venres, 14 de decembro de 2007

E se voltasen os 3?

Roy Makaay
Albert Luque

Lionel Scaloni


O diario deportivo As na súa edición do xoves 13 de decembro, na páxina relacionada co Deportivo sacaba un comentario (rumoroloxía) no que o Real Club Deportivo de A Coruña estaría barallando a posibilidade de que Roy Makaay (Feyenoord de Rotterdam), Albert Luque (Ajax de Amsterdam) e Lionel Scaloni (Lazio de Roma) voltasen a vestir a casaca branca e azul a partires de este mes de decembro.
Segundo informa o diario As o Presidente do Deportivo Augusto César Lendoiro ten carto fresco logo de se embolsar 14 millons polo traspaso de Jorge Andrade a Juventus de Turín e 21 millóns de anticipo polo novo contrato televisivo do equipo coruñés con MediaPro.
A idea inicial de Lendoiro era non gastar eses cartos ata xuño do ano 2008 pero debido a mala situación deportiva que atravesa o equipo "o xefe" vai ter que gastar os euros se non quere que o Deportivo acabe visitando os seus veciños do sur, o Celta de Vigo.
Ámbalas 3 posibilidades son complicadas pero non imposibles, Roy Makaay acaba de fichar polo Feyenoord por 3 tempadas e cobrando un salario alto pero os máis achegados din que non lle importaría voltar o equipo que o encumbrou en Europa e que o fixo pichichi da Liga Española. O holandés conta na actualidade con 32 anos e está sendo criticado por un sector da prensa holandesa pola súa mediocre tempada.
Albert Luque xoga cedido no Ajax de Amsterdam, a súa ficha pertence o Newcastle United inglés, sempre deixou claro que lle gustaría voltar a Liga e sabe que de chegar a cidade herculina sería a estrela indiscutible do equipo. Ademáis o Depor vai fichar un dianteiro no mercado de inverno. Ademáis da complicación que entraña que sexa un xogador cedido a súa altísima ficha parece unha barreira que o Lendoiro non poderá sobrepasar agás que o catalán rebaixe as súas pretensións económicas. Luque conta con 29 anos na actualidade e está comezando a marcar goles co equipo ajacied.
Lionel Scaloni é o que ten máis papeletas para voltar a Coruña, en varios medios de comunicación se fan hoxe eco de que o Lendoiro e os seus asesores estarían tanteando o entorno do xogador que non acaba de sentirse agusto en Italia e voltaría de boa gana a cidade da Torre de Hércules onde ten un piso diante do estadio de Riazor. Augusto César sabe que Lionel sempre foi un xogador que conectou coa afección e pode ser unha peza importante para enganchar a xente de cara a segunda volta. A súa ficha volve a ser o inconvinte pero pode ser que a Lazio e Lionel estén dispostos a negociar.
Axiña saberemos máis de isto e veremos no que queda.
Cantos recordos cercáns pero lonxanos, oir o nome de estos 3 futbolistas recordame a Champions League, Centenariazo, Liga, Supercopas, noites de fútbol emocionantes, un equipo que era un rodillo...
Aínda que xa non están no mellor das súas carreiras non cabe lugar a dúbida que estes futbolistas darían aire fresco o Depor e aportarían a súa veteranía a un conxunto que peca de xuventude. Ademáis con 2 goleadores como Makaay e Luque o Depor aínda tería tempo a loitar por posicións de UEFA. O gol de Makaay, a potencia de Luque e a garra de Scaloni faríanlle recuperar o Deportivo parte do que perdeu nestes últimos anos.
Soñemos...

4 comentarios:

Pitus dixo...

Desde luego que podría ser un empujón muy fuerte para el equipo,pero nunca se sabe.También es cierto que para mejorar lo hecho por el Depor de Lotina hasta ahora no hace falta mucho.
Por Bilbo se oyen rumores de que Urzaiz podría volver del Ajax,no se que debe pasar en la liga holandesa...

ToquesCF dixo...

Yo piesno q esto no sucederá.

El newcastle no va a soltar a luque tan facilmente pq querrá recuperar parte de lo invertido.

Maackay no creo q venga, xa q los motivos por los q dejó el deportivo y ficho por el bayer es para estar cerca de su familia, por lo tanto es casi imposible q venga.

Y Scaloni tanto de lo mismo, la lazio no lo va a soltar tan facilmente.

P=ero si es verdad bien venidos sean

Anónimo dixo...

Eu tamén penso que é complicado que isto suceda, ainda que hoxe lin nun xornal (non recordo cal) que Scaloni estaba preto de volver recalar no Depor.

Haberá que agardar a ver, pero como ti dis, soñemos, porque sería un puntazo que volveran os 3. Volveriamos estar máis preto daquel Depor que tanto me gustaba...

Unknown dixo...

Opino que o xogador que máis preto podería estar do Depor sería Scaloni pero a pesares de todo o que Leo dou polo Depor non creo que sexa a solución. Falta gol e penso que Soldado sería unha boa solución o que pasa e que creo que está cobrando 2 millons de euros netos por tempada e o Deportivo non pode asumir esa ficha. Sen dúbida que vai ser difícil traer a alguén contrastado no mercado de inverno pero a esperanza é o último que se perde.
Recordade estos nomes para un futuro moi próximo: Pablo Sebastián Álvarez (lateral esquerdo de Estudiantes de La Plata), Pellerano (Central de Lanús), José Sand (dianteiro centro de Lanús).

Saudos