venres, 30 de novembro de 2007

O 42% dos lectores de este blog non beben cando saen

É dicir, que o outro 58% si que o fai. O menos eses son os datos que se recollen da enquisa do mes de novembro neste blog onde se preguntaba os lectores que bebían cando saían de marcha.
Quero dar as grazas a toda a xente que votou (os que mentiron e os que non, je je) pois este mes acadouse o record de 69 votos.
A xente que sae e non bebe alcohol acadou o 42% dos votos totais, o Ron foi a bebida alcoholica máis votada co 15%, seguido do Kalimotxo co 13%, o cuarto lugar ocupouno o Whisky co 10% e o quinto unha bebida alcohólica bastante común: a Cervexa co 7%.

Grazas de novo a tod@s por participar

Saudiños

xoves, 29 de novembro de 2007

Nace CRONICASX

Dende onte xa esta na rede un novo blog. A súa dirección é www.atleticosobrado.blogspot.com nel poderededes atopar todas as crónicas dos encontros das diversas seccións do Atlético Sobrado Xuventude, así coma fotos relacionadas con cada partido, diversos datos, entrevistas, etc.
Terei o honor de redactar as andanzas dos equipos xuvenís, feminino e senior do C.A.S.X. Agardo que disfrutedes do blog e que serva para que estedes un pouco máis informados sobor do noso equipo.

SENTE A PASIÓN MARELA

FORZA C.A.S.X.

mércores, 28 de novembro de 2007

SÚBELO!


Como afeccioado a música en xeral e o Dance en particular hoxe quérovos recomendar un disco que acaba de sair e que eu dende o venres xa teño. Estaba agardando por él coma auga de maio e tras preguntar no Corte Inglés unha e mil veces o fin saiu.
Trátase do recopilatorio de Sash!. Un disco que non ten desperdicio, con infinidade de cancións Dance moi boas e que seguro que moitos de vos bailastes unha e mil veces.
Debo dicir que Sash! compoñeno 3 persoas: Ralf Kappmeier, Thomas Alisson e Sascha Lappersen (a cara do grupo), os 3 compoñen a música e fan as letras. Rodeados de grandes voces coma Shannon, a gran Tina Cousins, Rodríguez, o sueco Dr. Alban, Sarah Brightman ou o incombustible Boy George fixeron historia na música Dance mundial. Cancións coma Ecuador, Encore Une Fois, Stay, La Primavera, Adelante, Move Mania, With My Own Eyes e a mellor canción da historia da música de Dance para o meu gusto Mysterious Times son xa himnos.
Sash! toma o nome do Dj. Sascha Lappersen, este alemán nado en Nettertal no 1970 revolucionou a música electrónica facéndolle remixes a xente tan importante coma Jean Michael Jarre, Kylie Minogue, Shannon, 2 Unlimited, Todd Terry ou O.M.D.
O disco titúlase "Sash! 10th Anniversary" e recolle as andainas de este grupo alemán dende o ano 1997 ata o 2007, componse de 20 cancións, con unha versión de Ecuador "bestial" (canción número 15) e aporta tamén un DVD onde se poden ver infinidade de fotos e videos de Sash!
Recoméndovolo a xente que vos guste a música de baile pois é un disco que non pode faltar na fonoteca de calquer amante "discotequeiro" e da música electrónica. Seguro que a maioría das cancións vos soarán.
Se queredes saber máis sobre Sash!, ver videos, escoitar música, mercar os seus discos e incluso camisetas moi, pero que moi guapas entrade na súa web oficial www.sashworld.com seguro que vos entusiasma.
Para o meu gusto a mellor formación da historia do Dance xunto os holandeses 2 Unlimited.
A disfrutar

