansson

Penélope Cruz



Xa temos morbo e "rum rum" para unha tempada. Segundo acaba de anunciar a web Slashfilm, as guapísimas Scarlett Johansson e Penélope Cruz (a nosa "Pé"), duas das protagonistas de Vicky Cristina Barcelona, a película rodada por Woody Allen na Cidade Condal, ten unha escea erótico-lésbica na cinta.



Segundo a fonte consultada polo periódico New York Post, a escea é "extremadamente erótica" e a xente "salirá impactada e incluso "shockeada" do cine.



Aparentemente, Penélope e Scarlett adentranse nunha habitación escura e, a partires de ahí, "deixan a audiencia boquiaberta" (como bombo que lle van a dar seguro que é unha das cintas máis descargadas da Internet).



A parella ten, segundo avanza a metraxe, outra escea amorosa con Javier Bardem, que na película interpreta o marido de Pé.



Vicky Cristina Barcelona conta a historia de un pintor que establece unha relación con duas turistas norteamericanas, o que provoca a ira da súa celosa muller. Estrearase a finais de 2008.



Xa me tarda a revista "El Jueves" en facer as súas típicas parodías da película e os seus supostos, seguro que nos imos a rir moito...



Como dicía Joaquín Sabina: "cine, cine, cine, cine, más cine por favor!"






xoves, 7 de febreiro de 2008

11 anos de liberdade de movementos


Hoxe, 7 de febreiro cúmprense 11 anos que saquei o carnet de conducir. Foi no ano 1997 na cidade de A Coruña logo de varios intentos dixéronme que estaba "apto" para a conducción. O día coincidiu xenial pois pola tarde había "guateque" no Instituto onde cursaba os meus estudios o I.E.S. Curtis polo que houbo celebración por todo o alto e evidentemente ese día non collín o coche pois non estaba "apto" para a conducción.
A semana seguinte logo de sacar o carnet meus avós regaláronme un Peugeot 205 GT de segunda man (para esto de irme practicando e tal). Foi con este coche co que tiven un chungo accidente nas montañas do Bocelo (a hostia do principiante que lle chaman), o coche quedou patas arriba e acompañábanme Álvaro, Sandra e Silvia logo de vir ver un partido de fútbol da Liga da Amizade de Visantoña (Santiso), pasamos un bo susto pero só quedou neso, un susto.
Logo de esta anécdota collinlle respeto o coche e o coche tamén mo debeu coller a min e os meus amigos porque lle preparábamos cada unha que non vexas, se o Peugeot 205 falara habería mil historias para contar, os meus amigos podenno atestiguar, e non é que fixeramos o tolo nel nin moito menos, senón que nos pasaron miles de historias graciosas...
Pasou o tempo e o 205 foi a menos polo que decidín cambialo e así foi que merquei un Citroën Xsara HDI en marzo de 2000 que é o que me carrexa ata o de agora. Pero o Xsara perdeu o "feeling" que tiña aquel Peugeot 205.
Debo dicir que me encanta conducir e que fago un lote de kilómetros (a maioría de eles en plan ocio) pois non é normal que tendo o traballo a 300 metros da casa lle faga como mínimo 700 kilómetros a semana, pero bueno, xa o dicía o anuncio: "Te gusta conducir?".

P.D: a foto que coloquei para ilustrar esta entrada é dunha nova que saiu no diario El País fai algún tempo e que fala de que unha determinada autoescola de Vallecas (Madrid) ten que aparcar os coches nas aceras pois non hai sitio para aparcar neste "distrito".
Como está o aparcamento nas grandes urbes!!!

martes, 5 de febreiro de 2008

Uns tanto e outros tan pouco

Acaba de sair a lista cos músicos a nivel mundial que máis ganancia tiveron no ano 2007 e estes son os resultados:

Rolling Stones con 88 millons de dólares, queda claro que esto é o exemplo máis claro de que os vellos rockeiros nunca morren (non hai máis que verlle a cara a Keith Richards que parece un morto vivinte). Os británicos seguen sendo unha máquina de facer cartos e o seu primeiro posto así o acredita.
Jay-Z con 83 millons de dólares, o rapeiro-productor chega pisando forte e o 2007 foi o ano da súa consagración.
Seguirian os dous primeiros clasificados formacións como U2, Bon Jovi ou o solista Elton John, pero a unha distancia considerable, eso si, todos estan por riba dos 40 millons de dólares en ganancias.
50 Cent, outro rapeiro ocupa o 8º lugar con 33 millóns de dólares e pechan a lista dos 10 primeiros clasificados Puf Daddy e Justin Timberlake con 23 e 20 millóns de dólares respectivamente.

Só ler estas mareantes cifras pásalle a un polo maxín que faría con "tanto carto", ademáis hai que ter en conta que estamos falando das ganancias de 12 meses, imaxinadevos o que leva gañado esta xentiá o longo da súa vida profesional...

venres, 1 de febreiro de 2008

Qué vicio tienen chico!!!!

Esta frase de "Os Tonechos" pódeselle adaptar perfectamente o resultado da enquisa do mes de xaneiro onde se preguntaba a todos os blogueiros que desexaban para o recen entreado 2008.

O resultado foi contundente: gañou a opción SEXO A DESTALLO con un 45% dos votos totais. Segunda opción destacada quedou a SAUDE con un 40 %. Polo tanto, e se me permitides a expresión, a xente nin saude nin hostias, o que quere é Mambo!, queda claro que ó persoal gústalle máis o "Mueve Mueve" que a un tonto un chicle. Aínda que algún me poderá dicir que o sexo tamén é saude e en parte razón non lle falta pero todo ten que ser feito con moderación non vaia a ser que o corazón nos meta un "pistonazo" de tanto exercicio, je je je.

En terceiro lugar quedou o AMOR (non o travelo de Gran Hermano senón o afectivo) para esa xente que busca a súa media laranxa con un 4 %.
No 4º posto está a xente que non chega o que lle dan e solicita MÁIS SEXO con un 2 %.

Logo empatados no 5º lugar co 1% dos votos estarían factores como os CARTOS (queda claro que a xente non é tan avariciosa como se presume), PARTICIPAR EN GRAN HERMANO (outra capullada de Telecinco que non ten saida) ou AFIANZAR A TÚA CARREIRA MUSICAL EN OPERACIÓN TRIUNFO (as vistas está que este blog leo moi pouco cantante "no bo sentido").


Grazas a todos por participar e desexo que se cumplan todos os vosos votos, axiña poñerei a nova enquisa.