luns, 10 de decembro de 2007

Felicidades Diego


Onte logo de levantarme e mentres comía puiden ver por La 2 un anaco do partido Livorno 1 - Roma 1. O gol do Livorno foi marcado polo ex-deportivista Diego Tristán que ademáis fixo un bo encontro demostrando que non perdeu a calidade e a chispa que sempre amosou. Eu que me considero un "tristanista" acérrimo e sempre defendin a calidade de Diego a capa e espada estou moi contento de que volte a ser noticia por algo positivo. Penso que Diego aínda ten cousas por aportar o fútbol. Sen ir máis lexos o venres estiven vendo en Youtube un vídeo de goles seus no Depor e caíame a baba pensando en que agora non temos ningún dianteiro que teña a calidade de Diego. Que ben nos viría este ano co mal que o estamos a pasar. As súas conexións con Valerón e Djalminha e os seus desmarques de dianteiro nato xamáis os olvidarei. Así como tampouco olvidarei aquel 2º gol que marcou na final do Centenariazo no Bernabeu na portería onde nos ubicabamos todos os deportivistas e sinalandos a todos bicou o escudo e apretou os puños en sinal de rabia. Case me fai chorar a 650 kilometros da casa todos os afeccioados blanquiazuis por un momento pensamos que estabamos en Riazor, 25.000 almas enmudecimos o Bernabeu e pasamos a historia do fútbol español con ese gol de Diego unido o de Sergio.
Diego Tristán é un futbolista que ou ben che gusta moito ou non che gusta nada, a min encántame...
Toda a sorte do mundo Diego

9 comentarios:

Pitus dixo...

Si no recuerdo mal,el último pártido que jugó Tristán en Riazor fue contra el Athletic hace año y medio,donde ganó el equipo de Bilbo y conseguimos la permanencia tan sufrida ese año y el siguiente mas aún.

Anónimo dixo...

Ai, que ilusión me fixo esta entrada!! É que eu tamén son "tristanista", desas persoas que case adoramos a Diego, aínda que moitas outras o detesten (na miña casa son a única que o defende, e cando sae o tema cómenme viva!)

Na época na que Diego estaba no Dépor eu era deportivista ata a médula (agora tamén, sempre me gustou o Dépor), pero cando fixo enmudecer Old Trafford co gol ao Manchester, cando marcou o gol do centenariazo, á Juventus de Turín...mi madre, que de recordos!!
Ese era o meu Dépor!! Ese era o Dépor que a min me gustaba, canto daría por volver a eses tempos...aisss...

P.D.: Vale, si, admítoo: Diego tamén me gustaba porque estaba T-R-E-M-E-N-D-O!!! Ou debería dicir "está"...? ;-)

Álvaro dixo...

UN FENÓMENO!!!!!

Unknown dixo...

Buena memoria Pitus, contra el Athletic jugó Diego su último partido con la zamarra blanquiazul. Los que somos fieles de Tristán aún soñamos de que algún día vuelva al Depor para seguir marcando y celebrándolo con los Riazor Blues (los únicos que realmente siempre le apoyaron).

Vero: tantos e tantos goles, un a Iker Casillas en Riazor co interior do pé dereito pegado o pao coa defensa merengue literalmente votada enriba de él. Un gol o Barça con autopase incluido a Franck De Boer e vaselina a Ruud Hesp, outro gol o Mónaco de vaselina o día do calamitoso 8-3, 2 goles o Zaragoza en Riazor (un sen ángulo cun zapatazo impresionante) aquel gol de cabeza fronte o PSG que supuxo o 2º na remontada o día do 4-3 en Champions. O gol o Cádiz na última tempada que estivo na Coruña coa zurda sen deixala caer con outro trallazo que pegou no pao e entrou e que mandou calar o 70% da afección???? que lle estaba a asubiar dende o minuto 1 de xogo (ese día deronme gañas de romperlle a cabeza a máis de un que estaba preto miña en Pabellón Superior).
Tantos e tantos goles de Diego que veñen o meu maxín, un futbolista o que a "Coz de Malicia" encargouse de votarlle a xente enriba e que algún día se arrepentirán.

Álvaro: coa túa frase queda todo dito: UN FENÓMENO!

Anónimo dixo...

Os últimos tempos de Diego no Dépor non foron tan gloriosos coma os primeiros anos, pero eu aínda hoxe o voto de menos... (e isto non é porque estea tremendo jeje).

Desde logo, xogadores coma Diego, Djalminha, Valerón (que está pero é coma se non estivera) e un largo etc marcaron unha época no deportivismo e os deportivistas levarémolos sempre no corazón, no noso CORAZÓN BLANQUIAZUL!!

Vou parar que me poño sentimentaloide e non é plan :)

ToquesCF dixo...

Dios q gran noticia, vuelve Diego, pero si hasta adelgazo y todo. Haber si vuelve a ser el q fue. Un dios

Unknown dixo...

O meu equipo favorito do Depor de todos os tempos:

MOLINA

M.PABLO NAYBET DJUKIC NANDO

MAURO SILVA

VALERÓN FRAN

DJALMINHA

D. TRISTÁN BEBETO

Suplentes: Donato,Songoó,Makaay,Luque,Andrade,Víctor,Flavio Conceiçao.

Anónimo dixo...

Tremendo equipazo formaches!!

Anónimo dixo...

una calidad enorme!!!!!!!!!