mércores, 31 de decembro de 2008

FELIZ ANO 2009!






Bueno figuras, faltan exactamente 14 minutos para que entre o ano 2009. Agardo que o 2009 vos proporciones todo o que desexedes.
Deixovos a derradeira canción do ano, como non podía ser de outro xeito este temazo en galego de Dj.Son1c @ Isis "A Festa non vai parar", que seguro que así será..., hoxe ímolo dar todo.


A celebralo, cuidadiño co champán!

Bicos, abrazos e o que vos queirades.

martes, 30 de decembro de 2008

Señores, esto acabase...



Estamos a piques de rematar o ano 2008. Desexovos a todos que o pasedes do mellor xeito posible e que o 2009 sexa sinónimo de saude, sorrisos e felicidade para todos.
Eiquí vos queda unha canción que me encanta: "Yo quiero respirar" de Dhany.

Que sexades moi felices!

luns, 29 de decembro de 2008

A pregunta da semana


Qué especimen dixo que 1.800€ é o soldo de un traballador?
NOTA: coma sempre a pregunta non terá resposta..., ja ja ja, aínda que a de esta semana é doada de acertar.

venres, 26 de decembro de 2008

Festa Ron Barceló en Cafetería Ramiro de Sobrado

Si amigos, estades lendo ben, hoxe 26 de decembro, voltarán as festas de Ron Barceló a Sobrado, concretamente en Cafetería Ramiro (un dos lugares pioneiros na venta deste ron dominicano na zona).
En toda a comarca son moi coñecidas as festas de Ron Barceló que se facían neste local habendo sempre unha gran afluencia de clientes. Cada "celebración" Barceló sempre foi un éxito. As festas Barceló comezaron en Cafetería Ramiro aló polo ano 1996 e cando comezamos a sair en Melide a maioría da nosa pandilla bebía habitualmente este ron pero nin tan sequera nos pubs de Melide o tiñan (bueno, nin en Melide, nin en Curtis, nin en Teixeiro nin nos outros bares de Sobrado), pouco a pouco foise facendo máis coñecido e hoxe pódese atopar en calqueira lugar. De todos modos o sabor xa non ten nada que ver, aquela botella longa de "Gran Añejo" era insuperable, hoxe é moito máis "comercial", eu polo menos antes disfrutabao doutro xeito pero bueno..., recordo que unha das últimas ocasións que se celebrou a festa sorteouse unha viaxe para dúas persoas a Santo Domingo que lle tocou a Cardesín e a súa dona Marisa. Fora unha noite enorme, de moita celebración, de moitas risas, de moito todo...
Así que hoxe xa sabedes, "evento" grande, grande, grande, en Cafetería Ramiro, festa Barceló, con cada copa un regalo. Non vos quededes sen él.

IMOS POLA CAMISETA!!!!

Que disfrutedes do Nadal!

xoves, 25 de decembro de 2008

Diego Gallu



Broma telefónica na que un asturiano chama ó 11888 para conseguir o teléfono de un local de "señoritas coa moral distraida" en Madrid. Cuidadín coa borrachera que leva o tío...

martes, 23 de decembro de 2008

Apura! me cago en...

Ven tolo! ahí o vedes, é o verdadeiro Papá Noel que este ano decidiu cambiar os seus renos por esta moto Vespa. O motivo é evidente, despistouse un pouco na saida do seu país natal e agora anda contrareloxo para mañán pola noite repartir todos os regalos. Agardo que a pesares do doente que vai se acorde de parar na miña casa, senón póñolle unhas chinchetas na saida de Sobrado para que pinche unha roda. Este ano fun bo, moi bo, extremademente bo, demáis diría eu..., ja ja ja. Que va! é broma. Que me traia uns caramelos que me fan moita ilusión e logo o que lle apeteza. Este ano os Reis pedinlle o Autocross, a petición a Papa Noel é o libre albedrío...,



e vos, que lle pedides?



BO NADAL A TOD@S OS LECTOR@S DE ESTE BLOG, OGALLA O PASEDES DE CINE NESTAS FESTAS E QUE OS VOSOS DESEXOS SE CUMPLAN.

Xeroglífico









Frase de Iván Cabado na cea de nadal do Club Atlético Sobrado Xuventude este pasado sábado.

