martes, 29 de xaneiro de 2008

As portas do Entroido

Boas a tod@s, como xa estamos entrando no tempo de Entroido apeteciame facer unha reseña sobre esta festa pagana onde dende hai moitos anos o comer e o beber está a orde do día.
Este ano o Entroido para o meu gusto e penso que para a maioría da xente cae demasiado cedo. Aínda case non nos recuperamos da resaca de Nadal e xa estamos con Don Carnal enriba do lombo.
Certo é que a xente este ano parece que non se vai animar a disfrazar tanto coma outros anos pois non houbo tanto tempo material para preparar os disfraces e se a esto engadimos que moitos universitarios andan inmersos nos exames fan que as previsións sexan pesimistas.
Agardemos que non sexa así e todo o mundo se anime a disfrazarse.
En Galicia a zona onde máis se celebra o Entroido é na provincia de Ourense, concretamente no pobo de Laza cos seus famosos peliqueiros. Aínda que tamén é bastante coñecido o Martes de Entroido na Rúa da Torre na cidade de A Coruña.
A nivel peninsular o Entroido máis celebrado é o de Cádiz coas suas famosas "chirigotas" e o seu "cashondeito".
Aínda que o Entroido máis famoso de todo o país é o de Santa Cruz de Tenerife, un Entroido que dura do redor de duas semanas e onde toda a illa é un festa.
Pero sen dúbida o Entroido por antonomasia a nivel mundial é o Entroido de Rio de Xaneiro e o seu famoso "Sambódromo", con millóns de visitantes todos os anos onde o desenfreno non ten parangón.
Eiquí vos deixo fotos dos Entroidos máis reseñables. Grupo de Peliqueiros en Laza (Ourense)
Chirigota en Cádiz

Pasarruas en Santa Cruz de Tenerife


Garota no Sambodromo de Río de Xaneiro




7 comentarios:

Esteban dixo...

Buenas Lato, haber se pa o ano marchamos pa os crnavales do Brasil?. sería unha idea genial, solo o digo polo dos carnavales porque son os mellores do mundo, non é asi. pa este ano deixaremolo asi, non crees...

Unknown dixo...

Qué pasa figura!!!! a idea sería estupenda, ti imaxinate alí no Sambodromo onde está a xente (detrás da garota non o lado) bailando e disfrutando dos carnavais, eso é cuestión de propoñelo en serio e arrancar, penso que é algo que hai que vivir porque ten que ser a repera, encima viriamos tostadiños do sol. Unha maravilla...

Para este ano vai ser mellor deixalo así, tes razón, máis que nada porque faltan moi poucos días e como non aparezca un voo barato de ultima hora e compremos unha tenda plegable de Quechua das que se montan solas imos de lado porque creo que todos os hoteis de Río teñen o 100% de ocupación para eses días.
A única opción é facerse colega de Ronaldo ou Adriano que seguro que eles nos buscan aloxamento...

je je je

Anónimo dixo...

garrotazo si que llo daba eu

Anónimo dixo...

ken kerera darlle un garrotazo o pobre negrura.....jajajjajjaaj
lato.... si que hay xente q se disfraza.........xo veras o sabado.... e se se kere pasar ben non fai falla ir tan "peripuesto" clakera trapallada un pouco currada.... e festa!!!!!!!

Anónimo dixo...

Eu fai dous anos saín o sábado disfrazada coas amigas e pasámolo de cine! A ver a que argallamos este ano, porque noite coma aquela vivín poucas.

E si, ir ó carnaval de Río sería un puntazo, eu téñoo en mente desde fai ben tempo, pero vexo complicado que algún día chegue a facelo...

Pitus dixo...

Ufff...eso tiene que ser la ostia!!!
Menos mal que el negro ha especificado muy bien que solo lo dice por los carnavales,y aun así le quieren dar pa'l pelo,jajajaj.

Unknown dixo...

je je je, que bon!!!! a verdade é que é un sono ir os Carnavais de Rio de Janeiro pero seguro que de ir é para non olvidar xamáis.

Brasil, na na nanana nana ná.

Guaraná, Brahma, Caipirinha, samba e fútbol, qué máis se pode pedir?

Como di Macaco: Brazil 3000 futuro du Mundo!

Brazil 3000 tudo bem, tudo bem,
Brazil 3000 que bem, que bem.