venres, 18 de xaneiro de 2008

Emir Kusturika & The No Smoking Orchestra


O vindeiro xoves 24 de xaneiro hai unha cita ineludible para os amantes da música "de raíz". Emir Kusturika, o polifacético director de cine, músico, poeta..., visita a cidade de A Coruña coa súa banda The No Smoking Orchestra (ou Band) como reza o anuncio do concerto.
Esta formación xunto con Goran Brègovic son os abandeirados da música balcanica fusionada con outros estilos musicais. En termos xerais a min pareceme unha música moi animada e que fai mover a xente. O último disco a venda de esta formación de Saraxevo é unha opera polo que queda ben as claras que se atreven a tocar estilos musicais do máis diverso e a verdade é que non o fan nada mal.
Alberto Pedino e quen vos escribe xa temos as entradas para este evento, estaremos en primeira plana e centrados polo que non nos perderemos nin detalle, Fila 3 asentos 27 e 29.
A cita é a partires das 21:30 horas no Coliseum da cidade da Torre de Hércules. A bo seguro que nos encontraremos xente coñecida no concerto, uns que seguro non van a fallar son os nosos amigos os Festicultores (www.festicultores.com) que son grandes amantes da música balcánica.
Para os que queirades asistir o concerto dicirvos que apuredes pois quedan moi poucas entradas a venda. Para adquirilas tedes que entrar en www.caixanova.es
Nada máis polo de agora.
Saudos musicais

6 comentarios:

Anónimo dixo...

Lato vamos jastala pista do coliseum .
AVISO DENDE AQUI A ORGANIZACION A GARIMBA QUEREMOLA BEN FRIA.

pepetrola dixo...

vaia, non sabia que en sobrado había mais amantes do SEÑOR Kustorica jejeje

Eu tiven a oportunidade de velo xa en dúas ocasións, unha sen a The No Smoking Orchestra e outra con toda a banda, que é cando de verdade a arman ghorda. E na Coruña estarei tamén, así que de seguro que nos imos ver por alí.

Por certo, tes un blog moi currado. Saúdos dende as highlands sobradenses.

Unknown dixo...

Para o que vai "comijo": vai ser moita festa, a verdade é que o chan do Coliseum vai quedar para o arrastre. A cervexa fría e os cubatas con xeo, je je je.

Para Pepetrola: gracias polas felicitacións, o teu blog tamén está moi guapo, propos sempre temas moi interesantes, vouche engadir con un link dende o meu blog.
A verdade é que estou desexando que chegue o xoves para ver o CONCERTAZO, vémonos entón por alí e xa lle tomamos unha garimba ou algo.

Saudos

Anónimo dixo...

Igual non o cres, pero teño tres entradas para a Fila 3, numeradas cos guarismos: 31,33 e 35. Jajaja, nas terras do bocelo hai telepatía ou que, jajjaja, vai ser moito concerto de dios¡¡¡, outra cousa si se lles ocurre poñer sillas, os da organizaçao estan aljo enjañdiños non?, saúdos xente, de melide aínda imos unhos cuantos

Unknown dixo...

BUENOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO estamos pegados, je je je. Vaia festa que imos liar, je je je. Eu xa me escarallo antes de que comece o concerto. Xa sabía eu que ía haber un lote de peña coñecida. Debe haber telepatía, debe. Eu tamén me pregunto para que carallo queren poñer sillas se imos bailar case todo o concerto. Supoño que poñeran as sillas para deixar cada un a súa cazadora no seu lugar independente para que non se perda ningunha, je je je.

Vaia festaza!!!!

Saudos e vémonos o xoves.

Unknown dixo...

Nuns minutos arranca a expedición formada por Alberto Pedino e por min mesmo para o concerto. Para ir quentando motores iremos escoitando o último cd de Emir Kusturika & TNSB "The Times of Gypsies". Vou sacar un lote de fotos e próximamente as poñerei neste, o voso blog.

Saude, paz e DEMOCRACIA