martes, 27 de novembro de 2007

A Comisión Sobrado 2007 de cea

Víctor Cabanas
Pablo Calvete
Lisardo Santos
Javier Lago
Pablo Pazos
Manolo Amil
Eiquí nos tedes os 6 membros da Comisión Sobrado 2007 na Marisquería El 10 de A Coruña o pasado sábado 24 de novembro.
Tras finalizar o noso traballo como membros da Comisión tivemos a ben celebrar unha merecida cena logo de un longo ano de traballo e comeduras de cabeza.
Temos miles de anécdotas e moitas moitas fotos. Tras cear saimos polo Orzán e encontramos a multitude de peña coñecida: Cris, Nishita, Pali (Sobrado Power) e Grandío (afincado de Sobrado nas festas e celebracións), Patri e Lucía de Cabrui, Gonzalo e Javi Ramal de Teixeiro, Elena de Curtis e como non 2 famosos: no Tandem Bar estaban Adrián López e Filipe Luis do Real Club Deportivo o primeiro non estaba convocado e o brasileiro estaba sancionado para o partido do domingo fronte o Athletic.
A verdade é que mo pasei de cine (aínda así votei un pouquiño de menos Melide -pola costumbre e tal...-), non durmimos nada e chegamos o hotel as 11 co tempo xusto para ducharnos (eu desayunei na habitación un Kit Kat e unha Calsberg, je je).
Máis tarde fumos comer e viñemos para Sobrado, nada máis chegar metinme na cama e durmin unha sesta de 3 horas que boa falta me facía.
Queremos agradecer unha vez máis a tod@s @s que fixestes posible que as festas de Sobrado 2007 sairan adiante, todo o apoio moral e económico que nos distes o longo de este ano. Xa sabemos que incluso chegamos a ser pesados pedindo pasta pero penso que mereceu a pena.
GRAZAS

xoves, 22 de novembro de 2007

V


Bos días. Se hai unha serie que cando era pequeniño me impactou esa foi V. Era unha serie que me encantaba pero a vez me daba medo. Recordaredes a malvada Diana (na foto), o periodista Mike Donovan ou a Doctora Juli Parrish. Nesa época compraba Tele Indiscreta todas as semanas porque traía infinidade de cousas e reportaxes de V. Aínda me lembro unha vez que traía de regalo unha pistola de cartón coma que utilizaban os extraterrestres e fíxome unha ilusión que non vexas.
Esta é unha pequena sinopse da serie:
Extraterrestres humanoides (de apareciencia prácticamente humana) chegan a Terra dende o cuarto planeta de estrela Sirio nunha flota de enormes platiños voadores que "aparcan" sobor as principais cidades do mundo. Parecen ser amigables e buscan a axuda dos seres humáns para obter certos productos químicos que necesitan no seu propio planeta. A cambio, prometen compartir a súa avanzada tecnoloxía cos seres humans. Os gobernos do mundo aceptan, e os Visitantes gañan unha gran influencia nas máis altas esferas do poder do mundo.
Sen embargo, rápidamente comezan a pasar cousas raras, por exemplo algúns científicos comezan a encontrar hostilidade de parte dos medios de comunicación e restriccións legais nas suas actividades e movementos. Algúns dos máis afamados homes de ciencia comezan a orientarse cara prácticas subversivas e conductas extranas, como repentinamente voltarse zurdos cando toda a súa vida foron destros. Aqueles que investigan esta situación desaparecen sen deixar rastro.
O periodista Michael Donovan introdúcese na nave nodriza dos Visitantes e descobre que debaixo do seu disfraz humanoide, os extraterrestres son reptís de preferencias carnívoras, con gusto marcado por roedores, aves e en ocasións tarántulas.
Cando Donovan trata de denunciar esta situación, a transmisión é bloqueada e Donovan convertese en fuxitivo requerido tanto pola policía como polos visitantes.
Conforme a serie avanza, revelanse as verdadeiras intencións dos visitantes: roubar toda a auga da terra e colleitar a humanidade coma fonte de alimento, deixando só uns poucos como esclavos e soldados/carne de cañón para as guerras que os visitantes teñen con outras razas extraterrestres.
Os científicos son perseguidos para desacreditalos, pois son os que probablemente se darían conta primeiro das intencións dos visitantes, aínda que tamén para distraer a atención humana cara a outros asuntos. Incluso algunhas personalidades importantes son suxeitas a unha especie de lavado de cerebro (chamado "conversión"), a cal fai que teñan obediencia total cara os Visitantes, aínda que a humanidade non perciba os "pequenos" cambios que esto implica na xente sofre o proceso (por exemplo, cambiar de destro a zurdo). No obstante, hay moitos humans (a propia nai de Donovan entre eles) que colaboran cos visitantes, o que voluntariamente ignoran ou rexeitan a verdade subxacente.
Sen embargo, fórmase un movemento de resistencia, determinado a expoñer e oporse os Visitantes ata donde lles sexa posible. A líder do Capítulo de Os Anxeles é a Dra. Julie Parish; eventualmente Donovan únese a este grupo. A Resistencia comeza a atacar os Visitantes. Posteriormente surxe disidencia entre os mesmos Visitantes (este grupo coñecerase coma a Quinta Columna, liderada por Martin), quenes se opoñpen os plans dos da súa propia raza, e intentan axudar a Resistencia de calqueira maneira posible.