A pregunta da semana

Que persoa de Sobrado deixou un "mostacho" ó estilo Imanol Arias en Cuéntame de xeito momentáneo para fotografiarse e ver que tal lle sentaba para unha foto carnet?

luns, 22 de decembro de 2008

El Rey El hombre merengue



Canción adicada para os que pecharon comigo este sábado Disco Palladium de Melide..., ja ja ja: Álvaro, O artista anteriormente coñecido coma Pablo do Cotarón, Pazitos, Fonsi, Vigo, Rubén, Fernando e Roy.

Por fin alguén sabe quen é o "home merengue"? ja ja ja.

Quen é...?



Xa que non nos tocou a Lotería vamos votar unhas risas con un clásico que seguro que xa todos escoitastes algunha vez pero que a min encántame. Trátase da chamada telefónica que Xosé Ramón Gayoso no seu programa Luar lle fixo a un pobre traballador que o día seguinte tiña que madrugar. A resposta é contundente. Seime os diálogos de memoria e cada vez que o escoito sígome rindo.

Que teñades bo comezo de semana.

xoves, 18 de decembro de 2008

Adiante


O Depor segue en Europa. Logo do resultado logrado na tarde-noite de onte no Estadio de Riazor (1-0 fronte ó Nancy francés). Esta clasificación permítelle o equipo coruñés chegar ó Nadal vivo nas 3 competicións que disputa este ano e ubicado en liga nos postos altos da taboa clasificatoria (quen nolo ía dicir hai uns meses...).
A victoria de onte foi lograda a base de sufrimento, coa axuda do pouco acerto francés en ataque e grazas a un gran gol de Rodolfo Bodipo logo de unha xogada que iniciou o aragonés Ángel Lafita o non dar por perdido un balón que xa saía por liña de banda, éste meteulle un balón en prolongación por banda dereita o mexicano Omar Bravo que centrou raso e medido para que o guineano marcase un gol que sen dúbida merece logo da plaga de lesións que o asolaron dende que fichou polo clube herculino. A Bodipo pódenselle discutir moitas cousas pero xamáis a entrega que deixa no campo e a súa personalidade pois é unha persoa que xamáis levanta a voz a pesares de que nunha época non contase para Miguel Ángel Lotina.
O Deportivo clasifícase coma 2º do Grupo H, por detrás do CSKA de Moscova, polo que agora terá que enfrontarse a un dos equipos que proven da Champions League, a saber: Girondins de Burdeos, Werder Bremen, Shakhtar Donesth, Olympique de Marsella, Aalborg, Fiorentina, Dinamo de Kiev e Zenith de San Petesburgo.
Hai un factor positivo e outro negativo con estos emparellamentos:
- o factor positivo é que o partido de volta xogarase no Estadio Municipal de Riazor.
- o factor negativo é a entidade do rival, clasificados en 3ª posición nos seus grupos de Champions League.
Sexa cal sexa o emparellamento e o desenlace dos dezaseisavos de final da Uefa Cup o que estamos disfrutando este ano xa non nolo vai quitar ninguén e que ninguén descarte que o Deportivo poida seguir avanzando eliminatorias nesta competición.
Sen máis FORZA DEPOR E GRAZAS POR ESTE MARAVILLOSO 2008.

mércores, 17 de decembro de 2008

Chile non virá


Horas despois de que Arsenior Iglesias e Fernando Vázquez deran a lista de 22 convocados para o partido Galiza - Chile que se ía celebrar o sábado 27 de decembro no Estadio Municipal de Riazor a Asociación de Futbolistas Chilenos presentou un comunicado sentenciando que lle ía ser totalmente imposible acudir a esta cita a Selección Chilena de Fútbol "por causas de forza maior".
A Asociación de Futbolistas Chilenos tiña firmado un contrato para este partido co cal se comprometía a que ó menos 10 futbolistas dos que foron convocados pola selección de Chile nos derradeiros 5 partidos acudiran a Riazor. Segundo o A.F.C. varios deste xogadores están lesionados e outros que xogan en Europa teñen período de vacacións polo que non poderán estar na Coruña o vindeiro sábado; antes estas baixas deciden non viaxar.
Agora a outra parte do contrato ou o que é o mesmo a F.G.F. e a Xunta deberán pedir indemnización por esta causa ademáis de ter que buscar contrareloxo outro rival (árdua e difícil tarea dado as poucas datas que faltan para o evento).
Parece que ultimamente os partidos da Selección Galega están gafados: o ano pasado Camerún logo de que non viñese Samuel Eto´o como estaba prometido negábase a xogar se non se lle daba un tanto por adiantado e agora é Chile o que pon trabas e anuncia que non vai vir a xogar.
Quizais a opción de xogar fronte a outra autonomía que pertenza a territorio español non sería mala idea...

martes, 16 de decembro de 2008

A pregunta da semana

Qué "fenómeno paranormal" ocorreu segundo Petete no Campo Municipal de Vilasantar o sábado?

