mércores, 23 de xaneiro de 2008

O Camiño Norte cara a Compostela

Hoxe quérovos falar do Camiño Norte que vai cara a Santiago de Compostela que é o que pasa por Sobrado. Particularmente pareceme que é unha das rutas máis fermosas e históricas (por non decir a que máis) de todas as que pertencen o Camiño de Santiago: As localidades polas que transita o Camiño Norte non teñen desperdicio:

Hendaya - Donosti - Zarautz - Guernika - Bilbao - Laredo - Santander - Santillana del Mar - Comillas - Llanes - Ribadesella, a partires de aquí duas variantes: interna, por Oviedo (onde enlaza co Camiño Primitivo) ou costeira, por Avilés e Luarca, ate entrar a Galiza por Ribadeo - Mondoñedo - Vilalba - Lugo - Sobrado - Santiago.

Esta é un pouco da historia do Camiño Norte:

Case inmediatamente despois do descubrimento da tumba do Apóstolo Santiago no século IX os peregrinos comezaron a seguir os camiños astur-galaicos para chegar a Santiago, tendo en conta que a meseta -pola que POSTERIORMENTE trazarían o Camiño Francés- estaba aínda ocupada pola invasión musulmá. A ruta permitía os peregrinos, chegados por terra desde Francia ou desembarcados nos portos vascos, cántabros e galegos, enlazar a tradicional visita ao Salvador na Catedral de Oviedo ou continuar pola costa asturiana ate a ría do Eo.


ADICADO OS MILES DE PEREGRINOS QUE CADA ANO VISITAN E SE HOSPEDAN EN SOBRADO.

BO CAMIÑO

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Desde logo, esta actualización desprende hospitalidade eh! Con xente así, os peregrinos sentiranse en Sobrado coma na propia casa.

Saudos.

Unknown dixo...

Gracias, je je. A verdade é que os peregrinos e turistas que visitan Sobrado cada ano quedan admirados pola beleza do pobo (e está mal que eu o diga porqué son de aquí) pero aseguran que para ser un pobo pequeno mistura natureza e patrimonio unido a paz e tranquilidade que fai que moitos deste viaxeiros repitan visita.

Saudos

Pitus dixo...

Anda que habré hecho yo pocas veces el camino norte,desde Bilbo a Sobrado,lo que pasa que siempre ha sido motorizado.

Unknown dixo...

Así se lleva más relajada la cosa no Pitus? je je je

Anónimo dixo...

Ai...cando me deixarei caer eu por eses lares...