Para min a serie só tiña un pequeno-gran problema, non soportaba cando os extraterrestres comían os ratos e cando quitaban a pel de humano e víaselles a súa verdadeira pel: unha pel verde noxenta que dabame grima.
Polo demáis a min a serie encantoume.

mércores, 21 de novembro de 2007

Ata cando vai seguir subindo o carburante?


Dende hai un tempo a esta parte cada vez que vou repostar a calqueira Estación de Servicio póñome de mala uva debido o abusivo dos prezos que teñen os carburantes pero onte xa foi a gota que colmou o vaso...
Cheguei de traballar e comentame miña nai que viñeron encher o depósito da caldeira da calefacción, e que o prezo era auténticamente bestial. Hai agora mesmo un ano o litro de gasoil de calefacción custaba 0,60 €, onte miña nai pagou o litro a 0,73 €, é dicir, un incremento de 0,13 € nun ano, multiplicado por 800 litros que foi o combustible que entrou na caldeira da un resultado de 104 € máis caro encher o depósito que o ano pasado.
Pero esto non acaba eiquí, pola tarde vou votar gasoil o meu coche e encóntrome coa agradable sorpresa de que o litro de diesel está a 1,061 €, QUE ATRACO! A onde imos chegar? 1 litro de gasoil 176 das antigas pesetas.
Votei 20 euriños= 18,85 litros (NIN 20 LITROS), como me fastidia que nos tomen por tontos. Agora cando os profesionais do transporte fagan outra manifestación e outro parón voltarano a baixar a 0,91 ou 0,92 céntimos para que calemos a boca unha tempada e irano incrementando outra vez. Logo dirán que sobe porque o prezo do barril de petroleo subiu (en dolares, unha moeda máis baixa ca o euro) e tal...
Se a esto lle incrementamos a salvaxe subida do prezo da carne de polo, do leite, do aceite e do pan (productos de primeira necesidade) e os salarios dos traballadores non soben, a onde imos chegar? a onde nos vai levar todo esto? Non sei, pinta moi mal e a crise económica cada vez é máis grave.
AFORREMOS...

Faite de ouro co Club Atlético Sobrado Xuventude


O Club Atlético Sobrado Xuventude ten a venda dende o mes de agosto o número 02345 para o Sorteo Extraordinario de Nadal que se celebrará o vindeiro 22 de decembro.

Temos décimos o prezo de 20 + 3 € e participacións a 4 + 1 €.
Animadevos a mercala antes de que se esgote.

Recordade: 02345 é o número do Gordo de Nadal que cantarán os nenos de San Ildefonso no sorteo de este ano.

ESTE ANO FAITE DE OURO CO CLUB ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE

luns, 19 de novembro de 2007

CHAMPIONS!!!