Nota: estas preguntas non terán resposta.

luns, 15 de decembro de 2008

Xa somos 1 máis





Dende hai algúns días esta simpática ave decidiu mudar de domicilio e virse a vivir para Sobrado, concretamente para a súa zona máis alta, na Lagoa. Quizáis oiu rumores de que eiquí o Nadal celebrase por todo o alto e que a noite de Noiteboa é ano tras ano unha gran xuntanza de amig@s que logo de cear coas nosas familias decidimos baixar ó pobo a tomar uns tragos e permanecer xuntos ata que amanece o día.
O mellor este ano tocalle a "este personaxe" ser o encargado de abrir as botellas de champaña, que sabe..., o que está claro é dende a súa chegada a Lagoa ten un reclamo máis e non pasa inadvertido para ningún dos seus visitantes.
Grazas a Juan González "Karnotxo" pola súa xentileza á hora de pasarme estas bonitas fotografías.

venres, 12 de decembro de 2008

A outra porra




Como "un" xa está ata os "mismísimos" de tanto Barcelona-Real Madrid, de que se porra por eiquí e trompazo por aló dende este blog intentarei ser un pouco máis orixinal. Vamos intentar acertar ó resultado do Malaga CF - CD Numancia que se disputará o domingo 14 de decembro as 17:00 horas.
As persoas que acerten o resultado teñen gratis unha copa no local de Melide que eles desexen.
Ahí vai o meu pronóstico:
Malaga CF 2 - CD Numancia 0
Goles do deportivista cedido Adrián López e de Albert Luque (ex-deportivista).

xoves, 11 de decembro de 2008

Impresionante documento




Xa sei que é un pouco obsceno, pero debido a que levo uns 15 minutos morto de risa e con bagoas nos ollos, non me quedou máis remedio que postealo e compartilo con todos vos. Facía moito tempo que tan so 5 frases me produciran tal ataque de risa.


Que o disfrutedes!

mércores, 10 de decembro de 2008

Soñemos...


Cando faltan xa poucos días para que volte a celebrar un novo sorteo da Lotería de Nadal, recordemos, o 22 de decembro, por se hai algun/algunha despistado/despistada que non se lembre da data (cousa que dubido moito) xa se palpa no ambiente que todos comezamos a soñar (que din que é gratis) co que faríamos se nos toca o Gordo, se cae no pobo, etc, etc, etc.
Sen ir máis lonxe, este luns, nunha animada charla-coloquio (a típica dunha fría tarde festiva onde non hai moito que facer) estivemos falando largo e tendido sobre o tema e a opinión xeralizada era que o mellor que pode pasar nun pobo pequeno como Sobrado é que en caso de tocar o Premio Máximo sexa nun número que teña o maior número de xente posible. Neste caso dúas opcións moi claras: a do Club Atlético Sobrado Xuventude ou ben a da Comisión de Festas Sobrado 2009.
Pasado este punto de que nos mesmos xa eleximos o número que vai a ser premiado pasamos a unha segunda fase que é a de que facer cos cartos..., o esbardalle comeza a ser descomunal, alguns claman por manter a calma (e que non se nos quente a cabeza cos millóns), outros opinamos que mellor que non nos toque porque o desfase pode ser considerable (en plan coña claro está) e a opinión xeralizada é que 300.000 € son un filón xenial pero que non che solucionan a vida en plan "non rascar palanca nunca máis" pero que a moita xente axudaríalle a acabar de pagar as hipotecas, ou os que non temos a "fastidiada hipoteca" faríamos unha casa (no meu caso) ou mercarían un piso e logo xa sal o "Factor Benz", é dicir, todo Dios mercaría un Mercedes, esto non é unha coña, se lle preguntades a maioría de xente un dos gastos que faría non sería mercar un coche en plan xeralizado senón que mercaría un Mercedes (nin Audi, nin BMW, nin Porche..., un Mercedes Benz), é curioso pero é así.
Por último esta conversación chega a 3ª e derradeira fase qué é a de "o que importa é ter saude", o día 23 de decembro tamén se lle chama "O Día da Saude" porque todo o mundo di: "a Lotería non tocou pero o que val é ter saude..." coa cal estou completamente de acordo o igual que a maioría dos "expoñentes", eso sí, os cartos non dan a felicidade... pero axudan de carallo (perdón pola expresión).
A título particular debo confesar que hai anos que veño dicindo o mesmo, e se algún ano me toca o Gordo (se toca no 78555 que é o do equipo de fútbol do cal teño 5 décimos con máis razón) o primeiro que fago e poñerme de rodillas na barra de Ramiro e abrir botellas de champán coma si estivese tolo mentres entre sorbo e sorbo vou pensando que facer cos cartos, esta claro que todo é un soño pero... E SE NOS TOCA?
E agora tócavos a vos dicir que sería o primeiro que faríades se vos toca o Gordo de Nadal.
Que teñades moita sorte pero tamén moita saude que é máis importante, eso sí, a ilusión que ninguén nola quite...

