luns, 10 de decembro de 2007

Xa ven, xa chega, a Selección Galega


Baixo o lema: "o fútbol galego une" presentase este ano a serie de actos relacionados co partido que Galiza (ou Selección Galega, como prefirades) disputará fronte a Camerún o vindeiro 27 de decembro no Estadio de Balaidos en Vigo a partires das 21:00 h.
Este será o 3º partido que xogará a Selección adestrada polo tandem Arsenio Iglesias "o raposo de Arteixo" e Fernando Vázquez logo de que no ano 2005 se enfrontase a bicampeona do mundo Uruguai en San Lázaro (3-2 a prol da nosa Selección) e o ano pasado o rival fose Ecuador con empate a 1 gol do Estadio de Riazor.
Desta volta o rival parece a priori máis forte que os 2 anteriores pois Camerún ademáis de ter a Samuel Eto´o como estrela e bandeira conta con xogadores contrastados a nivel internacional como pode ser o seu porteiro Kameni, Webó, Kome ou Pierre Wome entre outros.
Antes do partido entre a Selección Absoluta de Galiza disputaranse varios partidos de diversas categorías no que compre destacar o debut da Selección de Galiza feminina que terá coma rival a selección de Catalunya a partires das 18:30 horas tamén no Estadio de Balaidos.
Seguro que o Coliseo vigués presentará un gran aspecto, nun partido onde non haberá rivalidades nin capitalismos e si moita festa como ven sendo habitual nestes partidos. Agardemos un gran encontro e que a victoria caia do lado GALEGO.

6 comentarios:

Anónimo dixo...

Que ben soa iso de Selección Absoluta de Galiza!

Desde logo, nisto, coma noutras tantas cousas, os galegos tivemos que ir atrás do resto...Cando toda España (ou se non toda, case) tiña xa selección autonómica, Galicia aínda estaba sen ela...e despois agardamos polo AVE...en fin...(vou ir durmir, porque se sigo escribindo e queixándome, vouche converter o blog no "espacio dos inconformistas" jeje).

Un bico!!

Pitus dixo...

Forza Galiza!!!
Que la va a necesitar,por que hace un par de años pude ver a la selección de Camerún en San Mamés jugar contra Euskadi y los africanos son unos armarios empotrados que además saben jugar a esto.

Unknown dixo...

Vero: xa sabes que este é un blog de libre expresión polo que podes manifestar abertamente as tuas queixas.

Pitus: la sangre también tira, eh? je je je, los africanos son unos toros de alucine, como para chocar con ellos...

Anónimo dixo...

Gracias! Pero por unha vez vou deixar as queixas de lado, a ver se o partido da Selección nos da unha alegría.

Álvaro dixo...

Eu apúntome, pero penso que será millor ir con tempo para aparcar e con paciencia para marchar(por iso de non meterte nas aglomeracións, je je je!!!!)

Unknown dixo...

Alvarito, a quen lla queres colar? di a verdade queres marchar as 3 para as 7 estar cheo coma un centolo e as 11 dar vergonza, quedarte en Vigo de rumba e se fai falta cear de bocata aínda que haxa que ir mercar o fiambre o Opencor.

P.D: gústame o plan, conta conmigo!!! je je je