Xa o avisei o venres e cumprino. Pazitos e quen vos escribe GAÑAMOS O CAMPIONATO DE TUTE, XUVENTUDE TEIXEIRO 2008 (aínda que a estas alturas pouca xente hai que non o saiba porque Pazitos encargouse de dicirllo a cada un que vía, je je).
Embolsámonos 300 € e un trofeo moi guapo que xa adorna o moble da sala da miña casa.
Para o vindeiro venres iremos xogar o Campionato de Tute da Comisión de Festas de Cabrui (Mesía), coa vitola de ser os campións deste campionato que pasou polo que seremos uns dos serios candidatos a levarnos outros 300 euriños, que veñen ben agora que se achega o Nadal.
Se gañamos este campionato, Pazitos e eu pensarémonos seriamente deixar os nosos traballos e adicarnos profesionalmente o mundo do Naipe. O resultado do Campionato de Teixeiro non deixa lugar as dúbidas de que machacamos os nosos rivais: xogamos 5 partidas (dezaseisavos, oitavos, cuartos, semifinal e final), ningunha parella nos gañou ningunha man de 8 puntos, é dicir, GLOBAL DE 10-0, fixemos seis partidas limpas, e unha de 3. En definitiva XOGAMOS MOITO E APAÑAMOS MÁIS AÍNDA. Estuvo ben.
O sábado houbo unha cea moi moi dura cuns comensais que daban medo só pensar nos seus nomes: Trukillo, Abad, Calvete, Lisardo, Pazitos, Borja, Pichi, Álvaro e eu. Houbo cubatas para dar e tomar, e gastamos pista polos pubs de Melide, este foi o resultado: Kemais (4), La Base (1), Oasis (2), Laicus (1), Palladium (1 ou 2, non me lembro) e MJ (auga), sumado o viño e os chupitos da cea, xa non estivo moi mal. Eu sei de un que aínda ten a cazadora no meu coche (olvidouna, je je).
Do sábado para o domingo durmin 1 hora e cuarto e baixei para a I Feira Agrogandeira cunha empanada mental moi importante. Facía un frio de mil demonios e por momentos desexaba deitarme no chan para durmir un anaco (se non estivese tan frío...), hai que dicir que a pesares do frío e ser a primeira edición houbo un volume de xente bastante aceptable, tendo en conta que tamén había feira en Teixeiro e o Terractiva de Arzúa.
Nada máis acabar a Feira, as 14:30 horas, comezou a chover (bendita choiva), fun comer, fixen unha siesta de 2 horas e camiño de Santiago, hoxe levanteime as 6:20 horas e eiquí estou.
Destacar tamén as 2 grandes victorias que acadou o C.A.S.X. esta fin de semana, as féminas gañaron 2-1 o Boqueixon F.S., goles de María e Tamara (golazo de vaselina) e o equipo senior gañou 2-3 no seu desplazamento o feudo do San Estevo de Abellá con goles de Juan (2) e Chinorris (de córner directo). Debido a que o enganche da Deputación non me permite escribir no foro do C.A.S.X. ando meditando a opción de crear un blog para facer as crónicas da Makina Amarilla.
Noraboa e a seguir así.
Nada máis que teñades un bo comezo de semana.
Bicos e abrazos.

venres, 16 de novembro de 2007

Descubrimos a Star Wars


Nunha semana onde o Rei mandou calar a Hugo Chávez, onde Melendi a liou no avión que viaxaba o presidente do Real Madrid Ramón Calderón, onde a Infanta Elena e Jaimito de Marichalar se separarón (de xeito temporal, seica) é dicir, onde o mundo cada día parécese máis a unha historieta de El Jueves; o blog de Víctor Lato ten o pracer de descubrirvos a incógnita que mantiña en vilo a toda a comunidade: Star Wars é J.R., é dicir, José Ramón "alías" Petete.
Eiquí o podedes observar coa súa tupida perilliña, coidada para a ocasión, dándolle un toque Buenafuente.
Agora esa perilla xa non existe pois o rapaz vaise meter gaiteiro e molestalle para soplar.
Pois nada, sólo desexarvos un bo fin de semana, eu pola miña parte hoxe teño que ir gañar 300 € o Campionato de Tute de Teixeiro e mañá cea baile con alguns personaxes para conmemorar un Aniversario de non sei que historia..., je je je.
Coidarse

martes, 13 de novembro de 2007

A min, ponme un Godello


Bos días (malos para os supersticiosos). Hoxe vou promocionar unha varidade de viño que se produce en maior cantidade na Comarca de Valdeorras (Ourense) e no Bierzo (León), o viño Godello.
Cando hai algunha celebración especial ou vou de viños por ahí é sempre o primeiro que pido: a min, ponme un Godello, certo é que como en todas as variedades de viño hainos bos e hainos malos, pero por regla xeral soeme gustar o sabor que ten este viño blanco.
Godello: variedade de uva branca orixinaria nas ladeiras do río Sil, cultivase principalmente en Valdeorras e o Bierzo.
Adaptada a chan seco, non lle favorecen os chans húmidos. A mellor calidade dase en chans de ladeira de fertilidade media.
Variedade precoz e de maduración moi determinada.
O racimo é moi pequeno, de forma cónica.
A baia é de tamaño mediano, forma elíptica e color verde-marela.
Os seus viños acadan unha graduación de 11,5 a 12,5 º e acidez reducida. Son de color marelo-pallizo, perfumados, duradeiros no tempo, evolucionando lentamente e con gran corpo. Os seur aromas recordan a mazá.
Polo tanto, se ides a tomar un viño e non sabedes que pedir, decide: a min, ponme un Godello.
Saudiños

luns, 12 de novembro de 2007

Felicidades Mamá!