martes, 9 de decembro de 2008

A pregunta da semana



Qué personaxe de Sobrado na madrugada do pasado sábado ó domingo logo de chegar á casa tras unha longa noite de festa colocou unha bombilla azul na súa habitación e estivo falando polo mando a distancia un bo anaco confundindo o aparato de control remoto co seu teléfono móvil?


ADVERTENCIA: NON SE PROPORCIONARÁ A SOLUCIÓN, SOLO SE ADMITEN OPINIÓNS.

A carta ós Reis Magos

Logo de unha dilatada experiencia escribíndolle a carta os Reis Magos (30 anos para ser máis exactos) e logo de facerlle escribir a miña nai regos e regos de tinta e páxinas e máis páxinas de libretas de unha raia os meus desexos para tan sinalada noite; despois de pedir de todo, e cando digo "de todo" digo "de todo": o consabido balón de fútbol, as botas para acompañar ó balón, unha bici, un "Bit-Track", un tren, o Monopoly, canasta e balón de baloncesto, outra bici, 2853 playmobil, o barco de Playmobil, o coche de rallye de Playmóbil, a granxa de Playmóbil, puzzles, a Game Boy, o "maravilloso" Spectrum ZX2 128 k, outro balón de fútbol, o coche fantástico, un pastor alemán, un pala-excavadora Caterpillar..., tantas e tantas cousas, para este ano 2009 xa o teño claro, para este ano quero o AUTOCROSS DE MATTEL.
Este aparato é único, foron moitas as horas de pilotaxe que Álvaro e eu compartimos con aquel maravilloso Autocross que o meu veciño tiña e agora toca renovar "a flota" hai que conseguir outro Autocross como sexa pois o outro quedouse obsoleto, e aproveitando o plan renove que tan de moda está dende hai uns anos a esta parte que as suas maxestades de Oriente me traigan un Autocross e xa me dou por satisfeito.
O Autocross de Mattel é todo un icono "kitch" para miles de nenos dunha xeración irrepetible.

venres, 5 de decembro de 2008

Que disfrutedes da ponte



Como todos sabedes mañá celebrase o Día da Constitución Española..., si xa van 30 anos, que rápido pasa o tempo e o luns é o día da Inmaculada Concepción. Agardo que todos os que visitades este blog disfrutedes o máis que poidades estes días festivos, ademáis o Nadal xa está ahí a volta da esquina e aproximanse días de moita troula.
Deixovos eiquí "Believe", para o meu gusto a mellor canción de Cher. Xa ten 10 aniños pero a min a pesares de que pasa o tempo ségueme a gustar un montón este tema..., disfrutadeo.

P.D: SEDE O MÁIS MALOS QUE POIDADES, JA JA JA.

Saudos

xoves, 4 de decembro de 2008

O anuncio do utilleiro do Manchester United causa sensación



A firma deportiva Nike ven de sacar a luz pública un novo spot comercial onde desta volta o protagonista é o utilleiro do Manchester United Albert Morgan e deixa o actual e recente Balón de Ouro Cristiano Ronaldo e o defensa central inglés Rio Ferdinand nun segundo lugar.
Causoume especial gracia a orixinalidade da publicidade.
Felicidades pois para Nike.

mércores, 3 de decembro de 2008

Chegan máis fotos da nevada

O Boneco de neve non faltou estes días
Amigos para sempre

Fermosa estampa da Lagoa



Outra perspectiva da Lagoa


Os bosques tampouco se libraron da neve




A "Cara B" de Sobrado: parte traseira de Hotel San Marcus, Caixa Galicia, Cafetería Plaza...





O Mosteiro dende San Bernardo (Casas Baratas)








A Vía Sacra coa Igrexa parroquial de San Pedro ó fondo





Sobrado dende a Zona Alta das Casiñas









Intensa nevada








Dous cans disfrutando da climatoloxía










A Praza de Sobrado domingo pola tarde












A Praza de Sobrado domingo á tarde-noite











Entrada da Vía Sacra

Antes de nada agradecer os megafotógrafos: Chus G. Souto, María Tato e Juán González "alías" Karnotxo a súa inestimable colaboura con este blog.
Preciosas as fotos sen lugar a dúbida.











Panorama e Olympus estarán o 30 de decembro en Disco Palladium (Melide)

A orquestra Panorama en plena actuación
Os compoñentes da orquestra Olympus felicitando o nadal nunha imaxe de arquivo

A discoteca Palladium de Melide, ou o que é o mesmo, os irmáns Javi e Miguel Castro voltan a tirar a casa pola ventá para este nadal.
Para o martes 30 de decembro (vésperas de Fin de Ano) teñén xa confirmada a actuación en Disco Palladium de duas das mellores orquestras de España: Panorama e Olympus.
Este agradable agasallo seguro que vai a ser un adianto de todas as actuacións que nos agardan no vindeiro ano 2009.
A título persoal a idea pareceme estupenda e a data fenomenal xa que moita xente non traballa o día de fin de ano e os estudiantes están a disfrutar de vacacións.
Seguro que a Palladium presentará un cheo total de afluencia de público con gañas de pasalo ben e disfrutar con estos dous orquestróns. Se Deus quere alí estaremos!
Saudos festeiros

martes, 2 de decembro de 2008

luns, 1 de decembro de 2008

A fichaxe de inverno

Qué crack!
É listo coma un pemento

Chámase Toby, e logo de levar uns días abandoado decidimos acollelo para sempre na nosa casa. O pobriño pasou uns días a intemperie sen comer e sen ter onde dormir. Debe ter uns 3 meses pero dende venres xa vive na miña casa. Comeu sen parar e este "enano" agora está moi contento pois ten un teito onde durmir. A convivencia con Raysa e Lista de momento é difícil pois célanse del pero pouco a pouco iranse acostumando, él so quere xogar, é un cachorro, pero eso elas non o entenden..., como di o outro, pouco a pouco...


Benvida Sra. Neve

A baixada da curva da fonte de Alvariza onte ás 22:30 h

Postal da fermosa praza de Sobrado
Foto patrocinada por Coca Cola xentileza Cafetería Ramiro


Ahí estamos desafiando a neve (e eu co abrigo no bar)




Outra fermosa imaxe de Sobrado nevado




A subida cara Alvariza as 00:15 horas de hoxe





Curva do Muro 00:16 horas








Mosteiro de Sobrado 11:30 horas de hoxe luns








Imaxe do Albergue na mañá de hoxe








A futura nova rúa completamente nevada
O sábado pola tarde veunos a visitar a señora neve, pero veu para quedarse (non como habitualmente adoita facer). A eso das 18:00 horas comezou un temporal de neve que en cousa de 45 minutos deixou un manto branco sobre a capital sobradense e arredores.
Un par de horas máis tarde voltouse a cubrir de neve todo Sobrado e tras dar unha tregua nevou parte da noite. Na tarde de onte a cousa foi "increscendo" ata chegar ó punto de que os coches non podían circular, houbo que lamentar unha saida de vía (Petete protagonista) afortunadamente sen danos persoais nin materiais (a pesares de que cando vimos onde estaba metido o coche pensamos todo o contrario) e festexar que houbo diversas persoas que hoxe non puideron ir a traballar debido a que a súa laboura efectuana lonxe do concello, polo tanto hoxe foi día de festa.
Agora mesmo volve a estar nevando e parece que ata mércores non remitirá o temporal, a min particularmente encántame a neve e as paisaxes que deixa que son realmente fermosas. Agardo que disfrutedes as fotos tanto como eu disfruto vendo nevar.
Saudos xélidos