Hoxe é un día moi especial para a miña familia e para min. Miña nai, a muller que máis me aturou na miña vida está de cumpreanos (51 exactamente). A verdade é que a pesares de ser o seu cumpre tocalle traballar coma todos os días e as 7:30 AM xa estaba levantada, desaiunando e pensando que tiña moito traballo agora pola mañan, que se o vestido de non sei quen, unha chaqueta que tiña que entregar o venres..., en fin, que non para, todo esto preguntándome a vez que tal mo pasara o sábado en Melide e estas cousas...
Gustaríame moito facerlle un regalo moi especial: regalarlle un concerto da Orquestra Panorama, que lle encanta (todo se hereda, je je) pero como non poder ser posible pois diante da miña casa non colle o esceario, decidín tirar de xoieiría unha vez máis, que se lle vai facer.
Facía tempo que lle quería adicar un post, e hoxe chegou ese momento, como dicía o chiste de Jaimito: "Madre, solo hay una", je je je.

MOITAS FELICIDADES MAMÁ

venres, 9 de novembro de 2007

Lubo Penev Vs. Tony Polster




Imos retornar o pasado. Os tempos onde os domingos era sinónimo de radio, de Estudio Estadio e de En Xogo. Onde aprendimos nas noites dos sábados a decir "a rentes do pao", "padiola mecánica" e mil historias máis. Voltamos a un tempo onde os xogadores extranxeiros (antes de chegada da lei Bosman) marcaban a diferencia. Os equipos tiñas 3 extranxeiros (pero que xogadorazos). Desgraciadamente, agora vense equipos con infinidade de extranxeiros que non melloran a calidade que pode aportar xente nacional, incluida a canteira. Aínda recordo a vergonzosa andadura do Hércules de Alacante a última vez que estivo en Primeira División con 19 extranxeiros de medio pelo nas súas filas, un equipo no cal a estrela era o seu porteiro francés Huard (que en comparativa podía ser coma Peter Rufai no Deportivo) e o central Dubravko Pavlicic (que posteriormente recalaría no Zaragoza e no Salamanca).
Pero bueno o que nos ocupa é outra historia, finais dos anos 80 e principios e mediados dos 90, dianteiros impresionantes: Tony Polster (Sevilla), Lubo Penev (Valencia), Rubén Sosa (Zaragoza), Hugo Sánchez (Real Madrid), Gary Lineker (Barcelona), Baltazar (Atlético de Madrid)...
Xogadores capaces eles solos de gañar un partido nunha época onde R. Madrid e F.C. Barcelona estaban a anos luz dos outros equipos, onde o Valencia aínda non era o Valencia de hoxe en día, o Sevilla nin por asomo era o firmamento de estrelas que ten hoxe en día e onde o Zaragoza era un equipo que de vez en cando se metía na Copa da Uefa ou na antiga Recopa de Europa, do Deportivo e do Villarreal xa nin falamos porque o Deportivo vagaba pola Segunda División e o Villarreal debatiase entre a 2ªB e a 3ª.
Pois ben, nesa época houbo dous dianteiros que sempre me chamaron a atención e eran dous futbolistas idolotrados para min (quizais por ser zurdos coma o que vos escribe, ou polo seu disparo potentísimo, unha característica que sempre me gustou nos futbolistas: Branco, Gica Hagi, Santi Aragón..., Adriano actualmente).
Antón Polster, austriaco, nado o 10 de marzo de 1964, a súa andadura comezou no Austria de Viena e rematou no Austria Salzburgo, esta é a súa traxectoria:
Austria Viena 1982 a 1987
Torino 1987/1988
Sevilla 1988 a 1991
Logroñés 1991/1992
Rayo Vallecano 1992/1993
FC Colonia 1993 a 1998
Borussia Mönchengladbach 1998 a 2000
Austria Salzburgo 2000
A súa época gloriosa tivoa coma xogador do Sevilla, no que tan só estivo 3 temporadas, quedou Bota de Prata europeo con 33 goles por detrás de Hugo Sánchez (38 goles), nun equipo que todo xiraba entorno a él. Diferenzas co técnico do equipo hispalense nese momento Vicente Cantatore fixo que rexeitase unha oferta de renovación e que deixase o "pescaito frito" andaluz polo "Rioja", recalando nas filas dun potente Logroñés C.F., con Ruggeri, Poyatos, Quique Romero, "Tato" Abadía, Lopetegui, etc.
Luboslav Mladenov Penev, búlgaro, nado o 31 de agosto de 1966, comezou a súa carreira profesional no CSKA de Sofía e retirouse no Lokomotiv Plovdiv, a súa traxectoria é a que segue:
CSKA Sofía 1984 a 1989
Valencia C.F. 1989 a 1995
Atlético de Madrid 1995/1996
S.D. Compostela 1996/1998
Celta de Vigo 1998/1999
Lokomotiv Plovdiv 1999/2001
Dous dianteiros que deixaron "cuño" na Liga Española, atacantes que son referentes dun equipo e dos que agora escasean, será pola "globalización do fútbol? non sei, o certo e que recordo esa etapa con unha morriña especial e seguro que moitos dos que ledes este post traeravos a lembranza infinidade de partidos, de momentos e de sentimentos...
A disfrutar!

martes, 6 de novembro de 2007

Tyra Banks, a Deusa



Non sei se pola súa pel tostada, os seus incribles ollazos verdes ou todo o conxunto pero dende a primeira vez que vin a esta impresionante muller en "El Principe de Bel-Air" de Antena 3 xa fai uns aniños tiveno ben claro: para min, A MULLER MÁIS GUAPA DO MUNDO.

Máis adiante souben que se convertera nunha cotizada Top Model e é unha das abandeiradas da prestixiosa marca de lencería feminina Victoria´s Secret. Actualmente ten un programa televisivo nos Estados Unidos "The Tyra´s Show" e é que esta beleza é unha maquina de facer cartos.

Supoño que haberá infinidade de gustos, que para outra xente haberá miles de tias máis guapas pero para min foi, é e será a Number 1.


Se queredes saber máis sobre os gustos, a vida, anécdotas e ver fotos guapísimas de esta beleza entrade na súa web oficial www.tyrabanks.com (tarda un pouco en cargar pero merece a pena).


God Save The Queen... Tyra

luns, 5 de novembro de 2007

Star Wars

Como estamos comezando o mes de novembro e aínda é moi cedo para falar do Nadal hoxe propoñovos un divertido xogo: adiviñar quen é o "PERSONAXE" que se agocha tras este "currado" disfraz e o lugar onde foi sacada a foto. A primeira persoa que acerte ten pagada unha copa no local que elixa (sempre que o prezo da copa non sobrepase os 8 €, pillines).

Veña, matinade, PENSA MAL E ACERTARÁS... je je je.

Saudos carnavaleiros

Fernando Torres, gañador da enquisa do mes de outubro


O dianteiro madrileño Fernando "The Kid" Torres do Liverpool F.C. que adestra Rafa Benítez gañou a enquisa de O blog de Víctor Lato do mes de outubro referente a quen era o mellor dianteiro español nun apretado final co dianteiro asturiano do Valencia C.F. David "guaje" Villa.
Torres acaparou o 52% dos votos totais, tendo Villa o 42%, no terceiro lugar pero moi distanciado clasificouse Raúl González, o bilipendiado dianteiro do R. Madrid obtivo o 5% dos votos dos lectores de este o voso blog.
GRAZAS A TOD@S POR PARTICIPAR.

Temporeros!!!

Moi boas, como estades? pois si amigos. Por fin e logo de case dous meses a Comisión de Festas de Sobrado 2007 rematou as súas obrigas. Faltaba por cerrar a finca que amablemente nos deixou Toñito de Gabriel para poder poñer alí os coches de choque e por unha cousa ou por outra (vagancia máis que nada) foise deixando de un día para outro. Nunha conversación calquera nun bar calquera Lisardo e Pablo Calvete comprometeronse a colocar eles as estacas (nun santiamén). Esta ardua tarefa fíxose na tarde do 1 de novembro (todos os santos) polo que todo canto coche e quisque que pasaba pola acera non podía facer outra cousa que mirar para eles e curiosear que era o que realmente facían alí con tanto empeño. Como vedes na cara dos dous artistas tomaron o traballo moi en serio e non houbo nin un minuto de relaxación (faltoulles levar as garimbas e o bocata de xamón -e viño peleón, je je-).
Dicir que as estacas quedaron ben clavadas... nas esquinas, porque polo medio vaía pola virxen (algunha delas xa está derribada, con axuda humana eso si).
Pois nada, noraboa polo traballo feito chavales, deus volo pague con moitos fillos.

Noutro orde de cousas, dicir que este vindeiro venres 9 de novembro a Comisión de festas Sobrado 2008 organiza un magosto a partires das 22:00 horas na Praza do Concello, haberá un dúo e un chiringuito para refrescarse. Animo a todo o mundo a que veña "a deixar un peso" para que as festas de Sobrado sigan sendo unha referencia na zona.

Saudos